En Estambul están a protestaren porque o primeiro ministro Erdogan está disposto a claudicar ante certos intereses, a se cargare un espacio verde e a consumare o arboricidio dunha gran masa boscosa coa construcción dunha nova ponte sobre o Bósforo que conlevaría unha maior presión poboacional sobre a cidade, que xa non ten capacidade ecolóxica pra mantere ós habitantes da actualidade, que exceden en cinco veces a dita capacidade.
Pontevedra, 10.06.2013
Entrada n. 1675 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra
A primavera turca,
por Xesús López
Fernández
Aínda non hai dous anos que estiven en Turquía.
Primeiro na Anatolia, na Turquía asiática, visitando non poucos lugares que
pertenceran á Grecia clásica: Esmirna, Éfeso, Mileto, Pamukkale (a vella
Hierápolis, onde un equipo de arqueólogos italiáns acaba de descobri-la porta
de entrada ó inferno, lugar ó que se refire Strabón, xeógrafo grego, como Boca
do Inferno), Afrodisias, etc. Un gozo a visita á extraña Capadocia, tan
importante nos tempos do primeiro Cristianismo. ¡E qué razas, bestas e
mercancías non deberon repousare nos kervansarays, como o que visitamos na ruta
das especias!. Visita pormenorizada dos lugares citados e cun guía de excepción
que, xa en Estambul, nos iría explicando a carga de historia e arte de canto
monumento e lugares visitamos; tamén na travesía do Bósforo ata case a bocana
do mar Negro.
Unha nova
ruta aérea, Santiago-Estambul, brinda a posibilidade de voar directamente á
vella Constantinopla. Xa me gustaría, pero non neste momento porque naquel
extraordinario país están a pasaren cousas que comezaron por unha protesta
social contra o primeiro ministro Recep Tayyip Erdogán, contra as súas
licencias inmobiliarias porque a praza de Taksim, no centro de Estambul, vaise
convertir en solar dun gran centro comercial i edificios de vivendas, privando
así á cidade dun espacio verde; tamén a protesta social vai contra a
construcción dunha terceira ponte sobre o Bósforo, non pola ponte en sí senón
polo inmenso arraso que causaría na floresta turca, calculándose, según algunha
fonte, en dous millós as árbores que van desaparecer. A protesta de miles de
xóvenes o 29.05, foi repelida contundentemente pola policía de Erdogán, o home
que declarou “Fagáde-lo que fagades, as decisiós están tomadas”, aviso ás
xentes que se foran concentrando en Taksim, o distrito máis europeo de Turquía,
pra impediren que as excavadoras arrasaran o parque Gezi, unha das poucas zonas
verdes deste populoso barrio de Estambul.
Se ben no
comezo da protesta eran unha ducia de persoas as que se manifestaban, na fin de
semáa a campaña pra salvare a zona verde tíñase convertido nun problema
político a nivel nacional, reiterándose as manifestaciós e os defrontamentos
coa policía en moitas cidades do país, obrigando finalmente ó Goberno a dete-la
escalada represiva. Ó longo destos pasados días houbo encontros violentos en
Ankara e cuantiosas concentraciós en moitas cidades, en solidariedade con
Taksim, interpretándose que a presencia
do conflicto noutras partes é unha resposta á brutalidade coa que ten
actuado a policía e á actitude despótica do Goberno de Erdogán. O pasado venres
eran tres os mortos sabidos. Pero parece que a cuestión da “primavera
turca” está fundamentada na cuestión
social e urbanística. Por exemplo i en relación coa nova ponte, arguméntase que
as dúas existentes abondan e que son parte do problema principal que hoxe sofre
Estambul: que a poboación concentrada nesa gran urbe sobarda en cinco veces as
posibilidades ecolóxicas da capital prá súa alimentación.
Aínda que Estambul estea fortemente
islamizada, na sociedade prima o laicismo sobre o que foi fundada por Ataturk a
moderna Turquía, estando separado o Estado da relixión. Pero sí hai un malestar
nos manifestantes, que invocan o nome de Ataturk, por medidas lexislativas de
Erdogán, de corte relixioso, mesmo por ter multado por “inmoralidade” certos
programas de televisión ou condenado por blasfemia a algún intelectual, o que
fai temer á sociedade turca máis laica unha certa deriva cara un goberno
islamista autocrático… Figura clave nesta “primavera” contra as agresiós
urbanísticas é Sirri Sureyya Onder, un diputado kurdo do BDP que se prantou
diante das excavadoras o 29.05 polo serán e pideu lle mostraran a autorización
legal pra realiza-los traballos, que non existía. Pouco despois, máquinas e
policías que as protexían retirabanse. As redes sociales amplificaban a
convocatoria pra unha nova concetración. A “primavera turca” está a marcar,
parece, un tempo novo.
2 comentarios:
No se, pero a mi me parece que Occidente se equivoca de manera muy grave. Hasta ahora se ha puesto siempre del lado de los rebeldes porque enfrente está un dictador. Y a la larga damos pábulo a que triunfe un islamismo, que tratará de hacerse con todos los resortes del poder. Sucedió en Libia, en Egipto. Sucederá en Siria y veremos si la siguiente no es Turquía
Sin embargo el peligro islamista parece que es el que encarna el primer ministro, el hombre que en su día dijo algo así como que "nuestros misiles son los minaretes". Y ahora, con el paquete que implicaría la destrucción del parque Gezi, intenta meter una nueva mezquita junto con su demencial proyecto inmobiliario, sobre lo que existe una sentencia judicial en contra.
Orhan Pamuk, el laureado autor turco, defiende también el espacio verde hoy amenazado por Erdogan, así como su deriva totalitaria.
Un abrazo
Publicar un comentario