Outra Pontevedra. O monumento ó Doutor Enrique Marescot, o estanque, pero sobre todo o magnífico exemplar de arce negundo, variedade variegata, configuran un espacio elegante, sensibilidade perdida coesta corporación.
Vista parcial da cativa rotonda de Concepción Arenal, case imposible, peligro pró autobús escolar ó estar mal dimensionada.
Xoaquín de Faramontaos, copropietario do negocio da seguinte fotografía, agora en fase de liquidación. Compañeiro de café, cóntame de Faramontaos de Nogueira de Ramuín: historias da castañada, ou das súas andainas tra-la roda, polo mundo adiante: Canarias, América.... Cando a Feira Franca pontevedresa, aínda recuperaba a súa roda de afiar, a súa compañeira de tantas viaxes. Seguramente que podería escribir un libro de relatos coa súa experiencia vital como argumento. O seu negocio permanecerá aberto por poucos días, na rúa San Román, antigua Barrilería, aínda que este nome histórico aparece na nova "nominación" local asignado a outra rúa.
Un dos establecementos que morren na zona vella a consecuencia do novo embiste da reforma urbanística: La Orensana, coitelos, navallas, paraugas. O negocio de Xoaquín de Faramontaos e do seu irmán, un histórico da zona.
Pontevedra, 5.03.2008
Entrada n. 448 do blog.
Este artículo hoxe pendurado ven tamén do fondo dos escritos no 2001. Nel faise mención a outro traballo anterior aínda por recuperar. Pero, en fin, vai da problemática forestal urbáa, algo que se soubo facer na Pontevedra de Sesmeros, ou en tempo recén no Campillo ou na praza da Verdura; posteriormente na praza de Galicia, García Sánchez e Andrés Mellado, talvez o mellor tratamento urbanístico da cidade dos últimos 50 anos, obra dos irmáns Sarandeses. Pero todo o que veu despois foi unha especie de involución acelerada, que sigue. Certo que hoxe temos rotondas, do que se fala no traballo, pero que están normalmente mal dimensionadas ou descoidadas, ademáis de seren fonte de accidentes de tráfego, da mitade dos que se producen na cidade. ¡E pensar que agora andan en campaña electoral incluso as xentes que acabaron coesta cidade, co modelo que ela representaba como cidade administrativa e de servicios, que está a morrer día a día, pero que cando máis se nota esa morte real de toda a zona vella é realmente cando se penetra nela, pola noite!. Sigue o traballo.
Entrada n. 448 do blog.
Este artículo hoxe pendurado ven tamén do fondo dos escritos no 2001. Nel faise mención a outro traballo anterior aínda por recuperar. Pero, en fin, vai da problemática forestal urbáa, algo que se soubo facer na Pontevedra de Sesmeros, ou en tempo recén no Campillo ou na praza da Verdura; posteriormente na praza de Galicia, García Sánchez e Andrés Mellado, talvez o mellor tratamento urbanístico da cidade dos últimos 50 anos, obra dos irmáns Sarandeses. Pero todo o que veu despois foi unha especie de involución acelerada, que sigue. Certo que hoxe temos rotondas, do que se fala no traballo, pero que están normalmente mal dimensionadas ou descoidadas, ademáis de seren fonte de accidentes de tráfego, da mitade dos que se producen na cidade. ¡E pensar que agora andan en campaña electoral incluso as xentes que acabaron coesta cidade, co modelo que ela representaba como cidade administrativa e de servicios, que está a morrer día a día, pero que cando máis se nota esa morte real de toda a zona vella é realmente cando se penetra nela, pola noite!. Sigue o traballo.
ÁRBORES E CALIDADE DE VIDA [21.07.2001]
por Xesús López Fernández
Nunha viaxe recente –comentada en parte a pasada semá— tiven ocasión de recrea-la vista ó pasar por unha serie de lugares con vexetación máis ou menos coidada. Unhas veces a arboreda aparecía como un cultivo intensivo –álamos, bídalos--; outras, espontánea, definía, configuraba a paisaxe en grandes superficies. En Andorra puiden apreciar zonas onde primaba a biodiversidade –freixos, nogueiras, arces, piñeiros, abetos, etc.--, que, baixando cara Lourdes e bordeando o Parc des Hautes Pyrenées, faise ainda máis rica, con presencia de carballos e castiñeiros. A entrada nas cidades mostra moitas veces –como un preanuncio da importancia que se lle da ós xardíns e árbores--, rotondas multicolores, ás veces auténticas obras de arte, reveladoras de que non entramos en Pontevedra.
Cando sí entramos en Pontevedra, o caos das nosas rotondas –nunca foron coidadas--, é claro anuncio de que non existe interese por mante-lo noso patrimonio arbóreo urbán. A propia Alameda sigue enferma e non melloraron os coidados dende aquel famoso tratamento con sal --alá polos anos 50--, e novas agresiós lévanse producido recentemente, á marxe do arboricidio das catalpas, que incluso trascendeu alén do noso ámbito porque por aí adiante é unha das especies de bordura máis usadas, configuradora incluso de auténticos bulevares. As árbores son necesarias nas cidades, son reguladoras da temperatura, unha factoría de aire acondicionado, algo que define tamén a calidade de vida dos cidadáns. Por desgracia imos mal e paréceme desacertada a afirmación de que somos a cidade número dez de España no tocante á calidade de vida cando aquí sigue a cheirar mal e decote acrece a área da cidade que están a guetificar, a privar de calidade ambiental.
O papel da arboreda na nosa urbe tal vez sirva pra nos outorgar un certo aire europeo en García Sánchez e Praza de Galicia; en Andrés Mellado ou mesmo na Benito Corbal. Freixos, seudoacacias, sóforas... A presencia de liquidámbares, liriodendros, ailantos, arces e ginkgos bilobas --árbores por excelencia de rúas e parques-- é aínda modesta. O ailanto, procedente da China e de zonas sen contaminar, foi introducido no 1751 e grandes cidades agradecen hoxe a súa presencia. Prende incluso en chans degradados. En Pontevedra había un pequeno enclave, agora reducido a un ou dous individuos. E hai poucos días tiven a ocasión de observar que en Bertamiráns xa saben do arce prateado e da súa sombra benfeitora. Por certo que en Brión --non lonxe dalí-- está a casa de Beiras, onde hai un fermoso liriodendro que acompaña ó lider nalgunhas lecturas. A especie medra ata os 20 ou 23 metros; un cultivar pequeno, o “Fastigiata”, non pasa dos 12.
Leer á sombra dun tulipero é algo, pois, que se podería facer na praza da Verdura. Ou de tilos ou ginkgos bilobas, esa árbore que chega a vivir 4.000 anos, fósil vivinte como o liriodendro, con presencia dende o cretácico. Hai miles de especies pra quedaren ben e cura-la ferida desta cidade que decote ve incrementado o seu nivel de ruídos; na que, co aumento de terrazas-pasarela, están a esgaza-la intimidade dos cidadáns. ¿Cómo falar de calidade de vida, se moita xente non pode dormir? ¿Ata qué punto é necesario isonoriza-las casas? ¿Cómo a asignatura do tratamento de residuos sigue pendente, incapaz o goberno local de acomete-la tarea despois de tanto falaren de compostaxe e de Sogama non? Son moitas as cousas que se están a descoidar pra acadarmos esa calidade ambiental mínima, algo que se percibe xa, como dixen, á entrada da cidade, coas rotondas abandonadas, preanuncio de que o cidadán entra nunha cidade sucia. Árbores escollidas, rotondas ben feitas, limpeza, ausencia de ruídos na noite, seguridade, espacios integrados, asignaturas suspendidas unha e outra vez. Por aí comeza a calidade ambiental, pero na involución que nos están a impoñer parece que nen as ambulancias van poder entrar no gueto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario