domingo, 15 de enero de 2012

Anuncian cambios na Lei de Costas

As marismas de Lourizán. A ameixa aí recollida ten que ser sometida a unha "especie" de lavado-depuración nas augas de Aldán, por onde o mar entra con augas limpas.
Vista parcial do inferno de Lourizán, holocausto contínuo: contaminación, enfermedades, peligro permanente.

Pontevedra, 16.01.2012
Artículo semanal
Entrada n. 1488 do blog

Anuncian cambios na Lei de Costas,
por Xesús López Fernández


A lei de Costas naceu no 1988 coa intención de dar protección a todo o litoral español, 4000 kilómetros de costa. Si ésta está hoxe en gran parte agredida, desnaturalizada ou contaminada, é porque non houbo unha verdadeira vontade de vixia-lo estricto cumprimento da Lei ou de executaren sentencias firmes do TS tendentes a restaura-lo medio natural, asuntos que non admiten demora se verdadeiramente queremos facer do Medio Ambiente un factor, tema a respetar, como afirman as nosas autoridades ó tempo que anuncian profundos cambios na citada lei. O PP xa anunciaba na campaña prás elecciós do 20-N que reformarían a lei de Costas, algo que o ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente confirmaba o 13 de xaneiro na toma de posesión dos directores xerales de diversos departamentos do ministerio. O home prometeu unha modificación “compatible co crecemento económico, a xeneración de emprego e a contribución á saída da crisis”, sen que supoña unha merma da “protección medioambiental”.

A súa afirmación de que “unha parte moi importante da nosa riqueza é o litoral español e por elo este ministerio vai poñer en valor o conxunto de praias e costas españolas en base á sustentabilidade ambiental”, según dixo, deberianos dar unha certa calma. Pero os diversos colectivos ecoloxistas sospeitan, como di Green Peace, que poden volver a “promove-la destrucción do litoral”. Este colectivo anuncia a posible denuncia por vía xudicial ou con movilizaciós ante calquer recorte da lei de Costas. E temen que poidan estar en peligro os últimos tramos de costa virxe, ou de proiectos ambientalmente agresores como os de Marina de Cope (Murcia), diversos portos deportivos en Baleares, concesiós de costas en Pasaia (Guipúzcoa) ou Tarifa (Cádiz) ou a realización macrourbanística de El Palmar “terían vía libre pra un desenvolvemento en primeira línea de costa”. ¿Ou qué decir co tratamento de espacios sensibles como a ría de Pontevedra, víctima dun holocausto ecolóxico continuado dende o ano 1963? 


Se no ano 1973 definía o Goberno español como indeseables as presencias nas marismas de Lourizán (Pontevedra) das fábricas de celulosa e cloro, das que só se podían derivare problemas prá saúde e convivencia humás, sabemos da certeza da información e de cómo se foi practicamente destroindo i envenenando a riqueza do noso litoral, algo do que tiñan información privilexiada os consumidores franceses. Aquí estívose a xogare coa información e a desinformación e resulta que agora, cando o banco lodoso de Lourizán, un tremedal calificado como zona C é productor de molusco contaminado, non se lles ocurre mellor cousa que leva-la ameixa a unha batea da ría de Aldán prá súa depuración, ata que, naturalmente, as augas negras enloden tamén aquel espacio. Aquí non houbo nunca máis que unha farsa descontaminadora, difícilmente xustificable cunha depuradora construída en dominio público marítimo terrestre, contra á Lei. Lévanse gastado cartos, sí, pero contrariando á natureza e coido non existe outra vía prá rexeneración desta ría que a da recuperación das xunqueiras como parte real e vivificante do noso ecosistema.

A simplificación da normativa medioambiental que anuncia Arias Cañete non debe valer pra apantallare posibles conductas dolosas ou a fractura final dun equilibrio fráxil por querencia dos clústers. O desenvolvemento económico estaba aquí garantizado “respetando o medio ambiente”, a ría como gran cetárea aberta, productora de toda clase de marisco, moluscos e peixes (rodaballo, lenguado, robaliza, xarda, escarapote). Foi ría de ostras e, coas xunqueiras vivas, de sardiñas. A economía de cinco mil familias estaba aquí garantizada polo medio natural. Pero a chegada das industrias de vertedeiro trouxo a ruína case total. Coa vella lei de Costas poderianse arranxare cousas, talvez con outra Xusticia. ¿Pero cómo vai se-la nova lei?

17 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

El problema, amigo Xesús, no cambia con los años, es siempre el mismo: hacer compatible el deseo de progreso -¡tan humano!- con el más elemental sentido común, que debe llevarnos a preservar el medio en que vivimos. Y no resulta tarea fácil resolverlo, cuando entre los políticos prevalece el afán de riqueza sobre el instinto de conservación.
Un cordial saludo.

Sección Sindical CCOO-ENCE dijo...

Sr López,debería ser vostede mais coidadoso coa información que verte no seu blog, pois á vista do escrito calquera leitor que descoñeza o tema, pode ter a impresión de que a calificación coma zona C do banco marisqueiro de Lourizán e por mor dos verquidos de Ence, cando a relidade, e vostede ben o sabe, é outra, é dizer, polos verquidos da depuradora municipal e os seus altos valores de E. coli, coliformes fecais que tamén están na merda que vostede virte polo seu sumidoiro.
Por outra banda, as alusións que vostede fai dunha fábrica do ano 1963 nada teñen que ver cos verquidos actuais desta factoría do século XXI, que mal que lle pese, son punteiros e referencia en Europa, incluíndo as factorías dos sempre nomeados coma adalides do medio ambente países nórdicos.
O inferno chegaralle a vostede, cando o goberno deixe de pagarlle
a súa merecida pensión e deixe de existir a cobertura sanitaria universal, nese intre D. Xesús, saberá vostede o que é o perigo permanente.

Lobo Solitario dijo...

Esperemos que esta vez sea para bien...porque tenemos las costas echas una "caquita" (salvando las guiris en top less)

o blog de xesús lópez dijo...

Tí Chinto:
El problema es que aquí se ha segado el progreso. Hoy se venden como gallegos mejillones chilenos. Y ya antes del 1990 importaban vianda de almejo del Reino Unido, cocida en agua salada. En las latas debería constar España, pero como en el RU carecen de "ñ", en las mismas aparecía Espana, señal de que ya entonces se quería solapar la verdad de una contaminación y la destrucción de una riqueza.

o blog de xesús lópez dijo...

Lobo:
No lo creo y me da miedo lo que pueda suceder. A lo mejor se hacen las cosas bien, pero de momento tengo miedo porque ni PP ni PSOE (y éste menos) han tenido voluntad por resolver algo tan simple como expedientar a quienes están fuera de la ley. Pero, no, han apartado de su organigrama a las personas con sensibilidad ecologista.
Saludos.

o blog de xesús lópez dijo...

Sección Sindical CCOO.Ence
No sabéis lo que decís y vuestro discurso ya no vende.
Os recomiendo que busquéis información en mi blog o bien en iberica2000.org un trabajo titulado "Pontevedra muere".
También en el blog titulado "meinteresalavida" podreis aclarar vuestras ideas.
Ence solamente trajo miseria ambiental y esclavitud forestal para esta tierra, aunque haya cierto Padrino (al que a lo mejor servís) que se haya forrado con ese engendro y otros disparates.
No levantéis mucho la voz, que todo se sabe.

josele dijo...

¡¡¡fantástico artículo Xesús....!!!!!!!

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Josele.
Pero xa ves que ós traidores de CCOO non lles gustou,
Qué queren decir con que "debería ser máis coidadoso coa información que verto no blog"?
Significa éso que non debo decir que os importadores franceses de mexilón establecían nos crétos documentarios, xa nos anos 70, unha cláusula no sentido de que os exportadores deberían acreditar que o mexilón non era da ría de Pontevedra por medio dun "certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditando que o mexilón non é da ría de Pontevedra nen dos sectores de Meloxo e O Grove na ría d´Arousa?
Estos contan o que queren ou o que quer o clúster de Ceferino Nogueira. Presuntamente, claro. E a ese clúster tamén sirve o Bloque de Lores, que ese enano estaba na inauguración do ferrocarril a Marín, na máquina Mikado, xinete do Apokalypsis con Fraga, Cuíña e Tonecho. Claro, el non podía faltar que tamén tiña reclamado o tal ff.cc. con urxencia en Maio do 21000.
Saúdos cordiales.

o blog de xesús lópez dijo...

A Josele:
Quixen decir "en Maio do 2000".
Saúdos de novo.

Candela dijo...

Curioso, CCOO defendiendo que en la factoría son punteros y referencia en Europa ¿Es que mojan? No se, pregunto.

Ojalá siguieran la misma política con las centrales nucleares, que enmerdan cero patatero, con perdón por la expresión.

A ver si hay suerte esta vez Xesús ¡força!
;)

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Los de CCOO mienten y la saben.
Ya ves que les contesto en castellano, porque ellos lo hacen en galegués, en el idioma gallego convertido en caricatura.
Y son auténticas paridas las que cuentan.
Pontevedra, espacio medioambientalmente deprimido con el apoyo de esos mamporreros que no creo reciban solamente las subvenciones gestionadas por Méndez. Y ahora estarán contentos en la medida en que el PP solamente va a reducir un 20 por cien las subvenciones que iba a suprimir.
En mi artículo podría decir muchas cosas más, pero todo lo que cuento está documentado aunque haya habido un secretismo oficial insultante sobre cuestiones como enfermedades o contaminación para justificar la implatanción colonialista de la pastero o de la fábrica de cloro.
Pero los franceses, al comprar mejillón gallego, como cuento en alguna respuesta, querían tener constancia del Instituto Español de Oceanografía de que el mejillón no era de esta ría ni de los sectores de Melojo y El Grove, víctimas también de la contaminación producida por Ence y Elnosa: dioxinas, mercurio, sólidos en suspensión, etc.
Un abrazote.

o blog de xesús lópez dijo...

Ay, señores de CCOO
Veo que ni nariz tenéis, que en Pontevedra sigue oliendo a mierda celulósica. No siempre, pero ese problema no han sido capaces de resolverlo.
¿Conocéis el informe ESCORP, los dos tomos?
Porque en la segunda fase del estudio de contaminación de la ría de Pontevedra, el vertido de mercurio había aumentado, de unos 13g a los 17g por cada tonelada de cloro fabricada.
Supongo que seguireis estando subvencionados para mantener vuestro discurso o el de los clústers enemigos de la Tierra.
Y a mí nadie me subvenciona. Y si quiero expresarme en gallego lo hago, pero contesto en castellano a los que usan "a lingua da non-patria" que decía Novoneyra, el idioma parido a caballo de las normas de la deriva, salido del laboratorio de los horrores de los nacionalistas fracasados.
Abur

o blog de xesús lópez dijo...

A los señores de CCOO-ENCE
Dejo vuestros discursos anteriores, que no contienen argumento veraz alguno.
Si pretendéis seguir soltando chorradas o insultando a la inteligencia, lo siento, aquí no entráis más.
Este blog no os va a servir de correa de transmisión de un discurso ambientalista procaz, al que nos tiene acostumbrados Ence, que no repara en gastos.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Te felicito, por la denuncia que haces completamente fundamentada y te felicito también por la contestación tan contundente que les das a los de CC.OO.
Es una pena como están nuestras costas. Es cierto que hay una Ley para protegerlas, pero se la aplican normalmente a los pobres diablos que tienen una fincucha a orillas del mar. Y hacen la vista gorda cuando se trata de peces gordos. Estoy pensando en el ático de Pepiño,en Arosa, por ser tan significativo

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Luís, por tu comentario.
Fraga, que se acaba de ir, ha sido culpable de muchas cosas.
1.Destrucción de gran parte de la costa, como en cabo Vilán, prácticamente roto, autorizando y subvencionando una piscifactoría de rodaballos a Stolt Sea Farm. Y el hombre, que en paz esté, definía esa y otras actuaciones como "la nueva fachada marítima de GAlicia".
2. Recibió la donación de monte Gaiás de José Luís Méndez a cambio de las marismas de Lourizán, que intentó privatizar y promover la instalación allí de Tisú de Lourizán (Georgia Pacific) en terreno concesional de Ence no segregado.
3.-Para justificar el disparate anterior y burlarse de la ley de Costas, dictó un decreto de supramunicipalidad. (Esto tiene mucha más tela de lo que dejo dicho)
4. El ministerio de Medio Ambiente (creado por el PP) se oponía a la construcción del ferrocarril que presuntamente solo beneficiaba al grupo empresarial de Ceferino Nogueira y que invadía 55000 metros cuadrados de terreno demanial. Pero el ministerio de Fomento del PP, en esa especie de esquizofrenia que sigue, llevó a delante tal aberración. En el viaje inaugural, ya lo tengo dicho varias veces, iban como jinetes del apocalipsis, en la locomotora, Fraga, Cuíña, y los alcaldes de Marín y Pontevedra. (Queda mucho por contar aquí y es una pena que, después de haber descafeinado el ministerio los socialistas, el PP no lo restañe, pero parece seguimos en una involución loca y que Ence y el citado clúster están ganando la batalla y que se cargan la ría irremisiblemente.
Podría seguir con estos puntos. Otra vez será, pero quiero introducir otra consideración.
5. Galicia es actualamente un erial. Y Fraga no es ajeno a la creciente eucaliptización (por consiguiente, incendios)de esta tierra, al servicio de Ence, primando el abandono de las tierras de labor para su consiguiente eucaliptización. Tampoco hizo nada por salvar nuestra ganadería.
Etc., etc.
Un abrazo

J. Luis López de Guereñu Polán dijo...

Creo que os cambios na lei de costas serán para mal.

o blog de xesús lópez dijo...

Esto está claro. Pero non poucos dos nosos políticos terían que estar, talvez, no cárcere.
Agora dispóñense os tres partidos con presencia no Concello a construí-lo demencial scalextryc da punta de Mollavao; tamén a consolida-la ocupación do autovía a Marín, a que dá servicio ós clústers nemigos do mar.
No horizonte dos catetos con responsabilidade non cabe xa outra cousa que a reconversión das marismas de Lourizán en solar.

Etc. etc.
Saludos