jueves, 2 de abril de 2009

EN DEFENSA DA VIDA

En defensa da Vida. Manifestación por Alcalá-Gran Vía, 29.03.2009 -
Pontevedra, 3.04.2009
-
Entrada n. 893 do blog
-
EN DEFENSA DA VIDA,
por Xesús López Fernández
-
Aínda non retomei o ritmo do meu blog, a entrada en temas de tipo local e xeral, a repesca de traballos vellos, algún outro comentario sobre a recente viaxe a Italia que sigue marcando os meus "tempos" de interiorización.
-
Pero debo retoma-lo tema da defensa da vida aínda que sexa por medio deste breve, no que introduzo un enlace de HazteOir.org, Derecho a Vivir, que inda hoxe tivo unha xuntanza con Bibiana Aído, la "miembra" do Goberno de ZP, que tenta vendernos como éxito unha foto fugaz, na que aparece Obama de refilón na reunión do G-20 á que España non pertence, polo menos de momento.
-
Pero, en fin, deixemos este temo pra comentarios posteriores. A ver se mañán. Vaia agora o enlace de HazteOir.org.Derecho a Vivir. Dereito a vivir contra Lexión, o nome do demo do poseso do Evanxelio: "O meu nome é Lexión, porque somos moitos". E Lexión anda desta volta frivolizando co tema do aborto, barra libre prás nenas, gobernando a conciencia de membros e "miembras" do goberno de ZP.
-
MEDIO MILLÓN DE PERSOAS NA MARCHA POLA VIDA (Clicade sobre o enlace. Amplia información. Videos.)

No hay comentarios: