sábado, 3 de diciembre de 2011

Encontro coa Capadocia, 3

O noso hotel en Ürgüp, un cinco estrelas, a nosa última estancia na Anatolia. Completabámo-lo periplo pola Turquía asiática comezado en Esmirna i Éfeso. Estabamos a punto de nos dirixir á outra Turquía, a europea.

Éfeso estivo na arrancada do noso periplo anatolián, o que remataba coa partida en avión dende a Cesarea da Anatolia, a Cesarea de san Basilio, do que se fala no artículo. En Éfeso, na Casa da Virxe, lugar de converxencia de cristiáns e musulmáns, celebramos unha das nosas eucaristías. Na foto, o padre Francisco J. Castro Miramontes, oficiante da santa misa, o noso guía espiritual na peregrinaxe.

Se algún día viaxadas á Anatolia e vos toca en sorte este conductor, de nome Shaffack (intento reproduci-lo seu nome fonéticamente sen saber da sua ortografía verdadeira), sabede que estades en boas mans. Despedímonos del, con certa emoción, no aeroporto de Kayseri, o que se comenta no artículo.

Formidable panorámica en Zelve. O dromedario podería mostrare a posibilidade de facer certos recorridos naquel espacio. O animal debe ser descendente dos que facían a ruta das especias, ou da seda. E debe ter aínda memoria do kervansaray (en español "caravansar", palabra que non está no diccionario), da pousada na que descansaban da camiñata os seus ancestros. (foto de Eugenio López Álvarez).

Nesta foto aprécianse os esforzos de contención das ruínas, o que se fai normalmente con cemento armado, despois pintado pra disimula-la acción restauradora. (foto de Eugenio López Álvarez).

Göreme e Zelve eran auténticas romerías, o que pode incidir negativamente na súa conservación. (foto de Eugenio López Álvarez)
Panorámica do val das Pombas ou dos Cazadores, por aquelo de que a máis pombas máis raposos e, consecuentemente, máis cazadores. (Foto de Eugenio López Álvarez). Mausoleo de Mevlana Rumí, en Konya (Foto de Eugenio López Álvarez) Tomando o avión de Estambul, no aeroporto de Kayseri, a nosa despedida da Capadocia. (foto de Eugenio López Álvarez)

Pontevedra, 4.12.2011
Entrada n. 1477
artículo semanal

Encontro coa Capadocia, 3,
Por Xesús López Fernández

(continuación) O 12 de Outono, moi cedo, tomámo-lo autobús cara Kayseri, aeroporto interior, a nosa lanzadeira prá parte final da viaxe: Estambul. Conforme o autobús íanos achegando ó punto de partida, un vistazo permitía descobri-lo progreso urbanístico no arrabaldo de Ürgüp e a aposta daquelas xentes polas enerxías alternativas, pois non poucas casas mostraban no seu tellado paneles prá captación da enerxía fotovoltaica. O conductor do noso autobús, amable, educadísimo, prestabanos o seu último servicio, rubricado ás veces, cunha sincera aperta. Kayseri é o nome evolucionado da antigua Cesarea da Capadocia, a patria dos chamados padres capadocios: San Basilio o Magno, o seu irmán, san Gregorio de Nisa, e san Gregorio Nacianzeno, que no século IV souberon sistematiza-lo estudio da Teoloxía nas nacentes igrexas: na Católica e na Ortodoxa. San Basilio, (330/1.01.379), foi home de gran formación, con estudios en Constantinopla e Atenas. Aí foi onde matinou seriamente na relixión e tomou a decisión de se poñer en contacto cos máis sonados eremitas de Siria e Arabia, pra deles aprendere en materia de piedade e de ascetismo. Foi anacoreta e monxe parte da súa vida e acabaría sendo bispo de Cesarea á morte de san Eusebio. É santo e doutor da Igrexa Católica, e un dos padres da Igrexa ortodoxa. E na tradición grega cumpre a función de Papá Noel.

Mais lembremos que foi a nosa unha viaxe na ruta de San Pablo; que é procedente, polo tanto, formula-la cuestión de si San Pablo estivo realmente nesta rexión da Anatolia na que, ó longo do tempo a chuvia, a neve, o vento foran traballando os espacios penedíos que hoxe vemos como tocados pola maxia, encontro e fusión de pobos e culturas: asirios, hititas, frixios, mongoles, persas, sirios… Afírmase que non está probada a presencia de Pablo como evanxelizador da Capadocia, pero suponse que sí e que, nos momentos de maior persecución e abatimento dos cristiáns, o apóstolo acodía alí a lles dar ánimo. Despois de todo, A Capadocia, aínda que especie de gran laberinto, parece paso obrigado antre Antioquia de Psidia (hoxe Yalvaç), Konya e a outra Antioquia (hoxe Antakya), xa na costa e moi perto de Siria, perto incluso de Tarso, a cidade natal do apóstolo. Nesta Antioquia foi onde Pablo predicou o primeiro sermón cristián nunha sinagoga.


As dúas Antioquías, dous referentes pauliños a visitar, teñen de particular que as montañas que rodean á primeira foron por meses o acobillo de Pablo e Bernabé, que tentaban accedere á sinagoga e comeza-la súa predicación antre os xentís. Foi daquela cando san Pablo falou do destino divino de Israel e do Mesías. A súa mensaxe calou nos xentís, pero foi motivo de escándalo e, consecuentemente, expulsárono da cidade. Anos despois, sobre da sinagoga levantarían unha basílica a san Pablo, da que hoxe quedan unhas pedras. Na Antioquia da costa, que foi de Siria, é visita obrigada un lugar, a gruta de san Pedro, onde éste, Pablo e Bernabé reuníanse coas primeiras comunidades de cristiáns. Excavada na rocha, sen case ornamentación nen iconografía, o templo é lugar respetado polos habitantes da cidade, tanto cristians como musulmáns. Hai tamén outro pequeno templo, atendido polos PP. Capuchinos, onde é posible a celebración de culto porque nesta zona, de tradición cristiá, o cristianismo non se ten que vivir de foma clandestina. Incluso non lonxe, en Iskenderendun, está a sede episcopal da Igrexa católica en Anatolia.

A Capadocia quedaba no pensamento de todos como lugar máxico cando o avión voaba a Estambul, como visita a reiterar se posible fose. O lugar debe ser visitado cada ano por uns tres millós de peregrinos/turistas. Demasiada presión, talvez, sobre unha comarca case sagrada. Convén leva-la viaxe estudiada, con respeto. Nos frescos de Göreme está representada gran parte da historia da nosa salvación. As cidades soterrañas, nalgún caso doutadas de basílica, marcan a capacidade do home, tamén da Igrexa, pra resistire contra as forzas do Mal.

6 comentarios:

candela dijo...

Pues nada, un magnífico periplo. Solo cabe esperar que esta zona del mundo no se contagie de esa especie de locura colectiva que es el Islam más radical, la pérdida sería enorme.

Felicidades por tu relato e ilustraciones Xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

Yo creo que Turquía sabe que el turismo cristiano es vital para su balanza de pagos.
Creo que el radicalismo de que hablas es más evidente hacia el Norte.
Pero una mayor apertura debería ser posible. Santa Sofía tendría que ser algo más que un museo, debería recuperar al cien por cien sus señas de identidad cristianas.
Gracias por tus piropos. A ver si aún introduzco, en esta entrada, otras fotografías.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Estos lugares, deberían quedar fuera de cualquier contingencia política, pues ya se sabe que hay mucho talibán suelto y puede pasar con estas maravillas, lo que pasó con los famosísimos budas de Afganistán.

Un abrazo, amigo

o blog de xesús lópez dijo...

Mis relatos son un pálido reflejo de lo que he visto y fotografiado que, como bien dices, conviene defender.
Un abrazo, amigo

Paulinas España dijo...

Hola, Xesus,
¡Feliz fiesta de la Virgen Maria de Guadalupe!
Muchas gracias por haber sido seguidor de nuestro blog:

www.llamadosmcs.blogspot.com

¡Que Dios te bendiga con sus gracias!
Un abrazo,
Hna. Alicia

o blog de xesús lópez dijo...

Feliz Navidad, Hermana.
El Señor vuelve a nosotros, como todos los años. Bueno realmente Él vino para quedarse aunque muchos lo olvidemos.
Los días de Turquía haciendo la Ruta de San Pablo me han situado ante la evidencia de la fe sentida por las gentes de la Capadocia, entre otros lugares de nuestro recorrido.
Dios os bendiga,
Xesús