Caricatura do concellal Mosquera, de Kiko da Silva, en La Voz de Galicia, 9.12.2007, que fai alusión á retirada dos mosquerós que parece promover, veremos, o PSOE.
Máis "mosquerós", máis Gulag, no degradado espacio da Gta. de Concepción Arenal, antes sitio de encontro. Perguntámonos qué extraño "tic" motivou a parede que cerca a rotonda que difícilmente pode ser sorteada polo autobús escolar. (Fotografía de Xesús López.)
Os "mosquerós" recéns colocados na rúa Padre Luís son xa indicadores de accidentes, de non accesibilidade prós residentes, ambulancias, bombeiros, etc. (Fotografía de Xesús López)
Pontevedra, 9.01.2oo8
Entrada n. 401 do blog. Artículo de hai nove anos, cando en Xaneiro do 1999 comezaban as liortas de carácter preelectoral. Aínda que parece que no traballo se fai unha certa aposta polo Bloque, que tiña diante súa un abano de posibilidades, desta volta apréciase a miseria do seu laborar, o seu falso ecoloxismo. E que en Pontevedra, como se fosen premonitarias as palabras do traballo, estamos asistinto máis que a unha estratificación da miseria, a unha ruína total, cercada a cidade pra residentes e comerciantes. Aínda hoxe mo decía un tendeiro da rúa Real. "Aquí non entra unha rata". Arruinaron a cidade. Como veño decindo con insistencia, tomaron ó Gulag como modelo. As fotografías ilustran da súa concepción urbanística, "elegante", co cliché, seguramente, do muro de Berlín.
Entrada n. 401 do blog. Artículo de hai nove anos, cando en Xaneiro do 1999 comezaban as liortas de carácter preelectoral. Aínda que parece que no traballo se fai unha certa aposta polo Bloque, que tiña diante súa un abano de posibilidades, desta volta apréciase a miseria do seu laborar, o seu falso ecoloxismo. E que en Pontevedra, como se fosen premonitarias as palabras do traballo, estamos asistinto máis que a unha estratificación da miseria, a unha ruína total, cercada a cidade pra residentes e comerciantes. Aínda hoxe mo decía un tendeiro da rúa Real. "Aquí non entra unha rata". Arruinaron a cidade. Como veño decindo con insistencia, tomaron ó Gulag como modelo. As fotografías ilustran da súa concepción urbanística, "elegante", co cliché, seguramente, do muro de Berlín.
POLÍTICA E CONTRAPODER [26.01.1999]
por Xesús López Fernández
Estamos en tempo preelectoral. Algús partidos anuncian ou anunciaron xa o seu arranque cara ós próximos comicios . As enquisas anuncian posibles cambios no goberno local. Pode ser. Pero convén que os cidadáns o teñan moi claro e que exerzan o seu dereito a voto, un voto pensado, razoado; un voto traballado polos diversos partidos ou por algunha candidatura independente, se finalmente algún grupo decide asumi-lo reto porque a situación é fondamente preocupante, máis aínda que cando se montou a manifestación do 5-J, según hai poucos días manifestaba un lider veciñal.
Os sondeos mostran un claro ascenso do Bloque Nacionalista Galego, que podería ronda-la maioría absoluta. Non o sei e teño dúbidas, porque entendo que o papel dos nacionalistas non se debe limitar a cruzarse de brazos e ver o mal que o fan os que gobernan, que pra máis inri se fotografían inaugurando cada día novas obras. E, na medida na que algunha desas obras é completamente innecesaria, estanlle a poñe-las cousas fáciles ó BNG. Pero, ¿qué dín os nacionalistas? ¿Cal vai sé-lo seu auténtico programa, sen medias mentiras? Levamos tempo agardando que falen e que se comprometan. Que pensen que o poden ter moi fácil, porque estamos nunha cidade onde se están dando pasos cara unha maior estratificación da miseria, da man da destrucción medioambiental. E da probeza. Na zona vella, por exemplo, cada vez dá máis medo vivir.
E falemos da zona vella. Rúas e casas degradadas. O Peprica sigue sen arrancar. O Urban non parece vaia revitaliza-lo barrio, convertilo en centro comercial, porque resulta demasiado cateto da man de Patrimonio, que parece nos contempla como museo dos ruídos e pedras a conservar. Zona peatonal sen servicios, aínda vai perder máis prazas de aparcamento co estreitamento da Michelena, como se os políticos estivesen pulando exclusivamente polos intereses dos parkings de Barcelos e mái-la Audiencia, que hai que potenciar, ou porque Continente teña aínda máis facilidades. Estou convencido de que por aí van as cousas. A zona vella necesitaría unha apertura certa, máis calidade de vida, reimprantación da O.R.A. e quizáis cargarse unha ou dúas mazás pra doutala dos necesarios servicios.
Coido que estamos nunha situación límite, que a sociedade tiña que dispoñer de resortes de contrapoder alén dos partidos, porque éstos, integrados no sistema, non van resolve-los problemas de carácter estructural que ten a nosa cidade, que ten a nosa ría, que demandan soluciós urxentes, talvez o cárcere en certos casos. Un maior protagonismo da xusticia debera deixa-lo noso futuro limpio de meras, conseguir que nadie vaia á política disposto a nos toma-lo pelo. E insisto no do contrapoder que a sociedade debe vertebrar, artellar e ter dispoñible en todo momento. Manifestarse masivamente, promover denuncias ante Bruselas, conseguir que os concellos raiotos, os concellos da Ría, complementen as nosas forzas pra unha vez máis comunicarlle ó mundo que aquí se cometeu un crime de lesa natureza. Crear unha candidatura cidadá no caso de que as promesas políticas teñan moito de discurso capado, de imposibilidade de chegar a actuar con honradez. O contrapoder é necesario porque o poder case sempre corrompe. ¿Sempre?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario