viernes, 11 de noviembre de 2011

En Konya

 Dúas arterias da Konya do futuro. O tranvía como transporte colectivo. Modelo de urbanismo a imitar, non como o cateto de Pontevedra.

Centro comercial rodeado por un entorno boscoso, en Konya, Turquía.

 O caravansar que visitamos, o máis grande dos existentes.

Igrexa de San Pablo, en Konya.

 Mezquita e museo en Konya, en honor a Rumí. Perto de Afrodisias, no restorán onde xantamos. O carro ten certas semellanzas co carro galego. As rodas xiran co eixo. En Avanos, nunha vella capeliña, celebramos unha eucaristía. O espacio foi recuperado, pois era lugar frecuentado pola chavalada do botellón.
Convento rupestre? Na Capadocia.  A danza dos derviches xiróvagos.
Souvenirs da Capadocia.
Cidade soterraña, na Capadocia. Hai algunhas con dez niveles.
Vista parcial do val das Fadas.
Pontevedra, 11.11.2011

Artículo semanal
Entrada n. 1474

En Konya,
por Xesús López Fernández

No relato do pasado 7.11, "Días na Anatolia", debería ter citado algo que me chamou a atención poderosamente. Foi cando paramos pra xantare antes da chegada a Afrodisias. O restorán tiña un coidado xardín e alí, exposto como pez de museo, un carro moi parecido ós nosos, con rodas de madeira que xiraban co eixo, agaptado pra levare tinas de auga ou viño amparadas por pacas de palla. No entorno do hotel Dinler Ürgüp, a nosa base pra visita-la Capadocia, loce outro similar; pero nun kervansaray que visitamos mostraban un carro con chedeiro similar ó dos nosos, algo máis estreito. Kervansaray é palabra turca derivada doutra persa e define ás pousadas que foron un importante instrumento, clave no desenvolvemento do comercio a través de Asia, o norte de África e a Europa suroriental. Estaban deseñados pra acolleren e dar repouso e mantenza ós viaxeiros e mai-las súas bestas, despois dunha xornada. Estos caravansares permanecen case como construcciós faraónicas, tema sobre o que penso volver nun próximo artículo.

Nas aforas de Pamukkale aloxámonos e ceamos no hotel Richmond, do que sairíamos o día 9.10 pola mañá pra visitare “as montañas de algodón” e as ruínas romás da Hierápolis, algo xa comentado nun artículo do 17.10. Pola tarde seguiriamos cara Konya, pasando por Laodicea (unha das igrexas do Apokalypsis) e por Colosas, a cuios creentes dedica San Pablo unha carta (colosenses). E chegamos a Konya, que ten un millón de habitantes e foi cidade cristiá; hoxe cidade santa musulmá que na Historia tivo diversos nomes: Koniah, Konieh, Konia, Qunia e Iconium (en español, Iconio). A cidade foi visitada por San Pablo cando fixo a súa primeira viaxe misioneira a través de Asia Menor e foi expulsado de Antioquía de Pisidia, según consta no libro dos Feitos dos Apóstolos. Pola súa posición xeográfica é cidade da Galatia e foi importante prós pobos que se alternaron nesta rexión, e moitas veces capital. San Pablo creou aquí unha fervorosa comunidade cristiá. A cidade aínda o relembra por medio dunha pequena igrexa a el adicada, construída polos PP. Asuncionistas no 1910. É a única que queda das moitas que tiña a cidade. As outras foron derrubadas ou transformadas en mezquitas conforme a comunidade cristiá mingoaba.

O templo cristián, de fachada gótico-francesa, acolle fundamentalmente ós grupos de peregrinos que siguen os camiños do apóstolo dos xentís. E gracias á axuda do arcebispo de Izmir-Konya e á presencia de dúas irmás da Irmandade de Xesús Resucitado de Tavodo (Trento, Italia), a pequenísima comunidade de cristiáns católicos reúnese aquí cada semá pra orare i escoita-la Palabra de Deus. Nese templo celebramos unha das nosas catro eucaristías turcas. Polo demáis, digamos que en Konya permanece moi viva a lembranza de Mevlana Rumí, un célebre poeta místico musulmán persa, erudito relixioso que naceu no ano 1207. Morreu en Konya, onde está o seu mausoleo. Un museo honra a súa memoria; un museo da escritura, onde se conserva, ó parecer, o máis grande Corán conocido… e o máis pequeno. Nese espacio é frecuente a demostración pública dos “derviches xiróvagos”, un dos referentes desta cidade, integrados na orde sufí mevleví, creada á morte de Rumí.

A orde sufí foi fundada polos discípulos deste gran mestre e poeta. Os mevlevís acadan un éxtasis místico en virtude da danza (samá’), símbolo do baile dos planetas. Os derviches (visitadores de portas) xiran sobre si mesmos, en sentido contrario ás agullas do reló, ata chegaren ó éxtasis. A danza é acompañada por instrumentos turcos e forma un espectáculo moi harmonioso. Os sufís son ó islamismo o que os místicos ó cristianismo. E non parece ausente Mevlana do gran labor social que se leva a cabo no distrito de Karatay, un labor vivo de atención domiciliaria a enfermos e necesitados, incluso ós nenos recén nados... Tamén hai outra Konya moderna, sobre o que comentarei algo no próximo artículo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Un sitio que me encantaría ver antes de dejar este mundo: Anatolia.
Preciosas fotografías.
Saludos.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, Lobo:
Como me ausento ahora por unos días no podré comentar otras posibles entradas.
No sé que me pasa con el blog, que al ilustrarlo con fotografías genera unos espacios muertos ajenos a mi deseo.
Harás bien en visitar la Anatolia. Te sobrecogerá. La Capadocia es un lugar sorprendente. Hay vuelos directos desde Madrid, que lo nuestro ha sido un palizón el primer día: Santiago-Madrid-Estambul-Esmirna. Y al autobús. Al día siguiente fue cuando comenzó lo emocionante: Éfeso, Mileto.....
Anímate.

candela dijo...

Lo mismo digo, es precioso y me gustan las fotos en días de lluvia, en general, pero estas son espectaculares.

Blogger está un poco tonto ultimamente, cada vez que hacen cambios hay bajones parciales.

Hasta la vuelta Xesús.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Viendo toda esa serie de fotografías que has ido poniendo desde que volviste del viaje, se me están poniendo los dientes largos. No se si me resistiré sin imitar tu periplo por esas tierras.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, JOsé Luís,
Hola, Candela:
He regresado desde la sierra de Grazalema, en la provincia de Cádiz, donde creo que se da el más alto índice pluviométrico de la Península. He visitado alguno de sus pueblos blancos.
Han sido días de ayuno informático, sin disponer de un cíber ni de nada que me permitiese hacer algo, ni siquiera introducir algún comentario.
Y aún pasarán horas antes de que pueda echar un vistazo más allá de mi blog, en el que me he encontrado vuestros comentarios, que agradezco.
Creedme, vale la pena hacer el viaje. Conviene llevarlo preparado, sí. Y a mí me han quedado ganas de hacerlo de nuevo.
Un abrazo.