domingo, 14 de marzo de 2010

O REGRESO Á ALDEA

O carro do país, na memoria de moitos, foi en parte protagonista da sustentabilidade deste país. Unha posible nova dinamización, ó mellor, non contaría con el. Ou sí, quén sabe, que inda pode ser útil prá nosa economía, ademais de salvar máis de cen palabras do noso idioma.
-
Pontevedra, 14.03.2010
ntrada n. 1198 do blog
-Artículo semanal, pró 15.03.2010
-
O retorno á aldea,
por Xesús López Fernández
-
A situación de paro que vive o país e que algús contadores sitúan xa por riba dos cinco millós, obrigan a algunha xente a toma-la decisión ata hai pouco non querida de regresar á aldea, pode que nalgús casos a dos seus ancestros. A discontinuidade xeneracional dificultaría a adaptación a un medio que mesmo pode resultarlles novo e duro. La Voz de Galicia do día 7.3 exemplificaba varios desos retornos: Un dos regresados, Óscar Jul, está de regreso na Pobra do Brollón e procuraba información en extensión agraria, onde tiña cita ás nove da mañá, pra ver de atopar apoios pra armare unha explotación caprina na aldea do seu pai, en Vilachá. “Cando estás no paro e tes dous fillos con nove e dous anos, non dormes. No traballo és o mellor ata que sobras, pero con familia non podes deixar de traballare”. A aldea está na Rede Natura e, inda que pode pastorear, non pode construir un galpón, conta. Finalmente, gracias ó concurso do alcalde, parece que sí vai poder facer un alboio ou pendello.

José Ojea, que traballaba pola Meseta na montaxe de estructuras metálicas tamén regresou á aldea, a Xesta, Lalín, pra vivir coa súa familia de sempre. O curioso é que este home retornou por morriña, deixando o seu oficio anterior. Agora, axudado pola familia, atende unha explotación leiteira de corenta cabezas de gando, co difícil que está o sector. Pero está ledo, dí... E tamén en torno ó gando xira agora a nova vida de Carlos López, que recorreu como escaiolista todo o norte hispano, pero a situación da empresa e do traballo forzárono a colle-lo paro. Agora en San Román, Cervantes, no que están censadas sesenta persoas e onde regresou hai nove meses, vive cos seus pais. Aínda novo, 31 anos, axuda a atendere unha pequena explotación de oito vacas, e procura seguir cursos de formación orientados ó sector da gandería. Sabe de máis mozos que retornaron. I é súa a frase de “Andas por aí rompendo o lombo e [….] entre pagar un aluguer e gastos non che queda nada. […]”. 


Yolanda Jarillo veu onde a súa parella, que mercara unha casa na aldea da súa avoa, en San Andrés, As Nogais, na comarca d´Os Ancares. Cambiaron a Costa Brava, porque alí a vida está máis cara. E, con problemas pendentes de resolvere, como o suministro d´auga, están vivindo o tempo da primeira adaptación. Terán, ó mellor, que reinventa-la sustentabilidade, que esa foi a gran realidade das aldeas galegas co invento da inertización da vasura orgánica e a súa conversión en esterco, en abono, asignatura que, en cambio, teñen pendente de aprendere as cidades, nas que os ríos e o mar todo, se as deixan, teñen o valor de simple vertedeiro, de evacuatorio final. Sí que se están a dare retornos e que incluso hai extranxeiros que descobren moitos dos nosos lugares como paraísos perdidos. E aquí veñen fixar morada. Sen embargo xa non hai tempo prás máis de mil ou mil cen aldeas que se quedaron sen habitantes, perdidos na emigración ou na cidade, ó mellor por teren reconvertido a súas terras de labor en prantaciós de eucaliptos e outras especies, algo que primou sobre a permanencia do capital social, apagado con esa e outras tácticas.

Se como Estado as cousas van mal, o Goberno galego di que quere rexuvenecer Galicia, cunha das poboaciós máis envellecidas do mundo. Feijóo acaba de encargar un amplio estudio, con referencia a outras comunidades e países europeos pra saber cáles son os deberes a comprir, dende o punto de vista fiscal. El prometera a supresión do imposto sucesorio, de raiz inmoral, un factor importante de aforro, axuda familiar e dinamización social. Tarda. Poden uns pensar en clave ladrillista, só na construcción, como salvación. Non, pensemos en clave de país e non de horror urbanístico e ruína do capital natural. Sobre eso, de reactiva-los resortes do capital natural, falou Durao Barroso. E ten razón. Temos que reconstrui-lo país e pra eso haberá que tracexar unha verdadeira política medioambiental, agrogandeira e forestal; e revitaliza-la Galicia das aldeas, provoca-lo efecto chamada. Sen mentir.

sábado, 13 de marzo de 2010

INCENTIVACIÓN DEMOGRÁFICA

Hanse reforma-las ocurrencias cando se poida, nunca antes. Caín, en La Razón. Chiste con "polisemia", que podemos aplicar a moitas situaciós, como a esta do anuncio da Xunta, que non chega ó fondo real da cuestión principal: a poboación que desaparece, que morre, ¿Por qué?
A Xunta dí que vai estudia-las medidas fiscales doutros países pra ver de frea-la caída demográfica. (Dibuxo de Leandro, La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 13.03.2010
-
Entrada n. 1197 do blog
-
INCENTIVACIÓN DEMOGRÁFICA,
por Xesús López Fernández
-
Vou inserir ó pé deste comentario unha noticia que dá hoxe La Voz de Galicia, que parece absurda. A Xunta vai estudia-las medidas fiscales (plural galego atlántico, digo eu) doutros países, pra ver de conseguir un certo crecemento demográfico.
-
Cando hai poucos días sinalaban que máis de mil ou mil cen aldeas carecían xa de poboación e que varios centos estaban a punto de cerrar, sen case habitantes, i éstos vellos, octoxenarios en moitos casos, agora ven a Xunta coa súa planificación "fiscal" restauradora, despois de ter aparcado ás xentes do rural, condenadas á probeza das cidades, sometidas éstas ó imperio dos centros comerciales .
-
Moito falar de desenvolvemento sustentable, pero todo se volve falacia cando non se acomete a recuperación do capital natural, porque aí estaba xa esa sustentabilidade coa que acabaron. ¿Cómo van recupera-lo ideal dunha Galicia habitada despois do disparate de infraestructuras non adaptadas ás nosas necesidades, despois de metere, ademais, na superficie de todo o país ou case, o exército de eucaliptus a cambio de máis abandono das terras de labor, de potencia-la perda total do capital social?
-
¿Por qué os nosos políticos falan de medio ambiente, cando ese é un tema que non vai máis alá dos seus discursos? Curiosamente, na prensa d´hoxe coméntase que as conservas de Galicia siguen vendendo; o que non se dí é que incluso a riqueza das rías está a morrer, contaminadas ou porque as queren convertir en solar; que a materia prima ven moitas veces de fóra, de Chile ou do Reino Unido?
-
En fin, esto é algo que temos comentado moitas veces e aínda non vemos que soerga unha casta política disposta á reposición da legalidade neste país; siguen coa idea de que todo vale como solar, de que todo río ten vocación de cloaca, o que non acontecía coas aldeas vivas, as do desenvolvemento sustentable. I eu metería ós políticos todos con responsabilidade urbanística a unha estreita vixiancia pra cuantifica-las ilegalidades por eles consentidas ou promovidas; someteríaos, en réxime de internado, pode que carcelario, obrigaríaos a aprendere de memoria a Axenda21Local pra unha posible recuperación do capital natural. As medidas fiscales poden ter tamén a súa importancia, pero non son o único.
-
-

viernes, 12 de marzo de 2010

O MÁIS RICO E O MÁIS GASTADOR

Según a revista Forbes, Amancio Ortega é a novena fortuna do mundo.
Se Forbes fixera a valoración do que máis gasta talvez coincidiría con Esteban, que en La Razón caricaturiza a un ZP que reclama o lugar de líder no ranking dos máis gastadores. O que máis gasta, parece.
Os que terán que afronta-la amortización da crisis, según un Caín, en La Razón, que decote mellora o seu humor cáustico.
-
Pontevedra, 12.03.2010

-
Entrada n. 1196 do blog
-
O MÁIS RICO E O MÁIS GASTADOR,
por Xesús López Fernández
-
A situación de crisis e ruína xeneralizadas non impide a Amancio Ortega seguir gañando postos antr´as grandes fortunas do mundo. El soubo, certamente, crear un imperio, mesmo a partir da deslocalización de moitas das súas activides: abrindo mercados no extranxeiro, montando obradoiros en países terceiro mundistas ou de riqueza emerxente, e así, moito do que hoxe vende é xenero importando da China, de Taiwan; seguramente de Marrocos e Rumanía, pagando salarios de miseria.
-
Hai uns días entrei nun dos novos establecementos que Inditex montou en Pontevedra: artículo "made in China". Caro, en contra do que se supón o coste real dos productos desa procedencia. Precisamente non lonxe dese negocio, na que chaman a "milla d´ouro" desta cidade sometida á miseria comercial, van entra-los chinos. Non sei se terán aprendida a lección pra presenta-los xéneros como fai Zara-Inditex-Berksha_Massimo Dutti-Uterqüe, pero a precio baixo, chino. Posiblemente que Inditex non vaia nota-la competencia.
-
O contrabalance de Ortega como home rico o representa, como queda dito i en relación cos máis gastadores, ZP, o arquetipo que gasta e gasta ata o punto de acabar co país. Esteban retrátao ben. E Caín avisa xa ós máis probes pra que se preparen prá escalada da recuperación, pra soerguernos da crisis se antes non temos que baixare a terceira división. A idea dos gobernantes de volvere ó ladrillo apunta nesa dirección.
-