Mostrando entradas con la etiqueta JESÚS FOLE OSORIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta JESÚS FOLE OSORIO. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de noviembre de 2008

MÁIS UNIDIRECCIONALISMO...

Fole, arquiteuto colaborador de Mosquera, sigue tendo protagonismo. Foi un factor principal na desconfiguración da zona vella, na súa ruína e peatonalización. Tamén tramitou a petición dunha subvención que me sei, reconocida en comisión, qu´a día d´hoxe permanece sen pagar. Esos cartos valeron pra afrontare algunha restauración emblemática sen coste algún prós propietarios. Podería explicalo polo miúdo. (fotografía de La Voz)

Pontevedra, 18.11.2008

Entrada n. 706 do blog

MÁIS UNIDIRECCIONALISMO,
por Xesús López Fernández

Cidade morta polas sucesivas actuaciós urbanísticas do equipo de goberno, siguen a pensaren en máis unidireccionalismo, e monocarrilismo, corredoiras pra fuxir da cidade ou pra mal entrar na trama urbáa.

Sigue unha noticia de La Voz de Galicia do 18.11, á que remito ó lector. Polo que se ve, o arquiteuto Fole aínda ten protagonismo, da man de Mosquera, que fala de indefiniciós nos plans que baralla. Verdadeiramente, o seu discurso foi de sempre unha indefinición. E a Fole vanlle encomenda-la reurbanización do barrio do Castañal. Sigue a noticia:

[La Voz de Galicia, 18.11.2008: Loureiro Crespo tendrá carril único, aunque está sin decidir el sentido]. ¿Nova corredoira como Cobián Roffiñac ou a estrada de Vigo, máis de accesibilidade?

lunes, 17 de noviembre de 2008

A FEIRA D´OUTONO

Volveron as filloeiras, e filloeiros, como o pasado ano.....
e os augardenteiros, este ano con sóo unha alquitara.
A feira d´Outono, antre liquidámbares. Foto deste ano, do autor.
Feira d´Outono. Elaboración de filloas. Foto do autor, ano 2007.
Alquitaras no proceso de elaboración d´augardente. Feira do ano 2007. Foto do autor.
Feira d´Outono na praza da Feira Vella. Obradoiro de elaboración de cestos polos máis pequenos.

Pontevedra, 17.11.2008

Entrada n. 703 do blog

A FEIRA D´OUTONO,
por Xesús López Fernández


Levo días fotografiando a sinfonía de colores, as cadencias cromáticas dos liquidámbares da praza da Verdura, da traicionada praza da Feira Vella, algo sobre o que me teño pronunciado en diversas ocasiós dende a súa reconfiguración polo arquitecto ideólogo do urbanismo talibán do Concello.
A xente queda mesmo sorprendida pola presencia desas árbores. O que moitos non saben ou esqueceron é que, como aconteceu agora no Campillo e xardíns de Santa María, o arboricidio é un dos sinales de identidade do estalinismo local.
Cando cortaron as catalpas e arrasaron a vella praza, escenario pra algunhas das secuencias da serie de "Los Gozos y las Sombras", según a obra de Torrente Ballester, home que, no seu día, quedara gratamente sorprendido pola intelixente restauración da vella praza e a conformación nela dun bosco urbán de catalpas.

Cortáda-las árbores, eliminádo-los bancos, conformado un novo e horrendo chan en costa, os galizos non querían alí nova presencia vexetal, matinado o espacio prás súas bullas e posibles concentraciós, mesmo prás arengas dende a balconada da Casa da Luz, algo xa daquela presentido e denunciado por medio dunha protesta veciñal, 1188 asinaturas que reclamaban os bancos de pedra, aínda sen repoñere, e as catalpas ou árbores de parecida porte. Como consecuencia desa actuación, o BNG perdeu mil votos na zona vella, daquela.

Prantaron alí dez varas: catro cerdeiras e seis liquidámbares que, pouco a pouco, foron parcheando o desastre urbanístico configurado polo arquitecto ideólogo do equipo de goberno local, que aínda ousou decir que por el non se reporían as árbores.

I este que escribe, redactor e asinante do escrito de protesta, nas súas conversas con Jesús Asier Fole Osorio, arquitecto ó servicio do réxime local, argumentou sobre a posible reconfiguración do espacio por medio da prantación de liquidámbares.

Pra eso lle regalou ó dito arquiteuto un libro titulado "All about Trees", da colección de Ortho Books, no que aparecían diversas estampas de enclaves botánicos, en urbes, manifestando o ideólogo, aínda que mentise, a súa preferencia pola imaxe que presentaba ó liquidámbar como ornamento urbán. É decir, o que agora mellora o aspecto da praza da Verdura, alén da horterada do terraceo como "nova economía" estalinista.

Unha das querencias do equipo de goberno local, da man do correspondente Gran Irmán, [realmente houbo dous], foi a de conformaren, á par que se cargaban o tecido económico da zona vella, as prazas típicas como espacios da súa nova economía de ruínas: o rastro e algunha que outra feira. Nunha palabra, miseria.
Pero esta Feira d´Outono que cerrou onte é unha demostración acertada que achega ó curioso algús dos productos que nos ofrece o Outono. Autóctonos ou non, porque algús, aínda que expostos en trabancas improvisadas, son productos elaborados. Pero sí ten un certo valor a elaboración de filloas, a venta de noces ou de productos procedentes da matanza do porco, que xa tivo o seu Sanmartiño.
Como reza outro refrán, "Polo Sanmartiño, trompos ó camiño", un artesán elaboraba ese tipo de enredo, nun torno, á vista da rapazada; outros nenos tomaron parte dun obradoiro na elaboración de cestos de bimbio; os augardenteiros tiñan alí montada a súa alquitara, alambique, estiladeira ou pota, prá elaboración de diversos augardentes.

A xente parecía contenta, incluso algún galizo por alí solto, entendo que pola sinfonía coral dos liquidámbares que, pró conocedor do lugar, non cobren as vellas cicatrices, o roubo do patrimonio urbán. Pra eso fai falla outro equipo de goberno. E outro arquitecto.
[La Voz de Galicia, 16.11.2008]

miércoles, 24 de octubre de 2007

¿DEBATE OU TERTULIA? [15.05.2002]

Parece como se parte do comercio sintonizara co bloqueo que sofre a cidade, polo menos dedúcese desta vista que quer como dignifica-los mosquerós do Concello, "facelos máis light" que non a auténtica ameaza existente en diversas rúas i espacios. Fotografía do autor. Nota: Mirade as ilustraciós do traballo "A manifestación dos comerciantes".

Pontevedra, 24.10.2007 Introducimos un traballo do ano 2002, que vai novamente de peatonalización e de involución do Centro Histórico pontevedrés. O debate que non foi debate, poderiamos decir, pero os feitos están na memoria de todos e a caída do alcalde Pedrosa, [do que sempre fun crítico pola súa función de valedor de Continente, avisado de que á miña familia lle estaban a levare un mato en Matalobos], trouxo un tempo peor e máis zafio de face-las cousas. E por crítico debo decir que, no debate-tertulia que se comenta foron as súas poucas palabras as de máis sentido e cordura.

¿Debate ou tertulia? [16.5.2002]
por Xesús López Fernández


Ausente de Pontevedra os pasados días, deixo desta volta o tema do Padre Sarmiento, ó que terei de volver ó longo do ano algunha que outra vez. Sei que moitos han retoma-lo esquecemento despois da festa das letras.Sen embargo, coido que o traballo do Consello da Cultura Galega vai máis en serio e que a promesa do seu novo presidente de rescata-la figura de Sarmiento é formal. Veremos. Pero hoxe quero tocar algo que seguramente pasou desapercibido a moitos pontevedreses, o debate acougado --mais ben tertulia demorada— que, hai agora algo máis de dúas semás, mantiveron na TVG, no programa “A Chave”, os señores Mosquera, Pedrosa, Filgueira i Hermida, estos dous últimos como representantes de asociaciós de dubidosa presencia. Asunto: a reforma do Centro Histórico, a peatonalización, etc.
Dada a maioría gubernamental –tres espadas--, non se podía agardar un debate vivo. E así, Pedrosa pouco dixo máis alá de nos lembrar que a financiación do Urban fora xestionada na súa época, e a indicación final de que ó sobardaren coa peatonalización as rúas circundantes do Centro Histórico, poderíase acentua-la involución da zona. I eso foi dito así, a modo de consello dirixido ós outros tres, no remate do debate. Téñase presente que Mosquera falou dende unha certa arrogancia, mesmo ó abeiro de información privilexiada que dixo manexar, e dixo que a zona estaba a remonta-lo seu estancamento, algo no que moitos non creemos. Decir que nun edificio a restaurar están todo-los pisos vendidos e que mesmo hai lista de espera non sirve de consolo ós que non saben cómo vende-la súa morada, porque abandonan. O que xa raiou coa burla foi a súa valoración como logro social do feito dos nenos a xogaren á pelota nas prazas da zona vella, algo que sempre fixeron, se ben de forma máis limitada por termos daquela máis vixiancia e respeto.
Hermida, de Cidade Vella --que hai cousa de dous meses tiña 35 socios— chegou decir: “Nós queremos máis peatonalización”, en alusión á Rúa Real e á praza Valentín García Escudero. Outra proposta desa asociación é a de pactaren con bares e pubs a dignificación da “movida”, se se pode decir así. ¡Qué lonxe daqueles tempos nos que a asociación, máis viva, promoveu a campaña dos crespós negros, preanuncio da peste, porque a zona estaba de loito, morta pola peatonalización e mái-los ruídos! ¡Co fácil que sería promover agora antre os comerciantes un lema como o de “Zona peatonal, ruína total”! Pero na “Cidade Vella” non están por ese labor, mentres que o seu representante na Federación Castelao acaba de denuncia-lo fracaso da participación cidadá por culpa das propias asociaciós. Claro, porque convén así ó sistema i están comenentemente neutralizadas polos seus infiltrados.
E tócalle o turno ó representante da ACZM, Filgueira, que aparecía como desubicado, próximo actualmente a Mosquera, próximo a Pedrosa nun pasado recente, época na que pertencía a Pontevedra Unida, causa principal, antre outras, da caída do alcalde.. Se Filgueira e algún dos seus asociados defenderon sempre a peatonalización, son moitos os comerciantes que se opuxeron á mesma e que poden entendere este proceso como unha traición ó colectivo. Pero faltaron moitos temas, porque non se tocou con fondura a cousa urbanística, nen a perda de valores que está a sofri-lo Centro Histórico, a cidade toda. Nen o tema medioambiental. Despois da “visita” de Rachmaninoff como cerre de temporada da Sociedade Filarmónica, comentabamos algús cómo a deficiente acústica do auditorio secuestrara parte do protagonismo do piano no Concerto n. 3. ¿Por qué un auditorio así e naquel sitio?. ¿Por qué acabaron coas xunqueiras? Ante nós o Pabellón –¡xa puideron pedir unha pirámide!-- e a gran enfesta, presencias case deshonestas naquel espacio, factura cobrada por Pontevedra Unida a Pedrosa.¡É que algús non deberan estar na Política! Así a cidade perdeu o seu entorno. Por non ter debatido. Como agora n´A Chave.