Este artículo está escrito coa intención de denunciar, unha vez máis, o traballo de enxeñería estalinista de xentes próximas ó BNG pra tentare a reconversión do galego en galegués, a xerga ou especie de trampitán hoxe presente no discurso de moitos políticos, mesmo nas prédicas da liturxia católica. O inadmisible "grazas" está no cerne desa bastarda enxeñería, a do Diktatt estalinista, a lingua da non-patria.
Monumento a Cunqueiro, ante a catedral de Mondoñedo.
Catedral de Mondoñedo.Pontevedra, 16.02.2012
Entrada n. 1498
Artículo semanal.
Cunqueiro: Remuíño de prosas,
De Xesús López Fernández
O título corresponde ó tomo número XX dos Cadernos Ramón Piñeiro, que edita a Xunta de Galicia. No prólogo “Albur minúsculo ou imprevisto azar” de Luís Cochón e Luís Alonso Girgado, explican éstos que o lector frecuente da obra de Cunqueiro sabe que entra nun terreo moi diverso, como diversos foron os saberes gobernados polo autor que, lector impenitente, foi descobrindo mundos, persoas e persoaxes que foi apañando pra sí e pra nós. O libro, que arranca cunha prosa patriótica en honor a Cabanillas, recolle tamén o relato que Cunqueiro fai das súas claves dos diversos países dos seus relatos, de cómo falaba de Bretaña de Francia i era de Galicia de quen falaba, dos outeiros ou dos longos esteiros dos ríos; dun porto arábigo do Golfo Pérsico, i eran realmente Foz ou Viveiro, Bueu ou Noia as imaxes que tiña ante sí pra falare da entrada e saída dos veleiros, e aínda da mesma brisa mariña. Pra Ulises e as illas gregas polas que saltaba, o seu modelo eran as Cíes ou Sálvora cercadas por rendas de escumas. Contaba dunha cidade i era Mondoñedo ou Betanzos de quen falaba, e por Florencia de Italia tiña a Compostela.
No libro recóllense diversas obras de Álvaro Cunqueiro, o home que puido estar chamado a fixare a nosa lingua, ortográficamente, evitando así que a mesma, acamada por extrañas normas, perdera non pouca da súa identidade social, da súa frescura e colorido. “Gracias, gracias, gracias”, así podería tamén titular este artículo, por ser ésa a palabra que máis repite Cunqueiro, como unha especie de retrouso, no seu discurso de 25.04.1980, no homenaxe que lle brindaron en Vigo. “En primeiro lugar as miñas palabras teñen que ser de gracias ás entidades que convocaron este acto”. “Gracias ó Rector Magnífico da Universidade de Santiago… Gracias a Domingo García-Sabell, irreprochable amigo dende os anos mozos… Moitas gracias a Francisco Fernández del Riego, bo amigo de toda a vida… Gracias a Ramón Piñeiro, outro da miña tribu… Gracias a Xoana Torres, tan xentil e tan querida… Moitas gracias. Dou as gracias a tódolos que estades aquí”.
A petición de gracias reitérase ó longo do discurso: “…gracias a El Señor…” E dá as gracias por lle ter permitido nacer neste reino do Fisterre que chamamos Galicia, “neste grande reino que vai dende os montes astra o mar onde brillan os pés do vento, a este país dos dez mil ríos, do vello camiño das peregrinaciós, a este país dos mil vales…, patria querida…: a patria son a terra e os mortos. Gracias a Deus por este reino”. A loubanza ó Señor pasa tamén polo sonido das palabras, “por terme dado o don da fala nosa, … i ensinado a decir “rula” e “abidueira” e “dorna” e “ponte” e “fonte””, porque en sendo conocedor destas palabras o autor era dono da rula e da abidueira e da dorna e da ponte e da fonte… O autor, coas súas invenciós, quería que a fala galega durase e continuase e que, cando xa estivese a dar herba na terra nosa, rezase na súa lápida: “Aquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”.
O autor reitera a petición de gracias nesta intervención como noutras recollidas no libro, algo ó que se refire Andrés Torres Queiruga en “Cunqueiro, flor de Galicia”, estudio publicado na revista Encrucillada, no volume de marzo/abril 1981; un exame a partir dalgunhas das pezas oratorias do autor, “xa máis alá, transfigurado, por enriba de calquera vanidade persoal, nos espacios limpos da comunión no ideal e na esperanza”. Se algo hai a primeira vista, dí Torres Queiruga, que chama a atención nos discursos analizados é a “revelación da gratuidade como gratitude”, e afirma: “Gracias é a palabra que máis se repite, como ritornello irreprimible e envolvente. Gracias a todo e a todos: organizadores, amigos, ós presentes e ó tempo que lle tocou vivir, ó intre mesmo do discurso…(o final do discurso en Padrón!) Gracias, final e primeiramente, a Deus”. Queiruga fala de finura teolóxica na obra do noso autor.