domingo, 27 de marzo de 2011

A encomenda esquecida

No gradante evolutivo pontevedrés hai que face-la lectura ó revés. Ata se lle pode poñer nome a algún dos preomínidos que aparecen no gráfico. Un póster pra enche-la cidade cara ós comicios do 22.05.
Esta fotografía aérea presenta, con efectos especiales, a ría convertida xa en areal, en gran solar, polo menos como gran tentación. A demanda de Río Janeiro e a doutros Cumios e Acordos, quedou no esquecemento. E desta volta os partidos carecen xa de discurso ecoloxista, aínda que haxa doudos que sigan picando. O porto, berce de mariños ilustres: Chariño, Sarmiento de Gamboa, os García Nodal, etc., estaba situado ó fondo da panorámica aquí mostrada, todo prostituído polas Administraciós, políticos locales incluídos. -

Pontevedra, 27.03.2011
Entrada n . 1413 do blog
Artículo semanal.

A encomenda esquecida,
por Xesús López Fernández

O medio ambiente convirteuse en cuestión de importancia internacional no ano 1972, cando a celebración en Estocolmo da Conferencia das Naciós Unidas sobre o Medio Humán. Anos despois confeccionaríanse diversos plans de desenvolvemento e iríanse poñendo en marcha distintos procesos prá adoución de decisiós que no plano nacional non habían chegar moi lonxe. Sí que se foi adiantando en cuestiós científicas e técnicas, pero o medio ambiente permaneceu como asignatura menor pola falta de intelixencia política e os problemas seguirían a se agravaren: na capa de ozono, no quecemento da Terra ou na degradación dos boscos. Cando as Naciós Unidas estableceron a Comisión Mundial sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento no 1983, evidenciouse daquela que a protección da natureza era xa unha cuestión de supervivencia pra todos, e a Comisión estableceu normas pra "satisface-las necesidades do presente sen compromete-la capacidade das futuras xeneraciós". -

Nesa escalada da toma de conciencia dunha defensa ambiental planetaria, o Cumio prá Terra, a Conferencia de Rio Janeiro de Xuño do 1992, representou un momento decisivo prás negociaciós de carácter internacional sobre a cuestión do medio ambiente e do desenvolvemento económico. O equilibrio antre as diversas necesidades (economía, sociedade, ecoloxía) e o obxetivo de senta-las bases pra unha asociación mundial antre países, con vistas a acorta-las diferencias existentes, en canto á riqueza, educación, etc. I en Río, os 172 gobernos alí reunidos aprobaron tres grandes acordos pra rexe-lo labor futuro: o Programa 21; a Declaración de Río sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, nos que se definían os deberes dos Estados, e unha Declaración relativa ós boscos, pra facere máis sustentable a floresta da Terra. O Programa 21, cristalizado na Axenda21Local das cidades que apostan pola vida, fixaba xa unha serie de pautas sobre producción e consumo, demografía, conservación e ordeación dos recursos do medio natural, protección da atmósfera, dos oceanos e a diversidade biolóxica, dos boscos e a agricultura sustentable.

Hai unha noticia destos días que pode acair na filosofía nacida do Cumio de Río Janeiro, de salvación do planeta, i é a actuación local que se está a completar no concello galego d´As Pontes: o gran lago que Endesa está a conformar sobre a que fora explotación a ceo aberto da mina do lignito que a central térmica d´As Pontes queimaba e convertía a Galicia en potencia emisora de CO2, máis que Alemania en términos per cápita. Pero o tema deste comentaraio é ese lago chamado a ser un referente comarcal, que ten 18 kilómetros de contorno e vai dispoñer dunha praia de 370 metros, actualmente en preparación. Endesa vai cedere esta infraestructura ó Executivo autonómico cando estean concluído-los traballos, que o alcalde d´As Pontes considera como unha iniciativa de todos; que cun peso decisivo no futuro do concello non poden ser só as decisiós do goberno as que teñan peso. Os diversos traballos acometidos parecen enmarcados nunha Axenda21Local, herdeiros do mandato de Río. Futuro prometedor pró lugar no que Endesa vai prantare 4000 árbores. Con fantasía, a nova arboreda pode ser un digno remate deste traballo de rexeneración.

Pero a encomenda de Río está esquecida en Pontevedra, sen ecoloxismo na política. O exemplo d´As Pontes pode servir. E volvo sobre a falta de discurso dos partidos aquí representados. ¿Rexeneración da ría? Algo sí poderían estar a faceren, na vella concesión de José Malvar, novamente terreo demanial por sentencia do 14.09.2009 do TSXusticia de Galicia. E agardemos que tamén no terreo ocupado por Holcim e según a sentencia da Audiencia Nacional do 17.02.2011. Non se comprende que agora Costas, tantos anos calada, recurra en casación ante o Tribunal Supremo, xusto cando outras concesiós están na lista de espera da Aud. Nacional. Agardémo-los acontecementos. Aguilar dixo que debe prevalece-la Lei de Costas.

No hay comentarios: