Mostrando entradas con la etiqueta Dereito a Vivir. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dereito a Vivir. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de marzo de 2010

DEREITO A MATAR, NON; DEREITO A VIVIR,SÍ.

España clamou na defensa da Vida, a que pode ser considerada, según Montoro en La Razón, como a subversión máis temida dos tiráns. A convocatoria foi un éxito e máis de setenta cidades pronunciáronse en contra da Lei do Aborto, ou Lei Bibiana Aído.
Efectivamente, o progresista é defende-la vida. O aborto libre vai configurar, en poucos anos un holocausto certo.
-
Pontevedra, 8.03.2010
-
Entrada n. 1194 do blog
-
DEREITO A MATAR, NON; DEREITO A VIVIR, SÍ,
por Xesús López Fernández
-
En Madrid manifestáronse 600000 persoas contra a "lei abortista, lei terrorista", mentres Zapatero chama cínicos ós "provida". Curiosamente, parece que máis que a prensa española fixéronse eco da protesta moitos medios do ancho mundo.
-
Informo por medio dos seguintes medios:
-
-
-
-

viernes, 5 de marzo de 2010

7 DE MARZO, DEFENSA DA VIDA.

Foto de Roberto De Tapia, en Facebook. O Rei firmou xa a Lei do Aborto. Religión en Libertad.com
En Vigo ou en Vilagarcía, o 7 de marzo, ás 12, ante a Casa Consistorial. Concentración en defensa da Vida.
Fotografía en Pontevedra, de cando DAV recolleu as asinaturas, máis dun millón, en defensa da Vida. Na nosa cidade parece que non está prevista concentración algunha, que a sociedade está completamente morta.
-
Pontevedra, 5.03.2010
-
Entrada n. 1191 do blog
-
7 DE MARZO, DEFENSA DA VIDA,
por Xesús López Fernández
-
Morta a sociedade pontevedresa a consecuencia, talvez, das reformas urbanísticas que acabaron co capital social e convertiron á nosa vila nun todo inorde (inerte), non está anunciada, que eu saiba, concentración algunha pra este Domingo. Socialmente, somos impotentes. Ou eso parece.
-
Consólome declarándome, sí, en defensa da vida, e suscribo nesta entrada un post de elentir con referencia ó testimonio público de Juan Manuel de Prada, e outros enlaces.
-
-
-
-

viernes, 13 de noviembre de 2009

EN DEFENSA DA VIDA

Pontevedra, 13.11.2009
-
Entrada n. 1073 do blog
-
EN DEFENSA DA VIDA,
por Xesús López Fernández
-
Éste é un blog crítico, no que se defende a ecoloxía, a vida, e se censura o malfacer gubernamental, de gobernos maiores ou menores, de todos aqueles nos que participan políticos sin preparación nen honradez.
-
Pero nalgunhas cuestiós será preferible deixarlle a palabra a certas organizaciós, como HAZTEOIR, da que se inclúe neste post un enlace sobre a defensa da Vida, dende Zaragoza, por medio dun congreso mundial que se celebra dende o venres ata o Domingo.
-
Clicade sobre o enlace que citamos: O mundo promove dende Zaragoza a defensa da Vida.

miércoles, 27 de mayo de 2009

A CRUZADA DAV, EN PONTEVEDRA

Vista fragmentada do autobús DAV, fronte ó edificio dos funcionarios da Diputación, de cando se comezou a deconstruir aquel entorno.
Galizas tentando sabotea-la recollida de sinaturas en defensa da Vida, ó tempo que clamaban "¡Aborto libre, xa!" i espallaban propaganda coa leenda de "¡Derecho a la Vida, fóra de Galiza!". En definitiva, galizos, neste caso galizas, fillas de xa se sabe quén. Ou suponse. De Galicia, non. As pancartas destas rapazas aparecen coa leenda de ¡Stop integrismo católico!. Asinan briga. Un autobús DAV (Derecho a Vivir) como éste, estivo en Pontevedra o 26.05.2009.
-
Pontevedra, 27.05.2009
.
Entrada n. 964 do blog
-
A CRUZADA DAV, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Se a agrupación que coordina Ignacio Arsuaga ten un extraordinario mérito, en Pontevedra faise aínda máis relevante, porque a cidade, nun proceso claro de involución, de descatalogación como urbe pra non sere nada máis qu´unha probe e gran aldea, sen arterias, sen practicamente vías perimetrales, aparece blindada contra a entrada dos autobuses DAV, tamén doutras demandas na defensa dos dereitos humáns. Aquí goberna o BNG en comandita co PSOE.

O autobús logrou aparcar, á fin, na rúa Alameda, onde tiven ocasión de aprecia-lo labor de DAV, mesmo de conocer ó deseñador da decoración dos autobuses, elentir, ó que dedico dend´este homilde blog un saúdo á par que inclúo un enlace do seu espacio "elentir/Contando Estrelas", no que se dá a noticia da presencia de DAV.
-

jueves, 2 de abril de 2009

EN DEFENSA DA VIDA

En defensa da Vida. Manifestación por Alcalá-Gran Vía, 29.03.2009 -
Pontevedra, 3.04.2009
-
Entrada n. 893 do blog
-
EN DEFENSA DA VIDA,
por Xesús López Fernández
-
Aínda non retomei o ritmo do meu blog, a entrada en temas de tipo local e xeral, a repesca de traballos vellos, algún outro comentario sobre a recente viaxe a Italia que sigue marcando os meus "tempos" de interiorización.
-
Pero debo retoma-lo tema da defensa da vida aínda que sexa por medio deste breve, no que introduzo un enlace de HazteOir.org, Derecho a Vivir, que inda hoxe tivo unha xuntanza con Bibiana Aído, la "miembra" do Goberno de ZP, que tenta vendernos como éxito unha foto fugaz, na que aparece Obama de refilón na reunión do G-20 á que España non pertence, polo menos de momento.
-
Pero, en fin, deixemos este temo pra comentarios posteriores. A ver se mañán. Vaia agora o enlace de HazteOir.org.Derecho a Vivir. Dereito a vivir contra Lexión, o nome do demo do poseso do Evanxelio: "O meu nome é Lexión, porque somos moitos". E Lexión anda desta volta frivolizando co tema do aborto, barra libre prás nenas, gobernando a conciencia de membros e "miembras" do goberno de ZP.
-
MEDIO MILLÓN DE PERSOAS NA MARCHA POLA VIDA (Clicade sobre o enlace. Amplia información. Videos.)

martes, 10 de marzo de 2009

CAMISETAS DE DEREITO A VIVIR

DAV contra a farsa da reforma.
O rapaciño, ledo por ter nacido, sirve de escaparate dunha camiseta como as que están a promocionaren a organización Dereito a Vivir e as súas plataformas DAV.
-
Pontevedra, 10.03.2009
-
Entrada n. 880 do blog
-
CAMISETAS DE DEREITO A VIVIR,
por Xesús López Fernández
-
As plataformas de DAV [Dereito a Vivir] manifestáronse o 5.03.2009 dediante do ministerio de Igualdad de Bibiana Aído, cando se fixo pública a intención asesina da Administración. Queren para-la apisonadora criminal qu´a "miembra" tenta activare.
-
-
-
Pra mercare a túa camiseta