Mostrando entradas con la etiqueta Vigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vigo. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de febrero de 2014

Memoria de Xulio Verne e o Nautilus





Tomas diversas das Cíes, na bocana da ría de Vigo, dende Cabo Estai. 

A fixa mirada da súa estatua ( a foto corresponde á fase de realización), no Náutico, parece nos está a recriminar: "¡Qué! ¿Non teñen vostedes Historia que contar? ¿É que  carecen de símbolos culturales ou avances tecnolóxicos que propoñeren? ¿Xa non hai en Vigo fortuna humanística que defender? Tan cómodos están, todos vostedes, metidos no seu tobo de traballo, ou paro, aillados?". (Apunte que fai Carlos Núñez, o autor do artículo que se cita nesta entrada. 

Pontevedra, 18.02.2014
Entrada n. 1740 do blog

Memoria de Xulio Verne e o Nautilus,
por Xesús López Fernández

A imaxinación de Xulio Verne situou o Nautilus na ría de Vigo. O autor fai incluso mención da data: o 18.02.1868. Carlos Núñez dedícalle hoxe un artículo no Faro de Vigo, que convén leer (Julio Verne y las señas de identidad viguesas), unha sentida lembranza do autor de "Vinte mil légoas de Viaxe submariño", unha das novelas máis universales que describe as aventuras do capitán Nemo por tódo-los mares do globo. Pero, como sinala o articulista, Xulio Verne, como unha premonición, sitúa todo o seu inxenio no interior desta nave de leenda como un gran laboratorio de investigación náutica na ría máis rica do mundo. 

(Eu visitei unha réplica do Nautilus  no parque de Disneyland, Paris, o pasado mes de Setembro 2013.) 

miércoles, 10 de abril de 2013

A recuperación do mar, en Vigo [30.07.2004]

Véxase cómo o porto de Marín tenta engulire a illa de Tambo, o que acentuaría aínda máis a agresión medioambiental do lote de  descerebrados que están a toleraren a actuación da Autoridade Portuaria. Certo que a recuperación do mar, en Vigo, en contra do análisis que se fai no artículo hoxe presentado, tampouco foi  certa, que mesmo parece que a cuestión da depuradora do Lagares, aínda que sexa zona de marismas, vai adiante. Como tamén na ría de Pontevedra queren deixare encorsetáda-las marismas de Lourizán cun paseo pactado antre diversos protagonistas da trama de corrupción aquí existente: Fomento, Concello, Xunta: os novos e idílicos solpores dos que falaba o concellal conocido como o Erasmo de Vilaboa, o "pensador" do Partido. Desconozo tamén si en Vigo chegaron a deslocalizaren algunha das industrias que se cargaron o litoral, pero seguro que os recheos de Bouzas han seguir insultantes.   

Pontevedra, 10.04.2013
Entrada n. 1641 do blog
Artículo do 2004

 A recuperación do mar, en Vigo, [30.07.2004]
Por Xesús López Fernández

            As ideas que hoxe van quedar apuntadas corresponden a informaciós producidas en relación coa movida urbanística e de recuperacián da beiramar que están a deseñar en Vigo, cara a Volvo Ocean Race e pola proiección internacional que a mesma vai representar. O programa xa ten nome, Vigo 2005. E imos traer aquí algús datos, sobre os que non han faltar críticas de posible  pelotazo nalgunha das actuaciós que se van levar a cabo, como a que representa o traslado das industrias da Beiramar á chamada Cidade da Pesca, un polígono de 400.000 metros cadrados, en Valadares. O traslado vai costar uns 100 millóns de euros, importe que inclúe a compra dos novos terreos e mai-la construcción das naves prás que se van trasladar diversos armadores pesqueiros, antre eles Pescanova, Pescapuerta, Freiremar, Armadora Pereira.... E conserveiras que teñen que ver co mundo da pesca. Nas próximas semás vaise asina-la constitución da sociedade Ciudad de la Pesca, S.L., na que participan as máis importantes firmas afectadas polo traslado, con reserva xa de superficie superior nun 50% á que agora ocupan.  Operación rentable ambiental e urbanísticamente.

            O devandito é unha actuación prevista no PXOM, que tenta recupera-lo litoral urbán pra Vigo ofrecendo así a cidade unha nova faciana ó mar e garantiza tamén o futuro do sector. O empresariado, intelixente,  quixo deixar constancia por medio dun portavoz da sensibilidade que puxeron nesta operación. “A pesca é un sector fundamental pró desenvolvemento de Vigo. A súa proiección internacional sitúao no segundo posto do ranking das exportaciós de Galicia, só por detrás da automoción.... Como a demanda do mercado veu revaloriza-las actividades relacionadas coa transformación, elaboración e distribución do pescado, en detrimento do labor extractivo”, daí ven a deslocalización anunciada de varias das empresas situadas na milla de ouro da pesca galega...O proiecto vai ser apresentado ós sindicatos, que se supón han comprender que todo é resultado dos novos fluxos do mercado e que, ademáis, no espacio que van libera-los armadores, transformadoras, conxeladoras e outros, vaise crear unha gran área de multiservicios, de comercio, deportes, ocio, etc. E 3.000 novos postos de traballo. A Xunta pode estar apostando forte por converter Vigo no seu buque insignia.

            O plan de viabilidade distingue seis superficies: Áreas de deporte, de ocio, de servicios, empresarial, de aparcamento (64.440 m2) e área axardinada. Algo oín sobre excesivo número de torres e incluso, manexando unha revista que edita a Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra,  APROIN, no n. 30, na portada, vexo que aparecen dúas infografías en relación coa actuación que se vai facer en Teis. Según a confeccionada polo equipo redactor do plan aparecen un número discreto de torres; pero na outra infografía (anónima), a que utiliza o PSOE, están realzadas en color ambar as torres que se construirían e que terían un efecto macizante abalador, algo que tamén teño oído comentar en relación coa chamada milla de ouro. Se os empresarios se deslocalizan, ¿será por simple altruísmo ou por estaren a obter unha plusvalía nunca soñada? Non debemos esquecer que están a venderen solares que, maiormente, son terreos privados, non afectados,  e que ademáis está prevista a creación dos  citados 3.000 novos empregos. (E non inflan o discurso con inducidos porque aínda queda algo de decencia).

            Na revista APROIN se publica tamén unha entrevista a Corina Porro, que nas fotografías aparece con mirada ausente, como se tivese certos medos ante o reto, un reto por outra banda magnífico.  Ela afirma que “queremos humanizar e revitaliza-la cidade con vistas á saída de Vigo, en novembro do 2005, da Volta ó Mundo de Vela. Vigo será daquela unha fiestra ó mundo e non podemos perder esta oportunidade”. A entrevista é longa, pero a muller ten o valor de decir que con “Abrir Vigo al Mar” o que se fixo realmente foi darlle as costas, cerra-la cidade ó mar. E o estudio dagora prantexa a recuperación da costa dende Nigrán ata Redondela. Quérense recupera-las praias, algo que teñen moito máis difícil que en Pontevedra, e comunica-lo litoral por medio dun carril-bici, crear paseos de peatós, algúns pilotados, crear tamén zonas públicas e zonas verdes pegadas ó mar, aumenta-lo número de aparcamentos i, en xeral, mellora-la accesibilidade e as comunicaciós dos espacios costeiros, etc. En fin, que traendo aquí estas noticias parece que nos estamos a referir a un lugar lonxe de Pontevedra, a urbe galega  máis castigada e prá que non existe un proiecto de recuperación. Faltan empresarios e políticos comprometidos máis alá da representación escénica do último pleno, 23.7, corral de comedias, que obriguen á Xunta a liberar esta cidade, este mar.  Como en Vigo.

miércoles, 22 de abril de 2009

COUSAS NA FIN DO ANO [26.12.2003]

O caos normativo. Dibuxo de Xesús López.
-
Entrada n. 912 do blog.
-
Pontevedra, 22.04.2009
-
Recupero un traballo da fin do ano 2003, un comentario a raiz dun artículo de Méndez Ferrín e tamén relacionado con outras cousas. O artículo non perdeu actualidade, mesmo cando mostra perfiles incertos de xentes que, estando na Política, non están na Ecoloxía, non saben de recupera-lo capital natural cando non promoven a morte da natureza. Como en Vigo, como en Pontevedra. Sigue o traballo, que pode ser mesmo oportuno cando se produce o relevo galego na (des)gobernación do país:
-
Cousas na fin do ano, [26.12.2003]
Por Xesús López Fernández
-
Acabo de leer un novo traballo do amigo Méndez Ferrín, “As normas académicas do idioma galego”, que por fin están en vigor. A Academia debería se-la autoridade máxima en materia de lingua, como ben se di no seu traballo. E as normas están xa publicadas pra seren consultadas por tódo-los interesados nas mesmas, cantos máis mellor, según di o meu amigo que non esquece que hai xente desleigada que vai seguir sen usa-lo idioma da terra (porque o detestan), sen esquecer que existe outro grupo de persoas que soñan con seren lusitáns (os que se poñen ó abeiro do mito de Carballo Calero na súa derradeira e suicida fuxida, outro xeito de detesta-la fala). Estou dacordo con Méndez Ferrín aínda tendo en conta que as normas arriman máis da conta ó portugués ou que retornan a formas en desuso que un é libre de non estimar como boas; de entender incluso que no sobreabuso de cultismos lusos pode esta-la perda de falantes da nosa lingua, algo constatado novamente en data recente, mentres algús siguen fiando na deriva cara formas que non están no cerne do idioma, que valen mesmo pra que os seus discursos na praxis política non calen na sociedade.
-
Seguindo co idioma citaremos un caso claro: o dos discursos con motivo do voto de confianza a Pérez Mariño. Ben Soto e Porteiro, con claro dominio da fala; mal Pérez Castrillo, cun discurso de pena no galego que o seu grupo quere impoñer. I está claro que o idioma marca un ser ou non ser, porque a lingua na que se expresaron os dous primeiros penetra, chega, é asumida por xentes instaladas no castelán, mentres que a lectura de P. Castrilllo tivo moito de opereta, foi un discurso co que se intentou explicar, xustifica-la privación da alcaldía a Ventura Pérez Mariño, un home distante que, a pesar do seu aparente hieratismo, era cada vez máis valorado polos vigueses, ata o punto de que as enquisas mostraban unha posible maioría absoluta a favor do mesmo no caso de se produciren de novo as elecciós. A sociedade, a verdade, vai cansa dos partidos e dos políticos e agarda xentes que veñan decir cousas tan simples como que “as sentencias son pra seren executadas”, afirmación, en castelán, atribuída ó alcalde cesado en relación con asuntos de presunta ilegalidade urbanística.
-
E parece que algunha das actuaciós alentadas dende a oposición fáctica ó anterior alcalde non van atopar apoio no novo goberno local, como a construcción do centro comercial en Balaídos, no que algús sinalan o punto crítico da caída de Ventura Pérez Mariño. Polo demáis, hai signos de que poden regresar certos peligros porque, aínda non producido o relevo na alcaldía, o ministerio de Fomento anunciaba que ía mante-lo presuposto prós recheos do Areal ata o 2007. ¡E un que creía ese pesadelo desaparecido do horizonte vigués, derrotada a política que Pedrosa plasmaba na súa frase prós medios de que “un porto ten que crecer ilimitadamente!”. E comerse a ría de paso. Terá que andar con coidado Corina Porro, porque a sociedade viguesa, ó contrario da pontevedresa, está viva e tense pronunciado en contra da demencia que pretendía xustifica-los recheos do Areal, que podemos extrapolar a outros portos, que máis que avanzar no mar sobre pilotes pra que non sofra a dinámica das augas tentan xerar chan industrial pra empresarios mediocres a conta das augas, cargarse o litoral, converteren en cidades de secano vilas históricamente mariñeiras.
-
Di a alcaldesa que un porto debe crecer ordeadamente, o que pode ser diferente do dito por Pedrosa. ¡Ou pode se-lo mesmo, coidado!. No que sí parece acerta-la muller é no traslado da alcaldía ó casco vello, ó edificio Cambón, pra así potencia-lo barrio. Asignatura difícil, que non se aproba se non se consigue facelo máis habitable. Se non é así a zona esmorece. Non importa (como en Pontevedra) que haxa máis visitantes alleos á realidade do barrio que moitos residentes poden considerar arrasado antes que restaurado, privadas moitas prazas do seu tipismo. A tramoia Urban, a actuación sobre fachadas, con subvenciós pendentes de abonar que reclama o Valedor do Pobo, disimula o deterioro de moitos edificios que están arruinados, nos que a lousa do Peprica, un mal plan, vai impedi-lo establecemento de novos moradores... Como sexa, o idioma malvive, as xentes perderon un bó alcalde en Vigo, os restauradores poden non acertar, o litoral estar novamente ameazado se non se respeta a súa dinámica, as pautas marcadas pola natureza...E decíamo un amigo, pescador no peirao vello de Marín, naquelas augas degradadas: “Pesco chocos e calamares, e caen robalizas, ¿Por qué non crear arrecifes ou face-los novos peiraos sobre pivotes, salva-la ría e a súa riqueza pra sempre?”.... En fin, pensemos na lingua i en defendernos do poder en cuestiós de urbanismo, medio ambiente e dereitos humáns. Porque veñen mal dadas.

viernes, 20 de febrero de 2009

O CONCELLO DE VIGO, QUE PAGUE

O edificio Piricoto, en Vigo, con sentencia firme de derribo. O Concello, que no seu día outorgou unha controvertida licencia, quer evita-la súa demolición, porque como dispensadores da mesma terán que asumi-las oportunas indemnizaciós. Eso acontece por lle ter reconocido unha capacitación ós concellos en materia urbanística e fiscal. Así vai o país. Eles son causa, tamén, da ruína xeral da nación.
-
Pontevedra, 20.02.2009
-
Entrada n. 843 do blog
-
O CONCELLO DE VIGO, QUE PAGUE,
por Xesús López Fernández
-
En Vigo existen unha serie de edificaciós sobre as que penden sentencias firmes de derribo, que o Concello, por non asumire as súas culpas e correspondentes indemnizaciós a propietarios de boa fe, leva anos a sofreare.
-
Unha das edificaciós é o esperpéntico Piricoto, perto do Parque Quiñones de León. A Xusticia ordea ó concello vigués o seu derrubamento. O TSXG dá un prazo dun mes pra que o Concello redacte o correspondente plan de demolición, xa.
-

martes, 18 de noviembre de 2008

A NOVA DEPURADORA DE VIGO

Gráfico que presenta o Faro do 18.11.2008, sobre o novo plan. (Pra amplia-la presentación, clicade sobre o gráfico)

Pontevedra, 18.11.2008

Entrada n. 705 do blog

A NOVA DEPURADORA DE VIGO,
por Xesús López Fernández

Onte foi persentado en Vigo o proiecto da macrodepuradora coa que estos políticos prometen acabare cos problemas de contaminación da ría de Vigo. Os veciños de Coruxo, que levan anos sofrindo o pestazo da depuradora actual, e outros colectivos, protestan pola realización do proiecto naquel lugar, pró que en principio hai que supoñe-la calificación de presunta ilegalidade.

Como a información sería longa, vou inserir diversos enlaces que dan acceso a máis información, incluso a un video da presentación. Teñamos presente, tamén, que un Xuzgado de Vigo, según noticia recollida hai uns días, incoaba dilixencias ante a denuncia dos cidadáns.


[La Voz de Galicia, 18.11.2008. Contén video: La macrodepuradora de Vigo acabará con la polución de la ría en 2011]

[Faro de Vigo, 18.11.2008. La depuradora tendrá la mitad enterrada...]

domingo, 30 de septiembre de 2007

A MAREA NEGRA E OUTRAS COUSAS [14.12.2002]

Nota.- Recreación informática da emerxencia das galletas de fuel. Por Xesús López.

Pontevedra, 30.9.2007

Presento outro traballo dos elaborados na época do Prestige, no que se describe a loita colectiva, as dificultades coas que se encontran os nosos mariñeiros, a imaxinación da que se valen pra vencer ó chapapote.


A MAREA NEGRA E OUTRAS COUSAS [14.12.2002],
por Xesús López Fernández


Decíase que o peor estaba por entrar. Está entrando nas Rías Baixas e as nosas xentes vense desbordadas polo temporal que coincide coa maior cantidade de galipote arribada ás nosas costas. Este sábado pasado os voluntarios non puideron acceder á illa d´Ons, de mañá, nada máis que en pequeno número. Quéixanse do pouco apoio da Administración, especie de estructura ausente na loita que os mariñeiros e cidadáns voluntarios a solidarizárense coeles están a libraren dende o primeiro momento. Todo o mundo fala da marea branca de homes e mulleres chegados de todas partes, de Andalucía ou Murcia, de Madrid ou o País Vasco, bombeiros de Cataluña e Alicante; todos a aportaren o seu esforzo persoal pra veren aínda a posibilidade de cambia-lo signo do que parece vai se-lo máis triste Nadal da nosa historia. Esta fin de semá foi tamén a da visita breve de Aznar, fóra de data, coa nova de que a UE non considera a nosa desgracia consecuencia dunha catástrofe natural como a das pasadas inundacións sofridas pola Europa continental.

Mentres os políticos siguen a faceren valoraciós de culpas, a determinaren a foto finish do principal culpable do drama, a sociedade civil, os mariñeiros, permanece viva na súa guerra contra o fuel e os elementos: Novos sistemas de captura por medio de arrastreiros están a seren ensaiados, novas barreiras, alamiadas nos areeiros á par que un empresario de Vilalonga deseña un angazo que permite peitea-las praias con escaso arrastre de area. Valer non valerá moito, dixo o home, Epifanio Piedras, pero fai máis que o que fixeron en doce horas de moción de censura, en referencia á sesión parlamentaria, á intervención didáctica de Touriño, á doutoral e respetuosa de Beiras e á reafirmación de Fraga de que vai seguir ata a fin. En función dos cambios que introduza no seu goberno saberase se a moción sirveu de algo ou non. Pero do invento de Epifanio Piedras sábese que sí, que é efectivo, e que o home non-o vai patentar. Non lle importa que outras carpinterías de Galicia o imiten polo ben do país.


Tamén reparamos nas críticas falaces contra algún colectivo ecoloxista, cando moitos dos criticados estiveron, están a pé de praia, incansables. Con eles me solidarizo. Ésa é a forma “de renovaren o seu compromiso con Galicia”. Claro que non todo é solidariedade cidadá e que, en demostracións como a da manifestación da pasada semá, participou moita xente discriminada por certas consignas que algúns “iluminados” tentaban impoñeren unha e outra vez, afogadas polo silencio de moitos. A manifestación foi un clamor de toda a sociedade antes que instrumento sectarizado prá escalada de nadie. Cecais esa sociedade teña que activa-los resortes prá posta en escea dalgunha nova formación política. Mais, tornando ós ecoloxistas de base, avisábame un, días pasados, á par que da posible desaparición dos araos -- porque só se recuperan os machos vivos, que as femias petroleadas morren--; avisábame este amigo da pergunta da súa filla, de ”se nos íamos morrer pola marea negra culpa dos nosos gobernantes”, frase aribuída pola nena a unha educadora. Moi grave.

Remato. Méntre-la decisión do rei de Marrocos de poñer á disposición dos barcos galegos os caladoiros do seu país é algo que pode palia-los efectos da catástrofe antre os nosos armadores, aquí seguimos con formas e contraformas da sensibilidade ecolóxica: O Tribunal de Xusticia de Galicia prohibe o comezo dos recheos no Areal, o que Castrillo dí que evita se cometa un novo atentado ecolóxico contra a ría, pero o que semella unha dirección aloucada do Porto estudia a adxudicación do proiecto das obras a pesares da paralización; en Pontevedra se traballa na posta a punto dun plan de emerxencia municipal –o PEMU--, cando as obras dos últimos anos –auténtica deconstrucción urbá— fan imposible un plan de emerxencia exterior pró caso dun escape de cloro e, moitas veces, a chegada a tempo da ambulancia do 061 que leva a un infartado a algún centro hospitalario.