O Casón avisa. Nesta foto do Diario de Cádiz apréciase o fume conseguinte á deflagración producida polos productos peligrosos que levaba o cargueiro.
Siguen uns enlaces de vídeos de YouTube, correspondentes ó documental a Caixa Negra. Neles apréciase a clara manipulación á que se someteu á xente, mesmo as mentiras de xentes da Administración.
YOUTUBE. A Caixa negra.A CAIXA NEGRA, 1
A CAIXA NEGRA, 2
A CAIXA NEGRA, 3
A CAIXA NEGRA, 4
ACAIXA NEGRA, 5
Estos vídeos poden valer prá presentación do artículo semanal que vou inserir no blog, con publicación prevista pró 4.11.2013, no Diario de Pontevedra, en defensa do nome do Profesor Bermejo, ó que as autoridades deslocalizaran mentres ofrecían un informe distinto ó redactado polo profesor. Pero foi o vento o que realmente salvou ás xentes de Fisterra, Cée, Corcubión.....
Entrada n. 1715 do blog
O Casón e o Profesor
Bermejo,
Por Xesús López
Fernández
Lembremos, a maiores do dito no artículo do 30.10,
que o Casón era un cargueiro de bandeira panameña botado no 1969 e que o cinco
de decembro do 1987, a
consecuencia dun forte temporal, embarrancaba na Costa da Morte, en Fisterra,
na punta do Castelo, ó sur da praia do Rostro. A carga que transportaba
ascendía a 1100 toneladas, concretada en 5000 bidós, sacos e contenedores de
productos químicos inflamables, tóxicos e corrosivos, que foran embarcados nos
portos de Hamburgo, Rotterdam e Amberes, con destino a Shangai. A día d´hoxe
aínda se discute se o manifesto de carga do Casón ocultaba partidas de radio ou
uranio. O vertido e posterior incendio da carga do navío na tarde do 10 de
Decembro, que fora emitido en directo pola TVG, foi causa dunha gran alarma
social, cunha Administración falta de información, habida conta de que os
materiales poderían estoupar e provocaren unha nube tóxica, como aconteceu. E
xa había víctimas: 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade
china.
Na Xunta de Galicia tomara posesión
da presidencia, facía poucas semáas, Fernando González Laxe que, por
recomendación do delegado do Goberno, Domingo García Sabell, decidira evacuare
ás poboaciós de Fisterra, Cee e Corcubión, unhas quince mil persoas, en 700
autobuses cara A Coruña, co conseguinte pánico dos veciños que, en moitos
casos, fuxiron polos seus medios principalmente a Vimianzo, Carballo, Muros,
Carnota e A Coruña. Pero logo comezarían con versiós contradictorias: que si a
nube non era tóxica, según García Sabell; que, según declaraciós de González
Laxe´, “todo dependía da dirección e velocidade dos ventos, que podían
traslada-lo veneno a calquer lugar”, polo que recomendaba que o desaloxo fose
cara ó Sur. É decir, o peligro era real e, como deixou dito o profesor Bermejo,
“as xentes de Fisterra salváronse porque ese día o vento viña do Este”.
Cuestión de sorte.
A TV dirixiríase ó Rectorado da
Universidade de Santiago pra lle perguntare quén podería asesoralos en tan
importante tema e, como home que levaba máis de vinte anos estudiando temas de
medio ambiente, o profesor Bermejo sería o home proposto. Nos días seguintes, o
profesor interviría en diversos programas de televisión, razón pola que o
alcalde de Cee e outras forzas vivas da bisbarra lle solicitan que elabore un
informe técnico sobre a mercancía transportada polo barco, tomando como base o
manifesto de carga. “No informe explicaba técnicamente as reacciós que poderían
produci-los componentes químicos que transportaba o navío. Está claro que si me
perguntan qué acontece cando a unha persoa lle cae enriba ácido sulfúrico teño
que decir que se abrasa. Eso foi o que fixen, indiquei cales eran as
sustancias, cales as súas propiedades e qué podía pasar”.
O informe
foi enviado polo vello profesor ó alcalde de Cee, que éste mostrou ós outros
alcaldes da comarca. Pero á Administración non lle agradaba o contido,
publicado en diversos medios e comezaron a aburare ó profesor. O gobernador
civil, en palabras difusas, dille por teléfono que sería bo amplia-lo informe e
que o profesor parece non estar moi ben informado; se non sería bo crear unha
comisión, que nunca se chegou formar. Pero invitado por Radio 4 a unha tertulia na que, o
17.12, ían estar presentes o gobernador e un tal José Antonio Madiedo, director
xeral da Mariña Mercante, chegada a hora de abri-lo micrófono, os citados
señores non chegaran, algo que o periodista xustifica como pode, pero están
presentes uns sustitutos que acusan ó profesor de leva-la conversa ó plano da
química, pero que de mar non sabe nada. “Dígolles que teño os títulos de patrón
de barco e de capitán de iate, ademáis de ter sido mariñeiro de guerra durante
tres anos. Tamén fun profesor instructor na Escola Náutica d´A Coruña […..]
Coido que sei algo de química, pero de mar tamén sei algo”… O gobernador, ese
mesmo día, comunícalle que non é posible crea-la comisión, que se vai a Madrid,
e que vai recibi-la visita do doutor Mañas o día 18. Así acontece e o home, que
se presenta como técnico de transportes peligrosos, trae no sobaco un suposto
informe, coa pretensión de que o rubricara o profesor, algo ó que éste se nega...
O profesor enteraríase polo alcalde de Corcubión de que o 17.12, tivera lugar no Hotel Hórreo a
famosa reunión, na que supostos técnicos da Administración (realmente membros
do gabinete de prensa do ministerio de Transportes) rebatirían o Informe
Bermejo. Madiedo e Aguilar xustificaran
a non asistencia do profesor (lembremos que fora deslocalizado en Radio 4),
que, sen embargo, “estaba dacordo en todo”. Madiedo e Aguilar mentían
descaradamente pra xustificaren a ausencia de Bermejo. Si éste tivese asinado o
informe de Mañas, todo encaixaría perfectamente. Pero deran cun home honrado.
Na Administración, de certo, moitos non-o son.

