domingo, 12 de octubre de 2014

Sustentabilidade e gobernanza

Esta creación fractal mostra dúas realidades. A de riba tenta presentare o que nalgún tempo puido se-lo fondo da ría de Pontevedra, caracterizada pola susentabilidade, a riqueza sempre renovada; a  parte inferior quer recrea-la entrada en escea do tubo emisario por medio do que a cidade, pero sobre todo Ence, contamina sen piedade: dioxinas, organohaloxenados, mercurio, endrín, etc.; en suma, a fin da sustentabilidade prevaléndose dunha edar que carece de concesión, como tamén o emisario. Lembremos que a edar foi montada en comandita pola Xunta i Ence, i está asentada en terreo concesional de Ence non segregado. Sobre ela pesan xa tres sentencias, estando pendente de fallo un recurso de casación.... O artículo que sigue podería ser máis incisivo, entrare en cuestiós como a da presunta ecomafia que aquí veu funcionando. E sigue.... As tres Administraciós suspenden.   

Pontevedra, 13.10.2014
Entrada n. 1781 do blog
Artículo semanal

Sustentabilidade e gobernanza,
por Xesús López Fernández

O 23 de Setembro celebráronse máis de duas mil marchas no Planeta. ¿Por qué? Xentes que ó longo de meses foran convocadas pra ese día pola ONG Avaaz.org concentráronse en diversas cidades pra clamaren contra o cambio climático, pró que sí pode haber soluciós técnicas, de cada volta máis difíciles, pero sí parece que non hai vontade política. En Nova York foron uns trescentos mil os manifestantes, antre os que se contaban o exvicepresidente Al Gore, o secretario xeral das Naciós Unidas, Ban Ki-moon, e o actor Leonardo di Caprio. Foron tamén importantes as concentraciós celebradas na Gran Bretaña, Francia, Bulgaria e Afganistán. O mundo vai tomando conciencia, mais sinte que, dend´a gobernanza dos países non se lle está a dedicare a necesaria atención ó tema, daí o dito por algús dos manifestantes: “Hoxe marcho polos meus fillos; estou marchando pra que vivan nun mundo sen se preocuparen porque a próxima treboada poida destroire a súa comunidade”, decía Bill Aristovulos, conserxe dun edificio de apartamentos; “Éste é o planeta onde as xeneraciós que nos sigan van vivir. Non hai plan B, porque non hai planeta B”, declaraba o secretario da ONU ós periodistas. E Leonardo di Capri, que marchaba perto da cabeceira e do lado duns indíxenas ecuatoriáns que mantiveron unha longa batalla legal contra a Chevron Corp., pola súa polución do Amazonas, declaraba: “Este é o tema máis importante do noso tempo. Estou increíblemente orgulloso de estar aquí”.

As manifestaciós deste ano representaron un notable incremento en relación coas do ano 2009 e os organizadores telumbran xa que, dentro de cinco anos, o movemento da protesta terá aumentado espectacularmente. Realmente, temos motivos pra nos alarmare incluso localmente, ¿ou é que xa nos esquecemos das cicloxénesis do pasado inverno, que mordeu parte da primavera? Cando xa está a chovere atípicamente en non poucos lugares de España, lembremos que o Worlwatch Institute, que leva trinta anos editando “A Situación do Mundo”, non deixou de nos ofrecere ó longo dese tempo, innumerables estudios sobre as circunstancias vividas polo Planeta: o quecemento global, o cambio climático, a sustentabilidade... Mais desgraciadamente, aínda que os avisos da comunidade científica que converxe nese instituto están dados, a gobernanza dos países vai por outro camiño. Así, se no balance do 2012 titulaban o seu estudio como “Cara unha prosperidade posible” e daban recetas pra que a mesma fose certa, non deixaban de advertire, vinte anos despois do Cumio de Rio Janeiro 1992, que a civilización humáa está máis próxima que nunca do colapso ecolóxico. Por culpa da mala gobernanza política.

“¿Aínda é posible acada-la sustentabilidade?”. Título alarmante pró estudio do 2013 e que, estructurado en tres partes establecía xa na primeira as líneas roxas que non se deberían rebasar na interacción antre sociedade e natureza, subraiando i explicando aquelas que están a seren traspasadas. Propón que, catro décadas despois da adoución institucional do desenvolvemento sustentable como meta no Cumio de Río Janeiro, é necesario definir e medir claramente a sustentabilidade –ou insustentabilidade-- das nosas sociedades, pois soamente deste xeito pode establecerse unha guía pra esa necesaria transición socioecolóxica, alén da retórica que ten caracterizado a “imaxe verde” do recente capitalismo.

“Gobernar prá sustentabilidade” é o título do último tomo, o correspondente a “A Situación do Mundo 2014”. “Atopámonos nunha carreira antre puntos críticos da natureza e os nosos sistemas políticos”, frase ésta de Lester Brown (2008), fundador do World Watch Institute hai corenta anos; tamén do libro “A Situación...”, que cumpre agora os trinta anos; Lester Brown, oitenta. Está ben escollida a súa frase prá definición do plan da obra porque existe un claro déficit de conciencia ambientalista na clase política. A gobernanza tería que estar volcada en resolve-los problemas que ten o Planeta, pero de momento non é así; antes ben, en países como o noso hai motivos de preocupación, xa por algunhas actuaciós ecolóxicamente desgraciadas e denunciables, xa por ter caído nunha especie de involución lexislativa en materia ambiental, como representa a reforma da Lei de Costas 1988, de Borrell, que era unha magnífica lei prá sustentabilidade. Terei ocasión de ir entrando en “A Situación do Mundo 2014” que nos diversos enfoques que fai da gobernanza (ambiental, política) insiste en que hai que mellora-lo conocemento de forma multidisciplinar de cómo traballan os distintos resortes da natureza, pra restaurala se non é tarde. O estudio insiste en que é necesaria unha ecoalfabetización da gobernanza. Parece claro que, sen esa alfabetización, o sistema político falla e non vai haber sustentabilidade.

4 comentarios:

Javier Tellagorri dijo...

Don Xesús, respeto todas las buenas intenciones para preservar a la Naturaleza pero no creo, en absoluto, que el cambio de clima sea debido a la existencia de fábricas o automoviles.

Y considero a AL GORE como uno de los mayores fraudes mundiales, al igual que resultó ser, en otro campo, la RIGOBERTA MENCHÚ.

No obstante, admiro su interés y persistencia en defender la ría pontevedresa tan dañada por culpa de unos miserables políticos.

Un cordial saludo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Javier:

Efectivamente, no se puede generalizar que las fábricas sean culpables del cambio climático; pero éste está constatado desde los años ochenta y el hombre tiene hoy capacidad para incluso destruir el Planeta, que es lo que está pasando.
Si te asomas a los blogs brasileiros podrá encontrarte con otras acusaciones como por ejemplo el desmatamento brutal que sufre la Amazonia, fuente de sequía y ruína de ríos, algo que incie incluso a nivel global, tanto como la pérdida de masa helada del Ártico, quizás la primera causa de las ciclogénesis del pasado invierno. Quiera Dios que no se conviertan en algo crónico, pero por el camino vamos.
En fin, ésto puede tener muchos análisis. Y, políticamente, nos acaba de caer una buena con el nombramiento de Arias Cañete, el gran depredador del litoral con su reforma de la Ley de Costas, con el nombramiento, digo, de ese personaje como Comisario de Medio Ambienete e la UE. Una vergüenza que revela que Europa puede no intermediar en asuntos aqui denunciados.

Un cordial saludo

www.afonsodelaxes.blogspot.com dijo...

Meu amigo Suso López, sempre foi defensor da Ría de Pontevedra, dende a instalación de Celulosas de Pontevedra, hoxe --segundo creo-- moi mellorada en canto o medio ambiente. Estou bastante de acordo co que escribiu o Sr.Tellagorri. A Terra segue a súa evolución natural, que a levará no seu momento a unha situación parecida a dos planetas do noso Sistema Solar. Pero iso non xustifica que fagamos barbaridades con ela. E para iso é necesario que haxa xente como o meu amigo.
Xosé Gómez Blanco.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, meu amigo:

Cánto sen saber de tí.
Agradezo o teu comentario. As barbaridades das que falas son posibles gracias á existencia de distintas ecomafias como a que tenta mantenere na ría de Pontevedra o complexo letal da fábrica de celulosas, xa sentenciada. Agora haberá que executa-la sentencia, que é do 19.05.2011. A modificación da Lei de Costas por Arias Cañete chegou tarde. Á ecomafia non lle valeu a súa trampa. ¡Se intentaron incluso menda-lo erro valéndose do novo Regulamento da Lei de Costas reformada! En relación co que aquí leva acontecido non poucos dos mandiños da caterva política terían que estar no cárcere.

Unha aperta