Mostrando entradas con la etiqueta Valença. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Valença. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de febrero de 2013

A Fortaleza, modelo de cidade

 A Fortaleza de Valença do Miño, Portugal, está a completare  unha serie de obras pra mante-lo burgo medieval vivo, un dos recintos mellor conservados de Europa. Apréciense os paralepípedos cortados (reutilizados?), como a mitade do volume que tiñan os mosquerós de Pontevedra, usados desta volta como linde do aparcamento alí existente. Os coches entran na Fortaleza cando non aparcan no gran foso antre murallas. 
O 12.10.2012, as rúas que converxen na praça da República estaban así de animadas. Modelo de cidade a imitar, incluso as rúas máis estreitas están doutadas de galerías de servicios de dous metros de altura, algo que os ceporros da política pontevedresa non souberon facer. 
 Unha panorámica da gran muralla da vila medieval.  
 Vista urbá, do lado da praça da República.
 Outra panorámica da muralla deste burgo que no comezo do século XVI tamén usaba, según se aprecia en escrituras notariales, a letra "ll", que os garulos reintegracionistas tentan cambiare no galego d´hoxe en día polo "lh".De loucura. E así morre a lingua. 
 Os coches entran ordeadamente na Fortaleza.
 Vista xeral do parking ó aire libre.
Este é un dos espacios emblemáticos daquel burgo. A parede está coberta permanentemente por unha lámina d´auga. Nesta rúa, galería de servicios de dous metros de altura. Por ela van as augas; pola súa parte alta os suministros de luz, gas, telefonía. 

Pontevedra, 20.02.2013
Entrada n. 1610 do blog

A Fortaleza, modelo de cidade,
por Xesús López Fernández

A salvación deste modelo de cidade comercial depende da entrada dos posibles siareiros, do uso do coche que, como recomenda o arquitecto portugués de renome mundial, Álvaro Siza, pode ter efectos benéficos pró comercio de vilas e cidades. Nas obras alí efectuadas vagariñamente hai algo importante a ter en conta: o sentido común. 

Curiosamente e como consecuencia do marketing que se montaron os estalinistas pontevedreses, Pontevedra é hoxe modelo de cidade en canto a accesibilidade (a gran falacia), e outras caralladas. A cidade vella está practicamente morta porque os nosos mandiños quixeron que primase a "protección dos peatós", agora ameazados por bicis i skaters, ademáis de irse deshabitando a vila convertida nunha especie de parque temático: tabernas prós visitantes, horror prós residentes, que van marchando.

E Pontevedra recibe premios: un deles outorgado pola ONCE, que coincideu coa recalificación municipal duns terreos da organización; outro premio pra esta cidade sucia conocido como o da "vasoira d´ouro", que lle costou ó concello pontevedrés 25000 euros; e agora quixeron disfrazar de premio da UE o Intermodes de movilidade, algo que os pontevedreses non entendemos.

Mentres que Pontevedra morre, parece que a Forzaleza de Valença se salva; non así a Valença extramuros, eso que o 12.10.2012 puiden apreciar que era tamén obxeto dalgunha obra salvífica.

Ben. Resulta que o 11.10.2012 unha comisión do concello de Aveiro visitou Pontevedra, pra estudia-lo noso modelo de cidade. Unha carallada. Puiden ver cómo o alcalde Lores paseaba por un par de lugares, praza das Galiñas e praza da Verdura, dous entornos funerales da cidade, onde o urbanismo brutal dos estalinistas acabou cunha cidade que foi modelo comercial e administrativo, e porto de mar (que xa non). Polo feito de ter visitado Valença precisamente o día seguinte da viaxe da comisión de Aveiro a Pontevedra, puiden estimar que esa comisión se pasou uns cantos largos, que o modelo de cidade que precisan pode estar en Portugal, na Fortaleza de Valença do Miño, cun urbanismo máis respetuoso que o modelo granichán aquí practicado, modelo fracasado.  

miércoles, 18 de febrero de 2009

CHAPUZAS PONTEVEDRESAS

Perfil da obra prevista no foso das Torres Arzobispales, ante o palacete das Mendoza e o sanatorio Santa María. Un novo museo de 715 metros cuadados.
-
Pontevedra, 18.02.2009
-
Entrada n. 838 do blog
-
DÚAS CHAPUZAS PONTEVEDRESAS,
por Xesús López Fernández
-
Cargáronse a Avda. de Santa María, que din vai recupera-lo seu aspecto orixinal. ¿Seguro?. Era un dos espacios emblemáticos de Pontevedra, cun xardín coidado e unha graciosa fontela. Pero as trazas que pintan agora son as que podemos maxinar da constante involución urbanística, da perda de vida que dende hai uns nove anos están a lle imprimiren á cidade, que era comercial e administrativa e que, polo que se ve, non vai quedar pulo, vida, chantado como temos dito máis dunha vez o novo escudo funeral vilego no encontro de Chariño con Tetuán, don Filiberto por parte máis alta, e outras. Refírome á prantación de cipreses nese espacio. Ou alciprestes, se así preferides, que tamén é palabra galega.
-
Cando vou a Valença do Miño, algo que fago dende hai anos, vexo que, como a urbe vive do comercio, as autoridades procuran salva-lo enclave medieval, coa que estos chacaritas pretenderon comparare Pontevedra ó aparecere o foso da Avda. Santa María. Pero dáse a circunstancia de que en Valença, onde estudian sempre o tipo de pavimento co que van enlousando, as fosas antre murallas defensivas, pouco a pouco, vanse convertindo en aparcadoiros tolerados. Incluso no interior da fotaleza existen prazas de aparcamento en superficie, ata hai pouco gratis total. E coido que a cousa así sigue. Porque non queren que a vila quede privada de vida. Exemplo a seguir.
-
-
Piden a dimisión do concellal G. Vázquez, pola chapuza da praza da Castaña.
-