jueves, 2 de agosto de 2012

Mario Monti, vivimos nun inferno,

O inferno é case sempre roxo, suponse, como apunta esta estampa

O inferno do PSOE tamén é roxo, con patrón da casa, suponse.


O das cellas luciferinas moi ben pode actuar de demo. Levaba anos facendo oposiciós, arruinando o país.
 
Rajoy está no inferno,

A reina de Inglaterra tamén está no inferno, con Rajoy e Monti


Fotografía que corresponde ó momento no que Mario Monti pronunciou a frase de "Vivimos nun inferno"
¿ZP?, xefe máximo, ó que o lume parece non-o afectar. Pode estar, incluso, sentado no seu trono.

Pontevedra, 2.08.2012
Entrada n. 1554 do blog

Mario Monti, vivimos nun inferno,
por Xesús López Fernández

Non me gusta falare de crisis. Coido que sí hai crisis de valores e falta de intelixencia pra escollere as recetas necesarias pró relanzamento da economía real. Mentres esto non acontece "vivimos nun inferno", como dixo Monti.

Anda por aí un conto que sitúa no inferno (¿no inferno de ZP, o das cellas luciferinas?) a tres persoaxes: Rajoy, Monti, e a Reina de Inglaterra: Os tres están preocupados por como poidan estare a evoluciona-los acontrecementos e a economía dos seus respectivos países.  E, por turnos, piden permiso ó demo pra falare cos seus respectivos países.

Primeiro é Monti o que fala con Italia. ¿Que cómo van as cousas?, lle contestan e siguen a decir "Male, male". Monti pasa algunhas instrucciós pra endereitare a marcha do país, suxire que hai que adelgazare aínda máis a Administración, etc. Pasádo-los dez minutos da converse pergúntalle ó demo polo coste da chamada: "Dez mil euros", contesta Satán. E Monti paga.

A reina de Inglaterra tamén quer falare. E bota trinta minutos de parlamento. O seu semblante vaise demudando pero, en definitiva, a situación do país non é tan mala como a pintan. ¿How much is it?, pergunta ó tempo de colgare o teléfono. E o demo das cellas luciferinas informa: "Trinta mil euros".

E Rajoy, por non ser menos, tamén quer falare. Non lle chegan os trinta minutos da Reina Isabel. Fala con De Guindos. ¿A situación?... Fatal!... Fala con Montoro, ¿a situación?, Non se pode maxinar, peor que o que dixo De Guindos... E sigue a falare con Arias Cañete, a ver si se pode reactivare a economía relanzando o ladrillo, convertindo en solar o dominio público marítimo terrestre, Intentarémolo coa nova Lei de Costas da Merda, etc. E sigue a falare con Bañez, con Ana Pastor, Martínez Soria, con baróns autonómicos, etc. Non dá rematado.... Á fin, colga e pergunta. ¿Cánto?... Un euro, responde Satán.... ¿Cómo, un euro despois de ter falado máis tempo que Monti ou a S.A.R. a Reina Isabel...?  De certo que sí, dí Satán, pero a vostede correspóndelle a tarifa de chamada local, de inferno a inferno....¡Narices! Ó mellor aínda nos vai ter que rescatare o demo, por máis que este Satán, coas cellas luciferinas, parece ter estado xa na gobernación de España, pensa Rajoy, e así nos foi. (Aparte, naturalmente, de que Rajoy tampouco está a facere os deberes)  

6 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

¡Si ten que rescatarnos o demo, amigo Xesús, non salimos desta en toda a vida!
Un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola,Chinto:
Non vexo outra solución. Talvez un demo que se teña cansado do oficio.
Claro, estos demos son distintos de Lucifer no que, como ánxel caído, non cabe retracto e sigue en rebeldía. Pero os políticos convertidos a demos sóno por causa da corrupción, pola cobiza de teren manexado as caixas ou recalificado case todo o país...Coidaban ter unha vara máxica, ser donos da Creación e pasou o que pasou...
E a ver, a ver....
Unha aperta

Lobo Solitario dijo...

Yo diria que aun estamos en el purgatorio; el infierno propiamente dicho empezará en septiembre u octubre, con el IVA

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Lobo:
El Iva, la subida del Iva, la patada en la boca como la denominó Arturo Pérez Reverte.
Un saludo.

Candela dijo...

¿Qué tal un exorcista? O de esta no nos salva ni la caridad divina.

Se nos van a apiolar con tal de no soltar la mamandurria, es increible..

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela!:
He oído la perorata de Rajoy y creo que hay motivos para temer que las cosas se puedan torcer todavía más: Ha dicho que no tiene en su agenda el bajar las pensiones, ergo....
Tampoco le iba a tocar al IVA y ya vemos lo que está pasando.
Un exorcista, como propones, podría ser bueno, porque el demonio anda a derecha e izquierda. Un exorcista bombero, digo.
Un cordial saludo.