Tomas diversas das Cíes, na bocana da ría de Vigo, dende Cabo Estai.
A fixa mirada da súa estatua ( a foto corresponde á fase de realización), no Náutico, parece nos está a recriminar: "¡Qué! ¿Non teñen vostedes Historia que contar? ¿É que carecen de símbolos culturales ou avances tecnolóxicos que propoñeren? ¿Xa non hai en Vigo fortuna humanística que defender? Tan cómodos están, todos vostedes, metidos no seu tobo de traballo, ou paro, aillados?". (Apunte que fai Carlos Núñez, o autor do artículo que se cita nesta entrada.
Pontevedra, 18.02.2014
Entrada n. 1740 do blog
Memoria de Xulio Verne e o Nautilus,
por Xesús López Fernández
A imaxinación de Xulio Verne situou o Nautilus na ría de Vigo. O autor fai incluso mención da data: o 18.02.1868. Carlos Núñez dedícalle hoxe un artículo no Faro de Vigo, que convén leer (Julio Verne y las señas de identidad viguesas), unha sentida lembranza do autor de "Vinte mil légoas de Viaxe submariño", unha das novelas máis universales que describe as aventuras do capitán Nemo por tódo-los mares do globo. Pero, como sinala o articulista, Xulio Verne, como unha premonición, sitúa todo o seu inxenio no interior desta nave de leenda como un gran laboratorio de investigación náutica na ría máis rica do mundo.
(Eu visitei unha réplica do Nautilus no parque de Disneyland, Paris, o pasado mes de Setembro 2013.)
