martes, 21 de abril de 2009

LORES, LORES, PASOUCHE O TEMPO

Lores a falar con Rueda Valenzuela. O alcalde parece alabarado, como si estivera a lle urxir algo ó conselleiro da Presidencia.
-
Pontevedra, 21.04.2009
-
Entrada n. 911 do blog
-
LORES, LORES, PASOUCHE O TEMPO,
por Xesús López Fernández
-
¿Verdade, Lores, que tí e máis eu sabemos qu´o do teu ecoloxismo, que nalgún tempo puido ser certo, está xa fóra de lugar?.
-
Pides vez pra falare con Feijóo sobre o Hospital único, sobre Ence e sobre o Saneamento, un encontro de traballo urxente.
-
No tema do hospital e polo que máis dun médico ten dito no sentido de que se un establecemento desas caracterísiticas pasa das 200 camas faise xa ingobernable, ¿non será mellor pensa-las cousas ben? ¿Por qué hai que prescindir do Hospital Provincial? Xa sei, home, interesa o solar, ó parecer como nunha serie de edificios que albergaban delegaciós e pasaron xa, algús deles, a acrece-la bulsa dos solares, engulído-los seus servicios no contenedor de Campolongo, do que xa se fala como fracaso total. Dese xeito seguides a reconfigura-la nova Pontevedra, decote menos cidade, máis laberinto, máis gueto total. Gulag, como hai que definir con referencia á terminoloxía marxista que impera nesta capital.
-
Ence. Ulalá. ¿Pero se non fóstedes capaces de vos defrontar co tema, se tamén o tiñades pensado como solar pra vivendas sociales? ¡Qué peligrosos sodes porque, pra unha vez que tocástedes poder na Xunta, queriades leva-lo complexo a Barro-Meis, terra d´albariños! ¡Qué demencial a vosa proposta, amolecida por Teresa Táboas e mai-lo de Industria!. Forneceríades d´auga ó complexo dende Pontillón do Castro, e vertería a nova Ence outravolta á ría de Pontevedra... Con outros medios porque vos eráde-los puros. ¡E un xamón!, ou presunto se máis vos gusta decir xa no portugués do voso horizonte.
-
Lémbrate, Lores, do escrito entrado por rexistro no Concello, dúas veces, que vos dirixeu Salvemos Pontevedra, en exercicio da acción pública. Alí estaba todo escrito. ¿Lémbraste? Ence xa non ten concesión, qu´a perdeu cando foi privatizada. A partir dese momento xa non procede nengunha negociación. Ence deberá pechar e buscar outro emprazamento. Pero éso é cousa deles.
-
¿Lémbraste do caso Holcim? Tampouco entrástedes nese tema, aínda máis grave, porque nunca tivo concesión; nen tan siquer licencia municipal. ¿Pra qué vades á política?
-
Núñez Feijóo [veremos qué fai] prometeu a recuperación do litoral, algo que vós, os "ecoloxistas", os defensores da Carta de Aalborg, os "promotores" da Axenda21Local, mentireiros, nunca prometéstedes.
-
Saneamento. ¿Pero cómo falades de saneamento en base ó quebranto da normativa prevista na Lei de Costas, do artículo 44.6, que prevé qu´as estaciós depuradoras d´augas residuales teñen que quedaren por riba da franxa de protección litoral? ¿Seguimos? Cando queiras....

domingo, 19 de abril de 2009

NA ARRANCADA DA ERA FEIJÓO

Alberto Núñez Feijóo, nota biográfica.

Pontevedra, 19.04.2009

Entrada n. 910 do blog

Artículo semanal

Na arrancada da era Feijóo,
por Xesús López Fernández


En principio podemos tirar certos signos de esperanza do dito nos diversos discursos parlamentarios polo novo presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Xa nas intervenciós previas á súa designación e aceptación do cargo, ratificou afoutadamente como obxetivo de goberno o que eran promesas do seu programa electoral, auténtica folla de ruta do discurso de investidura: a supresión do imposto sucesorio, a abolición do decreto de normalización lingüística prá imprantación dun verdadeiro réxime de libertade, a revisión dos acordos en relación coas concesiós eólicas, a elaboración dunha Lei do Litoral, o adelgazamento da Administración cunha efectiva reducción de altos cargos, etc., que tiven ocasión de oir ó longo da súa pormenorizada exposición, como tamén a súa oferta en relación co posible traslado de Ence e a recuperación do litoral do lugar, na ría pontevedresa.

A recuperación do litoral. Eso vai máis alá do por outros dito en tempo pasado con discursos que parecían máis prometedores: “¡Ence sí, pero non aí!” ou aqueloutro de “¡A ría é nosa, non de Celulosas!”, o que non impediría se puideran, chegado o caso e burlando a Lei de Costas, a súa reconversión en solar, algo que foi proposto nesta pasada lexislatura. Pero a promesa de Núñez Feijóo casa coa recuperación do capital natural, cos postulados dunha verdadeira Axenda21Local, documento democrático que debería redactarse i explicarse casa por casa ó mesmo tempo que a confección do PXOM de Pontevedra, do que, sen embargo, non temos noticia e sí dun par de actuaciós nefastas, como a construcción da nova ponte d´As Correntes ou a do macronudo de Mollavao, obras que seguramente a nova consellería de Ordeación Territorial ha poder remediar, evitar así as ditas agresiós ecolóxicas.

En relación coa beiramar algo se tentou facer no periodo que acaba de concluir coa Lei de Vivenda que o Goberno central acaba de recurrir ante o Tribunal Constitucional por entender que a mesma vai en contra da Lei de Costas, desvirtuada pola norma galega promovida pola consellería do ramo. A Lei de Costas prevé, con carácter xeral, que a franxa de protección teña unha anchura de cen metros dende o litoral e sóo permite, excepcionalmente, unha anchura de vinte metros en terreos xa calificados como chan urbán o 29.07.1988, cando entrou en vigor a normativa estatal, algo que está no cánon da Lei de Costas como ben afirma o Goberno central. Aí ten Núñez Feijóo unha verdadeira lei do litoral, a vixente Lei de Costas, que sería bo se aprestase a defender. Pola salvación do noso litoral.

Agradoume a defensa que o novo presidente fixo do idioma galego como patrimonio non do Parlamento [no que algús grupos pódeno usar demagóxicamente e como instrumento de imposición], senón da sociedade galega toda. Acaen aquí unhas palabras xa vellas de Moralejo: “…a política oficial pecou máis de desinterés de opresión, e o dito desinterés atopou millor aliado na posición marxinal de Galicia, recanto aillado propicio prá conservación da Lingua”. Pero nos últimos tempos si existeu opresión, afogo si se quer, como si seguiramos aínda na “selva dos vellos prexuicios lingüísticos, das propostas extremosas e das solucións prácticas que desvirtúan a fisonomía e o miolo da lingua”, frase ésta de Xesús Alonso Montero, 1981, no prólogo ó libro de J. José Moralejo Álvarez, “A Lingua Galega e os seus problemas”, pero que parece defini-la situación na que a nosa fala foi involucionando como consecuencia da “pedagoxía dos últimos tempos”. Núñez Feijóo, que prometeu o cargo e o seu exercicio con homildade, ten ante sí unha axenda densa. En materia lingüística dixo non ser prisioneiro de nengún diktatt e non ter máis normas que as da maioría: a libertade lingüística. Declarouse partidario de conciliar normalización e libertade, precisando, contra os que entenden por “normalización” o seu dogma, que “a lingua non é propiedade de nadie, que sóo os galegos son os seus donos”. Certo.

Nota. Enlace da edición on-line da obra de Moralejo "A Lingua Galega e os seus problemas".

viernes, 17 de abril de 2009

NÚÑEZ FEIJÓO, PRESIDENTE

Da manifestación de Galicia Bilingüe, o día no que tamén exerceron, incluso a pedradas, os aprendices na práctica da kaleborroka.
Caricatura de La Voz de Galicia d´hoxe. Núñez Feijóo fixo un discurso axustado ás súas promesas electorales. En todo momento dixo "Galicia", o verdadeiro nome do país, non sendo cando tirou, do "Sempre en Galiza", unha cita d´Alfredo Brañas.

Pontevedra, 17.04.2009
-
Entrada n. 909 do blog
-
NÚÑEZ FEIJÓO, PRESIDENTE,
por Xesús López Fernández
-
Non sei qué tipo de cómputos quer manexa-la oposición pra lle restar valor á victoria de Núñez Feijóo. Demorarán aínda en comprenderen que foi un verdadeiro voto de castigo o que recibiron, porque se hai catro anos tiveron que arrimárense PSOE e BNG nun pacto esquizoide que nunca estivo ben soldado, do mesmo se derivarían unha serie de corruptelas sobre as que os cidadáns pedimos agora a Núñez Feijóo que investigue, por exemplo no reparto do cupo das eólicas. ¿Por qué d´aquela se levantaron da mesa as xentes do PSOE?, perguntou Núñez Feijóo. ¿Dependía o Bloque d´algùn clúster ou máis ben tentou manexar a algunha empresa?

Coido quedou claro qu´o presidente mantén en serio un programa d´austeridade, de supresión d´altos cargos; que reafirmou a promesa de reducción d´impostos, especialmente a supresión do sucesorio e minoración do de doazóns e actos xurídicos documentados.

A súa oferta de diálogo permanente, á busca de consensos, en temas como a defensa do litoral e a cuestión do idioma deberían ser ben acollidas pola oposición, que tamén deixa feridas por trampas cometidas no seu bando; que incluso o Bloque afirmou a súa idea de seguir a traballare na defensa da normalización do idioma, algo que nunca fixo máis alá da súa imposición sectaria e como ferramenta ideolóxica dunha xerga puramente artificial, por arrimala ó portugués, outro idioma con moito de artificio; por lle cambiare incluso o nome a Galicia. Por moito que sigan chirlando co seu "Galiza", poden ter perdido o tren pra de por vida. Que sigan a deciren "Galiza", que de cada volta han perdere máis clientela.

Núñez Feijóo dixo qu´o idioma non pertence ó Parlamento, que é patrimonio de tódo-los galegos, que son realmente os qu´o están a recrearen cada día despois de télo salvado na súa centinela milenaria. E perguntou: "¿Estarían d´acordo en consultar ós país sobre a lingua na que queren educare ós seus fillos?... Nós, sí; ¿Estarían d´acordo en deixare á libre elección do alumno o idioma no que face-los seus exames, nas diversas asignaturas non sendo no caso do galego ou do castelán?...Nós, sí; ¿Estarían dispostos a promover un ensino trilingüe [con alusión ó inglés]?...Nós, sí." E inda matizou qu´algús da oposición ó mellor non, por estaren en posición de poder enviare ós fillos a estudiaren a Inglaterra. Etc. Que non dubide Núñez Feijóo en deroga-lo decreto de normalización do galegués. A sociedade galega toda vaillo agradecer.

Teño a esperanza de que Núñez Feijóo faga bo o dito nas súas primeiras intervenciós. Pouco a pouco irase encontrando máis solto, sobre todo se [como lle dixen en certa ocasión], retoma como instrumento de comunicación o galego dos seus ancestros, das xentes d´Os Peares, algo que xa teño dito neste blog, porque o idioma foi, de sempre, unha creación social que non precisa de laboratorios d´aprendices de bruxos. [Haberá que facer un gran esforzo pra recupera-la lingua, mesmo pra desparasita-la RAG, instrumento inútil nos últimos anos].

Haberá ocasión de volver sobre o que diga ou faga o noso presidente, especialmente en relación coa súa promesa de recupera-lo litoral na ría de Pontevedra, asunto no que, contra o que el pensa, non pode contar con Lores porque este home fixo deixadeza do establecemento do instrumento democrático propugnado pola Carta de Aalborg, a confección da Axenda21Local, incluso cando están a elaboraren o PXOM no concello de Pontevedra. E aquí, no tema devandito, a pouco que se esgarabelle, aparece a mafia, a ecomafia.

Sigue o enlace do análisis de Xosé Luís Barreiro Rivas, en La Voz de Galicia desta data.