Mostrando entradas con la etiqueta San Francisco de Asís. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta San Francisco de Asís. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de agosto de 2009

XÓVENES FRANCISCÁNS, A SANTIAGO

2.07.2009. Pola rúa do Val de Deus accedemos á igrexa de San Francisco, ó fondo, en Santiago.
Outro detalle do itinerario escollido ese día.
Fachada da igrexa e convento franciscán de Santiago, meta querida por San Francisco, alter Christus.
A orde, asentada polo ancho mundo é celadora principal, custodia dos santos lugares de Terra Santa, como no caso da Basílica da Agonía, aquí fotografiada, dende a que se contempla Xerusalén,...
ou coidadores do Horto dos Olivos.. (fotografías do 11.07.2009)
Vista de Greccio, Italia, un dos primeiros asentamentos da orde, o pasado 19.03.2009.
En Greccio foi onde San Francisco, gran difusor da devoción dos beléns, montou o primeiro do que se ten memoria. O da fotografía forma parte da colección alí exposta.
Fresco coa Sagrada Familia, en Greccio...
que se complementa coeste outro.
Ese 19.03.2009 nevou en Greccio, onde rememorámo-lo Nadal.
En Fonte Colombo, un dos lugares iniciáticos do franciscanismo.
II estación do Vía Crucis, en Fonte Colombo.
Vista dend´o alto, en Fonte Colombo.
Capela con memoria do santo, en Fonte Colombo.
O padre Paco Castro [frai Francisco J. Castro Miramontes] explícanos a historia da orde, a vida e presencia de san Francisco en Fonte Colombo, a súa ida a Terra Santa á procura da paz; sempre predicador da paz dend´o amor.
Outra capela, en Fonte Colombo, nas austeras raíces do franciscanismo.
-
Pontevedra, 4.08.2009
-
Entrada n. 1028 do blog
-
XÓVENOS FRANCISCÁNS, A SANTIAGO,
por Xesús López Fernández
-
Difícil comprende-la inmensa e calada labor dos padres franciscáns polo ancho mundo. A esperanza de que as cousas muden na sociedade actual depende moito do seu providencialismo i esforzado traballo, exercido de forma constante e multisecular na Terra Santa, na que son os custodios indiscutidos dos santos lugares, respetados incluso por xentes doutras creencias: xudeos, musulmáns e cristiáns non latinos; exercidos tamén o seu apostolado e caridade antre nós, cando o dilapidador Estado do Benestar carece xa de recetas pra remedia-la probeza.
-
Abrir de novo os comedores do chamado Auxilio Social, necesarios nos primeiros tempos do franquismo, sería como reconoce-lo fracaso das políticas socioeconómicas do Goberno. Menos mal qu´a Igrexa, da qu´os franciscáns son tamén unha parte activa neste eido, optou por abrire comedores sociales. A caridade ten estos resortes contra a deriva gubernamental da casta parasitaria.
-
Sigue o enlace dun video polo que se anuncia unha concentración de xóvenes franciscáns pró día 9 de agosto en Santiago, tamén desta volta meca do franciscanismo europeo. (Video incluído na web da Pastoral diocesáa).
-

domingo, 29 de marzo de 2009

UNHA VIAXE CON NEVE [30.03.2009]

Venecia, vista dun canal menor.
Claustro de San Paulo Extramuros, en Roma, onde gañámo-lo xubileo. Foto de www.corazones.org.
-
Pontevedra, 30.03.2009
-
Entrada n. 892 do blog
-
Artículo semanal, publicado en diversos medios. Breve relato dunha peregrinación.
-
Unha viaxe con neve,
por Xesús López Fernández
-
Unha viaxe a Roma e a diversos lugares de Italia, cruzando varias rexiós daquel país: Lazio, Umbria, Toscana, Véneto, Lombardía….. Unha viaxe con dous obxetivos: Visita-la basílica de San Paulo Extramuros, en Roma, pra gaña-lo xubileo pauliño e peregrinare a continuación por un itinerario franciscán que incluía Fonte Colombo, un dos primeiros asentamentos da orde, ó que seguiría Greccio, cuna do primeiro Belén conmemorativo do Nadal, obra de San Francisco, que vivía con ledicia sublime esa festividade: Deus feito neno antre os homes. Así naceu a famosa Natividade de Greccio, sentida polo santo de forma totalmente presencial e compartida con tódo-los seus amigos, como conta o seu primeiro biógrafo, Celano, dun xeito que ten conmovido ó mundo e contribuído ó espallamento de tan fermosa tradición: o pesebre. Alí, en Greccio, celebramos, con panxoliñas, un emotivo Nadal serodio. No convento, austero, consérvanse o coro e as celas primitivas, antre elas a homilde de San Buenaventura, doutor da Igrexa, un home da Toscana.
-
Era 19 de Marzo, case primavera, pero a neve xa avisaba. Traiamos de Roma a referencia, en relación coas visitas efectuadas a diversas basílicas maiores, da fundación de Santa María Maggiore, no século IV e sobre o antiguo templo da deusa Cibeles, por orde do papa Liberius, no sitio da aparición da Virxe María. Conta a leenda que a noite do 4 de Agosto, o mes da Nosa Señora, apareceu no lugar un manto de neve, polo que cada 5 de Agosto remédase a nevada con pétalos de rosas brancas a xeito de folerpas. O frío apretaba en Asís, cidade pola que paseamos despois de ter ceado, porque o día 20 agardabanos unha xornada intensa. Fómonos así situando, achegándonos a diversos lugares: á basílica [dúas en realidade], camiñamos ata a casa de Francisco, hoxe unha pequena igrexa, e outros lugares.
-
Madrugamos porque o tempo habíasenos facer corto: Visita ás basílicas, ó mesmo lugar onde o 24 de Xaneiro do 2002 e sendo papa Xohán Paulo II se celebrara unha xornada de oración pola paz con representantes de diversas confesiós cristiáas e doutras relixiós. Repetíase así a experiencia do 27.10.1986, cando por primeira vez confluiran alí representantes de distintas creencias relixiosas pra pediren pola paz, pra desacreditare a violencia. Ese espírito de Asís respirábase o día da nosa visita, peregrinos tamén á igrexa de San Damián e á basílica de Santa Clara. No convento de Santa Clara, un ramo de flores marcaba o lugar no que a santa oraba. E polo serán achegaríamonos á singular basílica da Porciúncula, que contén no seu interior unha pequena capela restaurada por Francisco e os seus frades, case do lado do lugar no que o santo moraba e morreu, unha pequena construcción de madeira e barro.
-
Despois de celebrar outra misa na cripta, regresamos a Asís. Enfriaba aínda máis o tempo e cara á noite comezaría a nevar de forma franca. Ó día seguinte, o da partida a La Verna e Florencia, a neve foi protagonista, ata o punto de que non puidemos sobir ó lugar onde o santo recibira os estigmas. Vento e neve obrigáronnos a seguir camiño á espectacular Florencia, onde visitámo-lo Duomo e diversas prazas, lugares, monumentos, o Ponte Vecchio sobre o Arno, pra partire ó día seguinte cara a Padua, Padova, outra fermosa cidade con gran tradición universitaria na que o tempo resultou igualmente corto. Meta principal da nosa visita era a basílica de San Antonio, moi frecuentada naquela hora, con devoción multiétnica na capela do santo nacido en Lisboa. Obra grandiosa, concentración increíble de arte, contén catro claustros. O noso guía espiritual, Frai Francisco Castro Miramontes, autor de diversos libros sobre San Francisco, oficiou de novo a santa misa. [Todo un privilexio dispór da súa información e asistencia espiritual]. Seguimos por Treviso a Venecia, con memoria tamén do santo, de cando arribou de Oriente: San Marcos, Canal Central, Rialto , Murano. Marea alta, pero non acqua alta. O Asís nevado permanecía como referente.