Mostrando entradas con la etiqueta internet. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta internet. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de diciembre de 2010

A DEFENSA DE WIKILEAKS

Assange está en prisión preventiva.
-
Pontevedra, 12.12.2010
-
Entrada n. 1379 do blog
-
A defensa de Wikileaks,
por Xesús López Fernández
-
Wikileaks é noticia dende hai varios anos por ter filtrado documentos coa consideración de secretos; tamén, especialmente nos últimos tempos, incluso información sobre política española, coa definición do perfil dalgún dos nosos políticos, mesmo de certas actitudes opacas en relación coa guerra de Irak, co caso Couso. Definida como unha Wikipedia pra ciberdisidentes é unha “gorxa profunda” na Rede, cuia encomenda é fura-la cibercensura dos réximes totalitarios pra que os que a sofren poidan denunciala libremente. Na súa páxina web pódese leer: “Nós creemos que a transparencia das actividades dos gobernos conduce a mingoa-la corrupción, a unha democracia máis firme, a un mellor goberno”. Hai casos extremos como Cuba ou China. E neses como noutros países Wikileaks entende como vital a súa función, especialmente en determinados sitios. Afirman na web: “A información ten conocido un precio en vidas humáas i en dereitos civiles”. A misión de Wikileaks sería, polo tanto, a de facilitare un lugar no que esa información se faga pública, sen censura prós informantes, ás veces perseguidos ou sofrindo prisión.

Wikileaks foi fundada por disidentes chinos, así como matemáticos, periodistas e tecnólogos de diversos países: EEUU, Australia, Sudáfrica, etc. Un dos seus asesores e director actual, Xulián Assange, que se presentou voluntariamente nunha comisaría de Londres, está detido dende o pasado 7 deste mes, en prisión preventiva. Kristinn Hrafsson é quen agora leva as rendas da organización. Pero o que motivou a caza e captura do home, despois de levare o “portal de filtraciós” facilitando información sensible dende facía tempo, foi a entrega á prensa internacional, o pasado 28.11, dunha colección de 251187 cables ou comunicados do Departamento de Estado norteamericán coas súas embaixadas no ancho mundo, o que constitúe a maior filtración de documentos secretos da historia. O fluxo dos documentos de diversa calificación afecta a moitísimos países, tamén a España como é sabido.

Calificado Assange como terrorista nos Estados Unidos, parece que agora tamén existe un movemento de opinión contrario a Obama: que foi a súa administración a que fixo posible a filtración masiva dos documentos; de que incluso se teña forzado a situación pra solapa-la situación crítica do país, pra desvia-la atención dos cidadáns da política errática do seu presidente. En fin, un recurso pra confundir. Pero tamén aparecen amigos a Wikileaks, como Luiz Inacio Lula da Silva, que fixo unha afervoada defensa de Assange, do que di que se limitou a poñere na web o que outros escribiron, i éstos son os culpables. Avogou pra que os defensores da libertade de expresión protesten contra o seu arresto no Reino Unido. Tamén Vladimir Putin, ofendido porque os EEUU criticaron as bases democráticas de Rusia, chegou afirmare: “Se hai democracia, que ésta sexa absoluta. ¿Pra qué meteron no cárcere ó señor Assange? ¿É éso democracia?”. Incluso un membro da oficina do presidente ruso, declarou que alguén, “o público e as ONGs deberían pensar cómo axudare a Assange, talvez propoñéndoo como candidato a Premio Nóbel da Paz”.

Dende a organización i en contra do calificativo yanky de terroristas, fálase agora de terrorismo de estado, que algo parece deducirse dos documentos aflorados. Este pasado sábado i en contra do bloqueo exercido sobre Wikileaks teceuse por medio de internet unha certa trama de solidariedade, incluso foron convocadas manifestaciós, tamén en España. Un grupo de Free Wikileaks inclueu un manifesto na web “www.wikileaks.eu”, “contra o terrorismo de estado e os nemigos da libertade”. Porque algús documentos filtrados han servir pra definiren situaciós de involución democrática, marcare xa os tempos prá apertura de máis dun proceso penal. ABC tamén defineu a situación creada na Rede como guerra viral (de virus informáticos) pra franqueare o bloqueo sofrido pola organización de Assange. Ou afogala máis.

lunes, 24 de agosto de 2009

A FALAR DE REVOLUCIÓN, DENDE INTERNET

Empezó como una broma..., algo frecuente en internet...
-
Pontevedra, 24.08.2009
-
Entrada n. 1034 do blog
-
A FALAR DE REVOLUCIÓN, DENDE INTERNET,
por Xesús López Fernández
-
Aínda onte falaba cun amigo sobre o poder de información que ten internet, sobre a súa capacidade pra crear como un novo sistema neuronal global e poder dispoñer así dunha información "on line" que non ten xa por qué nacer nos medios de comunicación; proba delo é que cando procuramos unha certa información na "Rede" podémola obter incluso dalgún blog, bitácora ou web non lonxáa, información que ó mellor sería censurada, acoitelada, no caso de pretender darlle saída por algún dos regos habituales. É decir, internet é xa, e con el a galaxia de blogs existente, o medio de información principal pra moitos cidadáns.
-
Internet pode sacar a moitas mentes da escuridade, facer que algús se enteren do que realmente está a pasare a nivel global, de cómo o nivel de corrupción case nos alaga, sometidos a el políticos que poderían ser próximos, esperanza futura, pero que, perdida a súa conciencia, nada van poder cambiar, non outra cousa que a súa economía e luxo e poder que, á postre, vailles estoupar nas mans, por moito que neutralicen e anulen a Xusticia que hai tempo perdeu a súa independencia e, por ende, a súa conciencia.
-
Por eso é necesario o ciberdebate, falar de revolución na "Rede", "talking about revolution" en internet.
-
Sobre éso vai un enlace de "netoratón 3.0", que inclúe un impagable e impensable video de YouTube, titulado "USNow", con lectura recomendada pra gobernantes, porque o futuro da gobernación pode estar tamén, democráticamente, na rede.
-

martes, 25 de noviembre de 2008

INTENTAN CONTROLAR INTERNET

Borja Montoro, en La Razón. Os católicos son cidadáns soamente en canto ás súas obrigaciós tributarias, según dispón o Alto Tribunal da Laica Inquisición. Que haxa máis de mil blogs católicos creando rede, informando reactivamente, é algo que as dictaduras non soportan.
Parodiando a Caín, en La Razón, cada día parece máis difícil ser "apolítico" de dereitas. Controlando internet sería posible, á par de crearen un mundo superaburrido.
Caín, en La Razón. Ó progreso, ó futuro..... Á nada. Eso quixera a intelligentzia da cella luciferina. A sombra da cheka de Bellas Artes....Ai, ai, ai....
Pontevedra, 26.11.2008
Entrada n.720 do blog

INTENTAN CONTROLAR INTERNET,
por Xesús López Fernández
A involución democrática faise decote máis evidente. Non sei se o ideal é tanto a antigua Unión Soviética como China ou a Cuba de Fidel, pero o certo é que, como iniciativa non de lei, un diputado socialista, Simancas, intentou poñe-lo control de internet nas mans do goberno.

Finalmente, a proposta de privación de libertade que na práctica significaba non prosperou. Os grupos votaron en contra menos o PNV.

[Informa o ABC do 25.11.2008: EL PSOE DA MARCHA ATRÁS EN SU INTENTO DE CONTROLAR LOS CONTENIDOS DE LA RED]

Non se pode consentir porque a Rede é hoxe a salvagarda da Democracia, tamén da información non mediatizada ou subvencionada que os involucionistas e deseñadores d´almas quixeran dictar.