Carlos Herrera é un periodista que non se corta a lingua, que sabe cómo meter en cintura ás xentes da seudoprogresía. Non está sóo, certamente, e poderiamos tirar non poucos testimonios, pero hoxe é oportuno apoiarnos nel cando acaba de denuncia-lo ataque que o PSOE parece renovare contra a Igrexa católica, que xa o seu fundador tentara eliminar. A actitude dese partido raia coa obscenidade, tanto que parece xa totalmente privado de ideas e, pra demostrare que están vivos, nada, arremeten contra a Igrexa. Esquecen, sí, os seus pecados e corrupciós.
Pontevedra, 21.07.2014
Entrada n. 1768 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra
A Igrexa non é o
nemigo,
por Xesús López
Fernández
O PSOE parece xa ten un relevista de ZP, o iluminado,
aquel home que, instalado nun relativismo zafio comezou a impartire clases de educación prá cidadanía, de memoria
histórica, alianza de civilizaciós, mesmo a impoñere unha certa perversión dos
valores que tradicionalmente, dende séculos, tivo a sociedade como
referentes. Conseguiría con eso, ó
mellor, distraere ó persoal da ruína na que, en pouco tempo, chegou sometere ó
país, cun record de parados cada novo día sobardado. E así, fracasada a súa
política económica, fracasada tamén a súa política social, uns seis millós de
cidadáns tiveron que procuraren subsistencia nos comedores da Igrexa, que ve
así acrecido o seu prestixio por riba do dos partidos políticos que parecen xa
incapaces de devolverlle a calma e a prosperidade á nación, alagados ademáis
nun mar de corrupción ó estaren privados da conciencia de pecado.
Proba de que as xentes do país non creen na casta
política son os resultados recéns das elecciós europeas nas que os partidos ata
o dagora relevistas na gobernación, PP e PSOE, perderon millós de votos, algo
que os vai obrigare a cambia-la súa forma de gobernar, se despertan, pero non
se telumbra un esforzo real en plan rexeneracionista, non existe unha oferta
real de doutar ó poder xudicial dunha independencia real pra sanea-lo país a
marchas forzadas. Así as cousas, o novo líder do PSOE, Pedro Sánchez, parece xa
ten un punch prá súa dialéctica douda: a Igrexa, como xa anunciaba na súa campaña
ó decir que ía traballar por un Estado laico e por deroga-lo Concordato coa
Santa Sede e revisare, a fondo, tódo-los privilexios fiscales que agora mesmo
ten a Igrexa. O tal Sánchez, en declaraciós recollidas pola Axencia Efe chegou
afirmare que a Igrexa “non pode seguir sendo fedatario público” e, como se o
Cristianismo non fose peza fundamental na construcción de Europa, fala de
limita-lo feito relixioso ó ambito privado das persoas.
Ven se-lo que dí Carlos Herrera, que cando ó PSOE non
lle quedan ideas pon en marcha unha campaña contra a Igrexa e analiza as
contradicciós da súa próxima consigna de ordeare a tódo-los concellos que
cobren o IBI á Igrexa polas propiedades non destinadas a culto. Seguindo a
Herrera, “é unha loita do partido socialista que encabeza a cruzada contra a
Igrexa católica”, “que o IBI é un imposto exento prá Igrexa católica en función
da lei de mecenazgo e dacordo coa Santa Sede, pero tamén está exento pra
tóda-las sociedades sen ánimo de lucro e se a Igrexa ten un parquin en
Guadalajara, a Igrexa págao, e se o crego ten unha vivenda paga o IBI pola súa
vivenda privada. O IBI non-o pagan nen a SGAE, nen as federaciós de fútbol, nen
os partidos políticos, así que tóda-las campañas de demagoxia ou de oportunismo
xangal ten o sentido que ten, i é que cando ó PSOE se lle acaban as ideas pon
en marcha algo contra a Igrexa”, xoga con ese combustible e co sentimento de
moitos.
Se cambian a lei de mecenazgo, o PSOE vai ter que
paga-lo IBI pola sede de Ferraz, que de momento non pagan. E propón Herrera
“botar un vistazo sobre o que fai a Igrexa que dende logo non fai o PSOE que
non dá de comer a nadie. Cáritas, Manos Unidas, asilos e de todo o aforro que
ofrece ó Estado polo seu labor asistencial”. Está visto que a Igrexa administra
ben o que recibe dos contribuíntes da Renta ou o monto das esmolas depositadas
nas diversas diócesis. Eso e mai-la colaboración desinteresada de moitos laicos
fan posible que gran parte dos seis millós de españoles aparcados na pobreza
pola gobernación do país sigan con vida, e voten libremente. Aí conviría algo
máis de picardía, de mala idea, que pode ser boa cando está ó servicio dunha
boa causa, porque a Igrexa, sigue decindo Carlos Herrera, “é un bombeiro…., que
onde hai lume bota auga….., que consigue traballando moito, e con ela apaga
moita traxedia, moito drama, moita fame. Eso non hai quen o reconoza” antre as
chamadas “xentes de progreso”, adiantadas pola Igrexa, máis progresista.





