Mostrando entradas con la etiqueta miseria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta miseria. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de junio de 2008

A CIDADE PREMIADA [18.06.2008]

Pontevedra, 18.06.2008

Entrada n. 519 do blog

A CIDADE PREMIADA,
por Xesús López Fernández

Eu non sei se premiaron á cidade, se ó labor feito polo equipo de goberno en relación coa "recuperación/degradación" da zona vella, pero o certo é que non vexo un traballo digno de ser loubado. Máis ben, traballaron arrixadamente na involución da vila. E pra mostra, como valen máis as imaxes que as palabras, como queira que dende o equipo do Bloque tense falado moitas veces dun modelo de cidade que non é tal, introduzo ou penduro, unhas tomas da que podemos calificare como industria local punteira, que ven ser parte do premio outorgado pola consellería de Cultura, vamos, por eles mesmos. Pola "consellaría" de Cultura de "Galiza", nome acaído da pandemia da "lingua azul", país extraño.
Este é o terraceo que aturan os "galizos", que impide o paso da xente por espacio público que algús privatizan deste xeito. E o goberno local consinte.
Como consinten o depósito de material a algús dos negocios do miragre económico local, privados de espacio pra recollelo pola noite ou en días de descanso. O goberno consinte, queda dito..
Outra toma do escándalo anterior, na praza da Leña, que o goberno consinte. Ou promove. A tal xeito que pode un non ter local e, cun simple permiso pra abeirare o material a unha baixante, e unha furgoneta, convertirse en empresario do "relanzamento" pontevedrés, mesmo en empresario do ano.
Terraza polo día, acobillo pola noite, pero a accesibilidade está prohibida polo chalaneo de empresa-Concello consentidor.

A miseria do terraceo tamén é evidente neste outro espacio, Gta. de Compostela. Unha baixante fai de amarre. Consentidores.
Outro caso similar do aparatamen todo da terraza, mesas e sillas, liadas por medio dunha cadea. Culpables, consentidores, os do Concello.

miércoles, 16 de enero de 2008

OS REIS DA NOITE [13.12.1999]



Recupero un novo traballo, sobre o que non vou facer novos comentarios. Na cidade falta un ha verdadeira Policía local que actúe. Non van máis alá de simples colaboradores da grúa. Pra que os visitantes ou os propios residentes non poidan achega-lo seu coche á zona vella, á súa casa. Poderiamos citar sí, ademáis dos ruídos noitaregos que se dan ás veces, outros ruídos que se dan na praza da Verdura, consentidos ou provocados polo propio goberno local, a súa bullanga particular, o desastre.

Según algús ésta era a praza máis fermosa de Galicia. Pero o goberno do Bloque acabou con ela prá convertir en caixa de ruídos. A Casa da Luz, un mexadeiro ou, si se quer, un escenario urinario. Quixérona adaptar como praza roxa, prós seus eventos. E perderon os votos da zona vella.


Pontevedra, 16.1.2008
Entrada 407 do blog.

OS REIS DA NOITE [31.12.1999],
por Xesús López Fernández

Cando escribo ésto aínda non rematou o ano. Cando se publique xa estaremos no dous mil. Daquela, moitos comprenderán que o século aínda non acabou; que o ano que escomezamos a correr é realmente o último, tempo pra meditar –agora sí— no cambio de milenio. Tamén saberemos xa se aconteceu algo grave como consecuencia do Efecto 2000. Como sexa, vivimos agora un tempo de desastres a escala global e, cando en Francia loitan contra a marea negra provocada polo “Erika” anúnciase outra traxedia, esta vez no mar de Mármara, ó se partir polo medio un petroleiro ruso. Introduzo aquí unha pergunta feita por Xavier Pastor, ó tempo que comentaba o desastre do “Erika”: “¿Alguén ten pensado en relaciona-las catástrofes ecolóxicas producidas polo transporte de crudo cos fenómenos de carácter ambiental extremos cada vez máis frecuentes e violentos?”. Tornaremos sobre este tema outro día.

Despois de catástrofes como a citada ábrese, normalmente, un período de maior sensibilidade ambiental. Pero pasado un tempo a sociedade volve á actitude de insensibilidade. I está claro que esa actitude non debe prevalecer porque por esa vía acabamos con todo, estaremos a poñer cancelas ás nosas posibilidades de vivir nun medio harmónico, natural ou urbán. E no medio urbán somos os homes os culpables case únicos do seu deterioro; da perda de calidade; da incapacidade de artellar unhas normas certas de convivencia; do ensañamento que algús demostran contra obxetos de carácter ornamental, contra monumentos e negocios; da tolerancia existente con esa garulada de violentos á que podemos chamar algo así como os reis da noite, porque case sempre actúan na escuridade, cando o poder político non está. 

Hai unhas semáas –a eso das 12,30 da madrugada-- un grupo de motoristas –seis ou sete— montaron unha competición en circuíto urbán, voltas e máis voltas de escape libre, ruído enxordecedor no perímetro marcado por cinco rúas céntricas.....Sen presencia policial parecían os donos da noite. Outras veces, os violentos arremeten contra os contenedores, ou escachan testos –na rúa Peregrina, noite tras noite— con total impunidade...Outro tipo de rei da noite é o que se dedica a entrar nas tendas. Unha pedra, un ferro, unha aixada, unha tapa de alcantarilla, facilitan a entrada do ladrón polo escaparate ou dende un pazo en fase de restauración. Traballo ben feito, violencia con pausa porque a patrulla non exerce... Así nos vai, e como moitos son delitos de menor contía non pasa nada..--A conciencia do poder satanizada non sabe máis--. Poden destroi-la cidade toda cunha condición: facelo ós poucos... 

Os “pubs” –do inglés “public house”— terían que funcionar como lugares de encontro, como conviviums. Pero a inmensa maioría son sitios de “ruído”, i estos reis da noite teñen escravizados ós residentes que non poden dormir. Denuncian algús veciños que a patrulla chega case sempre despois dunha baixada do sonido. Naturalmente, informa que non acontece nada anormal; pero o sonido sobe de novo despois d´ela marchar. E ó Parador de Turismo, tristemente, acaban de lle retira-lo distintivo de “lugar de descanso” nas guías Michelin e Gourmettour. Fíxose masa crítica por non dispoñermos de homes, de autoridades que pensen na “ecoloxía urbáa”. ¡Que non nos digan no 2.000 que mandan os violentos; que os políticos, meros comparsas, sóo obedecen!

miércoles, 9 de enero de 2008

POLÍTICA E CONTRAPODER [26.01.1999]

Caricatura do concellal Mosquera, de Kiko da Silva, en La Voz de Galicia, 9.12.2007, que fai alusión á retirada dos mosquerós que parece promover, veremos, o PSOE.

Máis "mosquerós", máis Gulag, no degradado espacio da Gta. de Concepción Arenal, antes sitio de encontro. Perguntámonos qué extraño "tic" motivou a parede que cerca a rotonda que difícilmente pode ser sorteada polo autobús escolar. (Fotografía de Xesús López.)

Os "mosquerós" recéns colocados na rúa Padre Luís son xa indicadores de accidentes, de non accesibilidade prós residentes, ambulancias, bombeiros, etc. (Fotografía de Xesús López)


Pontevedra, 9.01.2oo8

Entrada n. 401 do blog. Artículo de hai nove anos, cando en Xaneiro do 1999 comezaban as liortas de carácter preelectoral. Aínda que parece que no traballo se fai unha certa aposta polo Bloque, que tiña diante súa un abano de posibilidades, desta volta apréciase a miseria do seu laborar, o seu falso ecoloxismo. E que en Pontevedra, como se fosen premonitarias as palabras do traballo, estamos asistinto máis que a unha estratificación da miseria, a unha ruína total, cercada a cidade pra residentes e comerciantes. Aínda hoxe mo decía un tendeiro da rúa Real. "Aquí non entra unha rata". Arruinaron a cidade. Como veño decindo con insistencia, tomaron ó Gulag como modelo. As fotografías ilustran da súa concepción urbanística, "elegante", co cliché, seguramente, do muro de Berlín.

POLÍTICA E CONTRAPODER [26.01.1999]

por Xesús López Fernández

Estamos en tempo preelectoral. Algús partidos anuncian ou anunciaron xa o seu arranque cara ós próximos comicios . As enquisas anuncian posibles cambios no goberno local. Pode ser. Pero convén que os cidadáns o teñan moi claro e que exerzan o seu dereito a voto, un voto pensado, razoado; un voto traballado polos diversos partidos ou por algunha candidatura independente, se finalmente algún grupo decide asumi-lo reto porque a situación é fondamente preocupante, máis aínda que cando se montou a manifestación do 5-J, según hai poucos días manifestaba un lider veciñal.

Os sondeos mostran un claro ascenso do Bloque Nacionalista Galego, que podería ronda-la maioría absoluta. Non o sei e teño dúbidas, porque entendo que o papel dos nacionalistas non se debe limitar a cruzarse de brazos e ver o mal que o fan os que gobernan, que pra máis inri se fotografían inaugurando cada día novas obras. E, na medida na que algunha desas obras é completamente innecesaria, estanlle a poñe-las cousas fáciles ó BNG. Pero, ¿qué dín os nacionalistas? ¿Cal vai sé-lo seu auténtico programa, sen medias mentiras? Levamos tempo agardando que falen e que se comprometan. Que pensen que o poden ter moi fácil, porque estamos nunha cidade onde se están dando pasos cara unha maior estratificación da miseria, da man da destrucción medioambiental. E da probeza. Na zona vella, por exemplo, cada vez dá máis medo vivir.

E falemos da zona vella. Rúas e casas degradadas. O Peprica sigue sen arrancar. O Urban non parece vaia revitaliza-lo barrio, convertilo en centro comercial, porque resulta demasiado cateto da man de Patrimonio, que parece nos contempla como museo dos ruídos e pedras a conservar. Zona peatonal sen servicios, aínda vai perder máis prazas de aparcamento co estreitamento da Michelena, como se os políticos estivesen pulando exclusivamente polos intereses dos parkings de Barcelos e mái-la Audiencia, que hai que potenciar, ou porque Continente teña aínda máis facilidades. Estou convencido de que por aí van as cousas. A zona vella necesitaría unha apertura certa, máis calidade de vida, reimprantación da O.R.A. e quizáis cargarse unha ou dúas mazás pra doutala dos necesarios servicios.

Coido que estamos nunha situación límite, que a sociedade tiña que dispoñer de resortes de contrapoder alén dos partidos, porque éstos, integrados no sistema, non van resolve-los problemas de carácter estructural que ten a nosa cidade, que ten a nosa ría, que demandan soluciós urxentes, talvez o cárcere en certos casos. Un maior protagonismo da xusticia debera deixa-lo noso futuro limpio de meras, conseguir que nadie vaia á política disposto a nos toma-lo pelo. E insisto no do contrapoder que a sociedade debe vertebrar, artellar e ter dispoñible en todo momento. Manifestarse masivamente, promover denuncias ante Bruselas, conseguir que os concellos raiotos, os concellos da Ría, complementen as nosas forzas pra unha vez máis comunicarlle ó mundo que aquí se cometeu un crime de lesa natureza. Crear unha candidatura cidadá no caso de que as promesas políticas teñan moito de discurso capado, de imposibilidade de chegar a actuar con honradez. O contrapoder é necesario porque o poder case sempre corrompe. ¿Sempre?.