Pontevedra, 29.03.2011
Entrada n. 1414 do blog
O IDIOMA DERROTADO,
por Xesús López Fernández
El Gato al Agua, a tertulia de Intereconomía, celebrouse onte en Ourense. Ademais do tema da crisis, da cuestión dos xenéricos que explicou o presidente Núñez Feijoo, do caso faisán e o presunto pacto do Goberno con banda terrorista denunciado polo periódico El Mundo do 28.03, houbo un momento no que Mario Conde dirixeuse ó seu parente Alfredo Conde, presente na sala, pra lle perguntare pola situación do idioma galego, qué é o que realmente está a pasare coa nosa lingua.
Alfredo, que actualmente parece terse decantado, maiormente, por escribi-las súas colaboraciós periodísticas en castelao, por un problema de micrófono non puido completare o que parecía unha resposta interesante. Despois de ter enumerado que os problemas non eran xa d´hoxe, que Rosalía, Cunqueiro ou Eduardo Blanco Amor tíñanse atopado con interquinencias no seu traballo; despois de afirmar que o problema principal do idioma galego derivábase da entrada na fala, convertíndoa en arma política, de xentes de diverso pelo: lingüistas, políticos, etc. Pero aí se cortou o discurso de Alfredo, deixou de ser audible. Síntoo.
Entón, tentaremos poñer algo de luz neste asunto, que no meu blog está denunciado en diversos posts que levan como título común o de "o esmorecemento do idioma" e no que se contan as cousas dun e outro xeito. En definitiva, o idioma está desnaturalizado como consecuencia do nacionalismo fracasado do BLOQUE, antre outras forzas involutivas, que forzou unha obra de enxeñería social estalinista, forzando a creación das normas da deriva pra un posible ensamblaxe co portugués, língoa claramente diversa da nosa fala, creación social do pobo.
Creen os inventores que os idiomas poden sofri-los cambios que se lles vaian ocurrindo a eles, cando as linguas son creación social, como acontece no caso do inglés, que por non ter non ten Academia, e goza de boa saúde. Ademais de que facer "gramática de creación" non é cousa de cadaquén que se poña a escribir na nosa fala. Podería facelo e, de seu, fíxoo Álvaro Cunqueiro, aínda que coido qu´o seu discurso está luxado polo traballo editorial.
Aquí adoutaron unha actitude crítica co tratamento normativo dado ó idioma dende a RAG homes como Ánxel Fole ou Uxío Novoneyra, que chegaría alcumar ó galego saído das normas do 1983 (as últimas son peores), a lingua da non-patria. Na súa actitude crítica coa AS-PG, cos reintegracionistas, co ILG e cos desertores da lingua das aldeas, chegaría a lle chamar traidores ós escritores que non asumisen ese leigado. E aquí deixo este apunte, por hoxe.
Tristemente, o galego das normas é chamado hoxe, comunmente, galegués ou galizo, pero xa nada ten que ver coa fala enxebre, xa non sabe a pan fresco, a virtude que Cunqueiro lle pedía ó idioma, que hoxe cheira xa (o dos políticos e o de moitos escritores) a peixe aballoado, ó peixe que comeza o proceso de descomposición.
Difícil restauración, difícil tarea prá RAG de Méndez Ferrín, que coido algo ha intentar.

