jueves, 21 de junio de 2012

HAI UNTAMENTO, 2

O do unte dos concellos é algo moitas veces denunciado. Aproveito este dibuxo, que preludiaba xa o meu post anterior pra inseri-lo contido, a filosofía dun outro correo electrónico recibido, que fala da corrupción municipal nalgús casos posible, do vandalismo que se pode practicar dende distintos compartimentos da Administración.

Pontevedra, 21.06.2012
Entrada n. 1531

HAI UNTAMENTO, 2,
por Xesús López Fernández

Nun concello necesitado de certos traballos de mellora na súa casa consistorial, fundamentalmente pintura de fachadas e fiestras, convocan concurso, solicitan orzamentos ou presupostos, ó que concurren
 tres empresas de distintas nacionalidades:

Unha inglesa comprométese a face-los traballos por 3.000.000 de euros; outra alemáa faríaos por 6.000.000.... E unha española, que se compromete a facelo todo por 9.000.000 de euros.

Orzamentos discrepantes, o alcalde decide rondas de conversas cos representantes das diversas empresas, pra ver de comprende-lo porqué das diferencias, dos desvíos existentes.

O portavoz da empresa inglesa explica: un millón en pulidos, empastes i en pintura acrílica, en dúas capas; andamios, guindastres, cascos, outro millón. O millón restante correspondería ó pago do persoal, seguros, etc.

O presuposto dos alemáns desvíase básicamente polo tipo de pintura a usar, de máis calidade, en tres capas, dous millós de euros; outros dous polo andamio, guindastres, arneses, etc.. Os dous restantes en pagas ó persoal, seguros, etc.

O representante da empresa española, moi pragmático, aclara o desglose dos nove millós, en tres partidas:
1. Tres millós pró señor alcalde
2. Tres millós prá empresa que represento.
3. Os tres millós restantes pra lle pagar ós ingleses, ós que lle encomendariámo-la realización dos traballos todos.

Finalmente, ¿qué terá pasado? ¿Asumiría o alcalde a mordida proposta ou terá denunciado ó representante español por soborno en grado de tentativa?   


2 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

Ja-ja-ja-ja-já. Os españoles, amigo Xesús, sempre somos os mais listos do mundo.
Non sei si vay ben escrito, pero sóname ben.
Un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

E así vai a nosa economía, porque os vándalos estan na Administración acochados.
Unha aperta, Chinto