viernes, 10 de octubre de 2014

As declaraciós de César Portela

César Portela, no seu estudio de García Camba, Pontevedra. (Foto do Faro de Vigo)

Pontevedra, 10.10.2014
Entrada n. 1780


As declaraciós de César Portela,
por Xesús López Fernández

César Portela fixo unhas declaraciós pró Faro de Vigo, das que se inclúe enlace. Nelas aporta cousas moi interesantes, aínda que coido poden estaren resumidas en exceso. Ben canto dí en relación coa ocupación dos espacios públicos por terrazas que corresponden máis ben ó esquema de parque temático que os gobernos do Bloque tentaron darlle á cidade, someténdoa a exceso de ruídos e incomodidades, como que os gobernos locales levan tres mandatos sen faceren os seus deberes e son uns douscentos edificios da zona vella os que están deshabitados, ou convertidos en moradas de okupas. A peatonalización aquí practicada foi brutal, parece que mellor pensada polo PP, o partido impulsor da mesma; pero a prohibición de uso de vehículos na zona vella, imposible pra moitos dos seus habitantes, diriamos que ten motivado a "fuxida" de non poucos deles, porque pra moitos, vellos residentes da zona vella, a necesidade puntual dun coche sería cousa de tódo-los días, e non a "anecdótica" á que parece referirse Portela. Como tamén o necesario silencio pra un descanso garantizado, imposible cando algunhas rúas son xa espacios guetificados. O Peprica non veu salvare nada. 

A desgracia da perda de paisaxe que se ten producido en Pontevedra e que Portela cita pode ter outras connotaciós por tere acabado o goberno local co antiguo sistema viario e condenado como circunvalación as vías perimetrales, perxudicando máis e máis ó río Lérez, decote máis estreito e xa sen calado por teren acabado coa dinámica das augas como tamén, poderiamos decir, cos fluxos dinámicos das xentes no propio tecido urbán, sometido o comercio local a un Diktatt de pura ruína, porque a cidade non se reanima con terrazas, ademáis de que no outono-inverno xa non valen como atracción prás xentes de fóra algús dos espectáculos de miseria que montan os comisarios políticos da nosa ecoanalfabeta gobernanza local: malabares, perroflautas, facedores de pompas de xabrón, equilibristas, e o novo metrominuto, a indixencia solemne que ocupa moitos dos traiectos que de forma cotiá camiñan os pontevedreses. Por non salvaren, non salvan nada, que incluso queren cambiarlle o nome a certas rúas e prazas, esgazando aínda máis a lingua galega matricial: praza de Galicia, praza da Ferrería, que os talibáns da lingua queren cambiaren según a súa "enxeñería social normalizadora": o galegués da traición á nosa historia. 

Coido que, realmente, á entrevista lle falta unha auténtica connotación ecoloxista, que faltaron as perguntas ás que César, home crítico, daría resposta comprida. Estou seguro.

Faro de Vigo, 10.10.2014: Entrevista a César Portela

addenda: O artículo de Ramón Rozas, no Diario de Pontevedra do 11.10, vale pra lle dar sentido a algunhas das omisiós apreciadas na entrevista publicada polo Faro, aqui comentada:  Ramón Rozas, "Espazo"

No hay comentarios: