Perfil da obra prevista no foso das Torres Arzobispales, ante o palacete das Mendoza e o sanatorio Santa María. Un novo museo de 715 metros cuadados.
-
Pontevedra, 18.02.2009
-
Entrada n. 838 do blog
-
DÚAS CHAPUZAS PONTEVEDRESAS,
por Xesús López Fernández
-
Cargáronse a Avda. de Santa María, que din vai recupera-lo seu aspecto orixinal. ¿Seguro?. Era un dos espacios emblemáticos de Pontevedra, cun xardín coidado e unha graciosa fontela. Pero as trazas que pintan agora son as que podemos maxinar da constante involución urbanística, da perda de vida que dende hai uns nove anos están a lle imprimiren á cidade, que era comercial e administrativa e que, polo que se ve, non vai quedar pulo, vida, chantado como temos dito máis dunha vez o novo escudo funeral vilego no encontro de Chariño con Tetuán, don Filiberto por parte máis alta, e outras. Refírome á prantación de cipreses nese espacio. Ou alciprestes, se así preferides, que tamén é palabra galega.
-
Cando vou a Valença do Miño, algo que fago dende hai anos, vexo que, como a urbe vive do comercio, as autoridades procuran salva-lo enclave medieval, coa que estos chacaritas pretenderon comparare Pontevedra ó aparecere o foso da Avda. Santa María. Pero dáse a circunstancia de que en Valença, onde estudian sempre o tipo de pavimento co que van enlousando, as fosas antre murallas defensivas, pouco a pouco, vanse convertindo en aparcadoiros tolerados. Incluso no interior da fotaleza existen prazas de aparcamento en superficie, ata hai pouco gratis total. E coido que a cousa así sigue. Porque non queren que a vila quede privada de vida. Exemplo a seguir.
-
-
Piden a dimisión do concellal G. Vázquez, pola chapuza da praza da Castaña.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario