domingo, 29 de julio de 2012

Milonga litoral

 Moncho e Ramiro, dous defensores da praza d´Os Praceres contra a ocupación ferroviaria, mallados polas tropas da policía enviadas pra consumaren a posesión  ó servicio dos clústers portuarios, como vimos contando neste blog.  

 Ana Pastor, ministra de Fomento, disponse a continuar coas obras da irracionalidade comezadas na época de Pepiño Blanco, unha nova agresión medioambiental á ría. A muller anunciou ademáis a colocación de pantallas insonorizantes pola banda esquerda da autovía de Marín, prá que se prevé un maior tráfego en relación coa zona controlada pola Autoridade Portuaria, asentada sobre recheos sobredimensionados, buscado un maior calado en base a cargas de dinamita. A ministra está casada co presidente da Autoridade Portuaria do porto de Marín e ría de Pontevedra.   
 A milonga como tango, enlazados, parece real neste caso.
A policía malla nos defensores do Estado de Dereito, nos veciños d´Os Praceres. (Foto xa mostrada neste blog). 

Pontevedra, 29.07.2012
Entrada n. 1553 do blog
Artículo semanal

Milonga litoral,
por Xesús López Fernández

            Litoral ou ribeirá se así máis gusta. A palabra milonga ten a súa orixe no continente africán. Asentouse, sen embargo, no Brasil i en Arxentina, predominando de forma común  unha certa polisemia da verba, xeneralmente arxentinismos: composición folclórica de ritmo apagado e tono señardoso, que se executa con guitarra; copla coa que se acompaña… Existen diversas formas, con ritmo vivo, emparentadas co tango; tamén baile vivaz con parella enlazada. Coloquialmente significa engaño ou conto, mentira, embuste; tamén discusión ou riña: “armouse a milonga”. Outro americanismo defínea como “festa popular con baile” (despois da voda vai haber milonga). Aquí tamén temos milongas, (o gran embuste, posto en letra no BOE do pasado 24.07.2012: A resolución do 5.07.2012 da Secretaría de Medio Ambiente, sobre a evaluación do impacto ambienetal do proiecto Supresión dos pasos a nivel da praza d´Os Praceres do ramal de acceso ferroviario ó porto de Marín).

            O ferrocarril, o tramo citado, foi declarado ilegal polo TS no 2007. Precisamente o 15.03 daquel ano, estando  en Roma, na piazza de Spagna, recibía unha chamada telefónica de Eladio Torres, informándome da sentencia firme dictada polo TS despois dun longo proceso. Quedaba claro que, cando as xentes d´Os Praceres defenderan a praza mentres eran agredidos pola Policía Nacional, eran os veciños os auténticos profetas do Estado de Dereito e que os axentes estaban, presuntamente, ó servicio de extraños intereses. Non foron eles os culpables, en nengún momento, da milonga armada. E lembremos tamén que mentres Fomento forzou a construcción do ferrocarril, como contrapunto a esa actuación denunciaba o ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar que a obra invadía 55000 mt2 de dominio público marítimo terrestre que introducían un perfil duro que impediría ós cidadáns tomar posesión do terreo demanial o día no que, por vencemento concesional, se fosen liquidando as empresas asentadas nas marismas de Lourizán.  ¿Milongas?

            Os veciños d´Os Praceres réstanlle importancia  a este comunicado vía BOE que parece un tanto de coña, especialmente nalgunhas das consultas tramitadas, que aconsello lean os curiosos. Milongas, e non faltou unha cabeza pensante que suxerise un novo trazado en paralelo á PO11,  autovía a Marín, que toda ela vai por terreo demanial e debe ter un vencemento próximo.  Os veciños volven reclamare a execución doutras sentencias, como a dos recheos portuarios. E coido que, á marxe do anuncio do MARM, que desbota o soterramento do ferrocarril non pode prospera-la construcción de tres pasos baixo o tren pra vehiculos e peatós. A Autoridade Portuaria argumenta que o soterramento convertiría en inútil o servicio ferroviario no porto de Marín, como se non estivese máis que xustificada a súa desaparición, en plan rexenerador. Curiosamente, a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar considera que as posibles afecciós negativas sobre o medio costeiro e mariño non son significativas [….], que as mesmas non supoñen unha alteración significativa dend´o punto de vista ambiental da zona de actuación. ¡¿Cómo? Milongas, vergonza!

            Milonga foi tamén a adhesión do concello de Pontevedra á Carta de Aalborg de cidades sustentables. Un político do PP, Arenas, falou aínda non hai moito da milonga do desenvolvemento sustentable e no anteproiecto da nova Lei de Costas hai tamén moito de milonga. Son moitos os que entenden que a nova lei, por contra da Lei Borrell, a do 1988, nace con vocación de reactivare a economía do ladrillo, a economía da especulación e a destrucción paisaxística, outra milonga. Lembremos que o Concello tamén pulou pola construcción do ferrocarril a Marín, malgasto como o dos recheos. Millós de euros, din os veciños d´Os Praceres que volven afirmar: nun Estado de Dereito, unha sentencia firme non se discute, execútase. E sigue Fomento con obras de consolidación da autovía ó servicio da Autoridade Portuaria. Aquí parece  vai haber festa popular con baile (despois da voda vai haber milonga, milonga ribeirá).

jueves, 26 de julio de 2012

Lourizán, os veciños se pronuncian contra Fomento

 Fotografía das marismas de Lourizán.Tamén se aprecian algús dos horrores da área da Autoridade Portuaria, os recheos oscenos por detrás do colexio d´Os Praceres, na punta da illa Ravela. Teñamos presente que o presidente actual da Autoridade Portuaria é o home de Ana Pastor, a ministra de Fomento, 
o ministerio que está arrasando con motivo da construcción coa que están arrancando na punta de Mollavao, unha rotonda a tres niveles que afecta ó dominio público marítimo terrestre. Na fotografía de riba apréciase a avenida de Marín, na que van potenciar un maior tránsito ó servicio da Autoridade Portuaria.

Pontevedra, 26.07.2012
Entrada n. 1552 do blog


Lourizán, os veciños se pronuncian contra Fomento,
por Xesús López Fernández

Porque a solución que propón Fomento e autoriza o MARM de Arias Cañete non deixa de sere, presuntamente, outra ilegalidade.

Falta sentido da ecoloxía, respeto ó medio ambiente do que formamos parte, porque a corrupción fixo metástasis na Administración que lexisla según o dictado dos clústers. Non tardaron os veciños d´Os Praceres en reaccionar ante o anuncio do BOE do 24.07.2012 que anuncia novos horrores prá parroquia mártir.

Sirva como comentario a noticia do Faro de Vigo desta data, que inclúo como enlace. E sirva tamén como exempro de honra en relación co medio ambiente outra noticia, de Periodista Digital, en relación coa conducta do actual presidente do Uruguai, que predica precisamente o respeto ó medio ambiente e que non hai pouco asombrou ó persoal co seu discurso no Foro de Río+20. Siguen enlaces:


Declaración de Eladio Torres:

"¿Que Medio Ambiente autoriza a Fomento a construir unos túneles bajo la vía? Pues muy bien, también autorizó antes el trazado del tren, los rellenos, el puerto en su totalidad; muy bien, es todo ilegal", razona el presidente de Praza dos Praceres. "Ellos verán, ya tiraron millones antes en obras ilegales y los seguirán tirando ahora" lamenta el portavoz vecinal. 

La Plataforma de Placeres ha ganado en los tribunales una larga y costosa demanda contra la obra del tren del puerto. El Tribunal Supremo declaró en sentencia firme la ilegalidad de los pasos a nivel en la plaza y "desde entonces los ministerios de Fomento y de Medio Ambiente dicen algo cada seis o siete meses, para ir estirando un poco el asunto sin cumplir la sentencia", explica Torres Castro, quien a pesar de haber derrotado en los tribunales a Estado y Xunta en esta obra, se muestra escéptico con el sometimiento de las instituciones a la ley: "La sentencia era tajante y la vía ahí está, como si no hubiera pasado nada".

Comentemos: Relación antre Fomento e MARM, ¿corrupción en estado puro?. Parece.


miércoles, 25 de julio de 2012

OS PRACERES, EN LOURIZÁN, TRAICIONADOS

O tren da traición cruza a praza d´Os Praceres. A traición, consensuada polos tres partidos.

A policía, actuando como exército particular do clúster portuario contra os veciños que defendían o espacio contra o tendido do ferrocarril, construcción urxida tamén polo alcade de Pontevedra. Dito así porque aquí nengún "puro" se salva.

Pontevedra, 25.07.2012
Entrada n. 1551

OS PRACERES, EN LOURIZÁN, TRAICIONADOS,
por Xesús López Fernández

O ministerio do M.A.R.M. autoriza que Fomento consume a actuación ecocida contra as marismas de Lourizán. Con mal pe comeza a defini-los seus pasos o que se revela como ministerio esquizoide, o do señor Arias Cañete, que parece vai ter un papel protagónico na fin desta ría.

Lembremos que, según presunción popular, Tomás Iribarren urxeu, como presunto mandado de Ceferino Nogueira, a construcción do ferrocarril ó porto de Marín, proiecto que levaba varios anos abandonado, moitos anos. A Xunta de Galicia consumou as ordes recibidas, asunto protestado polos veciños e polo propio ministerio de Medio Ambiente de Aznar, que decía que o tren invadiría 55000 metros cuadrados de terreo demanial, que suporían a introducción dun perfil duro que impediría o acceso ás marismas de Lourizán no momento do cese concesional das industrias nelas asentadas.

Curiosamente, o ministerio de Fomento de Aznar levou adiante o proiecto do ferrocarril, inercia coa que sigueu o ministerio de Fomento de Zapatero, que no segundo mandato xa non quixo contare con Cristina Narbona (que dictou un decreto polo que se definían as marismas de Lourizán como dominio público marítimo terrestre e, como tal, inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación). E o goberno de ZP inventou o ministerio MARM, situando á súa fronte a frouxa de Rosa Aguilar, outra política parvaxola ou xangal, inútil.

Hai cousas que poderían estar resoltas pra un futuro inmediato, pero os tres partidos siguen presuntamente pensando nas comisiós e recalificaciós, eso que o PP podería te-la ocasión de recrea-lo ministerio de Medio Ambiente. Pero, non. Parece que a creación do tal ministerio na época de Aznar foi un "mal paso" aínda tendo sido ese ministerio o que poría máis en valor a Lei de Costas de Borrell, nacida pra limpare a costa, a mesma costa que agora o Goberno de Rajoy, que nunca tivo color ecoloxista, vai, consecuentemente á nova lei que prepara Arias Cañete,  entregare ós depredadores.

Teñamos presente, ademáis, que se a presidencia da Autoridade Portuaria de Marín non quere prescindire do tren, o presidente actual é o home de Ana Pastor, a ministra de Fomento que se dispón a apura-la morte da ría. Política de secano, en definitiva. Asunto pra ver conlupa.

Confío en que os veciños d´Os Praceres aínda han conseguir evita-lo ecocidio manexado por Ana Pastor e o seu home xunto con Arias Cañete, mentres o PSOE e o BNG aplauden.

Lembremos, como tantas veces neste blog, que no tren inaugural viaxaban os catro xinetes do Apocalypsis local: Fraga, Cuiña, Lores e Tonecho, catro traidores á tradición mariña desta ría.

Enlace:
FAro de Vigo, 25.07. Fomento logro o permiso ambiental (pra trincare ós veciños d´Os Praceres, pra lle outogar dominio sobre a praza ó clúster portuario.)