Mostrando entradas con la etiqueta Terra Santa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Terra Santa. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de diciembre de 2012

A visita dos reis magos

A visita dos Reis Magos á Sagrada Familia parece ser, según Ana Catalina Emmerick, que non se pode reducir a esta simple escea, senón que cada un levaba o seu séquito. O artículo que sigue é unha simple aproximación á vista das revelaciós da beata alemá, nas que sería comenente profundizar máis e máis.

Pontevedra, 31.12.2012
Entrada n. 1597 do blog
Artículo semanal

A visita dos Reis Magos,

por Xesús López Fernández

            Gostaríame tocar hoxe a cuestión da visita dos magos a Xesús, na gruta de Belén, tomando como base as revelaciós da Beata Ana Catalina Emmerick, monxa agostiña, estigmatizada e visionaria, que foi beatificada polo papa Xohán Paulo II o 3.10.2004, nada en Flamske, unha comunidade agraria, o 8.09.1774. Morrería en Dülmen ós 49 anos. As súas visiós comezaran xa de nena. Decía que principalmente era Xesús o que se lle aparecía, cedéndolle a súa cruz. Os estigmas da pasión manifestáranselle a partir dos 24 anos, regularmente, polo Nadal e por Aninovo, dende o 29.12.1812. A súa obra é vastísima: profecías, revelaciós, visiós, que hoxe podemos conocer gracias ós traballos de Clemente Brentano, poeta alemán, o Peregrino, inducido a visitala cando ela estaba sometida á segunda investigación eclesiástica. Pra asombro do home, a beata coméntalle que lle tiña sido sinalado por inspiración divina como o home que escribiría as súas revelaciós pró ben de innumerables almas.

                      Dend´o 1819 ata a súa morte no 1824 Brentano rexistrou as súas visiós, enchendo corenta volumes con detalladas esceas e pasaxes do Novo Testamento e a vida da Virxe María. Ana Catalina falaba no dialecto de Westfalia. O poeta tomaba os necesarios apuntes pra despois reescribire todo en alemán estándar. Despois leíallo á monxa en voz alta, pra ela inserire algús cambios, se procedían, ata que lle daba a súa completa aprobación. Xa teño comentado, con motivo dunha viaxe a Turquía no 2011 que, non lonxe das fastuosas ruínas de Éfeso, existe unha casa na que viveu María con san Xohán, despois da Crucifixión de Xesús, onde a monxa agostiña sitúa incluso a morte, dormición e asunción de María. Dúas monxas hospitalarias urxiran ó arcebispo de Esmirna pola investigación deste asunto. Dous sacerdotes, despois de incontables pescudas, deron co lugar onde estaba, efectivamente, a casa, hoxe restaurada. As xentes do lugar lembraban a tradición de acodire alí prá celebración da festa da Asunción de María, o 15 de Agosto.

             Pero imos co tema dos Reis Magos, ó que lle dedica non poucas páxinas. Tocarémolo, pois, moi en breve. Os nomes que a monxa lles asigna son distintos dos que figuran na nosa tradición: Teokeno, que tiña a pel amarela; Mensor, o de cabelos negros, que sería bautizado pasados anos, por San Tomás, co nome de Leandro; a Teokeno bautizaríao o propio Tomás, co nome de León. Sair, daquela xa morrera, pero co bautismo de desexo. Os nomes gardan relación cos de Gaspar, Melchor e Baltasar. A descripción que fai de cómo cada un co seu séquito se vai poñendo en marcha pra se unir nunha viaxe única, resulta moi viva. Os tres viran a estrela do nacemento de Xesús. Teokeno, que moraba máis alá do mar Caspio tivo que facer un certo esforzo pra se unir ós seus colegas astrólogos, que xa estaban xuntos cando viron a estrela, na casa de Mensor, en Caldea.  Á viaxe vanse agregando xentes, algunhas de porte distinguido. Os magos queren cruza-las montañas e axoenllarse ante o novo Rei.

            Obviémo-lo paso dos Reis por Xerusalén e o encontro con Herodes… Cando chegan a Belén non fan perguntas. Saben pola profecía que aquel é o sitio. I estaban a prepararen a acampada cando a luz faise visible de novo. San Xosé, acompañado dun vello pastor, sae da gruta e diríxese ós Reis que lle confesan a súa idea de se postraren ante o Rei dos Xudeus, acabado de nacer. Axudados polos pastores preparan unha ceremonia solemne e vanse revestindo de mantos amplios e brancos. Mensor é o primeiro en entrare, e póstrase ante o Neno, a Luz do Mundo que ilumina a gruta. ¡Qué ledos estaban aqueles homes chegados d´Oriente: ”Temos visto a súa estrela e sabemos que é o Rei de Reis!” Encontro de paz e harmonía, Mensor chega incluso a lle propoñere a San Xosé que a Sagrada Familia se marche con eles á súa terra, pra lles dare alí protección. Ten malos presaxios despois da visita a Herodes…..

domingo, 8 de abril de 2012

Cando a tarde vai caíndo

 Emaús. Interior do templo. A área dos mosaicos correspóndese, según a tradición, coa da casa de Cleofás.   
Retablo do templo de Emaús.

Pontevedra, 9.04.2012
Entrada n. 1514 do blog
Artículo semanal

Cando a tarde vai caíndo,
por Xesús López Fernández

            O título deste artículo está tirado do contexto da petición que dous amigos de Xesús, daqueles que estaban na casa dos discípulos, lle formulan ó Mestre: “Quédate connosco, que a tarde vai caíndo”, frase convertida hoxe en canto ritual na  liturxia católica. Estos homes camiñaban cara Emaús, a dúas leguas de distancia de  Xerusalén, lugar que conozo dende unha visita  do ano 2009, no mes de xullo, con motivo dunha peregrinación institucional organizada pola diócesis compostelá. Nunha igrexa que alí coidan os PP. Franciscáns, celadores de Terra Santa, existe un retablo evocador do momento no que Xesús Resucitado procede á fracción do pan. No propio templo, á esquerda da entrada, está delimitada a área que se supón ocupaba a casa de Cleofás, na que Xesús foi acollido naquela hora crepuscular. Emaús é un referente, un oasis na obra de non poucos autores (Papini, Mauriac, Newman, Edith Stein, etc.) pero sigamos, en parte, o relato de San Lucas, 24, 13-35:

            Os discípulos, di o evanxelista, ían comentando o que tiña acontecido e, mentres conversaban e debatían, Xesús en persoa achegouse a eles e coeles púxose a camiñar, pero eles non-o reconoceron. E o Resucitado pregunta: ¿Qué conversa é ésa que traedes mentres vades de camiño?. Un deles, Cleofás, replica: ¿Pero és ti o único forasteiro en Xerusalén que non sabe o que aconteceu alí estos días?. ¿Qué?, pregunta  Xesús. O de Xesús o Nazareno, profeta poderoso en obras e palabras, ante Deus e ante todo o pobo; cómo foi entregado polos sumos sacerdotes e os nosos xefes pra que o condenaran a morte, e foi crucificado; de cómo os seus discípulos agardaban que fose o futuro libertador de Israel; do sorprendidos que estaban de que lle deran morte; que se falaba da desaparición do seu corpo do sepulcro, mesmo de visión de ánxeles que afirmaban que estaba vivo…   

            É ese o momento no que Xesús comeza coa súa pedagoxía escriturística e mesmo lles chama necios e parvaxolos por non ter creído o anunciado polos profetas. ¿Non era preciso que o Mesías padecera esto pra entrare na súa gloria? A lección peripatética sigue: Moisés, os profetas…, pero xa perto da aldea Xesús fai ademán de seguir camiño. É o momento no que os seus acompañantes lle piden: “¡Quédate connosco, que a tarde vai caíndo!”. E Xesús entra na casa pra se quedar coeles. Cando están sentados á mesa, toma o pan, bendíceo, párteo e ofrécello. I é nese intre cando ós discípulos se lle abren os ollos e reconóceno. Mais el desaparece. Eles comentan: “¿Non ardía o noso corazón mentres camiñabamos e nos viña explicando as Escrituras?”. Toman a decisión de regresaren a Xerusalén, xunto ós Once que xa falaban dunha resurrección verdadeira, da aparición do Señor a Simón. I eles contan o que lles tiña acontecido no camiño, cómo reconoceran a Xesús pola fracción do pan.

            Dí Papini que, anque os camiñantes de Emaús eran bos xudeos, víronse turbados pola crucifixión de Xesús. Que o amaban e sofriron dos seus sofrimentos, pero aquel fin imprevisto, infamante, sen gloria e sen resistencia, estaba lonxe do que eles agardaban, e particularmente ó moito máis que arelaban. Comprendían, sí, que fose un Salvador homilde, xinete sobre mansos ruchos antes que sobre cabalería de guerra, e un pouco máis espiritoal e soave do que eles quixeran; eso acadaban a comprendelo, aínda que con traballo, incluso a soportalo con pena. Mais que o Mesías dos Xudeos tivese terminado, por vontade de tantos xudeos, na cruz, era un desacougo moi forte, un escándalo, como se Xesús estivese engañado sobre o seu propio ser, o que prós discípulos tiña un certo tinte de fracaso…Non reconoceran a Xesús en vida, pero no momento da fracción do pan, como cando un pai o reparte antr´os fillos, entón os discípulos de Emaús, cando a tarde xa caía, atópanse cara a cara có Resucitado, descóbreno i éntranlle presas por leva-la noticia. Regresan onde os Once, tamén con novas de que Xesús, o Deus-Fillo, estaba vivo, resucitado.    



jueves, 5 de abril de 2012

Horto dos olivos

 Ésto é o que queda do Horto dos Olivos, ó que Xesús e os seus discípulos retirabanse a orare.

 Esta foto corresponde á Basílica das Naciós, que ocupa, suponse, unha gran parte do Horto dos Olivos.  
Este olivo ou oliveira pode ser contemporáneo de Xesús, 

 mesmo testigo da traición de Xudas.

Ó pe da Basílica das Naciós foi ensanchada unha estrada. Un olivo cortado por ese motivo foi estudiado e determinada a súa edade por medio do carbono 14: máis de dous mil anos.

Pontevedra, 5.04.2012
Entrada n. 1512 do blog

Horto dos Olivos,
por Xesús López Fernández 

Limito o interese desta entrada á presentación das fotos. O Horto dos Olivo debeu ocupar, en vida de Xesús, bastante máis espacio. En sobindo o monte existe outra basílica, a do Pater Noster, estimando que foi alí onde Xesús ensinou a orare ós seus discípulos cando eles lle demandaban "¿Cómo é que debemos orar?".

E baixando cara Xerusalén continuaba o horto, que abranguía tambén o espacio onde hoxe se levanta outro templo, o "Dominus flevit", o lugar no que Xesús chorou por Xerusalén. O autor da obra, que quere ter un certo feitío de bágoa, é un arquitecto de apelido italián, Barluzzi. Dend´o lugar existe unha vista amplia da cidade santa.    

lunes, 26 de marzo de 2012

O día da Anunciación

 O 25 de marzo, a Igrexa celebra a Anunciación do ánxel Gabriel a María. Comeza o proceso da salvación do home. Inclúo algunhas das fotos relacionadas coa basílica da Anunciación, en Nazaret. Nas paredes existe unha polícroma mostra da arte cristiá de diversos países do ancho mundo.  
Esta é unha fotografía caprichosa da fachada do templo, construído en cemento.  
 Máis mostras da arte alí concentrada.
 E máis nesta vista parcial do templo. 
 Máis realizaciós, como distintos ríos da fe cristiá e universal.
 Como esta outra vista, tamén do interior da basílica.
 Este é o sagrario da reservación, obra do pintor pontevedrés Rafael Úbeda Piñeiro, compañeiro meu de bachelerato. Aínda hai pouco fixo en Pontevedra unha exposición antolóxica da súa magna obra.


 Retablo da basílica.
 Éste é o relicario no que están depositádo-los restos de mártires franciscáns.
 Neste lugar sitúa a tradición a visitación de Gabriel: "Verbum caro hic factum est".
Outra vista da fachada da basílica.

Pontevedra, 26.03.2012
Entrada n. 1505 do blog

O día da Anunciación,
por Xesús López Fernández

Este blog está definido, será mellor decir que a miña intención, como "católico, ácrata, crítico". I esta entrada era prá ter inserido onte, 25.03.2012. Pero, ¿qué podo decir eu da visita de Gabriel e do "fiat", a resposta de María? Podo botar man de diversas fotografías, pasando ó mellor por alto as mellores de que dispoño daqueles lugares sagrados dende unha viaxe realizada a Terra Santa no mes de Xullo do ano 2009, algo que fun relatando na medida do posible por medio de diversos artículos que figuran  neste blog. Pero hoxe quero incluír aquí unhas reflexiós de San Efrén, diácono e mestre na escola de Edesa, Mesopotamia, que escribe as súas obras prá liturxia e  catequesis de lingua siríaca. 

E vou inserir, simplemente, a parte final dunha meditación titulada "Abrahán veu o meu día i encheuse de ledicia". San Efrén fala de cómo Abrahán, vello, e Sara, estéril, reciben a promesa do ánxel: "O ano próximo, nesta época, Sara vai ter un fillo". E nacería Isaac, aínda que Sara dubidara, por ser estéril.

María, pensando na virxinidade que quería conservare, dixo á promesa do ánxel: ¿Cómo vai ser éso, pois non conozo varón?. Certamente que a promesa era como contra natura, pero aquel que, contra toda esperanza, tiña dado Isaac a Sara é verdadeiramente o mesmo que, según a carne, naceu da Virxe María.

Na arrancada da historia da salvación.
  

viernes, 22 de abril de 2011

VÍA CRUCIS NO COLOSEO ROMÁN

Fotografía do Coloseo román, ano 2007. Neste esceario celebrouse hoxe un Vía Crucis multitudinario e podemos decir, tamén, que multiétnico. (Clicade sobre as fotos pra velas agrandadas).
O entorno do Coloseo e do Arco de Constantino estiveron concurridísimos, a xente apiñada durante a celebración do Vía Crucis este 22.04.2011.

Nova vista do Coloseo. Ó fondo, o arco de Constantino.

Outra vista do Coloseo.

Arco de Constantino. Coa conversión ó cristianismo deste emperador, o idioma da Igrexa, ata ese momento o grego, pasa a se-lo latín.

Vista dend´o camiño de sobida ás catacumbas que visitamos. Reparemos na conservación do capital natural, no respeto da natureza.


Mosaicos ante a entrada dunhas catacumbas que miden máis de vinte kilómetros por pasadizos soterrados, construídos en catro niveles. Non está permitido tirar fotos no circuíto habilitado prós visitantes, que sí poden, en pequenos grupos, celebrare misa nalgún dos espacios, pequenos altares, reservados.
Nesta outra fotografía aprécianse algunhas inscripciós en lingua grega. Xesús, que morreu un Venres, vai resucitare ó terceiro día e sucederanse unha serie de encontros cos seus discípulos. Dend´a súa Ascensión, os cristiáns agardan a Parusía, o seu retorno triunfante. Esa é unha verdade doctrinal, que está no Credo. Sobre da Parusía fala o Apokalypsis de San Xohán, que por algús non é considerado libro profético e sí como un libro de cartas en clave dirixidas ós cristiáns das catacumbas, tesis abonada por Stanislas Gyatt, distinta da de Leonardo Castellani ou do propio cardeal John Henry Newman, cuios libros non perderon frescura. Diremos, si acaso, que pra Stanislas Gyatt a Besta foi o Imperio Román, porque os valores alfanuméricos dos nomes dos emperadores suman, xustamente, 666. Pero, en fin, aínda así a Besta pode estar por chegare neste tempo de apostasía tan xeneralizada, e pode estar á vista, concretada no noso tempo.


Pontevedra, 22.04.2011


Entrada n. 1421 do blog


VÍA CRUCIS NO COLOSEO ROMÁN,

por Xesús López Fernández

Puiden ter traído aquí fotografías da Vía Dolorosa de Xerusalén, vía crucis que recorrín no ano 2009. Como a paisaxe cambiou radicalmente na cidade santa, moitos dos lugares que se describen nos Evanxelios están desta volta integrados no propio templo: o lugar da crucifixión, o sepulcro, etc. É máis: son cinco as estaciós que se sitúan no interior do propio templo.

A igrexa veu celebrando dend´os primeiros tempos a devoción do Vía Crucis, en Xerusalén, nos lugares nos que tiña acontecido. Pero é a partir do 313, coa libertade que prá Igrexa veu representa-la conversión de Constantino e despois dunha estancia de Elena, a nai de Constantino, nos Santos Lugares, cando se incrementou a devoción en torno á pasión e cruz do Señor. Moitos viaxeiros italiáns que tamén visitaran a Terra Santa intentaron imprantare esa devoción nos seus lugares de residencia.

É nos séculos XII e XIII cando San Bernardo, San Francisco e San Buenaventura fomentan a devoción afectuosa á humanidade de Cristo e ós misterios da súa vida. Esto veu preparando a configuración do Vía Crucis ata o século XV. Del iríanse derivando diversas devociós en séculos posteriores: "as caídas de Xesús", "os camiños dolorosos" de Cristo; a devoción ás "paradas de Xesús". En fin, que na evolución do Vía Crucis ata a forma na que hoxe o conocemos, como que en tempos contabase como primeira estación a despedida de Xesús da súa Nai; outras veces foi o Lavatorio dos pes dos discípulos, algo ocurrido na última cea; tamén a agonía en Getsemanía ou a condena a morte por Pilato.

O Vía Crucis tradicional, na forma na que chegou a nós, configuraríase no século XVII, en España, principalmente da man dos PP. Franciscáns. Pero o Vía Crucis bíblico, o que ten vido introducíndose dend´o último cuarto do século XX non tenta abolire o tradicional, senón arrequecelo, sustituíndo algunhas estaciós que non constaban nos evanxelios por outras que sí constan. Así suprímense as tres caídas do Señor, o encontro coa súa Nai e a escea da Verónica; insírense, en cambio, a agonía de Xesús no Horto dos Olivos, a traición de Xudas, a condena polo Sanedrín, a negación de Pedro, a flaxelación e coroación d´espiñas, a promesa do Reino ó bo ladrón, María e Xohán ó pe da cruz.

Na tradición do Vía Crucis do Coloseo, teñen participado diversos papas. E inserimos un enlace que fai referencia ós últimos celebrados paixos presidencia de Benedicto XVI e Xohán Paulo II. O enlace é dos Servicios Informáticos da Santa Sede.
-Enlace:

miércoles, 22 de diciembre de 2010

ACONTECEU EN BELÉN

(clicade nas fotos pra velas máis agrandadas). Fíxenas en Belén, son lembranza traída da peregrinaxe a Terra Santa do pasado ano. Na escea está a Sagrada Familia, o Neno recén nacido; a mula e o boi danlle calor, que valen como postal de Nadal, deste Nadal no que se renova a vida.
Nesta, o altar está decorado con diversas secuencias do nacemento e das primeiras visitas: os Reis que non eran precisamente reis, senón magos chegados posiblemente da Mesopotamia. Os magos tiñan máis sabiduría qu´os reis i eran, normalmente, os seus conselleiros.
Unha fonte no Campo dos pastores. A igrexa ó fondo, de Barluzzi, quer imitare o feitío dunha tenda de campaña.
A fuxida a Exipto. San Xosé foi avisado por un ánxel de que corrían peligro; que fuxan a Exipto, que xa lles pasaría aviso cando fose posible o retorno.
-
Pontevedra, 23.12.2010
-
Entrada n. 1386 do blog
-
ACONTECEU EN BELÉN,
por Xesús López Fernández
-
Podería incluir máis fotografías neste post, sobre todo da Basilica da Natividade e outras da poboación de Belén, que respira en clave cristiáa aínda que presionada polo islamismo, o mesmo que arrasa templos no Exipto, en Irak, Pakistán ou na propia India, ou asesina a testigos do cristianismo máis primitivo, especialmente os coptos do Exipto ou da vella Caldea, no Irak.
-
En Belén funciona unha factoría en réxime cooperativo, na que se elaboran, fundamentalmente en madeira d´olivo, figuras, esculturas, releves da última cea de Cristo e os seus apóstolos. De qu´a esta cooperativa lle vaian ben as cousas depende a posibilidade pra algús daqueles cristiáns de permaneceren na súa terra, de non ter que emigrare á busca de traballo lonxe do seu país, a USA ou Arxentina, o que ven traere unhas consecuencias non queridas. As mulleres solteiras vense obrigadas a abxurare da súa fe e acepta-lo islamismo ó contraeren nupcias, en realidade, cun nemigo da nosa fe.
-
Teñamos en conta a precariedade coa que viven os cristiáns, sobre todo no Oriente, pero tamén nun país como o noso, cun Goberno que predica unha apostasía real da fe católica. Esperemos incluso tempos peores na situación de corrupción case total que vive a Política española.
-
Neste panorama sombrizo teñamos forzas pra nos mantere no camiño marcado dend´a alborada do Cristianismo polo nacemento homilde de Xesús, "nun pesebre sendo rei" nunha gruta, en Belén. Certo qu´a fantasía e devoción, de grandes artistas ou do pobo chan, foron tecendo verdadeiros tesouros en torno ó Nadal, antre os que non podemos deixare de man a serie de panxoliñas, expresión culta ou popular, como a que canta:
-
"Camiñando pra Belén/ van os tres magos d´Oriente.../ Levan castañas cocidas.../ leite fresco e bica quente". A cambio do encenso, ouro e mirra, os magos da panxoliña galega levan productos da terra, da nosa terra. Según esta letra levan castañas cocidas ou zonchos (as cocidas coa tona), non bullós, as castañas asadas, agora que xa case pasou o seu ciclo. Novoneyra decía: "Xa é tempo de bullós", referíndose ó comezo da castañeira, asadas en tixolos, tarteiras ou tixolas furadas.
-

domingo, 19 de diciembre de 2010

ADVENTO, TEMPOS DIFÍCILES

En Ein Karem, monumento en lembranza da visita de María á súa curmá Isabel, que xa está en estado de gravidez avanzado; ela, da que se decía era estéril. [Pra agranda-las fotos clicade sobre delas un par de veces]
Outra perspectiva do monumento. A parede da dereita recolle o Magnificat en diversas falas do ancho mundo.
...benedicta tu in mulieribus, et benedictus fructus ventris tui, Jesus. Amén. En Ein Karem, Terra Santa.
-
Artículo semanal. Teríame, cecais, que ter centrado máis na persoa de María, en Expectación do Parto, María da Esperanza ou da O, patrona de Pontevedra ignorada polos relativistas que mandan no concello. Pensan que poden recrearen unha cultura nova, prescindindo do cristianismo. Eles creen que ignorando a María, a San Sebastián, ou a papeleta medioambiental na que exercen de traidores, a sociedade vai quedare reducida a ermo cultural. Non deixa de ser curioso que ignoren a Deus, pero non ó Anticristo. Curioso... Eso explica cousas do seu relativismo de ignaros.
-
Pontevedra, 19.12.2010
-
Entrada n. 1385 do blog.

Advento, tempos difíciles,
por Xesús López Fernández
O mundo católico celebrou o 18.12 o día da Nosa Señora da Esperanza, a Virxe da O, patrona de moitísimos lugares [como 129000], que en España celébrase dende moi antigo, sendo establecida litúrxicamente en tempos do Décimo Concilio de Toledo, ano 656, polo seu bispo Uxío III, como Expectación do Parto. Tamén é patrona de Pontevedra, representada por unha imaxe da igrexa de San Bartolomeu. Aínda que ignorada dende a óptica dun relativismo pacato, como tamén o patrón da cidade, San Sebastián, diríase que hai un certo crescendo na devoción á Virxe da O ou da Expectación, talvez na línea da recomendación papal, según Peter Seewald, [autor dun libro recentemente publicado por Herder, Luz del Mundo, un libro-entrevista], que afirma que o Papa non dá Europa por perdida a pesar da caída dramática da fe cristiáa, do tempo difícil que vivimos. Certo que o catolicismo estivo moi á defensiva, case caracterizado como unha forza nemiga do progreso. I el móstrase optimista.

Non podemos seguir como ata o dagora sen poñer en peligro a vida do planeta e o desenvolvemento da Humanidade, di Benedicto XVI. Son tempos difíciles e a enxeñería social posta en práctica polos relativistas estanos a levare a unha ruína total de valores, pero el síntese optimista. É clave, di, reaprende-lo sentido da palabra “libertade”, que non pode significar nengún tipo de bula pra facere todo o que resulte posible facer, senón que ten que estar orientada cara o concepto do ben; o contrario do que a dictadura do relativismo, co seu discurso continuo sobre libertade e dereitos humáns, incluso de Estado de dereito, todo falacia porque se traduz no contrario, tamén en espiral de violencia contra a familia e clases traballadoras e pode significar que a forza anticristiáa dispoña dun verdadeiro programa, como predicaba Karol Wojtyla a Paulo VI e á Curia de Roma no 1976, nuns exercicios: “Probablemente estamos chegando á hora da máxima tentación”, según recolle o prólogo do libro de John Henry Newman “Cuatro sermones sobre el Anticristo”.

Volvamos a María, que acatou en Nazareth a mensaxe levada polo arcánxel Gabriel e que ante a nova de que a súa prima Isabel, a chamada estéril, agardaba un fillo, dirixiríase a Ein Karem a visitala. Alí, en Terra Santa, estiven o pasado ano, algo xa comentado no seu momento. Coido que é todo un privilexio té-la oportunidade de visita-los santos lugares, que as sagradas escrituras toman unha dimensión máis fonda, que a fe resulta enfortecida desa experiencia. E agora, cando imos celebrare o nacemento do Señor é coherente ter presentes os “tempos” da anunciación e da visitación. En Ein-Karem, “Fonte da Viña”, lugar de templos coidadísimos existe un monumento que recolle o momento do encontro das primas, María e Isabel. I é tradición a de que a fonte, o manantial, naceu nese momento emocionante do saúdo das primas naquel lugar, a terra de Xohán Bautista. Xohán ven de Yohohanan, que significa “Yahvé foi favorable” en hebreo, según leo na obra de Daniel Rops.

En Ein Karem, Zacarías, que era ancián, pedíralle un sinal a Gabriel, o arcánxel que lle comunicara que os seus rezos foran oídos e había ter un fillo, grande dediante do Señor, de nome Xohán. Pola súa edade e pola de Isabel non lle parecía posible o afirmado por Gabriel. E o sinal arcanxélico foille imposto. Quedou mudo ata que naceu o Bautista. E cando debatían sobre o nome do recén nacido, Zacarías pideu unha tableta na que escribeu: “O seu nome é Xohán”. Destrabóuselle a lingua e comezou a falare. Todo un privilexio poder visitar, naquel lugar, a igrexa do Bautista, [o precursor de Xesús, do que agora nace] e o Santuario da Visitación ou Magnificat, que lembra a visitación. María da Esperanza [a nosa patrona] e Isabel poden intermediar nas nosas peticiós pra que a Humanidade que sofre a dictadura relativista e os traballos da súa “enxeñería social” conoza unha nova alborada de rexeneración, porque vivimos tempos difíciles. A mediación salvífica de María e Isabel é posible. Pedida con fe.

sábado, 11 de diciembre de 2010

A INMACULADA, O MISTERIO DE NAZARET

22.07.2009. Fotografías de Nazaret, algunha delas posiblemente xa no blog, nunha serie de traballos de Xullo-Agosto-Setembro 2009. Esta corresponde á fonte na que María sortíase d´auga. Este espacio, na fin dunha gruta, está hoxe integrado nun pequeno templo que celan cristiáns maronitas, en rezo continuo o día da nosa visita.
Aspecto do templo, concentración d´arte en honor a María.
Outra perspectiva do lugar.
No fondo, á esquerda, está situada a fontela da primeira fotografía.
Outra panorámica do arte alí presente. (clicade pra agranda-las vistas recollidas nas fotos, sempre).
E nova vista do mesmo pequeno templo.
Este é un dos accesos á Basílica da Anunciación. Extraordinaria concentración d´arte cosmopolita, tería que inserir realmente, outras vistas. Seguro que non estou a presenta-las mellores fotografías daquel día, segundo da nosa andaina por Terra Santa.
Non por estar feita de cemento a Basílica deixa de impresionar. Xa sei qu´esta é unha fotografía un tanto caprichosa.
Altar maior e retablo. Os sacerdotes dispóñense a oficia-la Santa Misa, ceremonia concelebrada con don Julián, o noso arcebispo.
Retablo da Epístola, da conservación do Sacramento, obra do pontevedrés Rafael Úbeda Piñeiro, qu´estos días mostra unha exposición espectacular na sala de Caixanova en Pontevedra, que recorre tódo-los seus tempos na pintura. Curiosamente, un dos cadros da exposición está datado no 1947, cando o home tería 15 anos, calculo; o tema, unha vista dende a Xunqueira do Lérez, un relicario de vida afogada por distintas camadas de políticos locales.
Retablo do Evanxelio, relicario de mártires franciscáns. Os PP. Franciscáns son os principales guardadores da Terra Santa, respetados por xudeos e musulmáns.
Outro enfoque da obra de Úbeda, en Nazaret.
Verbum caro hic factum est. O altar desta cripta quer mostrare prá eternidade o lugar no que María recibeu a visita do Ánxel Gabriel. A partir dese momento virían os nove meses de soño que describe Cunqueiro ata que chegou o día:"... Pasou a primavera, que ben frolecía; pasou tamén a sega, que moito pan había; i agosto, i o magosto dourado; i o viño novo, nas cuncas, na adega foi catado. I estando o outo cume de outo neve nevado, a María, en Belén, o noveno mese lle foi contado.....¡Nasceu Don Xesucristo, de todos é loubado!.
-
Pontevedra, 11.12.2010
-
Entrada n . 1378 do blog
-
A INMACULADA, O MISTERIO DE NAZARET,
por Xesús López Fernández
-
Traducción do evanxelio según san Lucas, do 8.12.
-
N´aquel tempo, o ánxel Gabriel foi enviado por Deus a unha cidade de Galilea chamada Nazaret, a unha virxe desposada cun home chamado Xosé, da estirpe de David; a virxe chamabase María. O ánxel, entrando na súa presencia, dixo: -"Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo". Ela turbouse ó escoitare estas palabras e peguntabase qué saúdo era aquel. O ánxel díxolle:

-"Non temas, María, porque teñas acadado gracia ante Deus. Vas concebire no teu ventre e has dar a luz un fillo, ó que has poñer por nome Xesús. Ha ser grande e chamado Fillo do Altísimo, o Señor hálle dá-lo trono de David, o seu pai, e ha reinare sobre a casa de Xacob pra sempre, e o seu reino non vai ter fin". E María díxolle ó ánxel:

-"¿Cómo vai ser éso, se non conozo varón?"

O ánxel contestoulle:

-"O Espírito Santo virá sobre tí, e a forza do Altísimo vaiche cobrir coa súa sombra; por eso o Santo que vai nacer terá de se chamare Fillo de Deus.
Aí tes á túa parente Isabel que, a pesare da súa vellez, concibeu un fillo, e xa está nos seis meses a que chamaban estéril, porque pra Deus nada hai imposible".

María contestou: -"Aquí está a escrava do Señor; fágase en min según a túa palabra". E o ánxel deixouna.

Palabra do Señor.

jueves, 11 de noviembre de 2010

ACONTECEU EN EMAÚS

Fotografía feita o 13.07.2009, en Emaús, no novo Emaús, exterior do templo, no entorno que coidan os celadores da Terra Santa, os franciscáns. Nesta vista aprécianse varios exemplares de cedros do Líbano. (Foto propia) Do vello Emaús. Restos atopados coas excavaciós alí efectuadas. (Foto propia)
Unha vista do entorno e da residencia dos PP. Franciscáns. (Foto propia)
Outra vista: cedros, ruínas, e aspecto do novo templo. (Foto de Xesús López)
Aquí aparece o templo, nun plano máis próximo,
Ésta é a fachada do novo templo.
Xa dentro, o chan aquí mostrado correspóndese coa área da casa de Cleofás, un dos dous discípulos que invitaran a Xesús a permaneceren coeles: "Quédate, Señor, connosco, que a tarde vai caíndo". Nese espacio reconocérono cando tomou o pan nas súas mans e o parteu. (Foto de Xesús López)
Retablo do templo: Xesús cos discípulos que, á fin, reconóceno cando procede a parti-lo pan. (Foto propia que poderedes usar con total libertade, como as anteriores, indicando, se queredes, a autoría)
-

Pontevedra, 12.11.2010
-
Entrada n . 1351 do blog
-
ACONTECEU EN EMAÚS,
por Xesús López Fernández
-
A miña intención, coesta entrada, é a de lembra-la visita do Papa Benedicto XVI, unha das frases de don Julián, o noso arcebispo, que non é outra qu´a de Cleofás, un dos discípulos que, despois de ter camiñado con Xesús, que parecía non estar "enterado" da súa morte e resurrección, que non-o reconoceron ata o momento da fracción do pan.
-
Aquel pasaxe tan entrañable, a petición dos discípulos ós que lles fervía o corazón conforme aquel extraño acompañante lles ía explicando por qué todo acontecera como xa anunciaban as Escrituras, a frase culmen do relato: "Quédate, Señor, connosco!", reiterada como petición de don Julián a Benedicto XVI, ten o valor de reactualiza-lo acontecido en Emaús, desta volta coa trascendencia de que, en pasando dous mil anos, andan ceibes moitos espíritos endiañados que, falseando a Historia, fuxen da mensaxe do actual Papa, sucesor de Pedro na gobernación da Igrexa, alter Christus que propón a reevanxelización dunha Europa (talvez satanizada, digo eu), tamén de España. As piaras de porcos están a agardare o posible exilio de Satanás, da lexión de demos presente nas xentes, con poder pra enviliceren todo, pra acabaren co orde natural das cousas. E coa familia.