Mostrando entradas con la etiqueta eucaliptos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eucaliptos. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de noviembre de 2014

Ence sigue coas mentiras

Ence sigue coas mentiras. Agora que si quer invertire en Pontevedra 45 millós de euros, inversión que precisan pra abaratar costes porque non resisten coa competencia das pasteiras de Latinoamérica, onde tamén eles tentaron poñer en  marcha unha macrofactoría no Uruguai. Parece que o seu proiecto transoceánico, onde tiveron destino algún tempo algús dos directivos da fábrica pontevedresa sancionados por delito ecolóxico  no   ano 2002, xa non conta e que se desfixeron, afogados económicamente, dos activos que tiñan naquel país. Pero esa especie de oferta de invertiren 45 millós sona mal. ¿Pode  haber conciencias en venta por esa oferta, aínda que acaben de mata-la ría?

Pontevedra, 3.11.2014
Entrada n. 1786 do blog


Ence sigue coas mentiras,
por Xesús López Fernández

Cando o 25.07.2014 viaxaba cara Pontevedra, unha chamada telefónica de Paco Díaz obrigoume a dete-la marcha un momento. A noticia era boa: O Tribunal Supremo acababa de desestima-los recursos de casación de Ence e do MARM en relación coa sentencia da Audiencia Nacional, de data 19.05.2011, pola que se ordeaba incoa-lo expediente de caducidade da concesión de Ence e a paraliza-lo seu proceso fabril. Paco avisabame de que íamos face-la presentación do fallo, públicamente, o 29.07.2014, pero que ó mellor Ence adiantabase xa ó 26.07.2014, como así foi, cunha noticia mal dada en diversos medios, especialmente en La Voz de Galicia, que por medio de crónica de Marcos Gago, daba noticia do contrario. Según eles o Tribunal Supremo acababa de revocare a sentencia do 19.05.2011, que agora é firme e con ela estase a arrrancare no procedemento de cancelación da concesión, algo do que o referido corresponsal parece non se ter enterado. Digamos que polo de agora La Voz de Galicia non soubo informare nen se disculpou da noticia mal dada aquel  26.07.2014.

Hai algo que queda claro na nova que hoxe dan: son as perdas que Ence leva acumuladas e de cómo,  nos exercicios anteriores, os beneficios procedían máis da venta de enerxía xerada, no caso de Pontevedra, por medio dunha pranta de coxeneración prá que, presuntamente, carecen de concesión e de licencia  municipal; é decir, que o propio Concello, si estivese atento, podería promove-la cancelación da concesión mañán mesmo. Outras actividades i edificaciós de Ence en Lourizán, contrarias á concesión prá fabricación de pasta Kraft, conlevarían igualmente, a perda da concesión da que, presuntamente, carecen dend´o ano 2001.

Incluímo-lo texto da noticia de La Voz de Galicia, cuio corresponsal parece non enterarse de que, tra-los problemas de Ence, está a sentencia do 19.05.2011 que el "quixo" anular, agora firme, e prá que a reforma do inicuo de Arias Cañete parece ter chegado tarde ó nacer dous anos despóis da sentencia firme. Tamén parece que o Regulamento apañado prás circunstancias tampouco lles vai valer....E o que semella dobremente deshonesto é que tenten mante-la actividade aquí coa presunta intención de seguir colonizando o país con prantaciós e novas prantaciós de eucaliptos, sempre dictando precios baixos e  sen que os políticos galegos se enteren dunha puñetera vez e manteñan unha política forestal zafia, con fumigaciós, ademáis, de agrotóxicos.. 

Texto de La Voz de Galicia (Marcos Gago): Las dudas sobre el futuro de la prórroga de la concesión de Costas paralizan inversiones por 45 millones de euros en la factoría pontevedresa del grupo Ence. Esta es la cuantía que la pastera sostiene que necesita aplicar con urgencia para poder garantizar la competitividad de la fábrica de Lourizán, pero que no se pueden invertir por causa de las incertidumbres sobre la concesión. En un comunicado, Ence señala que «estas inversiones son imprescindibles para poder reducir sus costes de producción y evitar su cierre, dadas las condiciones del sector de la celulosa tras los fuertes incrementos de capacidad de producción altamente competitivida de Latinoamérica».

Por su parte, las pérdidas de Ence en los nueve primeros meses del año se sitúan en 140 millones de euros en el grupo pastero. Durante ese mismo período del 2013, previo a la reforma eléctrica del Gobierno central, la compañía alcanzó un beneficio antes de impuestos de 50 millones. El cambio regulatorio provocó una fuerte subida de los costes de Ence que forzó el cierre de la factoría de celulosa de Huelva y ha afectado a 300 empleos. En cuanto a la fábrica de Navia, este complejo industrial, cuya seguridad jurídica está garantizada, recibió inversiones por importe de 12 millones en el primer semestre para consolidar su competitividad y contrató otros 45 millones para el 2015.

domingo, 15 de septiembre de 2013

ANDA O DEMO POLO MONTE





Lume forestal en Galicia. A foto primeira corresponde ó incendio das Fragas do Eume, o pasado ano; a segunda foto, incendio en Boiro.

Pontevedra, 15.09.2013
Entrada n. 1706 do blog
Artículo do pasado 9.09.2013, no Diario de Pontevedra

Anda o demo polo monte,
por Xesús López Fernández

            Case tódo-los anos prometen novas medidas contra o lume,  plans de pevención que parece sí van funcionar. Despois do terrible 2006, no que viñeron na nosa axuda xentes doutras autonomías, homes que incluso se “metían” materialmente no lume pra ver de apagalo, sen grandes resultados; á fin, sí, todo cinza e borralla: perdas en flora e fauna difíciles de cuantificar. Algún esquío fuxido do holocausto andaba atontecido polas veigas de Xustáns ou Taboadelo. O lume, como outravolta se reitera na nova campaña incendiaria que estamos a sofrir, intencionado. E quedan meses por dediante. Ademáis que o lume soe volver a montes xa estragados, como estos pasados días acontecía con Pontecaldelas (Silvoso, Barbudo, A Insua, A Roca e Reboredo), onde os demos encargados do traballo apresentaron unha factura de 600 has ou de 370 nos Ancares. É como se Lexión, aquel demo bíblico, (“o meu nome é Lexión porque somos moitos”) regresase de novo a Galicia, onde ten pasto fácil.
           
            Certo que cada novo ano anuncian medidas máis “eficaces”. ¡Se aínda non hai tanto tempo que se falaba dun aparato electrónico, un detector de fontes de calor incluso a distancias considerables, que serviría pra unha loita máis dinámica contra as lapas. Este ano ían patrulla-los nosos montes homes da Brilat da cabalo. Pero vése que o demo, Lexión, ten outras armas máis eficaces, que pode con eles. E Galicia (na que se debe atopar tan a gusto como en Galilea) arde de novo, cousa que hai poucos días negaba a conselleira do Medio Rural: “Galicia non arde, porque case tódo-los incendios quedan apagados no propio día no que se producen”. Pero sabemos que non é así e que non se está a traballar no deseño dun plan forestal que teña como fin certa a recuperación da nosa paisaxe; tamén un plan prá conversión dos nosos montes en algo certamente vivo e animado, en factor determinante da economía das nosas aldeas que tamén seguirían vivas, porque aí, sen entregar Galicia ós clústers, podería existir un manantial certo de traballo, simplemente sen afogar á natureza.  

            Cando alguén fala de intencionalidade incendiaria, pola hora e forma na que os incendios son declarados (cando Lexión actúa), hai que ter en conta a nugalla deses  voceiros que non souberon traballar na recuperación da vexetación climax. Lembremos unha vez máis e pra vergonza de máis de un algo do dito por Eduardo Galeano, uruguaio, ecoloxista convencido, nemigo de eucaliptus e pasteiras. “Nestas novas plantaciós non cantan os paxaros. Nada teñen que ver os boscos primixenios aniquilados, que eran como pobos de árbores diferentes achegadas ó seu xeito, fontes de vida diversa que sabiamente se multiplicaba a si mesma, con estos exércitos de árbores todos iguales, prantados como soldaditos en fila india e destinados ó servicio industrial”. O autor é conocido mundialmente pola su obra “Las venas abiertas de América Latina”, punto de partida da súa  permanente cruzada, do compromiso coa xente e o medio ambiente do que todos dependemos.

            Galeano tiña xa unha opinión moi clara no 1994 sobre a problemática ambiental, algo que o levaría a un activismo anticelulósico en contra da instalación no seu país de xigantescas fábricas de pasta destinadas a alimentar o consumo insustentable de papel e cartón nos países do norte. Eses dous proiectos (Metsa Botnia i Ence) forneceríanse de monocultivos de eucaliptos prantados en territorio uruguaio. “Pero resulta, di Galeano, que os banqueiros deixaron de lado a usura pra se consagraren á ecoloxía e a proba está: o Banco Mundial outorga xenerosos crétos prá forestación”. O Banco pranta árbores e suma prestixio nun mundo escandalizado polo arraso dos seus boscos. Conmovedora historia: o destripador distribúe membros ortopédicos antre as víctimas das súas mutilaciós. Pero ese destripador (Lexión podémolo nomear) tamén sabe, presuntamente, do lume pra que o seu “exército” conquiste aínda máis a nosa terra. Lexión se acomoda, parece, en Galilea e Galicia.