viernes, 15 de octubre de 2010

AS BABOSADAS SOBRE ENCE

Ence-Elnosa, en dominio público marítimo terrestre, que podería ser recuperado, xa, se a casta política parasitaria deixara de xogare co prazo 2018 de finalización da concesión, presuntamente sin efecto dend´a privatización da empresa.
-
Pontevedra, 15.10.2010
-
Entrada n. 1311 do blog.
-

AS BABOSADAS SOBRE ENCE,
por Xesús López Fernández
-
Queren seguir metendo no debate electoral á factoría Ence e máis a Elnosa, problema có que o Fiscal, de oficio, podería rematare dada a condición do espacio do dito asentamento de "dominio público marítimo terrestre" que, como se ten dito neste blog por activa e pasiva, é "inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación".
-
Desta volta suspenden a asignatura, de novo, os partidos todos, que non están polo labor dunha rexeneración certa. Lembremos, a tal fin, a situación de extrema ilegalidade das concesiós das que están a falaren, como xa se lle lembrara ó Concello, en exercicio da acción pública, por Salvemos Pontevedra, por medio de escrito do 14.01.2004 presentado por rexistro na Casa Consistorial.
-
A tal fin lembremos, como mostra da impudicia e abandono deste tema polo Concello, o feito de que unha das industrias asentadas no citado terreo demanial é a de Holcim, que nunca tivo concesión e que nen tan siquer ten licencia municipal. I éso sábeo Lores, que leva anos exercendo de traidor.
-
Contemos algo de Holcim: O terreo que ocupa foi concesión a nome de Enrique de Dios, pra converti-lo espacio concesional, a título experimental, en terreo de labor. Finado o concesionario, herdou a concesión a súa filla, que parece nunca tivo un interese real pra continuare coa idea do seu pai. Algo debeu ela pactar con José Malvar Figueroa, que alí naceu, como un gran cogumelo, Horpasa, Hormigones e Pavimentos, sen concesión estatal e que se fornece d´auga presuntamente dende a tubería que dá suministro a Ence. Esa empresa, non sei de qué forma, cambiou de titular e pasou a se denominar Hormigones Luz, actualmente Holcim. E un bo día ocurréuselle a un inspector de Costas entrar alí e perguntare: "¿Dende cándo teñen concesión?, Non temos concesión, ¿E licencia municipal?, Tampouco temos licencia." Pero a empresa aí continúa, á marxe da lei e co consentemento de Costas e de Lores. ¿Estado de dereito? Máis ben, non; máis ben Estado de desecho.
-
¿Queda explicado?. Coido que sí, pero os que teñen que explica-la súa actitude son os políticos, que expiran un certo alcatreo, podremia, ou como se queira decir. E lembremos tamén que a concesión en Mollavao de José Malvar Figueroa xa non existe, por sentencia firme do TSXG do 14.09.2009, algo aquí xa contado, pero non polo facer dos políticos, senón por denuncia de Salvemos Pontevedra. Pero desconocemos qué se vai facer pra restaurare o espacio, porque aí xa entran os políticos e a súa podremia, encarnados na casta parasitaria.
-
Sigue un enlace de coña, de La Voz. Na súa información véselles o rabo a Mosquera e a Telmo Martín, que está recuando das promesas feitas xa nunha campaña anterior. Estanlle dinamitando a campaña, como xa temos dito.
-

6 comentarios:

francesco etchebarri dijo...

Es una vergüenza lo de los políticos en esta ciudad. En una ciudad seria esto no pasaría, es indignante ver como pasan los días y ver cada día más contaminada la Ria mientras los políticos miran para otro lado como si nada pasara.
Si quisieran Ence ya no estaría en la Ria ni en el municipio.
Pontevedra es la ciudad donde más % de alérgicos hay en toda España, pero es más importante que se beneficien unos a costa de la salud de todos los pontevedreses.
Ence fuera de Pontevedra ya! Que vayan a contaminar otro sitio!

o blog de xesús lópez dijo...

Os políticos son os principales responsables, tanto no tema da contaminación como no da degradación ambienal e urbanística da zona.

o blog de xesús lópez dijo...

Quixen decir "...ambiental..."

DonFiliberto dijo...

E logo, porque durante o goberno da Xunta do bipartito, non derrogaron o sonado Decreto do 2003?

o blog de xesús lópez dijo...

Algús ata poden estar en nómina. ¿Cómo explica-lo de Holcim?

o blog de xesús lópez dijo...

Ademáis que non quixeron ver que o máis importante era a non desafectación do espacio, do dominio público marítimo terrestre, como quería Ence; e como quixeron eles durante o mandato do bipartito.
Saúdos.