domingo, 30 de octubre de 2011

A casa da Virxe, en Éfeso

No muro converxen as peticiós de cristiáns e musulmáns, ond´a casa da Virxe, en Éfeso. A fonte na casa da Virxe, en Éfeso.
Vista lateral da casa da Virxe, en Éfeso. A casa da Virxe, en Éfeso, recibe cada ano máis de 300000 visitas, cifra que vai en aumento.

O titular deste blog, en Éfeso, o pasado 7.10.2011. Ó fondo, as ruínas da biblioteca de Celso.
Momentos previos á eucaristía, a primeira das catro celebradas polo noso grupo na peregrinaxe pola Ruta de San Pablo.
O padre Paco Castro, franciscán de Santiago e guía espiritual do noso grupo, oficiando a santa misa no lugar de peregrinación ecuménica da casa da Virxe, en Éfeso. Este lugar ten sido visitado por diversos papas, incluído Benedicto XVI.

Pontevedra, 30.1.2011
Entrada n. 1472 do blog
Artículo semanal


A casa da Virxe, en Éfeso,
por Xesús López Fernández

No artículo anterior, "As montañas de algodón", en relación coa viaxe a Turquía, deixaba xa indicado, como un dos temas a tratare, o da casa de María, en Éfeso, lugar no que parece viveu os seus últimos anos. Debémoslle a descoberta do lugar a unha monxe alemá, a beata Anna Catherine Emmerich, relixiosa agostiña estigmatizada, persoa con gran poder de visión e profecía. As súas revelaciós na lingua de Westfalia, a Clemente Brentano, foron postas por éste en alemán estándar, revisadas e correxidas seguidamente pola propia monxa. É conocido, sobre todo, o seu relato sobre a Pasión, que foi levado ó cine. En relación coa casa de María, en turco Meryem Ana Evi, hoxe lugar de peregrinación, a relixiosa decía: "A casa está situada a tres leguas e media daí (de Éfeso), na montaña que aparece á esquerda vindo de Xerusalén e que descende en pendente soave cara a cidade. Cando se ven do Sur, Éfeso parece reunida ó pé da montaña; mais así como se adianta, vémola espallarse toda ó redor. Primeiro hai ringleiras de árbores magníficas, despois estreitas sendas levan sobre a montaña, coberta dun verdor agreste. O cumio apresenta unha chaira ondulada e fértil dunha media legua de contorno: é aí onde se estableceu María. [....] A casa estaba dividida en dúas partes, separadas polo fogar".

Outra monxa, sor María de Madat-Grancey, monxa francesa do século XIX que traballou nun hospital de Esmirna, convencida de que había que investigar dacordo co relato deixado pola visionaria beata Anna Catherine, encomendou a súa localización a dous sacerdotes. E foi o padre Gouyet o que, no 1880, dirixeuse a Éfeso pra ver sobre o lugar de descobri-la casiña de Éfeso. Rastrexando, chegou o home a un lugar no que existía unha casa arruinada. Perguntando polo nome do lugar, alguén lle respondeu “Panaya Kapoulou, a porta da Virxe”. A memoria conservaba a tradición de que os habitantes da rexión celebraban alí cada 15 de agosto a Asunción da Virxe porque, decían, era a casa onde ela morrera…. As primeiras mostras analizadas confirmaron a antigüedade da cimentación e a descoberta foi autenticada por monseñor Timoni, arcebispo de Esmirna, no 1892. É así como a casa da Virxe, onde ela viveu o seu exilio perto de san Xohán, convertiríase dende hai máis de cen anos en lugar de peregrinaxe común de cristiáns e musulmáns.

Leonardo Castellani, autor dunha edición crítica do Apokalypsis de san Xohán, dí que Éfeso significa ímpetu e representa a primeira edade da Igrexa, a Igrexa Apostólica ata Nerón. Se san Xohán decía “conozo as túas obras, o teu labor, a túa paciencia”, cousas nas que a Igrexa primitiva foi riquísima, san Pablo afirmaría “vosa fe é conocida no Universo Mundo, somos de onte e xa o enchemos todo”. Pero a Igrexa, en Éfeso, decaeu, como a cidade cambiou de lugar reiteradas veces. O noso guía nó-lo decía: “Este é o quinto Éfeso”, mentres pasabamos ante o pazo de Adriano, o anfiteatro, o caldarium, o frigidarium, o tepidarium, a biblioteca de Celso, a terceira en importancia do mundo antiguo, a gran vía de mármore... Pero do templo de Artemisa, no seu tempo unha das sete maravillas do mundo, parece non quedar nada. Unha estatuílla da Diana multimamífera, sí, está exposta a modo de relembranza.

A casa da Virxe está situada nun lugar idílico. Era o da nosa visita un día perfecto de luz e sol, decorado co verde agreste que decía sor Anna Catherine Emmerich e axudou na hora suprema da nosa liturxia, oficiada polo padre Francisco J. Castro alí, do lado da casa de María, visitada por católicos e musulmáns. Despois da lección de arte, era ésta a hora da fe. Un muro situado en parte baixa mostra, como bandeiras da papel, os milleiros de peticiós que os peregrinos deixan alí, peticiós de esperanza nas que existe unha converxencia certa de cristiáns e musulmáns. Se a palabra “éfeso” significa realmente impulso, pulo, éste pode estar, nestos momentos, na homilde capeliña de Éfeso, lugar de encontro e comprensión. Sobre todo de paz.

10 comentarios:

candela dijo...

Precioso lugar. Es curioso que acudan cristianos y musulmanes, aunque estos últimos parece que tienen debilidad por la imagen de María, aunque aún ignoro porqué.

Espero que siga en su relativo anonimato porque con tanto exaltado que hay en este mundo nada está a salvo.

Estoy viendo que aprovechaste bien las vacaciones..
:)

o blog de xesús lópez dijo...

Algunos musulmanes consideran a Jesús profeta de Mahoma. Los que allí acuden oran en el edificio adyacente que esiste por detrás de la capilla, pero son muchas las jóvenes musulmanas que depositan su petición en el muro de la fotografía.
Podría incluir más fotografías, pero resulta farragoso por el tiempo de espera.
He hecho como unas dos mil fotografías y algún pequeño video, pero lamento no haber llevado una grabadora de voz, porque nos ha tocado un guía de excepción.
Pienso tocar algún tema más, abocetarlo por lo menos, e incluir fotografías de otros lugares. Incluso estoy pensando en complementar esta entrada de hoy.
Un cordial saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Quise decir"...en el edificio adyacente que existe por detrás de la capilla..."

Natalia Pastor dijo...

Un lugar realmente espectacular, digno de visitar.
Permíteme que te diga que estás muy guapo y elegante,querido Xesús, con esa cazadora y esas gafas de sol. :-)

Besos.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, Natalia, por el piropo. Una casualidad de fotografía en la que no se aprecia lo vencida que está mi espalda; pero el día, tal como se presentaba, era para estar optimista, como para sentirse incluso protagonista de la Antigüedad, o cliente de algún centro comercial o tienda, que ya existían en aquel Éfeso, incluso con servicios públicos a disposición del viandante.
Queda tema para algún otro artículo.
Besos

José Luis Valladares Fernández dijo...

Precioso lugar. Creo que este es un viaje que recordarás toda tu vida. Porque seguro que, además de la satisfacción de recorrer una tierra nueva y con tanta historia, seguro, seguro te habrá enriquecido espiritualmente.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Querido José Luís:
Puedes estar seguro de que aciertas. Procuraré contar alguna cosa más.
Un abrazo.

Anónimo dijo...

Un sitio que merece la pena ver, es precioso.
Saludos

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, Lobo:
Efectivamente, aunque nuestro viaje ha sido realmente una peregrinación, hemos regresado con deseos de volver.
Seguiré relatando alguna cosa porque fue un viaje muy intenso, variado en el paisaje y en los diversos decorados que la Historia fue dejando allí.
Un saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hoy están editadas en España, gracias a Intereconomía, las revelaciones y visiones que la monja alemana Anna Catherine Emmerick tuvo. Son cinco tomos, unas dos mil páginas de descripciones asombrosas.
A ella le debemos el descubrimiento de la casa de la Virgen, en la que, según la vidente, María vivió y falleció. Allí se produjo la dormición de la Virgen y también su asunción a los cielos, según describe la monja alemana.
Téngase presente que la mujer hablaba en un dialecto de Westfalia y que sus relatos fueron transcriptos al alemán por Brentano, el famoso escritor contemporáneo de Anna Catherine.