O debate desta noite, con Olga Viza como moderadora, pode ser definitivo. Nos debates aplácanse os modales, morren as estridencias. Como se os competidores estiveran nunha especie de confesionario aberto, o público aprecia cándo a algún se lle encolle o ánimo, como se tivese incluso problemas de esfínteres, arrepentido das afirmaciós e mentiras da campaña.
Pontevedra, 3.3.2008
Entrada n. 447 do blog. Sigue o traballo semanal, que desta volta vai das elecciós e que deberá aparecer no Diario de Pontevedra e no Xornal.com, con esta data. Poderiame ter demorado máis na exposición que se fai no artículo, porque son moitas as cousas que non se comentan, os silencios que siguen estando presentes nos discursos. O ambiente, sí, está encanallado, e non se percibe unha clara mensaxe rexeneracionista. Matizaremos algo máis nos próximos días, algús dos aspectos desa rexeneración necesaria, que non vemos. Sen ela, de certo, a democracia non é posible.
Entrada n. 447 do blog. Sigue o traballo semanal, que desta volta vai das elecciós e que deberá aparecer no Diario de Pontevedra e no Xornal.com, con esta data. Poderiame ter demorado máis na exposición que se fai no artículo, porque son moitas as cousas que non se comentan, os silencios que siguen estando presentes nos discursos. O ambiente, sí, está encanallado, e non se percibe unha clara mensaxe rexeneracionista. Matizaremos algo máis nos próximos días, algús dos aspectos desa rexeneración necesaria, que non vemos. Sen ela, de certo, a democracia non é posible.
A aceleración da campaña [3.03.2008],
por Xesús López Fernández
Pasaron xa sete días do debate Zapatero-Rajoy, do pasado luns. E pra esta noite está anunciado outro, no que agardamos oir ofertas de políticas concretas, en positivo. No tema fiscal, no terreo da educación, a definición dunha clara política ecoloxista cando están en xogo tantísimas cousas. O debate anterior non é historia pasada e, por opiniós oídas, tamén por crónicas de diversos analistas, parece que Rajoy tivo un papel máis convincente non sendo, según algús, no tramo final da súa intervención, cando teceu a historia da nena que despois tomaría corpo nos discursos de Zapatero. No fondo, foi un favor que lle fixo o candidato popular, que coa defensa do feminismo implícita ó relato, lembroulle ós socialistas que eles sempre fixeron defensa do movemento feminista, agora materializado na “nena” de Rajoy, presente nos discursos “acelerados” de ZP, [¿e non se asustará?], pra lle entregar un ramo de rosas. Vexo a un Zapatero “saído” en base a discursos sen contido, nos que parece se limita a pedir ós cidadáns que voten, ou afirma que o PP carece de programa.
Hai unha certa carga de insultos nas diversas intervenciós, agora “mellorados” coa presencia na campaña de Felipe González, que debería máis ben buscar no laberinto da súa memoria e contarlle ós máis novos, ós que non chegan ós 35 anos, cómo foi o seu mandato, que tamén podemos localizar en Google [como deciamos a pasada semáa], ou indicaba someramente Martín Ferrand na súa crónica no ABC, o día primeiro deste mes: corrupción, Gal, o Estado de Dereito quebrado….., así como que a distancia lévanos tanto ó esquecemento como á confusión; que persoas como José Amedo ou Michel Domínguez, dúas décadas despois de seren ben conocidos, según lembra Ferrand, poden ser agora confundidos con persoaxes de ficción: Pepe Carvalho, Hércules Poirot, Sherlock Holmes, etc, algo conformado pola grandeza das lembranzas e a miseria da realidade. O tempo, que todo cura, parece ter convertido a González nun estadista. Pero, nos últimos actos de campaña, o home aparece sen cintura. Non se pode chamar discurso ó construído con insultos zafios.
Non debe extrañar que o PP teña recurrido, como purga da campaña, ó discurso de Aznar. Certo medio fixo incluso unha especie de pastel alternando cortos das intervenciós alabaradas de González e as aceiradas i entendibles de Aznar, sen necesidade de se remontar á época definida por Ferrand. Prefiro oílos no tono discrepante, cada un a defende-lo seu proiecto e visión de Estado, que mostraron nun debate histórico reproducido o sábado pola 5, moderado por Mariñas. Pero, por desgracia, sigue habendo máis violencia radical na campaña, máis alá da oral dos discursos dos candidatos, sendo noticia de cada día a intervención da Policía pra apagar algo máis que conatos de violencia, ata o punto de que certas zonas de España parecen merece-la calificación de “excepción democrática”, cando algús cidadáns non “poden” co discurso dos demáis. Por se fora pouco, entraron na campaña os cazadores, máis dun millón no país, un millón de electores. 30000 manifestáronse en Madrid o día un. Demandan a revocación da “Ley de Patrimonio Natural y Biodiversidad”, aprobada no mes de Santos 2007. Unha papeleta pra ZP.
Así as cousas, veremos qué programas presentan no debate d´hoxe os dous candidatos: A cuestión fiscal, pendente dun debate profundo; o tema medioambiental, tócase moitas veces con frivolidade, cando hai non poucos casos nos que actuar, nos que a iniciativa privada ten marcado xa camiños coa denuncia de verdadeiros escándalos; a educación; a ordeación territorial, é tamén asignatura pendente que non se resolve coa louca realización de infraestructuras ou a cementación da costa. Que explique o señor Rajoy de qué vai o seu proiecto “Costa Natura” e que ZP lembre que a Lei de Costas do 1988, de Borrell, é obxeto de deixadeza polas Administraciós. O debate pode ser tenso e desacelerado, aparcádo-los brados da campaña. Mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario