domingo, 12 de diciembre de 2010

A DEFENSA DE WIKILEAKS

Assange está en prisión preventiva.
-
Pontevedra, 12.12.2010
-
Entrada n. 1379 do blog
-
A defensa de Wikileaks,
por Xesús López Fernández
-
Wikileaks é noticia dende hai varios anos por ter filtrado documentos coa consideración de secretos; tamén, especialmente nos últimos tempos, incluso información sobre política española, coa definición do perfil dalgún dos nosos políticos, mesmo de certas actitudes opacas en relación coa guerra de Irak, co caso Couso. Definida como unha Wikipedia pra ciberdisidentes é unha “gorxa profunda” na Rede, cuia encomenda é fura-la cibercensura dos réximes totalitarios pra que os que a sofren poidan denunciala libremente. Na súa páxina web pódese leer: “Nós creemos que a transparencia das actividades dos gobernos conduce a mingoa-la corrupción, a unha democracia máis firme, a un mellor goberno”. Hai casos extremos como Cuba ou China. E neses como noutros países Wikileaks entende como vital a súa función, especialmente en determinados sitios. Afirman na web: “A información ten conocido un precio en vidas humáas i en dereitos civiles”. A misión de Wikileaks sería, polo tanto, a de facilitare un lugar no que esa información se faga pública, sen censura prós informantes, ás veces perseguidos ou sofrindo prisión.

Wikileaks foi fundada por disidentes chinos, así como matemáticos, periodistas e tecnólogos de diversos países: EEUU, Australia, Sudáfrica, etc. Un dos seus asesores e director actual, Xulián Assange, que se presentou voluntariamente nunha comisaría de Londres, está detido dende o pasado 7 deste mes, en prisión preventiva. Kristinn Hrafsson é quen agora leva as rendas da organización. Pero o que motivou a caza e captura do home, despois de levare o “portal de filtraciós” facilitando información sensible dende facía tempo, foi a entrega á prensa internacional, o pasado 28.11, dunha colección de 251187 cables ou comunicados do Departamento de Estado norteamericán coas súas embaixadas no ancho mundo, o que constitúe a maior filtración de documentos secretos da historia. O fluxo dos documentos de diversa calificación afecta a moitísimos países, tamén a España como é sabido.

Calificado Assange como terrorista nos Estados Unidos, parece que agora tamén existe un movemento de opinión contrario a Obama: que foi a súa administración a que fixo posible a filtración masiva dos documentos; de que incluso se teña forzado a situación pra solapa-la situación crítica do país, pra desvia-la atención dos cidadáns da política errática do seu presidente. En fin, un recurso pra confundir. Pero tamén aparecen amigos a Wikileaks, como Luiz Inacio Lula da Silva, que fixo unha afervoada defensa de Assange, do que di que se limitou a poñere na web o que outros escribiron, i éstos son os culpables. Avogou pra que os defensores da libertade de expresión protesten contra o seu arresto no Reino Unido. Tamén Vladimir Putin, ofendido porque os EEUU criticaron as bases democráticas de Rusia, chegou afirmare: “Se hai democracia, que ésta sexa absoluta. ¿Pra qué meteron no cárcere ó señor Assange? ¿É éso democracia?”. Incluso un membro da oficina do presidente ruso, declarou que alguén, “o público e as ONGs deberían pensar cómo axudare a Assange, talvez propoñéndoo como candidato a Premio Nóbel da Paz”.

Dende a organización i en contra do calificativo yanky de terroristas, fálase agora de terrorismo de estado, que algo parece deducirse dos documentos aflorados. Este pasado sábado i en contra do bloqueo exercido sobre Wikileaks teceuse por medio de internet unha certa trama de solidariedade, incluso foron convocadas manifestaciós, tamén en España. Un grupo de Free Wikileaks inclueu un manifesto na web “www.wikileaks.eu”, “contra o terrorismo de estado e os nemigos da libertade”. Porque algús documentos filtrados han servir pra definiren situaciós de involución democrática, marcare xa os tempos prá apertura de máis dun proceso penal. ABC tamén defineu a situación creada na Rede como guerra viral (de virus informáticos) pra franqueare o bloqueo sofrido pola organización de Assange. Ou afogala máis.

No hay comentarios: