domingo, 26 de octubre de 2014

A incerteza de Ence

Na foto do Faro de Vigo aprécianse a ocupación das marismas de Lourizán polo complexo letal e os recheos, ó fondo, do porto de Marín. Boa información a ofrecida polo Faro de Vigo este 26.10. O ministerio de Medio Ambiente parece arranca coa execución da sentencia firme e irrecurrible do 19.05.2011.O artículo que sigue, en relación coa incerteza declarada por Ence en diversas ocasiós, non vai aparecer en prensa de papel. 

Pontevedra, 26.10.2014
Entrada n. 1785 do blog
Artículo semanal. 


A incerteza de Ence,
por Xesús López Fernández (26.10.2014)

Desconozo por qué se fala de incerteza en relación con Ence, coa factoría da ría de Pontevedra, actualmente sentenciada. Non hai moito que o seu director facía unhas declaraciós sobre a necesidade de urxentes inversiós e de que mesmo pode esta-la fábrica nun trance de difícil superación. Pero as causas non están claras: por unha banda, o director fala da incidencia “da reforma enerxética que se ten colado como unha desagradable sorpresa no proceso da posible renovación da concesión que ten en Pontevedra”. Tamén di que esa reforma enerxética impide que poidan reducir costes pra seren competitivos. E non queren pensar noutro futuro que no da permanencia na ría de Pontevedra. Aquí cabe facer varias preguntas, porque Ence tenta culpabilizare ás administraciós, como si éstas fosen omnipotentes e tivesen que achanzare obrigatoriamente as dificultades da factoría. Pero, ¿ten concesión o Grupo Empresarial Ence pra outra cousa que prá fabricación de pasta kraft? Parece ser que non. Polo menos, a sentencia da Audiencia Nacional do 19.05.2011, agora firme por decisión do 11.07.2014, do Tribunal Supremo, ordea incoa-lo expediente de caducidade da concesión e o cese da actividade industrial.

Cando temos unha ría hipercontaminada, situación na que a Ence i Elnosa se lles pode supoñer gran parte da culpa, ¿por qué non pensar en recuperala? Despois de ter marcado as nosas vidas, como presentía o Goberno franquista no 1973, cando desestimaba o chamado PGOU pontevedrés do 1970, no sentido de que da presencia desas fábricas nas marismas de Lourizán (Celulosas i Elnosa) soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humás, como aconteceu. O goberno destimaba a posible reconversión das marismas en terreo industrial e que, felizmente, siguen sendo dominio público marítimo terrestre, según definía o Avogado do Estado Vázquez Seixas no ano 2003, e polo tanto inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación. Un pensa que outra ENCE sí sería posible e algús dos nosos políticos teñen barallado esa idea, afirmando incluso que en zonas do interior debería ser posible unha fábrica de pasta kraft sen impacto e sen problema de futuro. E un pregúntase por qué a empresa non traballou nesa dirección. Fixeron mal os deberes e hoxe non vivirían a denunciada situación de incerteza. Mante-la fábrica na ría, un medio sensible, có que eso conleva, non parece de sentido común. Por outra banda, a reforma da Lei de Costas 1988 produceuse no 2013, dous anos despois da devandita sentencia.

El País informaba o 29.07.2014 de que o Tribunal Supremo tiña desestimado os recursos de casación de Ence e da Avogacía do Estado contra a sentencia xa citada e mandaba incoa-lo proceso pra declarare caducada a concesión da fábrica, reiterando a validez do fallo recurrido que ordeaba, ademáis, “a adoución de tóda-las medidas legalmente contempladas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós”. O procedemento debe estar xa en marcha polo Ministerio de Medio Ambiente e ven regulado polo regulamento da vella Lei de Costas, que prevé a caducidade da concesión en diversos supostos, antr´eles “a alteración da finalidade do título” ou o incumprimento das régoas de transmisión, dúas das causas invocadas na denuncia. El País informaba de novo o 16.10.2014: “O Tribunal Supremo non ten relaxado a marcha tra-la sentencia que dictou o mes de Xullo, na que confirmaba que a Administración debe tramita-la caducidade da concesión sobre dominio público marítimo-terrestre da fábrica de Ence en Pontevedra”. O Alto Tribunal ten devolto as actuaciós á Audiencia Nacional “a fin de que se proceda á execución”.


Podería referirme máis á sentencia, pero prefiro darlle outra fin ó artículo. Porque sabemos que, de forma un tanto sorprendente, Ence, que estaba en perdas, cerrou en Huelva, sobre o que hai unha confusa información. E alí xa non fabrican celulosa. Díse que unha das causas, senon a principal, é a regresión do eucalipto naquela provincia; que a nova agricutura está marcando alí os tempos coa producción dos chamados frutos roxos (fresas, arándanos, etc), que se venden en todo o mundo: Nova York, Hannover, Moscú, Barcelona. Téñase presente que, en Huelva, pola recolección dunha hectárea destos productos, se pagan 23000 euros. Tamén están a incrementaren a prantación de limoeiros e laranxos. Conviría entrar máis no tema; pero polo pronto aí temos unha lección prá economía galega, prá posible mellora do noso monte. E o eucalipto tiña que ter menos protagonismo, polo seu efecto aniquilador. As comunidades de montes teñen aquí unha lección. Saben que, cando convén ó mercado, os demandantes de madeira baixan os precios, unha situación de incerteza certa prós productores galegos.
 

6 comentarios:

Javier Tellagorri dijo...

Esa foto de la entrada lo dice todo. No es necesario explicar nada para entender el desastre que ahí han organizado.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Javier:

Esa foto podría hablar también de corrupción y de silencios comprados para que los políticos culpables permanezcan en sociedad y hagan alarde, incluso, de ecologistas, cuando la cárcel debería marcar el exilio de mas de uno.

Un cordial saludo

José Luis Valladares Fernández dijo...

El desastre ecológico sigue un camino paralelo al de la corrupción. Y hasta tienen implicaciones entre sí.

o blog de xesús lópez dijo...

Efectivamente, José Luís:

O es ignorancia o es corrupción en estado puro. Aquí se han creído, comenzando por Fraga, que estaban por encima de la Ley de Costas 1988, ley de rango superior, que podían ningunearla, dejarla sin efecto, y privatizar el dominio público marítimo terrestre.

Un abrazo

Doramasw dijo...

Joder, ¿y queda para disfrute del pueblo?. Por aqui en las islas no llegamos a eso, pero como les dejemos, hace un poligono industrial en cualquier playa de las islas. Estas cosas si no salen en algun blog, nadie se entera de nada.
Un abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, amigo:

Aquí se trata de silenciar cualquier protesta en relación con lo que ves en la fotografía. Incluso, para mantener ese disparate ecológico y acabar con la ría podemos suponer que fue modificada la Ley de Costaas de Borrell, pero al inicuo de Arias Cañete se le ha cogido con el paso cambiado, porque Ence, presuntamente, carece de concesión desde ell 2001.
Estams en la lucha legal.

Un cordial saludo