Mostrando entradas con la etiqueta populismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta populismo. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de noviembre de 2014

O Populismo

Peridis xenial, outra forma de ve-lo populismo.(En El País)

Enlaces:
Unha politóloga guatemalteca desmonta o discurso de Pablo Iglesias
Gloria Álvarez fala do populismo na América latina

Pontevedra, 16.11.2014

Artículo semanal.
Entrada 1789 do blog.
Importantísimo ve-los enlaces

O Populismo, (17.11.2014)
por Xesús López Fernández

O populismo non parece se-la solución prá situación de pobreza extrema que viven moitos países do mundo. Pensan algús que a globalización, outra visión económico-social ten sido a solución en distintos aspectos i espacios do mundo, pero o populismo como movemento de loita pola pobreza non vale pra acabare coela, senon pra continuare a fomentala, porque o populismo a precisa, que sen tal concepto as bases teóricas nas que se apoian, serían esmagadas de inmediato. O que non aclaran os gobernos populistas cando fixan as súas candidaturas e ofrecen dádivas da man da “xusticia social”, a redistribución da riqueza, os subsidios e asignaciós, é que detrás daquela bandeira que se levanta no nome dos pobres existe a necesidade de que éstos non recuperen a súa autoestima e continúen así sometidos á pobreza, dependentes das soluciós que lles brinden os líderes; neles confían o seu mañán e así vaise perpetuando a relación “goberno-cidadán”. Así e razoado “co que non se ve”, a proposta dos populismos non é combati-la pobreza, senon todo o oposto: ofrecela e aumentala.

Nun país como España, con tantos anos de mala gobernanza e ruína, co sistema desestabilizado, moitas familias viven situaciós extremas, sen o necesario pra manteren unha vivenda digna ou que están a punto de perdela; sen poderen garantizar ós fillos unha educación real, sen medicina de calidade e que mesmo levan anos acodindo ós comedores da Igrexa pra se poderen alimentar. Mentres moitas, privadas de ingresos, malviven con algunha pensión social, decote asombradas con novos escándalos de corrupción, o país está nunha situación difícil na que se poden producir cambios políticos profundos, incluso extremos, perdida a credibilidade dos partidos con máis recorrido, unha ocasión prós partidos populistas, dos que a Historia garda mala memoria: nazismo, fascismo. A formación Podemos confórmase, según algús analistas como partido populista que, xunto coa valoración das enquisas, comeza a ser cuestionada como consecuencia dunha alocución de Gloria Álvarez, unha xoven politóloga guatemalteca, pronunciada en Zaragoza no Parlamento Iberoamericano de la Juventud, o pasado mes de setembro. (Nos enlaces podedes ve-las súas intervenciós)

Grabado o seu discurso de 11 minutos en video, a audición é posible na rede, contabilizándose xa máis de 600000 visitas, coincidindo ABC i El País, que o presentan como desestabilizante pró discurso de Pablo Iglesias. Afirma a politóloga que cando o populismo se fai co poder “do primeiro que se encarga é de desmonta-las instituciós” e o seu lider “utiliza a desesperación da poboaciòn pra lle brindar unha solución rápida ós seus problemas i, en lugar de promove-la reconciliación, aviva a loita de clases. Véndese como un salvador a cambio dos votos e do apoio do pobo que, desesperado pola situación, acéptao como tal”. Álvarez bota man da definición que do populismo fai Florentino Portero, profesor titular de Historia Contemporánea na UNED e colaborador de ABC, como “atallo polo que xogare coas pasiós, ilusiós i esperanzas da xente pra prometeren o que é imposible, aproveitándose da miseria da xente, deixando fóra absolutamente toda a razón e a lóxica na toma de decisiós; xoga coa necesidade pra sinxelamente impoñeren unha dictadura”.


A politóloga arremete contra as atrocidades dos populismos latinoamericáns, que parece conoce ben, pero non os seus votantes. E así pasa coas atrocidades e as violaciós dos dereitos humáns que está a cometere o réxime chavista ou o réxime cubán. De cómo nuns e outros países, Bolivia, Ecuador, Brasil, Arxentina e Chile, nestos últimos máis moderados, os populismos van desnaturalizando as instituciós, modifican as constituciós, manteñen os presupostos máis baixos pró poder xudicial embridado polo executivo. O presidente ou o dictador de turno nomean ós xueces ou maxitrados da súa corda i eso non favorece a boa gobernanza do país, pra así perpetuárense no poder. A politóloga avisa constantemente da sumisión das xentes pobres e de que os populismos os multiplican, de cómo tamén Hitler ascendeu democráticamente, tamén apoiado polas xentes a consecuencia da situación de penuria económica que vivía o país. Pódense decir moitas máis cousas pero coido é mellor, xa, recomendare a audición do video por internet.