viernes, 15 de enero de 2010

NOTICIA DUN AMIGO PORTUGUÉS

Fernando Venâncio, escritor portugués nacido en Mértola, actualmente profesor de Lingua e Literatura Portuguesa na Universidade de Amsterdam. A el, á relación persoal, fundamentalmente espistolar que con el cheguei ter, refírese o seguinte artículo, outro dos repescados do ano 2003. En internet, "na Net" como el di, existe amplia referencia da súa obra.
-
Pontevedra, 16.01.2010
-
Entrada n. 1126 do blog
-
Noticia dun amigo portugués [9.08.2003],
por Xesús López Fernández
-Voume referir hoxe a un escritor portugués, novelista, ensaísta, crítico: Fernando Venâncio. Nado en Mértola, no 1944, estudiou en Lisboa i en Braga. Dende o 1970 reside na Holanda. É profesor de Lingua e Literatura Portuguesa na universidade de Amsterdam. E autor de diversa obra, pola que agora comezo a camiñar. Concretamente estou a leer “Os esquemas de Fradique”, obra coa que me agasallou con motivo do noso encontro aquí, en Pontevedra, o pasado día 4 do mes en curso. Quedaban alá varios meses de relación electrónica dende un correo primeiro motivado por se ter encontrado cun traballo meu en Internet, “Na defensa dunha opción”, nun foro de opinión [Xornal.com]. Interesouse polo mesmo e pideume información ó tempo que se apresentaba: “Sou um professor de Lingua e Literatura Portuguesa [...], e em Portugal escrevo crítica literaria [......] De resto, tenho alguns romances e livros de ensaios publicados”. O home comunicabame seguidamente que estaba a estudia-la problemática actual do galego e que o meu ponto de vista parecíalle interesante.
Dende aquela comezou unha relación fluída. Funlle facilitando a información que puiden. Expliqueille a miña postura, decantada a partir dos anos cincoenta aínda non tendo outra obra publicada que as miñas colaboraciós na prensa de distintas épocas, actualmente no Diario de Pontevedra e no Xornal.com, que foi o que en principio sirveu de ástrago pra nos conocer. Cantidade de correos compoñen hoxe a cimentación dunha amistade certa. Sempre agradecido do que lle fun enviando, dame a impresión de que coa lectura dos meus modestos traballos foi tomando un maior interese polo noso idioma. Tenme adiantado incluso algús xuicios que non caben neste traballo. E considera que o problema do galego ten unha difícil solución se non somos capaces de poñérmonos dacordo, cousa que vexo imposible se non botamos man dunha ortografía máis foneticista, que moitos non queren admitir na súa premura de ir fundindo a lingua máis e máis na do país veciño. Así as cousas, faciliteille nova información i envieille outros traballos que o home iría analizando vagariñamente. Un día chamoume por teléfono. E novamente algún tempo despois, pra concretar un encontro [con motivo das súas vacaciós] que conviñemos pra este pasado catro de agosto.
Lugar do encontro: O Cafetín, na Alameda de Pontevedra, pola mañá, onde o trasladou un amigo de Santiago. E ben, a presentación implicou un corto e cordial debate no que saíron á luz diversas cuestiós. ¿Por qué morre o idioma? ¿Ónde están as traiciós? ¿Por qué o uso do “lh” ou do “nh” en galego, se son de orixe provenzal? Nos documentos de carácter notarial atopados en Montederramo nos que figuran esas grafías explícanse porque o dito convento foi unha fundación de dona Tareixa de Portugal, pero aínda nos primeiros anos do século XVI aparecen documentos desas características, co uso do “ll”, na propia Valença do Minho. ¿Por qué aceptar Galiza se con Galicia estamos máis próximos do latín Gallaetia ou cómo convencer ós brasileiros que renuncien á forma que eles usan, Galicia? ¿Por qué xustificar no Medioevo certas formas caídas en desuso ou por qué non retoma-lo uso do apóstrofo en expresións como “d´aquela, d´entón, Vilagarcía d´Arousa”, pra non forza-la creación de hiatos impropios?. Hora e media de debate co que o amigo Fernando Venâncio disfrutou certamente. Despedidos do seu acompañante, comezamos a camiñar cara as ruínas de Santo Domingo, cruzamos Pontevedra. E visitamos unha librería na procura de diverso material.
Xantamos nun restorán da zona vella pra deseguido pasar á miña casa, onde falamos demoradamente. Interesouse por algún dos meus libros, especialmente pola edición facsimilar da colección Nós. O tempo facíasenos corto porque tiñamos previsto achegármonos a Valença a recoller a un amigo del. Pero aínda tivo tempo de me mostrar unha das súas facetas: a de pianista. E no piano da casa fixo unha exhibición sobre un tema moi querido dos portugueses, o do alecrín, “que a flor do monte era um alecrím”. Curiosamente, sorprendino traguendo unha ramiña da querida pranta, que dende algúns días tiña na casa coa idea de prantala en terra. Unha casualidade, especie de extraña cita alén da nosa vontade, como tamén tiven ocasión [no debate e á hora de facer un pouco de historia] de lembrar que naquel espacio, nunha cafetería que houbo alí hai anos tiña estado co meu amigo Méndez Ferrín [do que falamos], nos tempos do seu primeiro galeguismo, que el ben lembra... Despois do 4.8 chegaron dous novos correos do amigo Fernando Venâncio. No último deles dí, antre outras cousas: “[....] Os días que passei na Galiza foram um sucesso, não só nos contactos, mas também no que se refere á investigação que me levou aí. [....]”. Agardémo-las súas conclusiós..

jueves, 14 de enero de 2010

NA DEFENSA DUNHA OPCIÓN [22.02.2003]

Xesús Ferro Ruibal, académico, aparte da súa amplia obra, é autor dunha serie de artículos publicados en La Voz cando á RAG lle foron dictadas as normas do Diktatt, pra desalmare a esta terra, pra lle cambia-la forma de pensar á nosa sociedade. Calaza falou daquela dunha certa enxeñería das palabras, vs. estalinista e telumbrada que a intención era poñer na RAG, como sumos sacerdotes e oficiantes da lusofonía ós que, efectivamente, van apagando a nosa lingua, matándoa a golpe de normas, cada día un novo capricho. A ambos autores se alude no traballo que sigue, editado no 2003. O nele presaxiado foise comprindo; o galego está, de cada volta, máis aganado. E Núñez Feijóo e o seu equipo sen se decatar de que a lingua está sendo sitiada polos novos bárbaros, os sacerdotes do reintegrado.
-
Pontevedra, 14.01.2010
-
Entrada n. 1125 do blog
-
Na defensa dunha opción [22.02.2003],
por Xesús López Fernández


Hai poucos días leín a noticia de que na RAG están a traballaren novamente no parto doutras normas ortográficas. Temo que se repitan as tensiós de hai dous anos, cando uns cantos académicos críticos frustraron o intento de pari-la chamada normativa de “concórdia”, xestada dende certas instancias e na que, caladamente, levaban meses a traballaren. Alonso Montero recomendou daquela prudencia, e puxo o exemplo dos franceses, con máis de cen anos sen lle tocar á súa normativa. Ferro Ruibal escribeu tamén unha serie de artículos que agora non dou localizado e que me servirían pra centrar certas cousas. Pero o que cecais marcou máis aquel debate foron dous traballos de J. J. R. Calaza, que avisaba: “[........]a Academia Galega non pode aceptar nengún Diktat que, so capa de concordia lingüística, nos aboque a un sometimento cultural lusista [.....]”. Ou que “a normativa rexeitada inventaba unha lingua de comunión na que os lusistas e asimilados serían os sumos sacerdotes”.


Vemos que hoxe, no seo da RAG, hai xente que pasa das normas, que refugan de formas como “face-lo camiño”; que optaron por escribiren “facer o camiño”, “todos os”, porque o “tódolos” residual da época na que Galaxia inventou o acento diacrítico único non é unha forma científica. Sería moi longa a historia do abandono do idioma, pero é triste ve-la obra dalgús dos nosos autores filtrada pola normativa actual, que inda que respeto non comparto por acientífica e porque, en moitos casos, vai introducindo as “claves” da lusofonía ou, si se quer chamar doutro xeito, do galegués evoluído, por aquelo que din algús partidarios de que “o galego é un portugués non evoluído”. Por eso poden arestora estar novamente a traballaren outro golpe de forza, porque parece que xa non interesa recupera-la fala e traballa-lo idioma a partir dela, como pedía Sarmiento e teño comentado ó longo do ano 2002. Está claro que non se quixo traballar nesa dirección e que ó adoutar formas lusas como paradigmáticas (o plural en “ais”, palabras como Apocalipse, análise, hepatite, proxecto, inxección, etc.) o noso idioma foi en parte traicionado. O invento non daría resultado e xa se fan contas de que á fala lle quedan uns trinta anos, situación da que avisan tamén os galegofalantes de Asturias e León.


Insisto en que, ainda non compartindo algús dos criterios normativos, procuro escribir con respeto, “evadíndome” de formas que entendo non están no acervo popular. Digo esto porque o meu traballo da pasada semáa saeu “manchado”, reconvertidas unha serie de palabras ó aplicaren ó mesmo un criterio de limitación no uso delas, como “pra, compasión, peligrosa”, que son completamente galegas e que apareceron convertidas en “para, compaixón, perigosa”, dacordo co modelo lusista. A palabra “pasión” é completamente galega, como as súas derivadas, pasional, apasionado, compasión, etc. Ó que lle interese unha maior noticia desta familia de palabras pode consulta-lo diccionario de Eladio Rodríguez González, quizaves aínda o mellor diccionario enciclopédico da lingua galega, que avisa de que hai quen usa o verbo portugués apaixoar. Tamén inclúe “peligro” e “peligroso”. I en relación co uso de “para” lembremos que ata hai pouco era común o uso de “pra", que recollen os diccionarios de Rodríguez e Cuveiro (como síncopas de para) e tamén os de Valladares, Filgueira, Acevedo, Eladio (de forma amplia: “é home pra todo, non é home pra nada”), Carré e Constantino García no seu Glosario de Voces Galegas de Hoxe, no que non se recolle “coñecer”, pero sí conocer, forma por min preferida e que se documenta igualmente en Pintos, Eladio e Carré.


Non era a miña intención terme extendido sobre este tema, en defensa da miña concepción da lingua. Entendo que as cousas deben quedar, de tódo-los xeitos, claras, e que deixo argumentada a miña petición de respeto. O feito de que algús clamaran polo uso exclusivo do “pra" por puro diferencialismo levaríaos máis tarde a adouta-la forma “para”, porque así a escriben os portugueses, que sempre pronuncian “pra". Daquela quíxose argumentar sobre a diferencia existente antre a fala e a “escrita”. Todo pra xustificaren o mal paso dado. I eu reclamo, como facía aínda hai poucos días Camilo Gonsar nun escrito publicado no Correo, o dereito a escribir nun galego popular, que en nengún momento quero traicionar. Pero a enorme riqueza da nosa fala estáse a perder porque queren impoñer un vocabulario estándar e moitas veces extraño. I entendo que no tratamento do idioma hai que entrar con respeto, como nun templo no que se estivese a meditar. E pra meditar é preciso aprender a cerra-la porta, como recomendaba Merton. Porque hai moitos que dan portazos e descentran ós que están en oración. E as normas en vigor foron, en certo sentido, un portazo que, por vía mediática, está a acabar coa lingua do templo, neste caso do país.


-
addenda, contestando a Sisar:
Os traballos de Xesús Ferro Ruibal ós que me teño referido coido que foron publicados alá por novembro-decembro do 2001, en La Voz de Galicia. A ver se damos coeles. Pero por medio de Googel podes atopar moitísima referencia deste autor. Busca en Google, imágenes, e vaste sorprender dos enlaces e da obra deste home, seguramente da estirpe de sabios que dou a súa bisbarra. El é de Moraña; Amor Ruibal, que tamén fixo algo sobre o galego, prometedor de algo máis, e Domingo Fontán eran de Porráns. Gracias polo enlace que me enviaches, que vou integrar neste post, a seguido desta addenda. A ver se falamos.
-

AS DECLARACIÓS DE SALVADOR GINER

O mar profanado, dibuxo de Xesús López. Parece como se o mar non merecera o noso respeto, non fose vital prás nosas vidas i economía. O mar, en Pontevedra, certamente ten colores peores, convertido en sentina, algo polo que siguen apostando os seus gobernantes. Proba delo é que a Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres non foi premiada co premio Cidade de Pontevedra. Non, os políticos siguen apostando pola irracionalidade, algo que xa se decía no traballo que sigue, incluído na web de Galicia Información o 26.09.2003. As declaraciós de Salvador Giner sobre o arraso e liquidación do noso patrimonio marítimo e litoral sigue a ser certo. Inclúo polo tanto o traballo, un máis recuperado do fondo no que teño moito que rescatar.

Pontevedra, 14.01.2010
-
Entrada n. 1124 do blog.
-
As declaracións de Salvador Giner [26.09.2003] ,
por Xesús López Fernández
-
¿Pódese decir algo máis do que dixo Salvador Giner en relación co arraso das Rías Baixas, coa destrucción sistemática da paisaxe?. ¿Cómo se pode seguir coa pretensión de vender unha costa verde con solpores indescriptibles, con praias de fina area, cando algunha delas ou non está xa ou vai desaparecer en breve, chegada á situación dunha rexeneración artificial e irracional ano tras ano? ¿Cómo se pode decir que Pontevedra é unha cidade fermosa, o seu casco vello, cando foi sistemáticamente arrasado ó longo dos últimos anos, privados de sabor algús dos seus recantos máis íntimos, arruinado o comercio tradicional? ¿Cómo se pode decir que ENCE non contamina, cando na ría non existe unha soa granxa de rodaballos [que tamén sería contaminante]? ¿Sabía vostede que, presuntamente pola contaminación de mercurio e dioxinas, ós franceses se lles daba información de que o mexilón destas augas e o dos sectores de Meloxo e o Grove non se debía comer? ¿Por qué será que o Ministerio de Medio Ambiente, que parece traballou na Mariña luguesa co derribo do complexo de Caixagalicia e mai-la estructura dun hotel en Foz, non dispón o cese do complexo clorocelulósico antidemocrático, peligroso, contaminante, do que o tardofranquismo dixo no ano 1973 que fora un claro erro e que desas dúas industrias soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas?

En Pontevedra sigue apestando con relativa frecuencia; a salinidade das augas da ría, o seu sabor, está modificada, porque se trata dun medio sensible que chegou recibir da factoría ata catro veces o volume de auga consumido por Marín e Pontevedra. E agora, co emisario, estáse a cambia-la morte da ría nesa escalada de despropósitos que denunciou Salvador Giner. Do que seguramente non ten información o sociólogo é da incidencia en procesos do tracto respiratorio das emisiós da fábrica de celulosas, en número superior en varios milleiros ó da poboación de Vigo, que case nos cuadruplica en habitantes. Por poder pódense decir moitas cousas, desas cousas que se saben dende hai tempo, do entreguismo de certos políticos a intereses espúreos. ¿De qué vale que algunhas xentes do Bloque se pronuncien en contra da consolidación do complexo de Lourizán, se a forza máis irracional a defende-la permanencia do averno naquel antigo paraíso é, precisamente, a Cig? ¿Qué sentido ten, se só son uns trescentos postos de traballo? ¿Non chegou o momento de erradicar dalí o complexo, o mal, levalo pra outro sitio con nova tecnoloxía e con vertido cero? Porque se non se fai así, acabouse a ría, acabouse o turismo de excelencia, acabouse unha riqueza, a riqueza do mar, que podería fácilmente multiplicarse.

Ten razón Salvador Giner cando fala de que neste asunto está de máis o nacionalismo e que o que fai falta é un patriotismo real, que tódo-los partidos deben levar no seu programa a recuperación da paisaxe galega. Estamos seguros de que cando volva por aquí o sociólogo catalán vai atopar todo aínda peor. Seguirase a xogar co posibilismo, coa mentira, como aquí fixo o propio Fraga, que nas dúas campañas do outono 1989, chegou decir, en resposta a este que escribe, que chegado o vencemento do plan Ence, o plan CE, que vencía en febreiro do 1992, se a fábrica seguía contaminando habería que pechala. Así de claro. E así de claro que é un mentireiro. E agora está empecinado en colocar aí, en Lourizán, a fábrica de papel tisú. Seguro que nen se enterou das palabras de Salvador Giner, que xa non lle pasan certa información.