viernes, 29 de junio de 2012

O idioma freado, estragado

Icono reiterado neste blog, unha realización fractal dalgús temas galegos. O nome de Negra Sombra, a obra de Rosalía de Castro aparece no mesmo, sendo esta autora un referente esquecido, lección que moitos dos que agora andan a traballaren na desnaturalización do idioma galego deberían retomar. 

Pontevedra, 29.06.2012
Entrada n. 1537 do blog

O idioma freado, estragado,
por Xesús López Fernández

Na demencia normativizadora do idioma galego atá reconvertilo no hoxe chamado galegués, un trampitán bufo e de opereta, chegouse ónde non se debía ter chegado e a nosa fala esmorece día a día, sendo de cada volta máis difícil atopar xentes que falen un galego enxebre.

Os nacionalistas fracasados tentaron extraterritorializare ós homes e mulleres galegas cambiándolles de forma burda a fala, librando sobre dela, practicamente, o diccionario portugués. Decindo "xustiza, sentenza, presenza, grazas" e outras caralladas, os neofalantes de galegués acaban decindo "Galiza", como en Portugal, esquecendo que, aínda adoutando a ortografía do acordo-marco de Lisboa pró luso-galaico-brasileiro, etc., aínda así e pró caso de que queiran definire esa compota como idioma único, os brasileiros din sempre Galicia, e así tiven ocasión de llo lembrare a un reintegracionista convencido, que ignoraba tal cousa. .¿Cómo, non-o sabías? ¡Pois, hala, ide alá, ó Brasil e, poñede púlpitos polo país enteiro pra facere a vosa catequesis.

Neste blog existen máis de vinte entradas que falan do esmorecemento da nosa lingua, e outras moitas sobre a defensa radical do idioma e de ataque ó galegués dos comisarios. Pero hoxe quero tocar aquí algús dos aspectos que citaba Moralejo, que falaba do intento con táctica pouco prudente e con ritmo antinatural de achega-lo noso idioma ó portugués, no sentido de que éste podería perder pouco ou nada, mentres que o galego perdería boa parte das súas posibilidades que aínda tiña de acadar un nivel esperanzador de espallamento da súa producción literaria ou de inserilo na administración ou na liturxia. Tal como Moralejo pronosticaba o 20.VI-78, asumir formas portuguesas contra natura frearía o espallamento do idioma. E así foi e provocaron unha especie de desinstalación xeneralizada por parte de moitas das nosas xentes que tiñan o galego como lingua natural.

Moralejo avisaba de que en Lingüística, os cambios son cousa de xeneraciós, mesmo de séculos e de andármonos de vagar. E decía aínda máis, en relación con algús dos cambios propostos e asumidos por tantos berzas que din que luso e galego son unha mesma lingua, que hai unha morea de cousas na Fonoloxía e a Gramática prás que non cabe outra unificación que proscribi-los usos galegos e impor usos portugueses que están fóra da norma e do sistgema galegos. Así pasou que hoxe temos unha Educación, unha Administración e a propia Igrexa, esquizofrénicas, galeguesas.

O tema, naturalmente, non morre aquí, pero quérennos roubare a nosa psicoloxía, extraterritorializarnos por medio de novas remesas cada día, de verbas que nunca foron galegas, practicare connosco unha política de inmersión (traballo de enxeñería estalinista) que está acabando coa lingua. Éso é o que hai.

9 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

A través de ti, amigo Xesús, como también por medio de Gloria Lago, de cuyo blog soy seguidor, voy conociendo lo que ya sospechaba: la barbaridad que hoy se está cometiendo con la lengua gallega. ¡Tendría que ser delito, penado con todo rigor, el asesinato del idioma gallego!
Recibe, amigo Xesús, mi más cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, tío Chinto:
Fíxate en que éste non deixa de sere un traballo breve, no que sí estou a utilizare afirmaciós de Moralejo, máis lingüista dos que despois se encirraron na desfeita da lingua, na creación do galegués.

Unha aperta

P.S. Eu tamén son seguidor do blog de Gloria Lago.

Lobo Solitario dijo...

La "normalización" de idiomas (ya lo vivimos en Vasconia)quizás sea la única manera de salvarlos, pero implica el perder autenticidad.

o blog de xesús lópez dijo...

Aquí no están normativizando un idioma real, sino creando unas "normas" para algo que es puro artificio y que no se corresonde con el idioma real, el creado por la sociedad.
Han convertido la RAG en un laboratorio de los horrores, infiltrada de comisarios políticos. En el fondo, nos han querido privar de identidad.
Un cordial saludo

Candela dijo...

Un idioma es algo vivo que se modifica lentamente a través de generaciones con la introducción de nuevos términos. O era así hasta que los políticos metieron en la lengua sus zarpitas, con efectos demoledores ya que, lejos de proteger las lenguas, las han convertido en un batiburrillo inasumible para cualquier entendido o amante, en este caso, del gallego.

El gallego, como todo lo demás, no escapa de los adoradores del pensamiento único.

Saludos Xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:

Participo de tu misma idea.

Por cierto, estoy todavía disfrutando de tu post "Horror enel Hipermercado".

Confío en que ese horror vaya a más y en que a los zorros y zorras se les acabe su pretensiónde seguir guardando el gallinero.

Uncordial saludo.

P.S. Mi artículo de mañana va sobre "Reconversión".

monolingüismo no dijo...

Desde el siglo XII mi pueblo se llama LA GUARDIA . Gracias a la normalización a dia de hoy oficialmente se denomina A GUARDA. Un topónimo inventado que solo usan los profesores del instituto, concejales y BNGs.
El pueblo rechaza el uso del topónimo oficial, usándose La Guardia para el español y A Guardia para el gallego, pero ya que los políticos eso no lo ven, seguirá así , si o si.

monolingüismo no dijo...

La Junta de Galicia ha vuelto a regalar miles de euros a la normalización...No lo entiendo. Con toda la crisis que hay, regalan miles de euros para intentar que la gente diga GRAZAS o XULGADO, me parece patético.

Un saludo.

o blog de xesús lópez dijo...

A monolingüismo:
Dend´a perspectiva do bilingüismo harmónico sería posible a convivencia do galego co castelao.
Pero as normas inventadas polo BNG, alarde dunha douda enxeñería estalinista que foi tragada polos outros partidos e, desgraciadamente, pola Igrexa, trouxo como resultado a desintalación incluso das xentes que tiñan o galego como primeira lingua.
Coa súa política de parvaxolos, xangal, as xentes da Xunta tragaron canta borralla diferencialista quixo usa-lo BNG prá desfeita da lingua galega, á procura da súa reconversión ó portugués, da externalización en suma do home galego das súas raíces.
Paréceme de sentido que se manteñan topónimos como La Guardia ou La Puebla. O de "grazas" ten visos de blasfemia, sobre todo cando bota man da palabra algún sacerdote oficiando a santa misa.
Saúdos.