sábado, 16 de octubre de 2010

OUTRO (PRESUNTO) FRAUDE MEDIOAMBIENTAL

Pensamento único. Queren levare a zorollada toda de Pontevedra e o seu arrabaldo, e a d´outros concellos, á ría, momento que tenta reflexar esta creación informática do autor deste post. No efluente, naturalmente, vai tamén en suspensión o zudre ou xurro industrial. Ésa é a contaminación máis perversa, pervertída-las conciencias dos responsables (máis alá de anuncios e cantatas) de que non se lle procure á ría esa morte que todos vemos: contaminación, recheos, dinamita, deconstrucción do litoral, o gran solar có que moitos soñan.
Ésta é outra creación, "marea branca, marea negra", unha visión abstracta da loita dos voluntarios contra a contaminación do Prestige, que actualmente parece neutralizada. A das rías, continental, sigue. E mata.
Nova creación informática, "as nove ondas da Lanzada". A última vez que me bañei antr´o ardentío desa praia puiden apreciar, con claridade, un certo sabor a purín celulósico. Pra que conten...
-
Pontevedra, 16.10.2010
-
Entrada n.1313 do blog.
- -
OUTRO (PRESUNTO) FRAUDE MEDIOAMBIENTAL,
por Xesús López Fernández
-
Parece qu´a Xunta e o Concello, según o seu voceiro Valcárcel, chegaron a un acordo en materia ambiental, pró saneamento do rural, Marcón e Ponte de San Paio. Ó mesmo tempo que falan do acordo, ambas partes gardan prós contrarios un certo discurso descalificatorio, cando realmente ambas están a faceren mal os traballos, e hai que lle ter medo ó melloramento do colector do Gafos e ampliación da súa capacidade. ¿De qué vale sanear un lugar, unha parroquia, si se fai por medio de tubos, de colectores, prá súa converxencia a unha edar ilegal como a d´Os Praceres, a tenor da Lei de Costas, e pró seu rendemento final en lugar próximo a Tambo, según a recreación que se propón no primeiro dos dibuxos?. ¿Interesa a morte da ría, a súa conversión nunha gran chafuldra? Tal parece, porque esa definición, con zonas que poden seren xa abióticas, está á vista de todos.
-
Pra máis información, a noticia do Faro de Vigo, da que inserimos enlace. Pero, quede claro, Xunta e Concello, como é norma, desacreditados. Porque xa é o momento de recurrire a microdepuradoras, depuradoras nos propios lugares que se van sanear. E retorno da auga depurada ó punto da súa toma. De saneamento por ese sistema, ou parecido, falou hai algún tempo Valcárcel. E Louzán tamén ten ofertado "depuradoras de barco", que cumprirían a súa función pra poboaciós de 2000 habitantes.
-

viernes, 15 de octubre de 2010

AS TROLAS DO SANEAMENTO DAS RÍAS

Edar d´Os Lagares, en Vigo, presuntamente ilegal. (art. 44.6 da Lei de Costas). Como no caso da edar d´Os Praceres, en Pontevedra, o asunto debe estar xudicializado, sen que a Xunta nen os respectivos concellos queiran facere súa a aplicación da citada lei.
-
Pontevedra, 15.10.2010
-
Entrada n . 1312 do blog
-

AS TROLAS DO SANEAMENTO DAS RÍAS,
por Xesús López Fernández
-
A Xunta quer que a UE siga bombeando cartos pra un saneamento que según a propio normativa española pode ser ilegal en máis dun caso, como acontece nos citados, como acontecía no da edar de Reza, en Ourense, igualmente ilegal. É decir, que nalgús casos non se está a falare dun saneamento real.
-
Hernández, o conselleiro de Medio Ambiente galego, informou da súa comparecencia en Bruselas pra lle explicar á Comisión europea os plans "xunteiros" pra mellorare o sanemento do litoral en marcha, aínda sabendo que nalgús casos non cumprimos coa normativa europea de augas residuales. E non sóo eso, habería que decir, senón que se estivo expoliando á UE na construcción de depuradoras que son unha pura falacia, que representan, á fin de contas, a morte final das rías, nalgús casos a morte por entregas ó non advertiren que, do consumo de moluscos, por exemplo da ría de Pontevedra, había xa un conocemento claro do que estaba a acontecere alá polo 1978, cando os franceses xa non querían saber do mexilón da ría de Pontevedra. Nas súas importaciós de mexilón demandaban, xa d´aquela, un certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditativo de qu´o mexilón non procedía da ría de Pontevedra, nen dos sectores de Meloxo e O Grove, por onde entran as augas que pola banda norte vai librando, no devalo, a nosa ría. ¿Pola carga de mercurio? Non séi, porque nunca nó-lo contaron. Sí ós franceses que parecen ter outros dereitos.
-
E agora, Hernández tenta seguir coa mesma palinodia e pide á UE que non cerren o billa dos fondos de cohesión e que a manteñan aberta incluso despois do 2013. ¿Qué quer decir ésto? ¿Que non se vai acometer un saneamento real das rías.
-
Curiosamente, esta noticia que inclúe La Voz de Galicia en páxina n. 6, non aparece na edición on-line, pero tamén outros informan:
-
-
addenda: Aínda que non vaia de saneamento no sentido do post, sí vai tamén de saneamento. Refírese ós núcleos de Marín, dos que Costas sóo reconoce ó de Mogor. Informa La Voz de Galicia, 16.10.2010. En canto á Lei de Costas, na columna da esquerda da presentación do meu blog está incluído un enlace á dita lei, de obrigatoria lectura.

AS BABOSADAS SOBRE ENCE

Ence-Elnosa, en dominio público marítimo terrestre, que podería ser recuperado, xa, se a casta política parasitaria deixara de xogare co prazo 2018 de finalización da concesión, presuntamente sin efecto dend´a privatización da empresa.
-
Pontevedra, 15.10.2010
-
Entrada n. 1311 do blog.
-

AS BABOSADAS SOBRE ENCE,
por Xesús López Fernández
-
Queren seguir metendo no debate electoral á factoría Ence e máis a Elnosa, problema có que o Fiscal, de oficio, podería rematare dada a condición do espacio do dito asentamento de "dominio público marítimo terrestre" que, como se ten dito neste blog por activa e pasiva, é "inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación".
-
Desta volta suspenden a asignatura, de novo, os partidos todos, que non están polo labor dunha rexeneración certa. Lembremos, a tal fin, a situación de extrema ilegalidade das concesiós das que están a falaren, como xa se lle lembrara ó Concello, en exercicio da acción pública, por Salvemos Pontevedra, por medio de escrito do 14.01.2004 presentado por rexistro na Casa Consistorial.
-
A tal fin lembremos, como mostra da impudicia e abandono deste tema polo Concello, o feito de que unha das industrias asentadas no citado terreo demanial é a de Holcim, que nunca tivo concesión e que nen tan siquer ten licencia municipal. I éso sábeo Lores, que leva anos exercendo de traidor.
-
Contemos algo de Holcim: O terreo que ocupa foi concesión a nome de Enrique de Dios, pra converti-lo espacio concesional, a título experimental, en terreo de labor. Finado o concesionario, herdou a concesión a súa filla, que parece nunca tivo un interese real pra continuare coa idea do seu pai. Algo debeu ela pactar con José Malvar Figueroa, que alí naceu, como un gran cogumelo, Horpasa, Hormigones e Pavimentos, sen concesión estatal e que se fornece d´auga presuntamente dende a tubería que dá suministro a Ence. Esa empresa, non sei de qué forma, cambiou de titular e pasou a se denominar Hormigones Luz, actualmente Holcim. E un bo día ocurréuselle a un inspector de Costas entrar alí e perguntare: "¿Dende cándo teñen concesión?, Non temos concesión, ¿E licencia municipal?, Tampouco temos licencia." Pero a empresa aí continúa, á marxe da lei e co consentemento de Costas e de Lores. ¿Estado de dereito? Máis ben, non; máis ben Estado de desecho.
-
¿Queda explicado?. Coido que sí, pero os que teñen que explica-la súa actitude son os políticos, que expiran un certo alcatreo, podremia, ou como se queira decir. E lembremos tamén que a concesión en Mollavao de José Malvar Figueroa xa non existe, por sentencia firme do TSXG do 14.09.2009, algo aquí xa contado, pero non polo facer dos políticos, senón por denuncia de Salvemos Pontevedra. Pero desconocemos qué se vai facer pra restaurare o espacio, porque aí xa entran os políticos e a súa podremia, encarnados na casta parasitaria.
-
Sigue un enlace de coña, de La Voz. Na súa información véselles o rabo a Mosquera e a Telmo Martín, que está recuando das promesas feitas xa nunha campaña anterior. Estanlle dinamitando a campaña, como xa temos dito.
-