domingo, 14 de marzo de 2010

O REGRESO Á ALDEA

O carro do país, na memoria de moitos, foi en parte protagonista da sustentabilidade deste país. Unha posible nova dinamización, ó mellor, non contaría con el. Ou sí, quén sabe, que inda pode ser útil prá nosa economía, ademais de salvar máis de cen palabras do noso idioma.
-
Pontevedra, 14.03.2010
ntrada n. 1198 do blog
-Artículo semanal, pró 15.03.2010
-
O retorno á aldea,
por Xesús López Fernández
-
A situación de paro que vive o país e que algús contadores sitúan xa por riba dos cinco millós, obrigan a algunha xente a toma-la decisión ata hai pouco non querida de regresar á aldea, pode que nalgús casos a dos seus ancestros. A discontinuidade xeneracional dificultaría a adaptación a un medio que mesmo pode resultarlles novo e duro. La Voz de Galicia do día 7.3 exemplificaba varios desos retornos: Un dos regresados, Óscar Jul, está de regreso na Pobra do Brollón e procuraba información en extensión agraria, onde tiña cita ás nove da mañá, pra ver de atopar apoios pra armare unha explotación caprina na aldea do seu pai, en Vilachá. “Cando estás no paro e tes dous fillos con nove e dous anos, non dormes. No traballo és o mellor ata que sobras, pero con familia non podes deixar de traballare”. A aldea está na Rede Natura e, inda que pode pastorear, non pode construir un galpón, conta. Finalmente, gracias ó concurso do alcalde, parece que sí vai poder facer un alboio ou pendello.

José Ojea, que traballaba pola Meseta na montaxe de estructuras metálicas tamén regresou á aldea, a Xesta, Lalín, pra vivir coa súa familia de sempre. O curioso é que este home retornou por morriña, deixando o seu oficio anterior. Agora, axudado pola familia, atende unha explotación leiteira de corenta cabezas de gando, co difícil que está o sector. Pero está ledo, dí... E tamén en torno ó gando xira agora a nova vida de Carlos López, que recorreu como escaiolista todo o norte hispano, pero a situación da empresa e do traballo forzárono a colle-lo paro. Agora en San Román, Cervantes, no que están censadas sesenta persoas e onde regresou hai nove meses, vive cos seus pais. Aínda novo, 31 anos, axuda a atendere unha pequena explotación de oito vacas, e procura seguir cursos de formación orientados ó sector da gandería. Sabe de máis mozos que retornaron. I é súa a frase de “Andas por aí rompendo o lombo e [….] entre pagar un aluguer e gastos non che queda nada. […]”. 


Yolanda Jarillo veu onde a súa parella, que mercara unha casa na aldea da súa avoa, en San Andrés, As Nogais, na comarca d´Os Ancares. Cambiaron a Costa Brava, porque alí a vida está máis cara. E, con problemas pendentes de resolvere, como o suministro d´auga, están vivindo o tempo da primeira adaptación. Terán, ó mellor, que reinventa-la sustentabilidade, que esa foi a gran realidade das aldeas galegas co invento da inertización da vasura orgánica e a súa conversión en esterco, en abono, asignatura que, en cambio, teñen pendente de aprendere as cidades, nas que os ríos e o mar todo, se as deixan, teñen o valor de simple vertedeiro, de evacuatorio final. Sí que se están a dare retornos e que incluso hai extranxeiros que descobren moitos dos nosos lugares como paraísos perdidos. E aquí veñen fixar morada. Sen embargo xa non hai tempo prás máis de mil ou mil cen aldeas que se quedaron sen habitantes, perdidos na emigración ou na cidade, ó mellor por teren reconvertido a súas terras de labor en prantaciós de eucaliptos e outras especies, algo que primou sobre a permanencia do capital social, apagado con esa e outras tácticas.

Se como Estado as cousas van mal, o Goberno galego di que quere rexuvenecer Galicia, cunha das poboaciós máis envellecidas do mundo. Feijóo acaba de encargar un amplio estudio, con referencia a outras comunidades e países europeos pra saber cáles son os deberes a comprir, dende o punto de vista fiscal. El prometera a supresión do imposto sucesorio, de raiz inmoral, un factor importante de aforro, axuda familiar e dinamización social. Tarda. Poden uns pensar en clave ladrillista, só na construcción, como salvación. Non, pensemos en clave de país e non de horror urbanístico e ruína do capital natural. Sobre eso, de reactiva-los resortes do capital natural, falou Durao Barroso. E ten razón. Temos que reconstrui-lo país e pra eso haberá que tracexar unha verdadeira política medioambiental, agrogandeira e forestal; e revitaliza-la Galicia das aldeas, provoca-lo efecto chamada. Sen mentir.

3 comentarios:

DonFiliberto dijo...

Interesantísmo post este o do futuro do rural. O peor é que nos últimos anos fixerónse moitas normas restrictivas sen contar cos habitantes e os paisanos do medio.
Hoxe temos un rural de despacho, montes abandonados, prohibicións para facer lume e limpezas, gando robotizado etc. Moito hai que traballar neste eido, pero con realismo.

xesús lópez fernández dijo...

Estou dacordo co teu comenario. Difícil solución se non se acometen acciós con verdadeiro realismo.

xesús lópez fernández dijo...

Fállame o teclado. Quixen decir comentario.