domingo, 9 de febrero de 2014

Bilingüismo harmónico e desmemoria

Vida con contratempos e perseguido políticamente, a de Aníbal Otero, lingüista cabal que tiña colaborado na confección do mapa lingüístico español dirixido por Ramón Menéndez Pidal, foi a dun traballador excepcional, talvez aínda non debidamente conocida máis alá da obra a el adicada por Xesús Alonso Montero. Os interesados poden consultar en internet non poucas referencias á súa biografía e traballos.

Eu simplemente quero decir aquí que no Diccionario de diccionarios de Antón Santamarina están moitísimas das palabras por este lingüista recollidas i estudiadas que, curiosamente i en non poucos casos, foron botadas do "dicionario" da RAG por outros lingüistas menores. E aquí ven a conto citar a Steiner por críticas á situación do galego, seguramente porque George Steiner, defensor das linguas minoritarias, percibeu no galegués ou galizo resultado da deturpación oficial da lingua algús rasgos do que el define como "linguas das tribus estalinistas", como que as normas do 1982 non foron redactadas pola RAG, nunha especie de louca fuxida do chamado bilingüismo harmónico, lonxe das lecciós de Sarmiento ou Dámaso Alonso.Tamén de Aníbal Otero. 

Pontevedra, 10.02.2014
Entrada . 1738 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

Bilingüismo harmónico e desmemoria,
por  Xesús López Fernández

            Sigo creendo no bilingüismo harmónico, tal como teño apuntado hai tempo, no que seguimos pensando moitos galegos que vemos ó galego e ó castelao como linguas irmás, por próximas. Talvez unha nova pedagoxía, saber das diferencias na conformación das palabras, a distinta palatalización de grupos consonánticos que se dou no galego e no castelán, axudaría a un maior dominio do galego que non caer, por puro diferencialismo, en formas que non por normativas deixan de seren claramente deturpadas. E ter en conta, tamén, que moitísimas palabras galegas, polo feito de seren comús a ambas linguas, non deben sere eliminadas dos nosos diccionarios levados por un diferencialismo xangal. E convén mazar de novo coa lección do Padre Sarmiento de construí-lo idioma a partir da fala, como se aduviñase o presente que nos están a marcaren. Afirmación profética  no século XVIII.

              Francisco Fernández Rei, na presentación do Atlas Lingüístico Galego, Vol. 1, / Morfoloxía Verbal, cando apunta a necesidade da confección do atlas galego, arranca coa cita de que, no 1944, Dámaso Alonso comezara unha serie de artículos sobre problemas, fundamentalmente léxicos, do galego falado no occidente asturián, na zona antr´os ríos Eo e Navia, basándose en materiales por el mesmo recollidos in situ. E no 1957, cando a publicación da súa monografía “El gallego-leonés de Os Ancares”, queixabase da penuria dos traballos de investigación sobre o galego de Galicia, con estas palabras: “Non sabemos case nada do que é a verdadeira imaxe da rica variedade fonética do galego falado en Galicia. É lamentable  a enorme escaseza de estudios lingüísticos galegos feitos con carácter científico.[….]”. Anos despois, no 1962, denunciaba o notable retraso investigador, afirmaba que a fonética da nosa lingua era unha incógnita e recomendaba a recollida sistemática de materiales.

            No 1971 a Universidade de Santiago creaba o Instituto da Lingua Galega (ILG), organismo supradepartamental que tería como obxeto a promoción e cultivo do idioma galego, así como a investigación sincrónica do galego actual. Con ese obxetivo, o ILG comezaría no 1974 a elaboración dun atlas de todo o dominio lingüístico galego. Redactouse daquela un cuestionario con 2711 perguntas, moitas delas con respostas múltiples pra traballaren sobre unha rede de 167 puntos nas catro provincias galegas, ós que hai que engadire os correspondentes ó galego falado fóra dos límites administrativos de Galicia (7, en Asturias;  5, en León;  3, en Zamora). E no 1990 aparecería o 1 ALGA, o primeiro volume do atlas lingüístico, con  abondoso material cartográfico. Aquí non cabe xa unha maior exposición; simplemente achegarse á obra e consultala. Coidamos que estos traballos terían satisfeito ó P. Sarmiento (facede o idioma a partir da fala) ou a Dámaso Alonso, que sempre recomendara que, pola riqueza idiomática existente, se partira dunha rede tupida, dado que a nosa terra reunía o 60 por cen dos núcleos de poboación españoles.
      
      Sen embargo, as normas ortográficas e morfolóxicas que se irían redactando parecen correspondérense coa lingua oficialmente deturpada, na que especialmente a clase política tenta colocare o seu discurso dando exemplo dunha clara falta de instalación, fracturada a psicoloxía da lingua da oralidade sobre a que se supón traballaron os redactores do atlas lingüístico. Se hai sete días publicaba un artículo titulado “Fermín Penzol, o faraute”, nel indicaba que esa palabra, “faraute” (haraute, faraldo), que está nos vellos diccionarios, non aparece xa no “dicionario” da RAG, no que parece unha política sistemática de eliminación de verbas, máis preocupados de tomar cultismos da seira portuguesa que de elaboralos dend´a propia lingua galega ou das súas matrices latina e grega. É moita a xente que se vai afastando das normas da “enxeñería social da deriva lingüística”, da desmemoria. As xentes reclaman o bilingüismo harmónico, o galego da oralidade, que foi o salvador da fala.      

4 comentarios:

Javier Tellagorri dijo...

A mi parecer, modesto, creo que el problema actual de las lenguas románicas, hermanas del Castellano, es que siempre fueron usadas ORALMENTE y que el pueblo que las utilizaba era analfabeto ( no sabía normas gramaticales de su grafía).

Lo que ha conducido a que los políticos actuales hayan inventado una gramática a su gusto y ajena a le esencia de esos idiomas.

Ha sucedido con el vascuence, hoy en un 70% inventado recientemente, e imagino que estará pasando lo mismo con el galego y el catalán.

A pesar de que el galego tiene literatura propia y rica les da lo mismo.

o blog de xesús lópez dijo...

Yo creo, Javier, que el gallego ha sido derrotado por la normativa necia dela "tribu estalinista", coincidiendo en ésto con lo afirmado por Steiner.
Algunos creyeron que el gallego y el portugués eran una misma cosa, y comenzaron a meter lusismos para forzar una deriva que está acabando con el gallego real.
Cuando las normas de 1982, en la RAG recibieron un paquete normativo de gentes próximas al BNG, que algunos aceptaron.
Desde la casta política asumieron esa mierda que hoy campa en documentos oficiales, incluso algún cura flojito usa en las ceremonias litúrgicas y ahí es donde la caricatura se vuelve extrema: el gallego como lengua "cuase blasfematoria".
Han creído que el idioma era cosa de laboratorio cuando es siempre una creación social, incluso de sociedades ágrafas.
Pero la riqueza del gallego era, en definitiva, la riqueza del latín y vivió casi sin contaminar en las aldeas,lugares aislados. Así se salvo, en la oralidad. O desde la obra de Alfonso X o de otros trovadores medievales. Era un tiempo en el que, para los poetas, aunque no fuesen gallegos, nuestro idioma era una lengua mayor, lengua especialmente poética.
Mala cuando la han destruído y deformado al servicio de la ideología estalinista o del discurso político de opereta, que no comunica porque la fractura con el gallego real es evidente.
Lo tiene muy claro, entre otros, Francisco Vázquez, el que fuera alcalde de La Coruña, que ahora debuta con la formación de Albert Rivera. Paco Vázquez siempre denunció el trabajo de ingeniería estalinista llevado a cabo para reconvertir el idioma en algo verdaderamente monstruoso.
Un cordial saludo

José Luis Valladares Fernández dijo...

El problema de las lenguas minoritarias, al menos en lo que yo conozco como es el caso del asturiano, que como eran utilizadas eminentemente por el pueblo, fue variando de unas zonas a otras.
En Asturias las variaciones en la zona oriental hay notables diferencias con la zona occidental. Y también hay diferencias con la zona central. ¿Qué paso? Que vinieron estos políticos de vía estrecha y han tratado de unificar, corrigiendo palabras a su aire y lo que han hecho es destrozar el asturiano.
Y me imagino que pasará algo parecido con el gallego.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Sí,José Luís. Están utilizando ideológicamente el idioma, y lo han destrozado. Y la sociedad comprende lo que han hecho, por eso muere la que aquí era la lengua de los afectos,la lengua lar,la del alma.

Un abrazo