domingo, 22 de abril de 2012

O Día da Terra

 Follas novas dun carballo vello, en Tui, o pasado 28.03.2012, no entorno do parador de turismo.
 O Miño, o río matricial de Galicia, rico en meixós (angulas) e  lampreas,  faise aquí fronteira con Portugal.
O tsunami da burbulla inmobiliaria quedou aquí paralizado, xa tocando a feira de Valença do Minho, á que penso adicarlle un post que tamén vai de sustentabilidade.

Pontevedra, 22.04.2012
Entrada n. 1519 do blog
Artículo semanal 

O Día da Terra,
por Xesús López Fernández

            O Día da Terra, o 22 de abril, vense celebrando en moitos países do ancho mundo. O seu promotor, o senador dos EEUU Gaylor Nelson, instaurou este día pra creare unha conciencia común ante problemas como a superpoboación, a contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupaciós  ecolóxicas prá conservación da Terra. A situación actual é case extrema, como se en certo sentido xa estiveramos fóra de tempo pra unha posible recuperación. Se a revolución agraria foi cousa de miles de anos, a industrial tomou un par de séculos; pero a medioambiental non vai dispoñer dun folgado prazo e terá que se producir en cousa de escasas décadas. De momento, a conciencia dos gobernos non parece vaia máis alá dos discursos do cambio climático ou da sustentabilidade, ou miran pra outra parte cando lles convén. Foi no 1970 cando se celebrou a primeira manifestación, promovida por Gaylor Nelson, ambientalista, prá creación dunha axencia ecolóxica.

            Na manifestación participaron daquela dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e centos de comunidades. A presión social tivo certos logros, marcaba como unha alborada de esperanza.  No 1972 celebrariase a primeira conferencia internacional sobre  medio ambiente: a Conferencia de Estocolmo, coa idea de sensibilizaren ós líderes dos diversos países sobre a magnitude dos problemas existentes, pra así instituiren as políticas precisas prá súa solución. O Día da Terra é unha festa que pertence á xente e non está regulada por unha soa entidade ou organismo; tampouco está relacionado con reivindiaciós políticas, relixiosas, ideolóxicas nen étnicas. É un momento pra tamén reflexionare sobre a auga, indispensable prá vida do planeta, pra tóda-las especies, tamén pró home, e que só o 2% da existente é potable.

            Reto de salvación asumido por ecoloxistas e líderes políticos: Gorbachov, Leonardo Boff, Wangari Maathai, fundadora do movemento Cinturón Verde, en  Kenia, impulsora da prantación de trinta millós de árbores no seu país; Marina da Silva, o anxo da Amazonía, etc. A conciencia ecoloxista cidadá está  moi desperta no Brasil; non tanto no seu Goberno. Curiosamente, parece que a celebración do Día da Terra ten máis colorido nos países nos que existe unha poboación rural importante, como se así resultase máis fácil comprender que o home é fillo da Terra e non ó revés; de asumi-los catro principios básicos da Carta da Terra que, preludiada por Gorbachov, son: Respeto e coidado da vida, Integridade ecolóxica, Xusticia social i económica  e Democracia, non violencia, e paz.   A Carta conclúe con palabras alentadoras:  Que sexa o noso un tempo pra lembrare polo espertar dunha nova reverencia ante a vida; pola roqueña decisión de acadare a sustentabilidade; por un crescendo certo na loita pola xusticia e a paz; e pola leda celebración da vida.

            Pero a declaración máis fermosa e profunda que endexamáis se teña escrito é a do Xefe Indio Seattle, cando responde ó Gran Xefe de Washington, que lle quería mercare aquelas terras. As palabras do xefe indio son inmutables, como as estrelas, según él mesmo di: “¿Cómo podedes mercar ou vende-lo ceo, o calor da terra?. Esta idea parécenos extraña, pois non somos donos da frescura do aire nen do escintilar da auga.[…] Decímolo oportunamente. Debedes saber que cada partícula desta terra é sagra pró meu pobo. Cada folla ourilocente, cada praia areosa, […] son memoria i experiencia do meu pobo, como que a savia que circula nas árbores porta as memorias do pel roxa.  Os mortos do home branco esquécense da súa terra cando van camiñar antr´as estrelas. Os nosos mortos endexamáis esquecen esta terra, nai do pel roxa, porque somos parte da terra i ela é parte de nós”. O Gran Xefe de Washingon pedía moito.   O Xefe Seattle entendería a Carta da Terra. Parece que os nosos gobernantes suspenden e lexislan mal. E a xusticia non chega.

Carta do xefe indio Seattle. (Vale máis a carta de Seattle que o artículo) 

domingo, 15 de abril de 2012

Ambientalismo contradictorio

 O conselleiro Hernández en primeiro plano, camiñando pola pasarela presuntamente ilegal construída por Ana Pastor n´Os Praceres, pasarela coa que agora quer conectare o Bloque, partido decididamente antiecoloxista. 
Balsas de decantación da pasteira en Lourizán, espacio no que Fraga, a cambio do monte Gaiás, quixo promociona-la construcción da fábrica Tisú de Lourizán, que transformaría a pasta fabricada pola factoría do complexo infernal do Grupo Empresarial Ence, S.A. 

Espacio roubado ó mar no porto de Marín. Coido que son catro as sentencias firmes do T.S., ordeando retira-los recheos. Nesta fotografía apréciase, antre outras, a instalación de Gonvarri, que electrocinca chapa pra Citröen. A licencia de primeira ocupación do lugar, gratis total, asinouna o alcalde en funciós de Pontevedra, naquel momento Cesáreo Mosquera. Digamos que Gonvarri, que foi cerrada por contaminante en Barcelona, quixo establecerse na área portuaria de Vigo. É un rumor conocido que o alcalde vigués, daquela Lois Pérez Castrillo, lles dixo: "en Vigo, non. Pregunten en Pontevedra". E aquí está, no concello onde parece que os políticos tragan con case todo, ou buscan outras cousas. Por certo, o presidente actual da Autoridade Portuaria está casado con Ana Pastor, ministra de Fomento, cuestión a ter en conta.  

As marismas de Lourizán xa están cercadas aquí pola autovía en construcción. No momento desa foto, o espacio convertírase espontáneamente nunha gran cetárea: lenguados, rodaballos, peixotas, anguilas, ostras, vieiras, etc. Unha recuperación total do lugar implicaría tamén o levantamento da autovía, algo qu´os políticos non queren, arelantes de convertiren o espacio en solar. Como que tampouco queren que se executen as sentencias firmes en relación co espacio da fotografía anterior, polos delitos cometidos presuntamente ó dictado dos clústers portuarios, coa permisividade tácita da casta política parasitaria.

Pontevedra, 16.04.2012
Entrada n. 1518 do blog
Artículo semanal


Ambientalismo contradictorio,
por Xesús López Fernández

            A diputada do Bloque Olaia Fernández Davila instou ó Goberno, no pleno do pasado 10.04, pra un compromiso en relación co abandono da factoría de Ence en Lourizán no horizonte do 2018 cando, según a diputada, vence a concesión que a empresa ten en dominio público marítimo terrestre. A súa petición, feita por existire un temor de que coa anunciada modificación da Lei de Costas se vaia delonga-la concesión de que dispón a factoría contaminante,   de pouco valeu. Certo que ó PP non se lle ve unha actitude ambientalista coherente, pero tampouco ós demáis partidos. Teresa de Lara, diputada do PP, contestou á diputada Olaia F. Davila no sentido de que existe unha sentencia da Audiencia Nacional, de fins do pasado ano, pola que se ordea á Administración “a incoación do expediente de caducidade (da concesión de Ence) e a adoución de tóda-las medidas previstas pra paralizaren a súa actividade”, sentencia recurrida en casación pola Avogacía do Estado.    

            A diputada nacionalista comentou que o seu grupo temía que, coa modificación da Lei de Costas,  continuasen coa tolerancia actual das actividades e industrias contaminantes ou se abrira de novo a porta “á especulación salvaxe”. O grupo popular, que presentaría a súa propia moción en relación coa protección do litoral, compatibilizándoo coas actividades económicas e a creación de emprego, pideu tamén a execución das sentencias firmes que se dicten contra Ence. ¿E as outras sentencias firmes xa dictadas en relación coa ocupación do mar por medio de recheos en Marín, ou o levantamento da vía do ferrocarril na praza d´Os Praceres, sentenciado no ano 2007? ¿E pra cándo unha actuación afoutada prá rexeneración do litoral, posible xa en Mollavao (no que foi concesión de José Malvar), posible tamén nos terreos que últimamente ocupaba Holcim, tamén por sentencia do pasado 16.02.2012?    
                                                           
            Paréceme ben o presunto interese de Olaia F. Davila pola recuperación das marismas de Lourizán, pero nese marco hai tamén outras cousas a cuestionar das que os políticos, que parecen estare no mesmo barco, non falan: a cuestión da edar d´Os Praceres, en dominio público marítimo terrestre, prohibida pola Lei de Costas, que tería que ser construída por riba dos vinte metros da franxa de protección; é decir, por riba da vella estrada Pontevedra Marín, como tamén as tuberías levadas en paralelo ata a edar por baixo da autovía de Marín, tamén prohibidas por esa lei. Pero non se están a face-los deberes. O PP, por esquecer, esquece incluso que foi ese partido o creador do ministerio de Medio Ambiente; que foi Cristina Narbona, ministra socialista, a que promulgou un decreto declarando as marismas de Lourizán como inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación pola súa condición de dominio público marítimo terrestre antes da reconversión do ministerio en M.A.R.M.

            Pero resulta que o Bloque quer construíre unha pasarela dende Mollavao a Os Praceres, no borde da autovía a Marín. ¿Por qué non pola parte baixa da vella estrada, auténtico límite do terreo demanial e recuperar así as marismas? Pero difícil está a cousa cando se dispoñen a construiren o nudo da punta de Mollavao, a tres niveles, coa consecuencia dunha maior carga de tráfico por esa autovía e a súa conseguinte consolidación. Según Mosquera, os propios representantes da Xunta, do ministerio e da Diputación, mostráronse contentísimos na xuntanza que tiveron co alcalde pra falare do asunto. ¡Claro, os novos e idílicos solpores dos que falaba non hai moito un edil! Confiemos en que a acción popular ha servir prá defensa da Lei de Costas. E lembremos que cando foi construído o ferrocarril a Marín, o propio ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar, decía que non era un proiecto cabal, que ocuparía 55000 mt2 de terreo demanial e que representaría un perfil duro pró acceso ás marismas de Lourizán, a praia de Pontevedra, ó finaliza-la  concesión de Ence. Non vexo ó MARM co pulo necesario prá restauración litoral como espacio sagrado.

viernes, 13 de abril de 2012

EXPLOSIÓN GAS NATURAL, DURHAM WOODS


Momento da deflagración, marzo 1994.

Pontevedra, 13.04.2012
Entradan. 1517 do blog

EXPLOSIÓN GAS NATURAL, DURHAM WOODS,
por Xesús López Fernández

Como van varios posts en relación coa agresión medioambiental sobre as marismas de Lourizán, con denuncia en relación coa actitude xangal dos nosos políticos, impotentes á hora de aplica-la Lei, permítome incluir este post, xa reiterado no blog. 

Non se trata dun escape de cloro, que se traduciría en forma de nube tóxica, situación prá que non existe plan de emerxencia, inútil na situación de urbanismo involucionista do BNG ó longo dos últimos doce anos. O número de mortos podería ser grande.

Ó meu amigo Arturo Estévez Rodríguez tocaríalle dá-la voz de alarma, avisar dun escape que lle queimara as follas todas das súas maceiras, con nocturnidade e alevosía. A partir da súa denuncia comezaría a actuación o fiscal-xefe da Audiencia de Pontevedra Gago Sevilla, que foi o que levou a acusación ó longo do proceso contra Ence, finalmente descafeinado por uns extraños pactos dos que non fomos informáda-las persoas que fixemos posible a presencia no proceso como acusadora da Asociación pola Defensa da Ría, sete directivos, dos que só un sabía o que se estaba cocer, o actual presidente..

Sen esos pactos da traición, Ence tería perdido d´aquela a súa concesión, o que por outra vía intentou a Asociación SALVEMOS PONEVEDRA. Como consecuencia desta última denuncia, o T.S. ten ordeado ó ministerio que incoe o procedemento de extinción da concesión de Ence, da que carece presuntamente a empresa actual GRUPO EMPRESARIAL ENCE, S.L., empresa distinta.

Todo está contado xa neste blog e na web de iberica2000.org, pero pra aviva-la conciencia do peligro que pra nós representaría a formación dunha nube de cloro (tense estimado que poderían morrer 50000 persoas), inclúo o enlace da explosion DE GAS NATURAL EN DURHAM WOODS, USA (clicade aquí)

Afortunadamente, só morreu unha persoa dun ataque de corazón mentres que cen quedaron sen fogar. Aínda tiveron sorte desa volta. ATENCIÓN. Este vídeo de YouTube contabiliza xa case 400000 visitas.