martes, 2 de julio de 2013

AÍNDA SEN PXOM

 A xunqueira do Lérez, lección pra reaprendere. Se non se rexenera non pode haber recuperación da ría.
A agresión da nova ponte d´As Correntes, arrasada tamén a xunqueira d´Alba.

Pontevedra, 3.07.2013
Entrada n. 1681 do blog
Traballo xa inserido na web de Pontevedra Viva (versión orixinal)

Aínda sen PXOM,
por Xesús López Fernández

            Según Aznar ven de proclamar estamos ante unha última oportunidade que non podemos desaproveitar. Denuncia ó Goberno por non ter comprido co seu programa electoral e pronúnciase pola baixada de impostos, afirmando que a clave pra sairmos da crisis está, como tamén apunta Mario Draghi, gobernador do Banco Central Europeo, na reducción do gasto. Non se trata de facere un análisis longo das declaraciós do expresidente; tan sóo de achegármonos a algús dos conceptos por el definidos, a algunhas das etiquetas que prás situaciós que vive o noso país, perdida a confianza en si mesmo, usa o expresidente. As súas declaraciós sobre secesionismo, desfeita do sistema, e a afirmación de que a actual Constitución abonda pra garantizare a cohesión nacional.

            Nalgún momento da entrevista, da que vai seguir unha nova entrega, i en relación coa perda de confianza de España, outa por unha acción política de gran calado sobre a reforma do Estado, sobre importantes reformas sociales, sobre unha revisión dos parámetros da situación internacional de España, sobre unha reforma profunda que garantice unha mellor cohesión  do país… Eu non esquezo que foi un goberno de Aznar o que creou o primeiro ministerio de Medio Ambiente e que foi Isabel Tocino (actualmente conselleira do Grupo Empresarial Ence, S.A.), a que sinou o decreto sobre deslinde litoral na ría de Pontevedra. E hoxe, desaparecido o ministerio, agardo que Aznar faga memoria, porque aquel ministerio funcionou en contra da irracionalidade do ministerio de Fomento, que mantén a súa carga secesionista en relación co tema ambiental que  afecta á nosa ría. O ministerio desaparecería co segundo goberno de ZP, involución non rectificada polo goberno actual que, en principio, parece terse convertido nunha ameaza coparticipada polos partidos todos, secesionistas tamén na hora do PXOM local.

            Coa gobernanza e subsidiariedade predicadas pola UE pareceu que íamos estar a coberto en certas cuestiós e corruptelas, e que Europa iría comprire onde o goberno español esquecera os deberes. Pero non foi así, que inda non hai moitos meses veu unha comisión de diputados europeos pra lle botar un vistazo á situación das rías galegas. Pero na de Pontevedra, na que tanta burrada se leva feito, non cursaron visita. I este PXOM que non dá arrancado, tomando a frase de Aznar,  podería se-la última oportunidade pra acometere  a rexeneración da ría, pra que Pontevedra recupere o mar. Traballos inxentes nos agardan se queremos configurare nas marismas de Lourizán, hoxe ocupadas pola fábrica de celulosa, a praia urbá de Pontevedra; se queremos que o río volva ser navegable e as xunqueiras ecosistemas vivos; se queremos que o tránsito fluvial ata o vello balneario de Monteporreiro volva ser unha realidade.


            Pero non hai discurso ecoloxista por parte de nengún dos partidos presentes no concello, secesionistas nesta materia, sen valor pra demandare a execución das sentencias firmes dictadas polo TS. Se o plan, imposible sen unha Axenda21Local, sería a gran oportunidade prá recuperación do medio natural, pero nada se leva feito prá confección dese documento democrático que habería que levare porta por porta prá recollida de opiniós. Se acaso poderiamos cita-la dada por un concellal do PSOE, hai escasos días, no sentido de que á edar d´Os Praceres, en principio sentenciada polo TS, pode ser necesario buscarlle outra ubicación. E pensar dunha vez na recuperación do litoral. ¿Cómo é posible que prá construcción desa edar se teñan invertido fondos da UE? ¿E cómo é posible que os diputados europeos non se enteraran dos deberes aquí mal feitos?                               

       1.07.2013. Fdo. Xesús López Fernández

No hay comentarios: