Mostrando entradas con la etiqueta San Benito. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta San Benito. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de julio de 2013

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA, 2

Abadía de Montecassino, en Italia, masacrada durante a segunda guerra mundial. Referente obrigatorio pró estudio da evolución da orde de San Benito. Este tema xa ten sido tratado neste blog. 

Pontevedra, 18.07.2013
Entrada n. 1686 do blog
Artículo remitido a Pontevedra Viva o 11.07.2013

San Benito, Patrón de Europa, 2
por Xesús López Fernández

        Con razón podemos considerar a Benito Patrón de Europa. El e os seus monxes irán configurando os rasgos máis determinantes do home europeo, algo que non se debía ter esquecido á hora de elabora-la Constitución Europea. Nado en Nursia, Umbría, Benito/Benedicto, finaría a mediados do século VI. A súa festa celébrase o 11 de Xullo. Pero antes que Patrón, san Benito tiña sido declarado por Pío XII Padre de Europa, en reconocemento a que a súa institución monástica tiña contribuído arrixadamente á creación do espacio espiritual e cultural europeo. Porque en realidade foron os monxes benedictinos/benitos os primeiros en teren unha conciencia clara da nova realidade postromáa, os que serviron de ponte antre o mundo antiguo e o medioevo, cando rescataron, cultivaron e transmitiron case todo o patrimonio grecorromán, en especial o pensamento e o Dereito, dándolle ademais a súa última e máis completa dimensión ó inserilo, como xa tiñan feito Paulo e os Padres da Igrexa, na matriz evanxélica, teolóxica i espiritual do cristianismo.

        Estos monxes foron tamén os que orientaron á nosa sociedade na súa configuración social, política, económica, cultural e relixiosa; os que fixeron da diversidade desos pobos unha comunidade encastañada en torno ós mesmos valores espirituales, morales e humanistas. Os instrumentos desa obra foron a cruz e o arado, a pregaria e o traballo, a Biblia e o Dereito román, o libro e a estética litúrxica, a disciplina e a pax monástica. Por eso os mosteiros gardan a memoria e o secreto de Europa, a Galicia chegada por medio das dúas grandes ordes benedictinas, a de Cluny e a do Cister, como tamén polo Camiño de Santiago. Esos conventos, os vivos e aqueles nos que conclueu a vida monacal despois da exclaustración de Mendizábal, son ou foron símbolo dese espacio occidental, no que cristalizaron o espírito, a forza, a tensión que enxendraron o home e a alma europeos. Realmente, a construcción de Europa debera terse feito cos criterios que forxaron as abadías e as catedrales; elas foron a obra común do espírito, da sabiduría, da técnica e o trababllo, harmonizados en torno a unha visión global centrada en Deus e no home.  

        Non se trata de seguir cunha longa historia, pero sí decir que moito dese Benito europeo nos tocou aquí e que o 11 de Xullo, tan rico en romerías na nosa terra, tería de ser, realmente, unha exaltación da idea da Europa cristiá, cando parece que a UE está embarcada nun proceso de descristianización do continente. A Ilustración Española podemos decir que tivo dous representantes, frades benedictinos, que case a monopolizan: os Padres Feixóo e Sarmiento, que nalgún momento da súa vida monástica moraron no convento de Lérez. Decir tamén que Europa ten outros dous patrós: os santos Cirilo e Metodio, proclamados éstos por Xohán Paulo II, evanxelizadores dos eslavos. Dúas sensibilidades distintas, pero coa idea de profundizare nas raíces cristiás de Europa.
           
            A xeito de apéndice: algunhas das preces dedicadas a san Benito, na santa Misa d´hoxe: Relembremos a san Benito, que dou gloria a Deus coa súa vida, pidamos por Europa e por todo o mundo. Pra que Europa siga fiel á súa tradición cristiá e non falten homes que, como san Benito, saiban leva-lo Evanxelio a tódo-los pobos. Pra que os monxes benedictinos permanezan fieles á súa vocación.  (Hai sobre 700 conventos de monxes e uns 900 de monxas da orde de San Benito, polo ancho mundo. Algo sigue funcionando) 



Pontevedra, 11.07.2013. Fdo. Xesús López Fernández

lunes, 11 de julio de 2011

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA

En Montecassino, ocupado polos alemáns, librouse unha disparatada batalla. Catro en realidade dende xaneiro ata maio do 1944. Na España actual quixeran algús, talvez, dinamita-la Cruz do Val dos Caídos, basílica incluída na gran desfeita que se propón o laicismo agresivo.

No caso de Montecassino, que xa fora saqueado por Napoleón no ano 1799, gracias á previsión do teniente Julius Schlegel (oficial católico nado en Viena) e do capitán Maximilian Becker (protestante), ambos pertencentes á División Hermann Göring, salvouse un vastísimo número de documentos e códices (1400), así como obras de arte que alí se encontraban: Da Vinci, Tiziano e Rafael, que foron transferidas ó Vaticano ó comezo da batalla. En agradecemento, os monxes celebraron unha misa especial.

Montecassino, reconstruído despois de ter sido convertido en ruínas na segunda guerra mundial. Valeu a pena o esforzo da reconstrucción. Benedicto XVI sigue confiando na orde benedictina como elemento dinamizador prá recuperación das raíces cristiás d´Europa. ( La vigna del Signore. La Chiesa con Benedetto XVI)

Pontevedra, 11.07.2011
Entrada n. 1452 do blog

San Benito, patrón de Europa,
por Xesús López Fernández


11 de Xullo. Día de San Benito. O santo foi proclamado patrón de Europa por Paulo VI no ano 1964 coa carta “Pacis nuntius”. Nela manifesta que a escribe polo que San Benito representou prá Europa cristiá, pró consorcio dos diversos pobos do continente e a súa unión espiritual. Xohán Paulo II reafirmaría na súa Carta Apostólica “Egregia virtutis”, a mesma declaración decindo “que a Igrexa, ó lembrare solemnemente o 1500 aniversario do nacemento de San Benito [….] tiña estimado oportuno afirmar que esta protección sobre toda Europa vai destacar máis se, á gran obra do Santo Patriarca de Occidente, engadímo-los méritos particulares dos santos irmáns Cirilo e Metodio”, [santos eslavos, tamén patróns de Europa]. Nefecto, o ano 480 nace Benito de Nursia, o fundador do monacato de Occidente. Os mosteiros benedictinos, co paso do tempo, convírtense nos verdadeiros forxadores, nos peares da unidade de Europa, dende as costas mediterráneas á península escandinava, dende Irlanda ata Polonia, facendo de Galicia unha rexión privilexiada en canto ó número de conventos benedictinos e cistercienses aquí establecidos.

Benito, o pai do monacato occidental, marca o camiño prá evanxelización de moitísimos pobos europeos. Paulo VI di que os fillos de San Benito “levaron coa cruz, o libro e o arado, a civilización cristiá”. Na Edade Media a fe e a razón non se separaron, a oración e o traballo atoparon a súa perfecta harmonía. É un resume do “ora et labora”, porque os benedictinos eran homes de oración, pero tamén de libro e arado. Progreso intelectual e progreso técnico nos tempos dos bárbaros no que a cultura dos campos, o traballo manual e noble, o estudio das ciencias sagradas e profanas eran anoxadas case por todos, mais nos mosteiros benedictinos aumentaba decote o número de labregos, artesáns e sabios. Estos monxes acadaban non só conservare intacto o que tiña producido a antigua sabiduría, senón pacificar, educar, unir e ocupar activamente ós pobos, xóvenes e vellos, ás veces en guerra antre sí. Sacaríannos, sí, da barbarie que renacía, dos odios devastadores, pra chegaren así a costumes de soavidade humá e cristiá, ata o punto de que o 30 por cen das cidades europeas son de orixe conventual.


Habería que decir máis da vida do santo, nado de familia acomodada, en Nursia, na Umbría. Catro anos antes do seu nacemento, o rei bárbaro dos Hérculos matou ó último emperador román, poñendo así fin a séculos de dominio de Roma sobre todo o mundo civilizado, que comezou a declinar cara a barbarie. A Igrexa estaba ferida por diversos cismas. E Benito resulta se-lo home providencial que, arelante dunha vida de perfección certa, abandona a molicie de Roma e diríxese ás montañas de Enfide, a trinta km. de distancia, pra levare unha vida afastada. Aínda buscaría unha máis completa soedade e, despois de remonta-los cumios, asentaríase en Subiaco, como eremita, nunha cova á que o conducira Romano, monxe dun convento próximo que cada novo día acodiría onde el pra lle procurare alimento. Anos de oración, de preparación prá tarea de converti-los conventos que iría fundando en centros de fe e cultura, creadores de traballo e riqueza dende o “ora et labora”.


Despois veu a experiencia de Monte Cassino, na Campania, onde tivo que cristianizar ós habitantes paganizados que rendían culto a Apolo nun vello templo. Aí arrancaría a gran alborada cristianizadora e civilizadora da Europa post-romana, que chegaría tamén á nosa terra. Cando foi bombardeado Montecassino na segunda guerra mundial, non foi soamente un museo o que destroíron. E nos tempos que vivimos de regresión social, cun laicismo agresivo que dende algús sectores intenta borra-lo cristianismo da faz de Europa, perguntámonos se non estaremos nunha situación de emerxencia talvez máis grave da que Europa vivía na fin do século V. Benedicto XVI confía no santo patrón do seu pontificado prá arelada rexeneración.

sábado, 6 de junio de 2009

EUROPEIZAR EUROPA

O Camiño de Santiago, camiño das estrelas, é tamén camiño de Europa e por ele chegou, peregrinando á nosa terra, a cultura do continente. Os galegos non somos extraños a Europa, senón que somos cidadáns europeos dende hai séculos. E cidadáns privilexiados. Dibuxo informático de Xesús López.
-
Pontevedra, 6.06.2009
-
Entrada n. 972 do blog
-
Artículo semanal
-
Europeizar Europa,
por Xesús López Fernández
-
Europa, como si estivera en deconstrucción, non mostra unha clara imaxe como destino das futuras xeneraciós. G. Steiner, citado no meu traballo anterior, “Tempo de inventarios”, é pesimista en relación co devalo da nosa civilización. Citemos, si acaso, este apunte: “Hoxe queda só unha gran forza en Europa: o diñeiro. Hai vinte anos, os meus estudiantes de Oxford queríanse adicar á política, á investigación…. Hoxe as nosas elites van ó diñeiro e o diñeiro mércao todo en Europa; é como unha droga do esquecemento, non queremos pensa-los problemas. E, se non atopamos outro ideal, o diñeiro vai sofoca-la vida espiritual”. Naturalmente que existe un sector importante da sociedade continental que vai tomando conciencia e se sinte aburado polo acoso rampante contra as marcas cristiás da súa historia, o papel da Igrexa na educación i evanxelización do continente, no devir da Razón.

Alan Fimister, inglés, autor dun libro sobre Robert Schuman, un dos fundadores da Unión Europea, sostén que a idea orixinal da súa creación ten profundas raíces na ensinanza social católica e que os pasos por el dados son unha posta en práctica conscente do proiecto neotomista do Papa León XIII. O autor defende a visión dos políticos católicos que hai xa máis de 50 anos puxeron en marcha o edificio europeo. O citado Schuman, de formación alemáa pero francés de corazón; Konrad Adenauer, que foi alcalde de Colonia e canciller da Alemania Occidental [na súa casa facíase o rezo diario do santo rosario]; e Alcide de Gásperi, nacido en Pieve Tesino Trento, que daquela formaba parte do imperio austro húngaro e que, aínda que formado en Viena, non deixou de lidera-lo movemento de anexión a Italia, sendo proclamado héroe na fin da primeira guerra europea. Os tres sofriron penas de prisión. Adenauer sumouse ó plan de Schuman, co “deber de consagra-las forzas do noso espírito, da nosa moral i economía á creación dunha Europa que fose elemento de paz”, unha forma honesta de facer política. De Gásperi aceptaría a idea en cousa de horas.

É evidente que estamos a falare doutros homes, doutro tempo i esperanzas e que aqueles amigos non se deron por vencidos aínda que todo parecía en contra. É máis, se de Robert Schuman comentárase que Xohan Paulo II tiña previsto promovelo pra beato, actualmente é de Alcide de Gásperi, o que afirmaba que “quen sementa bágoas, ha recolle-la colleita cantando”, do que está incoado o proceso de beatificación. Esa construcción de Europa parecía ser tamén a soñada por Jacques Maritain, filósofo francés que sostiña que a democracia, no sentido moderno [ó se reuniren as naciós] representaba a traducción á realidade política da lei universal e revelada da Caridade. [….] O filósofo chegaría decir que a federación europea concebida baixo a bandeira da libertade levaría á creación dunha nova cristiandade.

Á raíz do debate sobre laicidade persentouse no 2004, na sede do Parlamento Europeo, un libro sobre San Benito, no que se pergunta pola aportación do santo e os benedictinos ó humanismo europeo. O libro titúlase así, “San Benito, o primeiro europeo”. A autora, investigadora polaca, Ludmila Grygiel, afirmou que a debacle actual europea ten máis que ver co esquecemento da nosa historia cultural e o rexeitamento á propia xenealoxía. San Benito, dí a autora, lévanos a unha esfera que precede á política e a trascende; que nos lembra a primeira unidade cultural de Europa. E que foi o fundador do monaquismo europeo o que inspirou a formulación da política como servicio ó ben da persoa e ó ben común, que mesmo xunto “cunha nova evanxelización deberiase proceder a unha nova europeización de Europa”. Lembrábao hai escasos días Benedicto XVI, en Montecassino. A lección do monaquismo, da man de San Benito, patrón de Europa, evanxelizador i educador, casaba máis, de certo, co ideal de Schuman, Adenauer e De Gásperi e coa necesidade de, contra as cruzadas laicas, europeizar Europa. E de impedi-la corrupción polo diñeiro, que dí Steiner.

jueves, 19 de febrero de 2009

A NOVA PONTE DE SAN BENITO

Foto da noticia que hoxe dá La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 19.02.2009
-
Entrada n. 841 do blog
-
A NOVA PONTE DE SAN BENITO,
por Xesús López Fernández
-
¡Xa me parecía unha trola a prohibición de Cultura, en definitiva controlada por los nazionalitaristas!.
-
Os salóns do Lérez, espacio protexido, van ser profanados. O acordo xa fora tomado no seu día, con nouturnidade e aleivosía, antre Louzán e Mosquera.
-
Hoxe, La Voz de Galicia dá a noticia da nova traición ecoloxista do BNG que non quere saber da Axenda21Local e que vai dando pasos, novos pasos, na desfeita do río e da ría, ou consentindo a entrega de Lourizán a Ence, aínda que Lores queira aparentare que recupera o discurso do ¡Ence, fóra!. ¡Se non foron capaces de tumba-lo decreto da supramunicipalización; se non alegaron cando Ence insistía na innecesariedade de Lourizán como dominio público marítimo terrestre!.
-
Témolo contado xa en máis dunha ocasión, pero foi Salvemos Pontevedra a asociación que, administrativamente, acadou de Cristina Narbona a definición do espacio como "inembargable, imprescriptible, inalienable e insusceptible de desafectación". Por Lores ou por Mosquera, xa estaba todo perdido. E siguen coa lideira da nova ponte d´As Correntes ou coa realización do macronudo de Mollabao.
-
Impotentes prá conservación da Illa das Esculturas, impotentes prá defensa do dominio público marítimo terrestre de Lourizán, pasan de todo porque están na pomada e os moven os intereses sectarios de calquer presunta trama mafiosa enquistada na política.
-
Pero é necesario un discurso rasgado, serio, da defensa da verdade e da Ecoloxía pra golsare a estas xentes da Administración.
-

sábado, 12 de julio de 2008

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA.

Pontevedra, 12.07.2008

Entrada n. 558 do blog

SAN BENITO, PATRÓN DE EUROPA,
por Xesús López Fernández

Onte foi o día de San Benito, patrón de Europa, tan celebrado na nosa terra. A orde de San Benito tivo unha gran relevancia ó longo da historia, na construcción de Europa. Daí que a Igrexa optara polo proclamar patrón do continente.

Moitas cidades europeas son de orixe monástica. Fóronse conformando ó abeiro dalgún que outro mosteiro, fontes de oración, de cultura e traballo. E así pódese calcular que en torno a un 30% das cidades hoxe importantes e cargadas de historia, do continente, sóno porque alí houbo algún convento.

En Galicia foi importantísimo o labor de cristianización e colonización levado a cabo tanto polos monxes benitos como polos do Císter, benitos tamén, pero reformados.

Aínda non se lle está a agradecer á Igrexa ese labor. Pero a Historia marcou outros camiños, en especial por dictados masónicos. A exclaustración significou o cerre e abandono de non poucos mosteiros, dos que hoxe siguen vivos ou se recuperaron Samos, Oseira, e o convento do Císter en Ferreira de Pantón, o único que permaneceu aberto, sen interrupción. Alí profesaría votos e morrería a edade aínda nova, unha tía do titular deste blog.

Pero non falamos de San Benito de Pontevedra, que conoceu da presencia do P. Sarmiento. A célebre romería do "noso san Benitiño" esmorece ano tras ano. A de onte coido estivo pouco concurrida, según noticias recibidas e tamén según a prensa. Pero é que, antre outras cousas, a festa perdeu o atractivo da chegada dos barcos ó pé co antiguo convento, porque o río xa non ten calado, privado do canal central pola estúpida desecación das xunqueiras. Resulta triste ver cómo van reconvertindo algús dos vellos conventos en paradores, como acontece co fabuloso San Esteban de Ribas do Sil, importante foco de cultura na Ribeira Sacra.

Sigue un vídeo sobre a situación actual do dito convento-parador. Entendo que unha visión parcial. Pero sirve pra nos aproximar ó que puido ser no pasado tan importante convento.

VIDEO DE YOUTUBE / ARCO DA VELLA (ELADIO TORRES CASTRO)


miércoles, 11 de julio de 2007

AS VERGONZAS QUE SIGUEN, EN PONTEVEDRA

Convento de San Benito de Lérez. San Benito, patrón de Europa, asignatura pendente pró actual equipo de goberno de Pontevedra.

Pontevedra, 11.7.2007.

Hoxe é o día de San Benito, patrón de Europa, patrón de moitas parroquias de Galicia. Téñase presente o impacto cultural que en Galicia representou a colonización e culturización da nosa terra pola orde benedictina, convertida dese xeito na máis europea das rexiós españolas.

Por certo, cando regresaba esta mañá á casa, a Cope dou noticias de San Benito. O locutor aclarou que en galego se dí San Bieito. Mentira. Caralladas. En galego dise San Benito e, se queredes, san Benedicto --dúas formas dun mesmo nome--. En todo caso, o San Bieito habería que asimilado ó San Benedicto. Ó mesmo tempo sonaba pola emisora a cantiga popular "Si vas ó San Benitiño/ non vaias ó de Paredes.....San Benitiño de Lérez. Cantaba a Polifónica de Pontevedra, grabación do ano 1956, na que o asinante deste comentario cantaba, nesa ocasión, como tenor primeiro. Benito é a forma popular. Bieito non é nada máis que un medievalismo que xa pasou como tantas outras cousas que o Bloque quer impoñer por medio dos seus laboratorios: AS-PG, Mesa pola Normalización, e outras instituciós que están a acabaren coa lingua. Vexo tamén que na prensa d´hoxe aparecen noticias sobre a "Romaría de San Bieito", como lle gosta adecir ós que queren desalma-la lingua, impoñendo como fixos unha serie de medievalismos mortos ou de dialectalismos --romaría--, que conveñen ás zonas nas que se usan. Nada máis.

Doutra volta, en relación coa política local, o Mosquera fala de que PP e PSOE "traizoaron" --outra carallada máis-- ó equipo de goberno e que, a ver se son positivos á hora de aportaren ideas prá gobernación. Nada, que continúan coa súa prepotencia, coa súa incapacidade pra pensar nunha cidade máis harmónica, despois de oito anos de persecución ó patrimonio urbán, á historia da cidade, de tentaren configurar Pontevedra como un Gulag estalinista, expresión que comprendemos moi ben os que vivimos na zona vella. Din, ademais, que con sete concelleiros e con apoios de carácter puntual son capaces de seguir gobernando con seriedade, como sempre fixeron, cando si algo é claro que nunca tiveron é esa seriedade da que falan pra ben face-las cousas; que sí souberon, inmorales, anula-las protestas das distintas asociaciós de veciños comprando vontades a cambio de subvenciós, neutralizando os argumentos veciñales por medio da figura do "gran irmán", dos grandes irmáns, que presentaron ó equipo de goberno como algo que nunca foi, un equipo serio. Insistir cantas veces resulte necesario pra relembrar que aquí subvencionaron incluso as traiciós que algús fixeron á súa propia alma con tal de arruina-lo capital social da vella capital.