Mostrando entradas con la etiqueta Camiño de Santiago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Camiño de Santiago. Mostrar todas las entradas
sábado, 14 de julio de 2012
Puente la Reina, Camiño de Santiago
Entrada n. 1548 do blog
por Xesús López Fernández
O nome de Puente la Reina provén, parece, da ponte románica que foi construída sobre o río Arga no século XI, por orde dunha anónima reina de Navarra. Pénsase que esta reina foi Dona Mayor, esposa de Sancho el Mayor, ou dona Estefanía, muller de García o de Nájera. Algús etimoloxistas non comparten esta teoría e así José María Jimeno Jurio creía que o nome derivaba dunha orixinaria Pons Rune, onde Rune sería o nome antiguo do río Arga, derivado á súa vez de Iruña, o nome en lengua vasca de Pamplona.
jueves, 5 de julio de 2012
O Códice e os aforros do electricista
Neste trasteiro dun garaxe no Milladoiro estaba "dormido" dende había un ano o Códice Calixtino e moitos outros libros da Catedral.
sobre un millón douscentos mil euros procedente de roubos na Catedral, según parece tódo-los días ó longo de dez anos.
Pontevedra, 6.07.2012
Entrada n. 1540 do blog
Tras esta porta gardou o electricista os seus tesouros, antre eles...

Pontevedra, 6.07.2012
Entrada n. 1540 do blog
O Códice e os aforros do electricista,
por Xesús López Fernández
Manuel Fernández, o electricista que sustraeu o Códice e once copias facsimilares do mesmo, ademáis doutros libros, era sospeitoso dende pasados tres días da desaparición da considerada como primeira guía de peregrinos, libro de valor incalculable. Resulta increíble tan longa andaina pró esclarecemento do acontecido, sobre todo cando houbo unha práctica contínua de roubos, din que todo-los días ó longo de dez anos. O
home rematara a compra de dúas vivendas mediante pago ó contado, que parece foi a proba do algodón. Pero as cousas siguen sendo increíbles.
Todo o seu tesouro, libros incluídos, gardados nun trasteiro dun garaxe. Finalmente, parece que todo acaba ben: que se recuperou tanto ben desaparecido. E un perguntase pola extraña persoalidade do home, qué puido xustifica-la actuación máis qu´o roubo, especialmente do Códice que seguramente non mantivo alí agachado pra lle pegare algunha que outra lectura, solazmente. O caso parece, decididamente, de psiquiatra. Siguen diversos enlace:
miércoles, 4 de julio de 2012
O CÓDICE CALIXTINO, LOCALIZADO
Mañán, 5.07, cúmprese un ano da desaparición do Códice Calixtino, datado no século XII e considerado como a primeira guía do Camiño de Santiago.
Detalle do Códice...
Outro detalle do Códice, ilustración coa que El País trata a noticia da detención do presunto ladrón do Códice, un electricista que traballou na catedral de Santiago.
Ilustración coa que La Voz daba hoxe a noticia.
Fotografía de La Voz do lugar onde foi localizado o Códice, un garaxe no Milladoiro da propiedade do presunto ladrón, envolto en plástico e disimulado con ladrillos e sacos de cemento.
Pontevedra, 4.07.2012 Entrada n. 1539 do blog
O CÓDICE CALIXTINO, LOCALIZADO,
por Xesús López Fernández
Moito tempo de investigación, de seguimento do principal sospeitoso dend´aquel cinco de xullo do 2011.
Pensouse nun roubo por encargo, na posibilidade de rescate de algo de valor incalculable que o electricista ó que se lle imputa o roubo parece ter valorado incluso en 40000 euros.
Pensouse nun roubo por encargo, na posibilidade de rescate de algo de valor incalculable que o electricista ó que se lle imputa o roubo parece ter valorado incluso en 40000 euros.
Pero cando parecía que no se facían progresos na boa dirección hoxe, precisamente na víspera do aniversario do roubo anunciabase a detención do presunto ladrón e doutras tres persoas, así como a inspección dalgunhas das súas propiedades: moedas da Catedral, o Libro das Horas, e resulta que nada menos que oito copias facsimilares do Códice Calixtino. ¿Qué tipo de vixiancia se fai na Catedral?. Pero o orixinal estaba aínda por localizare.
Finalmente, algús medios deron a boa nova nunha segunda edición: a localización do Códice, en bo estado, á par que libros de pequeno formato de procedencia igualmente catedralicia. Mellor así porque a localización de 1200000 euros nas pescudas levadas a cabo facían pensar nun roubo por encargo.
Enlaces:
La Voz de Galicia: Aparece el Códice Calixtino en un garaje, cerca de Santiago, envuelto en una bolsa de plástico. lunes, 18 de junio de 2012
Santa María de Eunate
No Camiño de Santiago, no concello de Muruzábal, Navarra, existe unha ermida de pranta octogonal sobre a que permanece o misterio da súa construcción, da súa forma, sobre a que se tecen unha serie de leendas.(Fotos tomadas o 17.5.2012)
A pranta octogonal parece estar relacionada cun estilo propio da orde do Temple. Curiosamente, a casa do apóstolo Pedro, en Cafarnaúm, tamén era de pranta octogonal.
Vista parcial da arcada exterior (máis de trinta arcos) que enmarcan o claustro.
Outra perspectiva, na que se aprecia que a ermida está toda ela rodeada de campo, solitaria.
Outra toma da mesma.
Foto un tanto caprichosa, pra realzare o detalle do claustro.
Outra perspectiva do detalle da construcción.
Como ésta, todas elas, fotos do titular do blog. Non se ofrecen vistas do interior, porque o pequeno templo estaba cerrado ese día.
Entrada n. 1528 do blog
SANTA MARIA D´EUNATE,
por Xesús López Fernández
Hai varios posibles significados da palabra Eunate, euskera: un deles estaría referido ós numerosos arcos do claustro e significaría "cen portas"; Outra teoría fai referencia ó nome orixinal "Onate", a boa porta. Tamén, en latín, a palabra "eunato" significa "ben nado". A súa peculiar forma, no medio da nada e da súa soedade, confírenlle unha belleza difícilmente superable e nunha das igrexas máis fermosas de Navarra. Pero en tempos puido ter formado parte dun complexo maior, no que a igrexa sería o centro e as dependencias formarían parte dun priorato ou hospital ou, talvez, ambas cousas.
Sen embargo, hoxe parece desbotada a orixe templaria da igrexa, que viría ser como un faro no Camiño de Santiago, que incluso mantería unha linterna no seu tellado, acesa día e noite. Nalgunhas das tumbas alí existentes, téñense descoberto cunchas de vieira que relacionan o lugar, sen dúbida,co Camiño de Santiago, ó sere a cuncha da vieira un tradicional emblema peregrino.
domingo, 27 de mayo de 2012
Unha aproximación ó Camiño
Vista dend´o campanario ou sinoiro norte da catedral de Pamplona.
Cartuja de Miraflores. Pinacoteca.
O camiño do vento e o das estrelas crúzanse no Alto do Perdón, en Navarra.
Baixada de Ibañeta a Roncesvalles, na arrancada do Camiño.
Santiago peregrino. Cartuja Miraflores.
Sillería. Cartuja Miraflores.
No claustro da catedral de Pamplona.
Pontevedra, 28.05.2012
Entrada n. 1524
Artículo semanal.
Unha aproximación ó Camiño,
por Xesús López Fernández
O pasado 14.05 partimos cara Roncesvalles, en autobús, con pousada primeira en Burgos, patrimonio histórico da Humanidade, e con visita á Cartuja de Miraflores, unha xoia do arte gótico pertencente ó baixo medioevo, accesibles actualmente pró visitante moitas das súas obras de arte. Seguimos cara Pamplona, con parada no Alto do Perdón, a uns 3,5km de Puente la Reina, onde se xuntan os camiños que entran por Roncesvalles e Somport. No Alto do Perdón, coroado de virandelos, existe un monumento ós peregrinos, concebido o lugar como unha encrucillada da senda que describen os que van a Compostela e mai-lo vento que move as aspas dos virandelos. A paisaxe estaba esos días pletórica, xa por prantaciós feitas con intelixencia, xa por estaren os campos, a pastos ou a cereal, densamente verdes. Os cultivos de colza, no País Vasco i en Navarra, aportaban un intenso dourado, unha nota de ledicia no espacio que estabamos a recorrer.
Segunda parada, Pamplona, con visita pormenorizada á catedral, ó museo catedralicio, sacristías e claustro; tamén á torre norte-campana María. Contamos naquela hora cun guía providencial, o propio deán da catedral. Seguiriamos despois paseando pola cidade, fundamentalmente polas rúas do casco histórico, ata a retirada ó hotel, do que partiriamos ó seguinte dia cara ó Alto de Ibañeta. Xa nese lugar, do que baixamos camiñando a Roncesvalles, unha pedra garda memoria de Roldán, da súa morte no ano 778, como tamén un monumento. Técense alí leendas diversas, especialmente sobre a influencia de Carlomagno na consolidación do Camiño de Santiago. E xa no século XI, tanto os peregrinos que se dirixen a Santiago como os cabaleiros extranxeiros que acoden á Península, encontran numerosas pegadas do paso de Carlomagno polo Sur de Francia e Norte de España. Comézase a ver no emperador a un salvador i evanxelizador coas armas contra o musulmán.
Dend´a nosa arrancada de Rocesvalles (colexiata, albergue, museo, silo/osario común), a presencia dos peregrinos faise contínua, crece, cada camiñante a facere o seu camiño particular, a pescudare no seu corazón, Comentan no autobús que poucos días atrás chegaran a Santiago máis de mil peregrinos, que mesmo algo se pode estar a movere en Europa á procura das súas raíces cristiás. A riqueza cultural do camiño faise indescriptible: ermidas, conventos, catedrales. Gótico ou románico marcan cada novo día: Roncesvalles, Zubiri, Pamplona, Puente la Reina, Estella, Logroño, san Millán de la Cogolla (berce do idioma castelao), Nájera, Santo Domingo de la Calzada (o santo constructor, patrón dos enxeñeiros de camiños), san Juan de Ortega, en Castroxeriz; a catedral de Burgos; san Martín, en Frómista; san Tirso, en Sahagún; a catedral de León, Astorga, Rabanal del Camino, Ponferrada, onde se ergue o castelo dos Templarios; Vilafranca do Bierzo… O noso recorrido entra en Galicia: a colexiata do Cebreiro, no Caurel; Vilar de Donas, Portomarín, Melide, Santiago. No último tramo do Camiño, xa dende Vilar de Donas, a nosa paisaxe aparece traicionada.
Díse que algún lugar abandonado volve estar habitado, que se recupera económicamenete gracias á influencia do Camiño, no que abondan os albergues; que incluso hai xentes que, despois de comprida a súa promesa de chegar a Santiago, encontran un sentido prá súa vida traballando como hospitaleiros ó servicio dos novos camiñantes, pra cura-las súas feridas. Nos restos do que foi convento de San Antón, que visitamos estaba vivo un albergue e un pequeno hospital, retomando talvez a entrega ós peregrinos da vella orde antoniá. Frai Paco Castro ten un libro que recolle a súa experiencia do Camiño, de cando o fixo en trinta etapas, un libro rico en exemplos, como os de Carlos e Fermín: Carlos camiñaba con dificultade por unha tendinitis e mesmo lle aconsellaran os médicos que regresara en autobús a Toledo, pero non quixo, tiña que chegar a Santiago. Pero é que o home, que camiñaba á par dun amigo, pousando un cóbado no brazo do outro camiñante pra percibi-las dificultades, ¡estaba cego!. Non-obstante, no seu magnetófono, facía cada xornada o seu resume: “Hoxe hemos visto….”. E Fermín, un home ledo que aparecía e desaparecía, de vocación franciscá, tomara a decisión de dormire ó raso, nunha casa abandonada, nunha igrexa arruinada; de non ocupar praza nos albergues. Renunciaba en favor doutros peregrinos. Ésa parece ser unha das metas de moitos dos que fan o Camiño: estar ó servicio dos demáis. Non poucos coinciden en que é o románico o que máis os marca; que non sería mala cousa prós poderosos embarcarse nesta aventura pra, dese xeito, non envilece-la política i estare ó servicio dos demáis, darlle protagonismo ó seu corazón. O país iría mellor.
martes, 7 de febrero de 2012
Camiño de Santiago polas estrelas
Camiño de Santiago polas estrelas, por Xesús López.
Pontevedra, 7.02.2012
Entrada n. 1497 do blog
ESTE BLOG, O SEU TITULAR E AUTOR DA "TARXETA DE VISITA QUE VOS MOSTRO", VAI DESCANSAR POR UNS DÍAS.
SAÚDOS A TÓDO-LOS AMIGOS. Tamén ós que, na pausa que se abre, queiran avincallarse a este meu diario informático, un tanto ácrata, sí, e rabiosamente independente.
Pontevedra, 7.02.2012
Entrada n. 1497 do blog
ESTE BLOG, O SEU TITULAR E AUTOR DA "TARXETA DE VISITA QUE VOS MOSTRO", VAI DESCANSAR POR UNS DÍAS.
SAÚDOS A TÓDO-LOS AMIGOS. Tamén ós que, na pausa que se abre, queiran avincallarse a este meu diario informático, un tanto ácrata, sí, e rabiosamente independente.
miércoles, 10 de agosto de 2011
XAPONESES CARA SANTIAGO E MADRID
Foi como se pasara un regato de sorrisas, de augas mansas e impolutas, os peregrinos xaponeses que onte cruzaron Pontevedra, cos que me encontrei na rúa da Virxe do Camiño, portaban todos eles un sorriso, unha expresión de ledicia, un querer comunicárense. "Hola!", saudaban a todo o mundo. Nesta foto vanlles marcando o Camiño de Santiago, dend´o albergue da rúa Otero Pedrayo ata a igrexa da Peregrina, Antón Louro, alcalde en funciós, e Celestino Lores, o incansable divulgador e promotor do Camiño Portugués.
Nesta foto deixan atrás a praza Valentín García Escudero cara a ponte do Burgo, cara Caldas, Padrón, Santiago....
A bandeira de Xapón no adro da Peregrina. Estos peregrinos pertencen ó 0,30% da poboación nipona que profesa a fe católica. Con eles peregrinaba un bispo que pronunciou unha breve homilía na igrexa da Peregrina.
Aquí están a contemplaren, ledos, a fachada do templo, e a fotografiala.
Co sorriso sempre fácil, esta parella descansa nun momento da andaina que os leva primeiro a Santiago; despois viaxarán a Madrid, ó encontro con Benedicto XVI na XMX, se os antisistema (socialistas, 15M e sindicatos) non-o impiden.
Pontevedra, 10.08.2011
Entrada n. 1459 do blog
XAPONESES CARA SANTIAGO E MADRID,
por Xesús López Fernández
Parece que as criaturas que onte pasaron por Pontevedra levaron unha boa impresión da cidade. Antre eles non faltaban algús procedentes de Fukushima, a cidade castigada polo tsunami que afectou á central termonuclear. O bispo Pablo Koriyama, tamén peregrino nesta hora, oficiou unha breve homilía en xaponés, do que a igrexa da Peregrina vai gardar memoria. Seguro. Tamén formaba parte do grupo un sacerdote camerunés, Emile Rodrigue Eteme, que exerce en Morioka, unha zona moi afectada polo tsunami. O crego síntese parte dunha misión que ven a Europa a demostrare que o Xapón sigue vivo e preparado pra recibire visitantes. "Agora estase reconstruíndo todo i estamos aquí pra mostrare unha cara sorrinte".
Dou fe da ledicia que parecían portare tódo-los peregrinos que, francamente, non me pareceron 150 ou 140 como din algunhas noticias, senón un número sobradamente maior, como máis de douscentos, case trescentos. Todos sorrintes.
Un sacerdote mexicano, José Alfredo González Márquez, sacerdote en Sundai e Fukuxhima, explicaba: "Movémonos moito con Cáritas e conseguimos facer un centro de apoio polo que pasaron, ata o presente, 1200 voluntarios do país". O luns viaxan á capital pra lle agradecer a todo o mundo a axuda recibida.
viernes, 8 de julio de 2011
O ROUBO DO CÓDICE, UN GRAN ATENTADO
O deán, ante o facsímil do Códice Calixtino. A policía supón que o roubo foi levado a cabo por unha banda especializada contratada por un coleccionista multimillonario. Entrada n. 1451 do blog
O ROUBO DO CÓDICE, UN GRAN ATENTADO,
por Xesús López Fernández
César Casal, en La Voz de Galicia d´hoxe define o roubo como rapto d´Europa. Califica a noticia como unha desas que ó leelas pensas que non son certas, que incluso frégaste os ollos pra espertare e capta-la realidade. Este roubo doe, especialmente porque era a novela do Camiño de Santiago, un fío de palabras da ruta, máis viva que nunca, a Compostela. É o ADN do cordón umbilical d´Europa, a espiña dorsal que cingue Compostela e Galicia con Europa e mai-lo mundo. Acaban de roubare un símbolo europeo, fundiron o iluminado campo d´estrelas. É o rapto d´Europa, define o artículista.
Siguen diversos enlaces:
jueves, 7 de julio de 2011
O CÓDICE CALIXTINO, ROUBADO
Detalle do Códice Calixtino, desaparecido da Catedral de Santiago. Pode se-lo roubo do século, tal como define El Correo Gallego.
O deán informou dos detalles conocidos: que o pasado martes o códice non estaba no seu sitio e, pasadas unhas horas e confirmada a desaparición, en torno ás 22 horas, ésta era comunicada á Policía. Non se descarta a idea de que teña sido un roubo por encargo, pra algún coleccionista ou pra esixire un rescate. Europa toda, o mundo da cultura europea, está consternada. Pra nos dare idea da importancia do manuscrito, da memoria do Medioevo nel contida, traiamos aquí unhas palabras de García Cortázar, que equipara este roubo a algo así como se roubaran o Museo do Prado. Introduzamos algunhas notas e diversos enlaces prá ilustración dos curiosos.Pontevedra, 7.07.2011
Entrada n. 1450 do blog
O CÓDICE CALIXTINO, ROUBADO,
por Xesús López Fernández
¡Pois claro que Europa ten que estar doída e o Camiño de Compostela, europeo por excelencia, que marcaría ó longo das edades, talvez, a maior concentración d´europeismo na nosa capital, Santiago de Compostela!
O códice Calixtino é unha xoia de valor e trascendencia histórica incalculables. Trátase dun manuscrito ilustrado do século XII, considerado como a primeira guía de viaxes do mundo, referente pra milleiros de peregrinos da antigüedade, incluso prós que hoxe emprenden o mesmo camiño. Non esquezámo-lo dito por Dante Allighiere: "Son palmeiros os que van a Terra Santa, romeiros os que van a Roma, peregrinos só os que van a Santiago".
Seguindo a sinopsis qu´hoxe fai El Correo Gallego ó dá-la noticia deste roubo que moitos definen como "roubo por encargo", incluiremos algús dos datos máis relevantes:
Trátase dun códice do século XII no que ademáis do texto támén teñen especial importancia as ilustraciós. É dun extraordinario valor como fonte de información sobre a peregrinación a Compostela.
No ano 1964 foi encuadernado nun só volumen inseríndolle o libro de Turpín, que se tiña desmembrado i encuadernado independentemente. Mide 23x16 cms. e a caixa na que se conserva a escritura 30x21.
A obra consta de 225 folios de pergamino con paxinación en números románs, á que se engade a arábiga no reincorporado libro de Turpín.
O libro foi atribuído ó papa Calixto II, daí o nome polo que é conocido, conforme ó costume da Edade Media de lle atribuí-los traballos a persoalidades de gran relevancia pra así adornalos do seu prestixio.
O códice divídese en cinco libros: o primeiro ten carácter litúrxico e recolle sermós e h omilías. O segundo relata os miragres rrealizados polo apóstolo Santiago; o terceiro recolle a traslación do corpo; o cuarto é o libro de Turpín, e o quinto, unha auténtica guía de peregrinos.
Ademáis do contido histórico e artístico, hai que tamén salientare o valor literario da obra, cunhas descripciós de gran realismo e tamén con notas líricas. Non existe límite antre realidade e ficción, misturados nos relatos.
Os estudiosos opinan qu´o manuscrito foi realizado por tres amanuenses distintos, todos con moito oficio. Según Moralejo Laso, un deles escribeu ata o folio 186; outro dende éste ó 222, e un terceiro, cun tipo de letra máis avanzado, realizaría os dous últimos. A encuadernación da obra data do 1964, previo acordo do Cabildo e da Dirección Xeral de Arquivos e Bibliotecas.
Enlaces:
O roubo do século: o Códice Calixtino. O deán afirma que o ladrón sabía como chegar a el (El Correo Gallego, 7.07.2011, con diversos enlaces e opiniós ligadas)
En literatura equivale ó Pórtico da Gloria. (La Voz de Galicia, 7.07.2011)
(Coido que a noticia merece máis enlaces, que declino. Buscade en Google)
sábado, 6 de noviembre de 2010
Camiño i encrucillada
Benedicto XVI, en Compostela. (Foto de La Voz de Galicia). ZP non acodeu a Santiago; na chegada a Barcelona estaban Montilla e Carod Rovira (curiosamente sen a coroa d´espiñas que locira na foto dunha viaxe a Terra Santa). ZP, ¿acodirá a Barcelona? Hoxe, curiosamente viaxou a Afganistán. Igual vai de converso ó islamismo radical.
-
Pontevedra, 7.11.2010-
Entrada n. 1343 do blog
-
Artículo semanal.
-
Camiño i encrucillada,
por Xesús López Fernández
-
A visita de Benedicto XVI a Santiago, peregrino da fe, xa foi. Virán agora as lecturas, o estudio do contido das diversas declaraciós e discursos, como tamén da homilia pronunciada na Santa Misa celebrada na praza do Obradoiro, na que, como nun pequeno mosaico, había xentes chegadas de distintos puntos da nosa terra e xentes chegadas de lonxe, de Francia, Lituania, Cádiz. E algunha delas reservara sitio dende a noite anterior. Viaxe pastoral, como ben tiña avisado Francisco Vázquez, que aclarou tamén ós detractores da vinda do Papa, que da súa visita sóo vantaxes se habían derivare, que a ocasión era única pra colocare a Santiago e a Galicia no mapa, cuberta a información por máis de 1200 informadores duns 1800 medios, talvez máis. Viaxe pastoral que non impideu a Benedicto XVI manifestarlle ós periodistas, durante a súa viaxe a Compostela, ó mesmo tempo que o amor que lle ten ó noso país, a súa preocupación pola reapertura do defrontamento antre fe e laicidade, que é necesario reconducir a un encontro amical antre ambas.
-
Hai que reevanxelizar Europa, tarea prá que o Papa pensou nos grandes países do continente, pero sobre todo en España, onde tamén se torna necesario respondere agora ós desafíos do laicismo i explica-la fe nunha lingoaxe contemporánea, doído o home da situación acaída no país que foi patria de Ignacio de Loiola, Teresa de Ávila, Juan de la Cruz, renovadores do catolicismo; que non se dean novas ondas de “laicismo, secularismo e anticlericalismo” como aconteceu nos anos 30 do século pasado, porque a disputa antre fe e modernidade ocurre tamén hoxe de forma viva. Pero o acontecemento de Santiago estivo marcado por momentos de verdadeiro colorido e ledicia, e de certa emoción: Os saúdos de don Julián, os de Benedicto XVI e, sobre todo, a homilia que pronunciou na Santa Misa e que comezou en galego: “Benqueridos irmáns en Xesucristo: Dou gracias a Deus polo don de poder estar aquí…”
-
Na homilía estivo presente a idea do Camiño de Santiago, como tamén nas palabras de don Julián, que insistira na trama dos diversos camiños que converxen en Santiago e nos que tanta xente tiña atopado o verdadeiro sentido da vida, que constitúen unha verdadeira raigame que sirveu pra construíre a idea de Europa. E agora Benedicto XVI acodeu como “mensaxeiro do Evanxelio que Pedro e Santiago asinaron co seu sangue, e dende aquí desexo volve-la mirada á Europa que peregrinou a Compostela. ¿Cáles son as súas grandes necesidades, temores, esperanzas, cál a aportación específica e fundamental da Igrexa a esa Europa?.[...] Ésta: que Deus existe e que foi el o que nos dou a vida […]. Que Santiago, o Amigo do Señor, acade abundantes bendiciós pra Galicia, prós demais pobos de España, de Europa e de tantos outros lugares alén mar, onde o Apóstolo é sinal de identidade cristiáa e promotor do anuncio de Cristo”.
-
Na catedral entrou como peregrino pola Porta Santa e orou na cripta do Apóstolo; e agradeceu ós católicos españoles a súa colaboración coas instituciós de beneficencia; que a Igrexa, cando as políticas “progresistas” fracasan, convírtese no auxilio de moitos. Benedicto XVI sabe da súa misión martirial, como sinala Juan Manuel de Prada. E inda existe, contra o labor da Igrexa, un certo despotismo. Pero a vella Europa, si se quer salvare, ha ter que dá-la mesma resposta que Santiago dou a Cristo: “Eu sí podo”. En fin, Benedicto XVI veu como peregrino pra se integrare na longa ringleira histórica que aquí acodeu ó tempo que traballaban nos fundamentos cristiáns de Europa. Nese contexto resultou especialmente emotiva a petición de Don Julián na Santa Misa, a imitación dos discípulos de Emaús: “Quédate señor connosco”. Que o Camiño volva ser un vector de espiritualidade, de encontro ou respeto de xentes diversas; Camiño i escrucillada, claves do ser e cultura europeas.
-
-
A VISITA PAPAL, PROLEGÓMENOS
Mozos chegados como peregrinos, xa na alborada do día, pra lle dá-la boavinda a Benedicto XVI. (Foto do Faro de Vigo)
A estas horas, 11AM, o Obradoiro leva tempo ateigado. Algunhas das persoas alí presentes, chegadas do ancho mundo ou da propia terra, reservaron sitio dend´a pasada noite. Xentes chegadas de Boiro ou Rianxo, de Francia ou Lituania, agardan á celebración da misa polo Papa Benedicto XVI.-Pontevedra, 6.11.2010
-
Entrada n . 1342 do blog.
-
A VISITA PAPAL, PROLEGÓMENOS,
por Xesús López Fernádez
-
Estase a cobri-la información da chegada papal con profusión de medios. A Televisión de Galicia está transmitindo puntualmente o crescendo da animación dend´os primeiros momentos nos que Lavacolla apresentabase coberta de néboa e que incluso un avión tivo que desvia-lo vóo e tomar terra en Peinador.
-
Vistas do recorrido que vai face-lo papamóvil, cun Santiago espléndidamente coidado; ambiente festivo en espacios como A Quintana, O Obradoiro, información sobre as medidas de seguridade cun Santiago blindado contra os necios que, dalgún xeito, tenten desloci-la chegada do Papa como peregrino mensaxeiro da paz, da concordia; como nas viaxes a Xerusalén, a Sydney, a Inglaterra, ou na súa visita á ONU. Peregrino da palabra e da concordia.
-
Francisco Vázquez chegou moi oportunamente, bombeiro maxistral pra apagare o lume que dend´o seu propio partido tentaban presuntamente provocare, porque andan polo medio xentes trufadas de masonería ou declarados nemigos da Igrexa Católica e da Vida, mesmo apóstolos do homosexualismo que tentan impedire qu´os católicos nos manifestemos como somos e que acollamos ó Santo Padre. Por desgracia, o socialismo ten pendente de reaprende-la historia de España, de recupera-la memoria dos seus horrores, dos por eles producidos.
-
Hai algo que non me gusta no introito da Telegaita i é o uso excesivo do galegués polo locutores novos, a lle chamaren ó Papa "Bieito XVI", no canto de Benedicto XVI, porque estamos no século XXI i é a última forma das transcritas a que debe prevalecer; Bieito é un medievalismo que xa non liga coa psicoloxía actual da nosa lingua. Lembran algús destos imbéciles a Quintana, cando nos seus discursos decía "Galiza...., Galiza..., Galiza...." como especie de letanía pra nos rouba-lo país; do mesmo xeito que estos colaboradores da Galega din agora "grazas, xustiza, espazo, ..." e outras caralladas. Diremos unha vez máis: o idioma da non-patria.
-
Que non lle luxen o nome a Benedicto XVI e acollámolo con respeto agora que está a chegare. Pode ser cousa de quince minutos. El, que no seu escudo ten tamén a cuncha dos peregrinos, iranos falar, seguramente, da reevanxelización d´Europa e do importante papel qu´o Camiño de Santiago pode xogare nestos momentos nos que o home en xeral anda perdidiño.
viernes, 5 de noviembre de 2010
BENEDICTO XVI, IMAXES E VÍDEOS.
Esta foto forma parte dunha galería que se inclúe neste post, de 20minutos.es.-
Pontevedra, 5.11.2010
-
Entrada n . 1341 do blog
-
BENEDICTO XVI, EN IMAXES E VIDEOS,
por Xesús López Fernández
-
Introduzo neste post algunhas imaxes e vídeos do Santo Padre, tamén algún informe períodístico, que poidan servire pra un maior achegamento á súa figura e ás circunstancias da súa visita a Santiago, como peregrino. Non esquezámo-lo dito por Dante Allighieri: Son romeiros os que van a Roma, palmeiros os que visitan a Terra Santa, pero sóo son peregrinos os que acoden a Santiago de Compostela.
-
Siguen diversos enlaces, que se poderían multiplicar. Buscade en Googel se queredes máis:
-
-
-
-
-
Videos de Youtube:
-
-
-
-
-
-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






