domingo, 9 de marzo de 2008

VENCEREMOS [10.03.2008]

Giuliano Ferrara, creador do movemento e partido político pro-Vida, que se declara ateo pero comparte a fe de Benedicto XVI en Xesús, dí: Defendo a vida diante da ONU.
Terceira fase do aborto. Cando o feto aínda mantén a cabeza no ventre materno, o abortista fúralle a nuca cunhas tixeiras. Na cuarta fase culmina o crime. O abortista chúchalle cunha sonda a masa encefálica. ¿Qué diferencia existe antre este tipo de morte ou a que practican os terroristas? ¿Quén é máis asesin@?
Holocausto na Alemania nazi.

Holocausto nas clínicas abortistas d´hoxe. E as feministas aínda reivindican o seu dereito pra acabaren coas novas vidas, como se fosen tumores ou quistes...!

Pontevedra, 10.03.2008

Entrada n. 449 do blog. Traballo desta data, a publicar en diversos medios. O mundo vai mal, está tolo. O aborto non é nada máis que un dos medios que Satán usa pra acabar coa familia, coa sociedade, coa relixión. E Satán ten moitas correas de transmisión, dende as que se fala do aborto como un dereito das mulleres pra seren máis libres. Aínda onte, 9.03, a prensa recollía a noticia de que o 8.03 declaraban en Pontevedra teren abortado un colectivo de 200 mulleres. Abortos reales ou mentales, en solidarización coas que xa non creen na familia, que renunciaron á condición de nais. En fin, o tema é longo e haberá ocasión de volver sobre o mesmo. A aparición dun movemento pro-vida pode significar que algús sectores da sociedade van cansos de aguantar tanta estupidez como se nos leva contado co apoio da megafonía política.

Venceremos [10.03.2008],

por Xesús López Fernández

Noticia de Giuliano Ferrara. Fillo dun senador comunista, comunista tamén el en tempo pasado, destaca actualmente pola defensa da vida en distintos foros. É autor dun manifesto, con numerosas adhesiós no noso país, que prantexa ante a ONU a petición dunha moratoria nos abortos, aínda tendo en conta que algunhas das axencias do organismo internacional promoven a interrupción do embarazo en diversos países. El sabe que, por tradición, a defensa da vida asóciase máis á dereita e á Igrexa, “porque a libertade femenina considérase un aspecto da sociedade moderna co que se identifican as forzas de esquerdas”. Pero a identificación que hoxe facemos de libertade con aborto é un desprecio ó que corresponde máis o nome de escravitude. Ferrara, que se define como liberal, cree que os homes e as mulleres foron creados iguales, todos cos mesmos dereitos e que, pra defendere esta igualdade, é necesario defende-la vida. En favor da súa cruzada tense pronunciado o director de cine italián Franco Zeffirelli, que vai apoiar e votar ó partido “Pro-vida”, de Ferrara, nas proximas elecciós italiás, no medio da polémica sobre o aborto en Italia.

A polémica está viva no noso país, onde o Goberno está traballando nun decreto que eximiría ás clínicas abortistas de se desfacer da maioría dos fetos abortados como cadavres: non os considera restos humáns con entidade dabondo. Na falta de conciencia moral que implica o decreto, os fetos serían simples restos biosanitarios coa condición de non teren chegado ás 28 semás de xestación. Eso é o que propón o ministro Bernat Soria, polémico, cuestionado, con dúbidas sobre o seu curriculum, según certos medios. Pero á marxe das mulleres que o arroupaban nas fotografías da pasada campaña, outras están recollendo sinaturas a un manifesto, “Mujeres ante el aborto”, firmado xa por non poucas mulleres: Nati Mistral, Paloma Gómez-Borrero, Isabel Durán, Isabel San Sebastián, etc.... O manifesto parte dunha serie de dereitos reconocidos na Constitución e fallos de sentencias diversas, pra concluiren cunha serie de principios como: “Non hai nada máis progresista que defender ós máis indefensos, O máis “conservador” é facer negocio coa vida dos máis débiles, como ten acontecido moitas veces na Historia, A complicidade e o silencio de moitos facilitaron os horrores dos totalitarismos do século XX: xenocio, eutanasia....”.

A deriva política parece nos está a levare a unha situación de verdadeira espiral de martirios e abismo democrático. Pero unha certa reacción, que pode ser crecente, pode agora depender da cruzada de Ferrara, que falou o pasado luns na Aula Magna do CEU e as instalaciós anexas, en Madrid, ante a presencia dun milleiro de persoas. Persoalidades relevantes respaldan a súa petición de moratoria ante a ONU, cuia relación non cabe xa neste traballo. Citaremos a: Lucien Israel, Moshe Bendaján, rabino de Madrid, Gustavo Bueno, Francisco Vázquez, José Luís Garci, Miguel Delibes, Rafael Navarro Valls, Alcaraz, Herrera, e un longo etcétera. Según Ferrara, dende que se aprobou o aborto “o planeta foi sacudido con máis de mil millós de abortos e un manto de desesperanza ten calado na humanidade”.

A moratoria proposta por Ferrara fai un chamamento á defensa dos Dereitos Humáns, que no art. 3º da Declaración Universal manifesta que todo individuo ten dereito á vida, á libertade e á seguridade da súa persoa. A min ocúrreseme, posto que moitas veces parece que falamos nada máis que do home como votante, que a moitas desas criaturas as están privando do dereito a votar dentro de dezaoito anos, talvez de cambia-lo rumbo da Historia. E debemos escolle-la defensa da vida, pois só así vencerémo-la batalla da civilización. Non, polo tanto, “á cultura mortífera que condena á muller ó medo e á violencia antinatural contra a maternidade, á ignorancia, a se afacer ó desamor e á infelicidade”, e ó asesinato de tanta criatura indefensa. ¿Pra cándo un partido pro-Vida en España? Necesitámolo. Seguro que venceremos.

miércoles, 5 de marzo de 2008

ÁRBORES E CALIDADE DE VIDA [21.07.2001]

Outra Pontevedra. O monumento ó Doutor Enrique Marescot, o estanque, pero sobre todo o magnífico exemplar de arce negundo, variedade variegata, configuran un espacio elegante, sensibilidade perdida coesta corporación.
Vista parcial da cativa rotonda de Concepción Arenal, case imposible, peligro pró autobús escolar ó estar mal dimensionada.
Xoaquín de Faramontaos, copropietario do negocio da seguinte fotografía, agora en fase de liquidación. Compañeiro de café, cóntame de Faramontaos de Nogueira de Ramuín: historias da castañada, ou das súas andainas tra-la roda, polo mundo adiante: Canarias, América.... Cando a Feira Franca pontevedresa, aínda recuperaba a súa roda de afiar, a súa compañeira de tantas viaxes. Seguramente que podería escribir un libro de relatos coa súa experiencia vital como argumento. O seu negocio permanecerá aberto por poucos días, na rúa San Román, antigua Barrilería, aínda que este nome histórico aparece na nova "nominación" local asignado a outra rúa.
Un dos establecementos que morren na zona vella a consecuencia do novo embiste da reforma urbanística: La Orensana, coitelos, navallas, paraugas. O negocio de Xoaquín de Faramontaos e do seu irmán, un histórico da zona.

Pontevedra, 5.03.2008

Entrada n. 448 do blog.

Este artículo hoxe pendurado ven tamén do fondo dos escritos no 2001. Nel faise mención a outro traballo anterior aínda por recuperar. Pero, en fin, vai da problemática forestal urbáa, algo que se soubo facer na Pontevedra de Sesmeros, ou en tempo recén no Campillo ou na praza da Verdura; posteriormente na praza de Galicia, García Sánchez e Andrés Mellado, talvez o mellor tratamento urbanístico da cidade dos últimos 50 anos, obra dos irmáns Sarandeses. Pero todo o que veu despois foi unha especie de involución acelerada, que sigue. Certo que hoxe temos rotondas, do que se fala no traballo, pero que están normalmente mal dimensionadas ou descoidadas, ademáis de seren fonte de accidentes de tráfego, da mitade dos que se producen na cidade. ¡E pensar que agora andan en campaña electoral incluso as xentes que acabaron coesta cidade, co modelo que ela representaba como cidade administrativa e de servicios, que está a morrer día a día, pero que cando máis se nota esa morte real de toda a zona vella é realmente cando se penetra nela, pola noite!. Sigue o traballo.


ÁRBORES E CALIDADE DE VIDA [21.07.2001]

por Xesús López Fernández

Nunha viaxe recente –comentada en parte a pasada semá— tiven ocasión de recrea-la vista ó pasar por unha serie de lugares con vexetación máis ou menos coidada. Unhas veces a arboreda aparecía como un cultivo intensivo –álamos, bídalos--; outras, espontánea, definía, configuraba a paisaxe en grandes superficies. En Andorra puiden apreciar zonas onde primaba a biodiversidade –freixos, nogueiras, arces, piñeiros, abetos, etc.--, que, baixando cara Lourdes e bordeando o Parc des Hautes Pyrenées, faise ainda máis rica, con presencia de carballos e castiñeiros. A entrada nas cidades mostra moitas veces –como un preanuncio da importancia que se lle da ós xardíns e árbores--, rotondas multicolores, ás veces auténticas obras de arte, reveladoras de que non entramos en Pontevedra.

Cando sí entramos en Pontevedra, o caos das nosas rotondas –nunca foron coidadas--, é claro anuncio de que non existe interese por mante-lo noso patrimonio arbóreo urbán. A propia Alameda sigue enferma e non melloraron os coidados dende aquel famoso tratamento con sal --alá polos anos 50--, e novas agresiós lévanse producido recentemente, á marxe do arboricidio das catalpas, que incluso trascendeu alén do noso ámbito porque por aí adiante é unha das especies de bordura máis usadas, configuradora incluso de auténticos bulevares. As árbores son necesarias nas cidades, son reguladoras da temperatura, unha factoría de aire acondicionado, algo que define tamén a calidade de vida dos cidadáns. Por desgracia imos mal e paréceme desacertada a afirmación de que somos a cidade número dez de España no tocante á calidade de vida cando aquí sigue a cheirar mal e decote acrece a área da cidade que están a guetificar, a privar de calidade ambiental.

O papel da arboreda na nosa urbe tal vez sirva pra nos outorgar un certo aire europeo en García Sánchez e Praza de Galicia; en Andrés Mellado ou mesmo na Benito Corbal. Freixos, seudoacacias, sóforas... A presencia de liquidámbares, liriodendros, ailantos, arces e ginkgos bilobas --árbores por excelencia de rúas e parques-- é aínda modesta. O ailanto, procedente da China e de zonas sen contaminar, foi introducido no 1751 e grandes cidades agradecen hoxe a súa presencia. Prende incluso en chans degradados. En Pontevedra había un pequeno enclave, agora reducido a un ou dous individuos. E hai poucos días tiven a ocasión de observar que en Bertamiráns xa saben do arce prateado e da súa sombra benfeitora. Por certo que en Brión --non lonxe dalí-- está a casa de Beiras, onde hai un fermoso liriodendro que acompaña ó lider nalgunhas lecturas. A especie medra ata os 20 ou 23 metros; un cultivar pequeno, o “Fastigiata”, non pasa dos 12.

Leer á sombra dun tulipero é algo, pois, que se podería facer na praza da Verdura. Ou de tilos ou ginkgos bilobas, esa árbore que chega a vivir 4.000 anos, fósil vivinte como o liriodendro, con presencia dende o cretácico. Hai miles de especies pra quedaren ben e cura-la ferida desta cidade que decote ve incrementado o seu nivel de ruídos; na que, co aumento de terrazas-pasarela, están a esgaza-la intimidade dos cidadáns. ¿Cómo falar de calidade de vida, se moita xente non pode dormir? ¿Ata qué punto é necesario isonoriza-las casas? ¿Cómo a asignatura do tratamento de residuos sigue pendente, incapaz o goberno local de acomete-la tarea despois de tanto falaren de compostaxe e de Sogama non? Son moitas as cousas que se están a descoidar pra acadarmos esa calidade ambiental mínima, algo que se percibe xa, como dixen, á entrada da cidade, coas rotondas abandonadas, preanuncio de que o cidadán entra nunha cidade sucia. Árbores escollidas, rotondas ben feitas, limpeza, ausencia de ruídos na noite, seguridade, espacios integrados, asignaturas suspendidas unha e outra vez. Por aí comeza a calidade ambiental, pero na involución que nos están a impoñer parece que nen as ambulancias van poder entrar no gueto.

domingo, 2 de marzo de 2008

A ACELERACIÓN DA CAMPAÑA [3.03.2008]

O debate desta noite, con Olga Viza como moderadora, pode ser definitivo. Nos debates aplácanse os modales, morren as estridencias. Como se os competidores estiveran nunha especie de confesionario aberto, o público aprecia cándo a algún se lle encolle o ánimo, como se tivese incluso problemas de esfínteres, arrepentido das afirmaciós e mentiras da campaña.

O humor tamén entra na campaña, neste caso é Zapatero o que mostra gráficas ou responde no segundo debate ós argumentos e datos de Rajoy. Un supoñer. (Chiste aparecido en Público)

Pontevedra, 3.3.2008

Entrada n. 447 do blog. Sigue o traballo semanal, que desta volta vai das elecciós e que deberá aparecer no Diario de Pontevedra e no Xornal.com, con esta data. Poderiame ter demorado máis na exposición que se fai no artículo, porque son moitas as cousas que non se comentan, os silencios que siguen estando presentes nos discursos. O ambiente, sí, está encanallado, e non se percibe unha clara mensaxe rexeneracionista. Matizaremos algo máis nos próximos días, algús dos aspectos desa rexeneración necesaria, que non vemos. Sen ela, de certo, a democracia non é posible.

A aceleración da campaña [3.03.2008],

por Xesús López Fernández


Pasaron xa sete días do debate Zapatero-Rajoy, do pasado luns. E pra esta noite está anunciado outro, no que agardamos oir ofertas de políticas concretas, en positivo. No tema fiscal, no terreo da educación, a definición dunha clara política ecoloxista cando están en xogo tantísimas cousas. O debate anterior non é historia pasada e, por opiniós oídas, tamén por crónicas de diversos analistas, parece que Rajoy tivo un papel máis convincente non sendo, según algús, no tramo final da súa intervención, cando teceu a historia da nena que despois tomaría corpo nos discursos de Zapatero. No fondo, foi un favor que lle fixo o candidato popular, que coa defensa do feminismo implícita ó relato, lembroulle ós socialistas que eles sempre fixeron defensa do movemento feminista, agora materializado na “nena” de Rajoy, presente nos discursos “acelerados” de ZP, [¿e non se asustará?], pra lle entregar un ramo de rosas. Vexo a un Zapatero “saído” en base a discursos sen contido, nos que parece se limita a pedir ós cidadáns que voten, ou afirma que o PP carece de programa.

Hai unha certa carga de insultos nas diversas intervenciós, agora “mellorados” coa presencia na campaña de Felipe González, que debería máis ben buscar no laberinto da súa memoria e contarlle ós máis novos, ós que non chegan ós 35 anos, cómo foi o seu mandato, que tamén podemos localizar en Google [como deciamos a pasada semáa], ou indicaba someramente Martín Ferrand na súa crónica no ABC, o día primeiro deste mes: corrupción, Gal, o Estado de Dereito quebrado….., así como que a distancia lévanos tanto ó esquecemento como á confusión; que persoas como José Amedo ou Michel Domínguez, dúas décadas despois de seren ben conocidos, según lembra Ferrand, poden ser agora confundidos con persoaxes de ficción: Pepe Carvalho, Hércules Poirot, Sherlock Holmes, etc, algo conformado pola grandeza das lembranzas e a miseria da realidade. O tempo, que todo cura, parece ter convertido a González nun estadista. Pero, nos últimos actos de campaña, o home aparece sen cintura. Non se pode chamar discurso ó construído con insultos zafios.

Non debe extrañar que o PP teña recurrido, como purga da campaña, ó discurso de Aznar. Certo medio fixo incluso unha especie de pastel alternando cortos das intervenciós alabaradas de González e as aceiradas i entendibles de Aznar, sen necesidade de se remontar á época definida por Ferrand. Prefiro oílos no tono discrepante, cada un a defende-lo seu proiecto e visión de Estado, que mostraron nun debate histórico reproducido o sábado pola 5, moderado por Mariñas. Pero, por desgracia, sigue habendo máis violencia radical na campaña, máis alá da oral dos discursos dos candidatos, sendo noticia de cada día a intervención da Policía pra apagar algo máis que conatos de violencia, ata o punto de que certas zonas de España parecen merece-la calificación de “excepción democrática”, cando algús cidadáns non “poden” co discurso dos demáis. Por se fora pouco, entraron na campaña os cazadores, máis dun millón no país, un millón de electores. 30000 manifestáronse en Madrid o día un. Demandan a revocación da “Ley de Patrimonio Natural y Biodiversidad”, aprobada no mes de Santos 2007. Unha papeleta pra ZP.

Así as cousas, veremos qué programas presentan no debate d´hoxe os dous candidatos: A cuestión fiscal, pendente dun debate profundo; o tema medioambiental, tócase moitas veces con frivolidade, cando hai non poucos casos nos que actuar, nos que a iniciativa privada ten marcado xa camiños coa denuncia de verdadeiros escándalos; a educación; a ordeación territorial, é tamén asignatura pendente que non se resolve coa louca realización de infraestructuras ou a cementación da costa. Que explique o señor Rajoy de qué vai o seu proiecto “Costa Natura” e que ZP lembre que a Lei de Costas do 1988, de Borrell, é obxeto de deixadeza polas Administraciós. O debate pode ser tenso e desacelerado, aparcádo-los brados da campaña. Mellor.