Mostrando entradas con la etiqueta india. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta india. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2009

VICENTE FERRER, PRESENTE!

Morreu Vicente Ferrer, antiguo xesuíta, creador da fundación do seu nome e que se fixo probe antre os máis probes da India, un ánxel prá India, como se comenta en diversos medios.
-
Pontevedra, 19.06.2009
-
Entrada n. 986 do blog
-
VICENTE FERRER, PRESENTE,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe deben tocar a morto as campáas todas da India e, por solidariedade, deberían transmitir tamén os sinoiros todos da Terra o seu laio funeral. Vicente Ferrer, finada a súa singladura temporal, entra agora na Eternidade. Agardemos qu´o Señor envíe un novo relevista prá súa obra; esperemos que da sementeira feita polo home antre os máis probes non falten os voluntarios necesarios pra se alistaren no pelotón dos héroes que loitan naquel subcontinente por erradica-la probeza, porque a xente, máis que recibir un peixe cada día, aprenda a pescar e subsistir no amor.
-
Siguen diversos enlaces:
-
Noticia de Admin, dende Nova Delhi, 18.06.2009, Un ánxel español prá India.
Caminando en el Desierto: Vicente Ferrer, DEP
El Correo Gallego: Fallece el cooperante español Vicente Ferrer...

jueves, 27 de noviembre de 2008

NOTICIAS DE BOMBAI

En Bombai, o lume prende nun edificio noble a consecuencia dun bombazo.
Bombai. Escenario despois dos atentados.

Pontevedra, 27.11.2008

Entrada n. 724 do blog

NOTICIAS DE BOMBAI,
por Xesús López Fernández

A violencia global parece estar a cobrar un especial protagonismo na India. Con perfiles moitas veces anticristiáns, agora parece estar na fase do horror, do atentado urbán indiscriminado. Onte estivo a punto de lle toca-la "lotería" a Esperanza Aguirre e á delegación da Comunidade madrileña que visitaban a cidade. Algús dos membros aínda permanecen alí. Mellor incluir algún enlace de noticias do día. Curiosamente, moitos medios políticos parece pasaron da situación vivida pola presidenta de Comunidade madrileña e o seu séquito. Siguen os correspondentes enlaces:
[ABC. 27.11.2008. Fotos dos atentados]
[ABC, 27.11.2008. MÁIS DE CEN MORTOS NOS ATENTADOS]
[A COPE. Resume da prensa do 27.11.2008]
[PERIODISTA DIGITAL, 27.11.2008. O goberno indio declara o estado de guerra]
[LIBERTA DIGITAL, 27.11.2008. Contén video. ESPERANZA AGUIRRE SAE ILESA DUNHA MASACRE TERRORISTA (ISLAMISTA) EN BOMBAI, INDIA]

miércoles, 5 de septiembre de 2007

A SITUACIÓN DO MUNDO 2006 [17.04.06]

Apunte informático do autor. A parte de riba quer suxeri-lo que era Lourizán, na ría de Pontevedra, antes de imprantaren a Celulosa; a parte baixa é o fondo que, xunto con Elnosa e as fecales da urbe, foron configurando, degradando: un auténtico espacio de morte.

Pontevedra, 5.09.07

Presentamos outro traballo repescado do pasado ano, escrito a raiz de ter recibido o "Estudio sobre a situación do Mundo 2006", do Worldwatch Institute. O lector pode atopar este e outros traballos, nos que se incide sobre o tema do mercurio, na web de iberica2000.org.

A situación do mundo 2006,[17.04.06]

por Xesús López Fernández

O 27 de marzo foi presentada a edición castelá do novo estudio do Worldwatch Institute que este ano ten como eixo principal dos traballos agrupados dende unha óptica interdisciplinar achegarse á problemática de países como a China e mai-la India, que nestos momentos parecen ter comprendido que hai que supera-las presiós que, como o resto do planeta, están a sofriren pra poder asumir un modelo de desenvolvemento sustentable. O libro inclúe dous prólogos, un de Sunitra Narain, Directora do Centro prá Ciencia e o Medio Ambiente da India; o outro de Xie Zhenhua, Director-administrador estatal prá Protección do Medio Ambiente da China. Un pouco como cliché do prólogo da representante india, reproduzámo-la frase coa que conclúe a súa presentación: ”(...) ocorre que o mundo rico ten que aprender de Gandhi (...) e non pode predicar, porque nada ten que ensinar. Pode aprender se practica o ambientalismo dos probes e a comparti-los recursos da Terra pra un mellor disfrute dun futuro en común.”

Xie Zhenhua, o chino, afirma que a conservación do medio ambiente e o desenvolvemento sustentable depende do esforzo de todos e que China está disposta a facer grandes esforzos pra promover unha cooperación constante en materia de protección ambiental. O home agradece comprobar que o estudio do Worldwatch Institute teña deixado sinaládo-los desafíos e as presiós ós que se enfrontan a China e mai-la India e que os ten axudado a tomar conciencia profunda do papel que ambos países terán de desenvolver en canto á estratexia pró desenvolvemento sustentable e cara a consecución dos Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio das Naciós Unidas. O home confía nun futuro no que os diversos países poidan librarse da probeza, elimina-la fame, mellora-la ecoloxía e acadar un desenvolvemento certo.

O estudio analiza vinte temas e pode ser un manual de consulta de gobernantes. Haberá ocasión de ir tocando algunha das cuestiós nel tratadas: China, a India e o novo orde mundial; Conservando os ecosistemas de auga doce, de Sandra Postel; Cultivando alternativas ó petróleo, de varios autores; Reducindo o esparexemento global do mercurio; Creando unha sociedade civil verde en China, etc. E nesta línea, na da inversión en cultivos, pode atopa-la Humanidade unha solución a problemas de alimentación, enerxéticos, mesmo lograr que o home tome de novo interese por vivir no rural, ese mundo que mesmo na nosa terra está a se perder. Tomémo-lo exemplo do que se está a facer no condado de Crawford, Illinois, que hai cen anos producía máis petróleo que nengún lugar do mundo. Hoxe, según informa o libro citado, os seus habitantes confían en que o etanol poida mellora-lo seu presente. Obtéñeno a partir do millo, que sobeu de precio e, anos despois do cerre da última granxa, un profesor xubilado decideuse a montar unha nova explotación leiteira na que vai usar como mantenza pró gando un subproducto da fabricación do etanol, o millo seco tra-la destilación...Os chinos son xa os terceiros productores de etanol do mundo.

Un dos temas que o libro trata a fondo é o do mercurio, sobre o que haberá que contar cousas. Si acaso, hoxe citarémo-lo caso Kodaikanal, en Tamil Nadu, na India. Ponds India Ltd., no 1984, mercara unha fábrica americá de termómetros, que comezou a fabricar alí pra todo o mundo. Despois de moitas vicisitudes, a fábrica sería clausurada por ter vertido mercurio e vidrio contaminado nun vertedeiro de Kodaikanal. A denuncia do acontecido fíxoa Greenpeace, que descobreu niveles elevados do metal incluso fóra da fábrica de Unilever, a nova propietaria. Nunha decisión sen precedentes, exemplo pra outros países, o Consello do Control da Contaminación de Tamil Nadu ordeou á empresa recolle-lo mercurio e vidrio contaminado distribuídos por vasureiros e boscos e devolvelos ós Estados Unidos prá súa reciclaxe i eliminación definitiva. Nesa operación retorno, en maio do 2003 chegaban a Pennsylvania 262 toneladas. Queda moito por facer no emprazamento colonizado, pero deixamos aquí o exemplo do grado de compromiso que se está a dar na India. No libro, por suposto, hai moitísima información da que, polo menos en parte, iremos sacando citas.