lunes, 25 de junio de 2012

Barquiños de papel

 Os barcos de papel tamén navegan, normalmente en singladuras inútiles.
As reproducciós aquí brindadas non se corresponden coa noticia que vai de seguido, Son simplemente unha presentación prá imaxinación dos que reparedes neste post.

Pontevedra, 25.06.2012
Entrada n,. 1535 do blog

Barquiños de papel,
(dedicado ós amigos defensores da Praza dos Praceres) 
por Xesús López Fernández

O día da inauguración da innecesaria e oscena nova ponte d´As Correntes, en Pontevedra, houbo unha botadura especial: dous barquiños de papel con pasaxeiros, que non prosperaron nas súas singladuras, aínda que o intentaron varias veces. Finalmente, como "o Titanic tampouco chegou", e así rezaba unha pancarta de ánimo ós mariñeiros, todo quedou en celebración lúdica.

Pero, curiosamente, a noticia dada na edición de La Voz de Galicia non foi incluída na web, daí que non poida ofrece-la fotos orixinales. Pero de todo ésto pódese sacare unha lección, unha especie de práctica exorcizadora que aínda fan algunhas xentes no Pacífico e no Índico pra erradicare o mal. Nese rito poderían entraren as xentes d´Os Praceres: Facer unha botadura (pódese aproveitare unha vella embarcación) e no barquiño colocar bonecos e fotografías de xentes dos clústers ou da Política que foron nefastas pra esta ría. A embarcación iría á deriva, procurando orientala ó oceano. Habería tamén que deixarlles algo de mantenza e auga, aínda que fose das balsas de decantación da fábrica de pasta, pra ver se así os novos navegantes poden levare fóra das nosas vidas o pestazo que permanece nesta ría dend´o ano 1963.

As xentes d´Os Praceres poderían darlle un certo realce ó acto, convocare ós diversos medios pra que fosen testigos dun intento serio de desinfección do medio ambiente; tamén da política.      

4 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

La imagen es clara, amigo Xesús. Esos barquiños deben ir mar adentro, sin encontrar vientos que los devuelvan a la ría.
Un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Que así sea,tío Chinto!.
Pero además podría practicarse algún ritual exorcista. El cura de Os Praceres es, además, un hombre comprometido.
Unha aperta,

Candela dijo...

Es una dedicatoria muy bonita, casi me da pena añadir que si a los barquitos se los traga una orca, tampoco pasaría nada...

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Qué idea bonita se te ha ocurrido: la orca, una orca asesina, sería un epílogo feliz para la singladura propuesta.
Uncordial saludo.