domingo, 14 de julio de 2013

CLAVES PRA UN NOVO TEMPO

Universidad de Deusto, Bilbao, unha das tres universidades dos PP. Xesuítas redactoras do Manifesto prá rexeneración da vida política e democrática que acaba de sair á luz.

Pontevedra, 15.07.2013
Entrda n. 1685 do blog
Artículo semanal publicado no D. de Pontevedra


 Claves pra un novo tempo,
por Xesús López Fernández

            O título é un decir porque as cousas non parecen endereitarse e non está claro que, por moito que nos digan que a crisis vai findar no próximo ano, a cousa se traduza nunha recuperación certa. Algús articulistas están xa a analizaren, en plan futurible, o gran chasco que nos agarda. Dí Millás que un bo día espertaremos, no 2014, co anuncio de que acabou o pesadelo e que xa non hai peligro, pero sí síntomas de debilidade e que teremos de ser prudentes pra evitar recaídas; que dispoñamos de actitude crítica contra os poderes. A crisis, dí o autor, terá acabado oficialmente e, ante as nosas caras de bobos agradecidos, hannos reprochare a nosa desconfianza á par que dan por boas as nefastas políticas de axuste, que gracias a elas vai traballar de novo o carrusel da nosa economía. Pero, por suposto, a crisis ecolóxica, a crisis do reparto desigual, a crisis da imposibilidade de crecemento infinito vai permanecer intacta, pero esa ameaza nunca foi antes publicada nen difundida.
           
              Os que de verdade dominan o mundo terán posto punto final a esta crisis-estafa, cuia orixe é difícil de descifrar, pero cuios obxetivos foron sempre claros e contundentes: facernos retroceder trinta anos en dereitos e salarios. Millás sigue profetizando sobre a involución salarial i educacional, sobre a nivelación á baixa de toda a estructura social, (agás a cúpula coidadosamente a salvo en cada sector) e, xa dinamitáda-las pontes de solidariedade, arrasado o que de capital social puidera ter permanecido, daquela hannos decir novamente que a crisis está acabada. E que nunca en tan pouco tempo se ten conseguido tanto, como que só cinco anos foron abondo pra reconvertiren en cinzas dereitos que foran resultado dunha conquista de séculos, unha devastación social sen precedentes, convertidos en seres máis pobres e desiguales, máis covardes e apoucados.  Notariemos, sí, que de momento se lle ten dado marcha atrás ó reloxio da historia e que a fin da crisis pode situarnos nos anos setenta do pasado século.

            ¿Pero é tan difícil conoce-la causa dos nosos males? A corrupción é a segunda das preocupaciós cidadás e moitas veces está á vista de quen a queira ver. A  financiación dos partidos políticos é algo que non se entende, ou sí se entende. Os numerosos escándalos financieiros. A errática política fiscal, a falta de transparencia na gobernanza, os casos Bárcenas e Nóos, a cuestión dos ERE. A clara secesión política cando toca estar atentos ás leis, á reposición da legalidade en materia urbanística e ambiental. A xusticia privada de independencia. E o país, así, non vai. Tanto como que o noso modelo de Estado parece estar en peligro se non se produce unha especie de miragre, da rexeneración arelada pola maioría dos cidadáns. Pode ser oportuno nestos momentos o paso dado polas Universidades xesuítas (Unijes: Deusto, Comillas, Esade), a elaboración dun manifesto (por la regeneración democrática de la vida pública española) redactado á luz do humanismo cristián, xa presentado e no que se analizan diversos aspectos da nosa situación, antre os que se citan a necesaria separación de poderes (sen independencia xudicial non pode haber xusticia); transparencia administrativa; partidos políticos, reforma da lei electoral; modelo territorial, cohesión e solidariedade; Administración, calidade e transparencia, control e sanción dos comportamentos inxustos.

            Sigue o manifesto, que hai que estudiar polo miúdo, analizando outros apartados: Emprego público, Economía solagada, Reforma fiscal e unha chamada ós propios medios de comunicación que deben impulsare un sistema de autocontrol que responda ás boas prácticas aceptadas e a comités de ética informativa…. O documento non está exento de autocrítica: “Queremos comezar reconocendo que non sempre estivemos á altura das circunstancias, anque só fose por omisión e desleixamento, o que nos obriga a unha revisión autocrítica compartida con todo o sector universitario”. Na presentación do Manifesto estiveron presentes Josep Piqué e Javier Solana, e nela insisteuse na necesidade de profundizar en temas tocados de presunta corrupción, ademais dunha rexeneración real pra que a política non se envileza aínda máis. De como se actúe, pode haber unha certa esperanza. 

No hay comentarios: