miércoles, 17 de julio de 2013

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA, 2

Abadía de Montecassino, en Italia, masacrada durante a segunda guerra mundial. Referente obrigatorio pró estudio da evolución da orde de San Benito. Este tema xa ten sido tratado neste blog. 

Pontevedra, 18.07.2013
Entrada n. 1686 do blog
Artículo remitido a Pontevedra Viva o 11.07.2013

San Benito, Patrón de Europa, 2
por Xesús López Fernández

        Con razón podemos considerar a Benito Patrón de Europa. El e os seus monxes irán configurando os rasgos máis determinantes do home europeo, algo que non se debía ter esquecido á hora de elabora-la Constitución Europea. Nado en Nursia, Umbría, Benito/Benedicto, finaría a mediados do século VI. A súa festa celébrase o 11 de Xullo. Pero antes que Patrón, san Benito tiña sido declarado por Pío XII Padre de Europa, en reconocemento a que a súa institución monástica tiña contribuído arrixadamente á creación do espacio espiritual e cultural europeo. Porque en realidade foron os monxes benedictinos/benitos os primeiros en teren unha conciencia clara da nova realidade postromáa, os que serviron de ponte antre o mundo antiguo e o medioevo, cando rescataron, cultivaron e transmitiron case todo o patrimonio grecorromán, en especial o pensamento e o Dereito, dándolle ademais a súa última e máis completa dimensión ó inserilo, como xa tiñan feito Paulo e os Padres da Igrexa, na matriz evanxélica, teolóxica i espiritual do cristianismo.

        Estos monxes foron tamén os que orientaron á nosa sociedade na súa configuración social, política, económica, cultural e relixiosa; os que fixeron da diversidade desos pobos unha comunidade encastañada en torno ós mesmos valores espirituales, morales e humanistas. Os instrumentos desa obra foron a cruz e o arado, a pregaria e o traballo, a Biblia e o Dereito román, o libro e a estética litúrxica, a disciplina e a pax monástica. Por eso os mosteiros gardan a memoria e o secreto de Europa, a Galicia chegada por medio das dúas grandes ordes benedictinas, a de Cluny e a do Cister, como tamén polo Camiño de Santiago. Esos conventos, os vivos e aqueles nos que conclueu a vida monacal despois da exclaustración de Mendizábal, son ou foron símbolo dese espacio occidental, no que cristalizaron o espírito, a forza, a tensión que enxendraron o home e a alma europeos. Realmente, a construcción de Europa debera terse feito cos criterios que forxaron as abadías e as catedrales; elas foron a obra común do espírito, da sabiduría, da técnica e o trababllo, harmonizados en torno a unha visión global centrada en Deus e no home.  

        Non se trata de seguir cunha longa historia, pero sí decir que moito dese Benito europeo nos tocou aquí e que o 11 de Xullo, tan rico en romerías na nosa terra, tería de ser, realmente, unha exaltación da idea da Europa cristiá, cando parece que a UE está embarcada nun proceso de descristianización do continente. A Ilustración Española podemos decir que tivo dous representantes, frades benedictinos, que case a monopolizan: os Padres Feixóo e Sarmiento, que nalgún momento da súa vida monástica moraron no convento de Lérez. Decir tamén que Europa ten outros dous patrós: os santos Cirilo e Metodio, proclamados éstos por Xohán Paulo II, evanxelizadores dos eslavos. Dúas sensibilidades distintas, pero coa idea de profundizare nas raíces cristiás de Europa.
           
            A xeito de apéndice: algunhas das preces dedicadas a san Benito, na santa Misa d´hoxe: Relembremos a san Benito, que dou gloria a Deus coa súa vida, pidamos por Europa e por todo o mundo. Pra que Europa siga fiel á súa tradición cristiá e non falten homes que, como san Benito, saiban leva-lo Evanxelio a tódo-los pobos. Pra que os monxes benedictinos permanezan fieles á súa vocación.  (Hai sobre 700 conventos de monxes e uns 900 de monxas da orde de San Benito, polo ancho mundo. Algo sigue funcionando) 



Pontevedra, 11.07.2013. Fdo. Xesús López Fernández

No hay comentarios: